Archives

O mercado gandeiro de Silleda comeza o 2024 con escasa afluencia de animais e prezos á baixa na recría

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca celebrou este martes o seu primeiro mercado gandeiro do 2024 con escasa afluencia e prezos á baixa, algo habitual nestas datas, e tralo récord de asistencia da última poxa celebrada o pasado 19 de decembro. Como mostra, a asistencia rexistrada foi de 130 becerros de recría e de 43 de vacún maior, fronte aos 758 e 248 animais, respectivamente, da última poxa. Nas mesas de prezos, non houbo cambios nas cotizacións dos ovos e da carne de porco, pero si se rexistraron subas nos leitóns.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, tiveron unha baixada de 2 euros o seu valor e sitúanse nos 70 euros. Os exemplares frisóns de entre 20 e 50 días -a categoría máis numerosa e representativa- tiveron un valor medio de 99 euros (-9 euros). Os becerros pintos de máis de 50 días tiveron un prezo de referencia de 100 euros (-57 euros). Nos becerros de recría de cruces industriais, os tenreiros máis novos, con menos de 20 días, tiveron un prezo medio de 218 euros, logo dunha baixada de 86 euros. As femias desta sección cotízanse a 198 euros (-29 euros). Pola contra, nos animais de entre 20 e 50 días -a categoría máis numerosa-, rexistrouse unha leve suba: o valor medio dos machos está nos 401 euros, tras subir 27 euros con respecto da feira anterior, e as femias marcaron un prezo de referencia de 289 euros (+ 19 euros). Nos exemplares de máis de 50 días, os machos baixaron de prezo unha media de 95 euros e sitúanse nos 438 euros. Mentres, as femias descontaron 55 euros con respecto da cotización de hai dúas semanas e quedan cun valor de referencia de 295 euros. No caso dos becerros de cebo  apenas houbo asistencia (17 becerros) polo que as cifras tampouco son representativas. No vacún maior só os animais de primeira e de desvelle experimentaron subas esta semana,mentres que no resto de categorías impuxéronse as baixadas. Así, nos de primeira o prezo incrementouse 20 euros e acadan os 1.162 euros. Pola contra, nos de segunda houbo unha baixada de 51 euros e sitúanse nos 699 euros. Nos animais da categoría extra houbo tamén un descenso de 176 euros e quedan cun valor de referencia de 1906 euros. Os animais de descarte cotizáronse a un prezo medio de 522 euros, o que supuxo unha suba de 86 euros con respecto á ultima poxa.

Subas nos leitóns

Esta semana o porco cebado mantense de novo estable, mentres, os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 2 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 94 euros (cun prezo de 4,7 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 89 euros e cun prezo por quilo de 4,45 euros. O mercado do ovo mantívose sen cambios esta semana. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,40 euros, os da M están a 2,04 euros e os da S a 1,74 euros a ducia. As galiñas de desvelle semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,45 euros o quilo, segundo a última Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun), do pasado 21 de decembro.

Suba xeralizada do leite en pó e da manteiga nos mercados

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar este mércores as cotizacións desta semana na UE, así como en Estados Unidos e en Nova Zelandia, cunha tendencia xeral á alza tanto no leite en pó como na manteiga. No territorio comunitario as cotizacións desta semana son as seguintes: -Manteiga: 456 €/100 kg, +3,3 % nas últimas catro semanas -Leite desnatado en po (SMP) 246 €/100 kg, +7,6 % ,, -Leite enteiro en po (WMP): 341 €/100 kg, +3.9 % ,, -Queixo cheddar: 359 € /100 kg +0,3% Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia subiu tamén esta semana até os 0,528 euros o litro.

Forte suba da manteiga nos Estados Unidos

A tendencia á alza nos produtos lácteos, coincidindo cunha menor produción en Nova Zelandia, é xeralizada nos tres principais exportadores a nivel internacional: En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal poxa nternacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu a desta semana cun repunte dos prezo dos produtos lácteos do 4,4%. Así, houbo unha suba do 4,8% no leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación- e o desnatado encareceuse un 6,6% respecto á última poxa. A cotización da manteiga subiu un 1,3%.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

 

Baixada do gando en Silleda nunha xornada con pouca asistencia

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca, que se celebra no recinto feiral de Silleda (Pontevedra), rexistrou este martes unha baixada xeral dos prezos da recría, tanto nos becerros pintos coma nos de cruzamentos, así como no vacún maior e en tenreiros carniceiros. O feito de coincidir en festivo provocou que a asistencia de gando fóra prácticamente a metade que nunha xornada normal, e isto tamén puido influir nos prezos. Na recría de raza frisoa, o prezo de referencia dos becerros máis novos, os de menos de 20 días, baixou case 24 euros con respecto á pasada semana e sitúase nos 60 euros. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o prezo medio atópase nos 93 euros, logo dunha baixada de 9 euros. Os animais de máis de 50 días experimentaron a redución de 21 euros e quedan cun valor medio de 112 euros. Nos becerros de recría de cruzamentos industriais houbo baixadas nas categorías de machos. Así, nos animais de entre 20 e 50 días, os machos descontaron 12 euros e cotízanse de media a 3295 euros esta semana. Mentres, as femias tiveron unha subida de 15 euros e quedan nos 257 euros. Nos becerros máis novos, os de menos de 20 días, tiveron unha baixada de 23 euros nos machos, quedando nos 281 euros. Nos animais de máis de 50 días, os machos tiveron un valor medio de 498 euros, o que supón unha baixada de 9 euros. Nas femias, pola contra, subiu o prezo 19 euros e acadan os 379 euros. No caso dos tenreiros carniceiros houbo baixadas dos prezos medios en boa parte das categorías. Nos cruces industriais os machos pagáronse de media a 927 euros (145 euros menos). Nas femias tamén houbo unha caída pero menor, de 46 euros, e quedan nos 835 euros. Os animais comercializados baixo o selo Ternera Gallega Suprema tiveron un valor de referencia de 984 euros, 62 euros menos que a semana pasada. No vacún maior houbo baixada dos prezos en case tódalas categorías, agás no desvelle, que se mantivo nos 471 euros. As vacas da categoría extra tiveron un valor medio de 2117 euros, é dicir, 74 menos que a semana pasada. Nos animais de primeira, o prezo situouse nos 1126 euros, o que supón 53 euros por debaixo do valor da feira anterior. A vacas de segunda tiveron unha baixada de 33 euros e quedan nos 747 euros.

Subas nos leitóns

Na mesa de cotizacións do porcino, o prezo do porco cebado mantense estable e rexistráronse novas subas nos leitóns. Así, o porco selecto e o normal teñen un valor de 1,66 e 1,635 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,123 euros. A única modificación produciuse nos animais de descarte, que tiveron unha suba de 0,02 euros e sitúanse entre os 0,76 e os 0,2 euros o quilo. Nos leitóns houbo unha suba de 6 euros. Deste xeito, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 69 euros (cun prezo de 3,45 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 64 euros e cun prezo por quilo de 3,2 euros. O mercado do ovo mantense sen cambios en tódalas categorías: Os ovos da XL están a 2,8 euros a ducia, os da L a 2,59 euros, os ovos da M a 2,23 e os da S a 1,98 euros a ducia. As galiñas de descarte semipesadas tampouco experimentaron variacións de prezos, que quedan entre os 0,31 e os 0,38 euros. A Lonxa do Coello (Loncun) marcou o xoves 24 de novembro, na última sesión celebrada, un prezo de 2,70 euros por quilo.

Xuño comeza con subas dos produtos lácteos nos mercados internacionais

Tras un mes de maio cunha baixada xeral dos produtos lácteos nos mercados internacionais, a primeira quincena de xuño está a rexistrar unha tendencia de recuperación dos prezos, en especial na Unión Europea. Así se desprende do último informe publicado esta semana polo Observatorio do Mercado Lácteo da Comisión Europea. En concreto, na UE os prezos da manteiga subiron na segunda semana de xuño un 2,9%, respecto á media das catro semanas anteriores, ata os 7,22 euros o kilo; o leite en po desnatado (SMP polas súas siglas en inglés) tamén subiu lixeiramente, un 0,3 % ata os 4,04 euros o kilo. Pola contra, o prezo do leite en po enteiro caeu un 0,3% ata os 5,13 euros o quilo. Polo que respecta ao queixo cheddar, foi o produto lácteo que máis se revalorizou no mercado na semana de xuño: un 6,8% ata os 4,26 euros o quilo. En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal subasta internacional de lácteos, operada pola neozelandesa Fonterra, tamén recuperan a tendencia positiva, cunha suba xeral dos produtos láctdos do 1,5%. Así, houbo unha suba do 5,6 % nas cotizacións da manteiga e do 3,0 % no leite en po desnatado, mentres que o enteiro baixou un 0,3% e o queixo cheddar tamén se depreciou un 3,6%.

Subas nos becerros de recría en Silleda

Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou este martes subas xeralizadas en boa parte das categorías que acoden ó mercado. Houbo subas nos becerros de recría, así como nos carniceiros e, en menor medida, no vacún maior. Nas mesas de prezos tamén se acordou un incremento do prezo nos porcos cebados e nos leitóns, así coma nos ovos. No caso dos becerros de recría de raza Frisoa os de menos de 20 días cotizaron a 88 euros, case 20 euros máis que a semana pasada. Mentres, nos animais de entre 20 e 50 días, a categoría máis abundante e representativa, o prezo incrementouse en 9 euros para acadar os 118 euros. Nos becerros de máis de 50 días houbo unha suba de 13 euros e pasaron a cotizarse a 137 euros. Na recría de razas de cruce a tendencia tamén foi á alza aínda que con algunhas excepcións. Así, nos animais de menos de 20 días, o prezo situouse nos 241 euros, 11 euros por riba do rexistrado a semana pasada. Nos animais de entre 20 e 50 días apenas houbo cambios e o prezo situouse nos 345 euros, un máis. As femias desta sección rexistraron unha suba de 3 euros e pasaron a cotizarse a 244 euros. A excepción foi nos animais de máis de 50 días, cunha baixada no caso dos machos de 38 euros, para situarse nos 443 euros e nas femias o prezo caeu 22 euros ata os 344 euros. Houbo tamén subas nos becerros carniceiros de cruces industriais. No caso dos machos o prezo medio foi de 846 euros, logo dun incremento de 45 euros, e as femias cotizáronse a 763 euros, tras unha suba de 41euros. No vacún maior a tendencia dos prezos foi máis irregular. As vacas de primeira situáronse nos 1.103 euros, 3 euros máis que hai unha semana. Pero nas vacas de segunda, a categoría máis numerosa, baixou o prezo medio 28 euros ata os 701 euros. Onde si houbo unha suba clara foi nas vacas de desvelle, que se cotizaron a 470 euros, 22 máis que hai unha semana.

Subas no porcino e nos ovos

En canto ó porcino, nas mesas de cotizacións acordáronse unha semana máis subas en tódalas categorías. No porco cebado as subas foron de 0,030 nos animais selecto e normal que pasan a cotizarse a 1,515 e 1,490 euros o quilo respectivamente. Pola súa banda, a categoría de Canle II cotízase a 1,935 euros o quilo logo do incremento máis significativo, 0,039 euros. Nos animais de desvelle a suba foi de 0,020 euros e pasan a situarse nun intervalo de entre 0,86 e 0,92 euros o quilo. Os leitóns tamén incrementaron o seu valor esta semana en 2 euros pasando así a cotizarse a 81 euros os animais procedentes dunha única granxa. Mentres, no caso dos porcos chegados de distintas ganderías o prezo sitúase nos 76 euros. O quilo está a 4,05 e 3,8 euros respectivamente. Os ovos experimentaron subas de 0,02 euros que afectaron ás categorías XL e L , que se cotizan a 1,48 e 1,32 euros a ducia, respectivamente. Mentres, os ovos da clase M e S mantivéronse sen cambios en 1,17 e 0,95 euros a ducia, respectivamente. O prezo das galiñas de desvelle tamén se incrementou, neste caso en 0,01 euros, situándose agora entre os 0,10 e os 0,18 euros por quilo. Na Lonxa de Madrid esta semana o prezo do coello mantense sen variacións e cotízase a 1,70 euros o quilo.

Subas dos becerros de recría en Silleda e baixada do vacún maior

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou este martes unha lixeira suba nos becerros de recría, mentres que no vacún maior a tendencia foi á baixa. Sen cambios no porcino e caída de prezos nos ovos. En concreto, no referido ós becerros de recría de raza Frisoa rexistráronse subas en todas as categorías. Así, os tenreiros de menos de 20 días subiron 17 euros o prezo ata situarse nos 71 euros. Nos becerros de entre 20 e 50 días, a categoría máis numerosa e representativa, a suba foi de 10 euros e pasaron a 94 euros. Mentres, os animais de máis de 50 días subiron ata un prezo medio de 137 euros, 19 máis que a pasada semana. Na recría de razas de cruces industriais a tendencia foi tamén á alza, pero con excepcións. Deste xeito, nos animais de menos de 20 días o prezo medio dos machos baixou en 54 euros e cotizáronse a 214 euros. Pola contra, os becerros de entre 20 e 50 días -a categoría máis numerosa e representativa- rexistraron unha suba de 13 euros e sitúanse nun prezo de 341 euros os machos e de 235 as femias, 9 euros máis que o pasado martes. En canto aos animais de máis de 50 días, incrementaron o seu valor en 88 euros os machos, acadando os 516 euros, mentres que as femias subiron ata os 406 euros, 132 máis que a pasada semana. Nos becerros carniceiros de cruces industriais o prezo medio foi de 839 euros para os machos, 30 máis que hai unha semana; e 724 euros para as femias,o mesmo que o martes pasado. Pola contra, o gando de vacún maior experimentou unha caída xeral das cotizacións, agás para as vacas de primeira, que tiveron un prezo medio de 1.115 euros, 6 euros máis que a feira pasada. No caso das de segunda -a categoría máis numerosa- houbo unha baixada de 11 euros para situarse nos 707 euros, e os animais de desvelle cotizáronse a 454 euros, logo dunha baixada de 12 euros.

Sen cambios no porcino e baixada dos ovos

En canto ó porcino, nas mesas de cotizacións acordous manter os prezos en tódalas categorías. Así, o porco cebado selecto e o normal mantéñense en 1,445 e 1,420 euros o quilo respectivamente. Pola súa banda, a categoría de Canle II cotízase a 1,844 euros o quilo. Nos animais de desvelle, seguen nun intervalo de 0,78 e 0,84 euros. No caso dos leitóns tampouco houbo variacións, e o bacoriño de 20 quilos procedente dunha única granxa mantense en 74 euros e os animais chegados de varias ganderías cotízanse a 69 euros. O prezo por quilo é de 3,7 e 3,45 euros respectivamente. Os ovos rexistraron unha baixada de 0,030 euros en tódalas categorías, agás nos de categoría XL, que cotízanse a 1,39 euros a ducia. Pola contra os da L baixan a 1,23 euros, os da M quedan en 1,12 euros e os da S a 0,90 euros. O prezo das galiñas de desvelle continúa sen variacións, situándose entre os 0,06 e os 0,14 euros por quilo. Mentres, na Lonxa de Madrid, esta semana o prezo do coello mantívose sen cambios e cotízase a 1,65 euros o quilo.

Subas do vacún maior e baixada dos becerros de recría en Silleda

Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou este martes unha lixeira suba no gando vacún maior e nos becerros carniceiros mentres que nos becerros de recría, así como nas mesas de negociación a tendencia foi á baixa. Así, no referido ós becerros de recría de raza Frisoa rexistráronse caídas en todas as categorías. En concreto, os tenreiros de menos de 20 días baixaron en 23 euros o prezo ata situarse nos 53 euros. Nos becerros de entre 20 e 50 días, a categoría máis numerosa e representativa, a caída foi de 13 euros e pasaron a 84 euros. Mentres, os animais de máis de 50 días mantivéronse sen cambios nun prezo medio de 117 euros. Na recría de razas de cruces industriais a tendencia foi a baixa, pero con excepcións. Deste xeito, nos animais de menos de 20 días o prezo medio subiu en 11 euros e cotizáronse a 268 euros. Pola contra, os becerros de entre 20 e 50 días -a categoría máis numerosa e representativa- afrontaron unha redución de 5 euros e sitúanse nun prezo de 326 euros os machos e de 226 as femias, 17 euros menos que o pasado martes. En canto aos animais de máis de 50 días, incrementaron o seu valor en 10 euros o machos, acadando os 427 euros, mentres que as femias subiron ata os 274 euros, 3 máis que a pasada semana. Nos becerros carniceiros de cruces industriais o prezo medio foi de 809 euros para os machos, 27 máis que hai unha semana; e 725 euros para as femias, 60 euros menos que o acadado o martes anterior. O gando de vacún maior tamén experimentou unha suba xeral das cotizacións, agás para as vacas de primeira, que tiveron un prezo medio de 1.099 euros, 4 euros menos que a feira pasada. No caso das de segunda -a categoría máis numerosa- a suba foi de 21 euros para situarse nos 718 euros e os animais de desvelle cotizáronse a 465 euros, logo dunha subida de 11 euros.

Baixada no porcino e nos ovos

En canto ó porcino, nas mesas de cotizacións produciuse unha semana máis unha baixada xeral en tódalas categorías. Así, o porco cebado selecto e o normal sitúanse en 1,445 e 1,420 euros o quilo respectivamente, logo dunha baixada de 0,03 euros. Pola súa banda, a categoría de Canle II cotízase a 1,844 euros o quilo, tras unha redución de 0,039 euros. Nos animais de desvelle, a baixada foi de 0,01 euros situándose agora nun intervalo de 0,78 e 0,84 euros. No caso dos leitóns non houbo variacións, e o bacoriño de 20 quilos procedente dunha única granxa mantense en 74 euros e os animais chegados de varias ganderías cotízanse a 69 euros. O prezo por quilo é de 3,7 e 3,45 euros respectivamente. Os ovos rexistraron unha baixada de 0,040 euros en tódalas categorías de maneira que os prezos quedan do seguinte xeito: os ovos da categoría XL cotízanse a 1,39euros a ducia, os da L a 1,26 euros, os da M están en 1,15 euros e os da S a 0,93 euros. O prezo das galiñas de desvelle continúa sen variacións, situándose entre os 0,06 e os 0,14 euros por quilo. Mentres, na Lonxa de Madrid, esta semana o prezo do coello mantívose sen cambios e cotízase a 1,65 euros o quilo.

Suba xeral dos becerros en Silleda e baixada do vacún maior

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou este martes unha suba xeral dos becerros, tanto frisóns como de cruce, mentres que caen as cotizacións do vacún maior. Sen cambios no porco cebado, nos leitóns e nos ovos, mentres que sobe a carne de coello. En canto ós becerros de recría, os animais de raza frisoa experimentaron suba de prezos en todas as categorías. Así, os animais máis novos, de menos de 20 días, cotizáronse a 87 euros, 9 máis que na feira pasada. Os becerros de entre 20 e 50 días, a sección máis numerosa, tamén subiu ata os 110 euros de media, 3 euros máis. En canto aos animais de máis de 50 días acadaron os 151 euros no caso dos machos, 21 euros máis que o pasado martes. Nos becerros de cruces industriais, a tónica foi similar. Deste xeito, os animais máis novos, de menos de 20 días, incrementaron en 39 euros o seu valor, ata os 260 euros. Nas femias desta mesma categoría o prezo subiu de media en 4 euros con respeto á feira pasada, ata os 209 euros. Nos becerros de entre 20 e 50 días a suba foi de 22 euros para os machos, cotizándose de promedio 323 euros, mentres que as femias subiron de media 15 euros por animal ata os 228 euros. Os becerros de máis idade, con máis de 50 días, foron a excepción e baixaron 60 euros de media, quedando nos 312 euros. As femias , pola contra, situáronse nos 294 euros, cunha suba media de 38 euros. Tamén os becerros carniceiros experimentaron unha suba nesta sesión. Nos animais de cruces industriais, a categoría máis numerosa, os machos situáronse nos 931 euros, 119 euros maís, e as femias en 777 euros, 14 euros máis que na feira anterior.

Baixada no vacún maior

No vacún maior a tendencia foi a oposta, cunha caída de prezos en todas as categorías. Así, as vacas de primeira categoría rexistraron unha baixada de 20 euros ata situarse nos 1.076 euros. Mentres, as vacas de segunda, a categoría maís numerosa, reduciron a súa cotización con respecto ao pasado martes nunha media de 23 euros ata os 717 euros, e no caso dos animais de desvelle tamén baixaron, neste caso 9 euros, para situarse nos 446 euros de media.

Sen cambios no porcino

No referido ás mesas de cotizacións do porcino, esta semana acordaron de novo manter sen cambios o prezo do porco cebado. Así, os prezos para o porco cebado selecto e normal mantéñense en 1,495 e 1,470 euros o quilo respectivamente. Na categoría de Canle II págase a 1,909 euros o quilo e nos animais de desvelle segue o prezo entre os 0,73 e os 0,79 euros. Nos leitóns tampouco houbo cambios por segunda semana consecutiva. Así, o bacoriño de 20 quilos procedente dunha única granxa mantense en 58 euros e para os animais chegados de varias ganderías o prezo sitúase nos 53 euros. O prezo por quilo é de 2,9 e 2,65 euros respectivamente. En canto ós ovos mantéñense as cotizacións: A XL queda nos 1,43 euros a ducia; a L nos 1,25 euros; a M en 1,10 euros a ducia e a S queda en 0,90. O prezo da galiña de desvelle mantense tamén sen cambios nun intervalo de 0,10 e 0,18 euros o quilo. E no relativo ó prezo do coello, a Lonxa de Madrid acordou subir o prezo 0,10 euros ata quedar nos 2,10 euros o kilo de carne deste animal.

Suba dos becerros de recría en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou este martes unha suba xeral dos becerros, tanto de raza Frisoa como de cruce, mentres que baixa o prezo do vacún maior. Sen cambios no porco cebado e nos leitóns. Soben os ovos e tamén a carne de coello. En canto ós becerros de recría, os animais de raza frisoa acusaron subas en todas as categorías. Así, a sección máis numerosa e representativa, os animais de entre 20 e 50 días, subiu ata os 106 euros por animal, 9 máis que a pasada semana. Os animais máis novos, con menos de 20 días, subiron 6 euros ata os 83 euros para os machos.Tamén nos becerros frisóns de máis de 50 días se produciu unha notable recuperación, cun prezo medio de 155 euros por xato, fronte aos 115 euros de media da pasada semana. No caso dos becerros de cruces industriais a tendencia xeral tamén foi á alza, pero con excepcións. Así, os becerros de menos de 20 días baixaron en 8 euros o seu prezo ata os 219 euros. Sen embargo, nos animais de entre 20 e 50 días, a categoría máis numerosa e representativa, subiu o prezo en 22 euros, situándose nos 313 euros, e nas femias en 12 euros para acadar os 201 euros. Pola contra, na sección de máis de 50 días, houbo unha baixada de 9 euros para os machos, co que o prezo medio foi de 379 euros. Nas femias os prezo tamén baixou en 10 euros ata os 272 euros. En canto aos becerros carniceiros, nos animais de razas de cruces industriais produciuse unha suba de 101 euros nos machos, ata quedar nos 888 euros de media, e de 56 euros para as femias, que subiron ata os 835 euros.

Vacún maior

No vacún maior houbo caída de prezos, agás nas vacas de primeira, que se mantiveron nos 1.106 euros. Porén, nas vacas de segunda, a categoría máis numerosa, caeu o seu prezo en 17 euros ata quedar nos 709 euros de media. Os exemplares de desvelle rexistraron tamén unha baixada, neste caso de 16 euros e o seu prezo medio foi de 443 euros.

Sen cambios no porcino

No referido ás mesas de cotizacións do porcino, esta semana acordaron de novo manter sen cambios o prezo do porco cebado. Así, os prezos para o porco cebado selecto e normal mantéñense en 1,495 e 1,470 euros o quilo respectivamente. Na categoría de Canle II págase a 1,909 euros o quilo e nos animais de desvelle segue o prezo entre os 0,73 e os 0,79 euros. Nos leitóns tampouco hai cambios. Deste xeito, o bacoriño de 20 quilos procedente dunha única granxa mantense en 58 euros e para os animais chegados de varias ganderías o prezo sitúase nos 53 euros. O prezo por quilo é de 2,9 e 2,65 euros respectivamente. En canto aos ovos houbo suba en todas as categorías: A XL sobe 0,10 euros e queda nos 1,41 euros a ducia; a L faino en 0,02 e sobe ata os 1,22 euros; a mesma suba para a M, que queda nos 1,07 euros a ducia, mentres que a  S queda en 0,88, despois dunha suba de 0,01 euros. O prezo da galiña de desvelle mantense sen cambios nun intervalo de 0,10 e 0,18 euros o quilo. Por último, no coello a Lonxa de Madrid acordou unha suba de 0,15 euros de forma que o kilo queda nos 2 euros.

Subida nos becerros de recría de Frisoa e nos de cruce en Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca contou só con becerros de recría debido á celebración da Semana Verde na fin de semana. Logo de suspenderse o mercado do pasado martes, polo mesmo motivo, a central vai recuperando a actividade cunha sesión onde os prezos foron á alza en boa parte das categorías dos becerros de recría, tanto de raza Frisoa como nos de cruce, con algunhas excepcións. Tamén houbo subidas no prezo do porco cebado, mentres que os leitóns  mantéñense sen cambios, ó igual co prezo do coello. Os ovos experimentaron unha lixeira baixada nunha das categorías, mentres que as demais seguen sen variacións. En canto ó gando vacún, nos becerros de recría de raza Frisoa subiron os prezos nos animais de 20 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa deste mercado, e situáronse nos 148 euros, 7 euros máis ca na última feira celebrada con este gando, o pasado 28 de maio. Ó igual ca nos machos, os prezos das femias desta categoría tamén se incrementaron, neste caso 34 euros, ata situarse nos 112 euros de media. En cambio, nos becerros de menos de 20 días, o prezo baixou ata os 121 euros, 3 menos que na última sesión. Nesta sección, as femias tamén rexistraron unha baixada, que foi máis acusada, de 20 euros, para situarse nos 33 euros de media. Tamén houbo unha baixada do prezo nos machos de máis de 50 días ata os 160 euros, 5 menos que o martes 28. Mentres, nas femias desta categoría o prezo incrementouse en 54 euros ata acadar os 129 euros. Nos becerros de cruce a tendencia foi á alza en tódalas categorías, tanto en machos como en femias. A excepción produciuse nos machos de entre 20 e 50 días, onde o prezo baixou ata os 319 euros, 18 menos ca na última feira. Porén, nas femias desa mesma categoría houbo unha suba de 2 euros ata os 219 euros. Tamén subiu o prezo dos becerros de cruces industriais con menos de 20 días ata acadar os 342 euros, 36 máis. Mentres, nas femias a subida foi de 123 euros, para situarse nos 297 euros. Pola súa parte, os xatos de máis de 50 días rexistraron un incremento de 13 euros ata os 457 e as becerras desta sección acadaron os 329 euros logo dunha subida de 74 euros.

Sobe o porco cebado

En canto ó porco cebado, a mesa de prezos acordou unha subida en boa parte das categorías. Así, o selecto e o normal subiron 0,02 euros, quedando nos 1,485 e 1,460 euros o quilo, respectivamente. Na categoría de Canle II a suba acordada foi de 0,026 euros ata quedar nos 1,896 euros o quilo. Mentres, a categoría de desvelle é a única na que non se produciron cambios e mantense nun intervalo de entre 0,72 e 0,78 euros o quilo ó igual que a semana pasada. Polo que respecta ao leitón, tampouco houbo cambios esta semana e o prezo do bacoriño medio de 20 quilos queda nos 70,50 euros para os animais procedentes dunha única granxa e nos 65,50 euros para os de varias ganderías. O prezo por quilo sitúase en 3,525 e 3,275 euros respectivamente. No referido ós ovos, os únicos cambios rexistráronse na categoría XL, cunha baixada de 0,02 euros ata os 1,31 euros a ducia. Para as demais categorías, L, M e S, mantivéronse os prezos quedando nos 0,99, 0,96 e 0,81 euros a ducia, respectivamente. Na galiña de desvelle non se rexistraron tampouco cambios e o prezo do quilo continúa entre os 0,09 e os 0,17 euros. Tamén o coello se mantén sen variacións e o prezo na Lonxa de Madrid segue a ser de 1,95 euros.

Nova suba dos becerros de recría en Silleda pola baixa afluencia

Ó igual que a pasada semana, a Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou este martes unha asistencia de reses inferior á habitual debido, segundo os operadores que acoden á poxa, a que os gandeiros están a realizar labores de ensilado. Así, os gandeiros están a pospoñer a tramitación dos documentos dos animais e o seu envío á Central para atender os labores agrícolas da campaña de ensilado de herba. Esta menor afluencia de gando favoreceu unha nova suba dos becerros de recría. Porén, os prezos do vacún maior, que a semana pasada tamén se incrementaran, nesta feira rexistraron unha baixada e unha maior afluencia de animais. Mentres, na mesa de cotización de porcino, tamén subiu o prezo de porco cebado e mantéñense sen cambios os leitóns. Tampouco houbo variacións nos ovos. En canto ó gando vacún, nos becerros de raza Frisoa, a suba centrouse nos animais de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa deste mercado. En concreto, o prezo situouse en 150 euros por becerro, 12 máis que a semana pasada. Namentres, no resto de categorías desta raza rexistrouse unha baixada dos prezos, que no caso dos xatos máis novos, ata 20 días, foi dun euro, situándose nos 122 euros. Nos animais de máis de 50 días, a baixada foi de 5 euros e o prezo quedou en 153 euros por xato. Nos becerros de cruzamento industrial, nas categorías máis numerosas rexistrouse tamén unha suba dos prezos para os machos, mentres que as femias de tódalas idades se pagaron menos que na feira pasada. Así, nos xatos de menos de 20 días o prezo subiu ata os 299 euros por animal, 19 euros máis ca semana anterior. Non ocorreu o mesmo para as femias desta categoría, que se pagaron a 179 euros, 14 euros menos. Nos xatos de 21 a 50 días, a sección con máis animais, o prezo incrementouse en 30 euros, chegando ós 350 euros por becerro nos machos e nas femias a baixada foi de 8 euros, pagándose a 213 euros. Por último, nos becerros de máis de 50 días o prezo baixou tanto para machos como para femias, pagándose os primeiros a 408 euros, 67 euros menos, e as xatas a 205 euros, 141 euros menos ca feira anterior. En canto ós becerros carniceiros de cruzamento industrial, tamén rexistraron unha suba do prezo nos machos, cunha media de 879 euros por animal, 40 máis que a semana pasada. As femias baixaron uns 30 euros e o prezo medio foi de 778 euros.

Baixada do vacún maior

No referido ó vacún maior houbo unha maior afluencia de animais ca semana pasada con 196 animais e rexistrouse unha baixada xeralizada en case tódalas categorías. Así, na categoría segunda, a máis numerosa, o prezo medio foi de 721 euros, 10 por debaixo do que se pagou a semana pasada. Unha baixada similar experimentaron as vacas de primeira, pasando dun prezo medio de 1.100 euros na feira anterior ós 1.090 euros desta. A única diferenza veu marcada polas vacas de desvelle, onde o prezo subiu en 32 euros ata os 496 euros.

Suba do porco cebado e sen cambios nos leitóns e os ovos

Na mesa de cotizacións de porcino acordaron subir o prezo do porco cebado en tódalas categorías. Así, o selecto e o normal soben 0,020 euros e quedan en 1,445 e 1,420 euros o quilo respectivamente. Na categoría de Canle II a suba foi de 0,026 euros e o prezo do quilo sitúase en 1,844 euros. Por último, nos animais de desvelle, o incremento foi de 0,010 euros e queda nun intervalo de 0,72 e 0,78 euros o quilo. En canto ó leitón, mantivéronse os prezos da semana pasada. Deste xeito, o prezo por quilo é de 3,525 euros para os animais procedentes dunha única granxa. Neste caso, estes bacoriños acadan un prezo medio de 70,5 euros. Na mentres, os exemplares procedentes de varias granxas cotízanse a 65,5 euros por animal e a 3,275 euros o quilo. Tamén os ovos seguen sen cambios esta semana. Así, por tamaños, os prezos da ducia de ovos é de 1,33 euros para XL, 0,99 para L, 0,96 para M e 0,81 para S. As galiñas de desvelle rexistraron unha nova baixada, ó igual ca na semana anterior novamente de 0,01 euros, e o prezo medio sitúase nun intervalo de 0,10 e 0,18 euros o quilo. No prezo do coello tampouco houbo cambios nesta xornada na Lonxa de Madrid e continúa o quilo a 1,85 euros.

Cambios nas sesións de xuño pola Semana Verde

Por outra banda, debido á celebración da Semana Verde de Galicia, do 6 ó 9 de xuño, haberá varios cambios nos mercados do mes de xuño. Así, suspéndese o mercado do martes de 4 de xuño, coincidindo coa celebración da feira internacional. Á semana seguinte, o mercado do martes 11 de xuño tamén se verá afectado e só se fará a poxa de becerros de recría. Neste caso, a apertura de portas para a recepción de gando farase a partir das 20.00 horas do luns 10 de xuño.

Suba do gando vacún en Silleda pola menor afluencia

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou esta mañá unha asistencia de reses inferior á habitual debido, segundo os operadores que acoden á poxa, a que os gandeiros están a realizar labores de ensilado para aproveitar o bo tempo. Así, os gandeiros pospuxeron a tramitación dos documentos dos animais e o seu envío á Central para atender ás labores agrícolas. Esta menor afluencia de gando favoreceu unha suba dos prezos dos becerros de recría e do vacún maior. Suba tamén no porco cebado, sen cambios nos leitóns e baixada dos ovos. En concreto, en gando vacún, nos becerros de raza Frisoa, subiron os prezos en case todas as categorías. Deste xeito, nos animais de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa deste mercado, o prezo subiu ata os 139 euros por xato, 4 máis que a pasada semana. Nos becerros de menos de 20 días o prezo medio tamén subiu ata os 124 euros de media por animal, 8 máis que o pasado martes. A excepción foi na categoría de máis de 50 días, onde o prezo medio baixou ata os 159 euros por animal, fronte aos 166 do pasado martes. Nos becerros de cruzamento industrial a tendencia xeral foi tamén á alza, pero con excepcións. Así, nos xatos de entre 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, os prezos situáronse nos machos en 321 euros, 4 menos ca na sesión anterior. Nas femias, pola contra, subiron 14 euros de media quedando nun promedio de 222 euros por becerra. Nos xatos máis novos, con menos de 20 días, o prezo medio nos machos subiu ata os 281 euros por animal, fronte aos 252 da última poxa. Por último, nos becerros de máis de 50 días, os machos tamén se revalorizaron e cotizáronse a unha media de 476 euros por animal, fronte aos 464 da sesión anterior. As femias tamén subiron ata os 347 euros de media, fronte aos 311 do pasado martes. En canto ós becerros carniceiros de cruzamento industrial, rexistraron esta semana unha baixada do prezo nos machos, quedando nunha media de 840 euros por animal, 47 menos que a semana pasada. As femias tamén baixaron lixeiramente de prezo ata os 809 euros de media, fronte aos 813 do pasado martes.

Suba no vacún maior

No que atinxe ó vacún maior, houbo unha suba xeral de prezo en case todas as categorías. Así, na de segunda, a categoría máis numerosa, os prezos medios quedaron en 732 euros por animal, 19 máis que o martes pasado. Porén, na categoría de desvelle quedaron nunha media de 465 euros por animal, fronte aos 470 da semana pasada. E nas vacas de primeira os prezos baixaron ata os 1101 euros de media, 2 menos que na anterior poxa.

Suba do porco cebado, sen cambios nos leitóns e baixada nos ovos

En canto ó porco cebado, a mesa de prezos acordou subir prezos en todas as categorías. Así, o selecto e o normal soben 0,015 euros e quedan nos 1,425 e 1,400 euros o quilo, respectivamente. Na categoría de Canle II sobe 0,019 e acada os 1,818 euros o kilo, mentres que a categoría de desvelle tamén sobe,neste caso 0,10 euros, e queda nun intervalo de entre 0,71 e 0,77 euros o quilo. Polo que respecta ao leitón, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións da semana pasada. Así, a cotización do bacoriño medio de 20 kilos queda nos 65,5 euros para os animais procedentes de varias explotacións e nos 70,5 euros para os dunha única granxa. O prezo por kilo sitúase en 3,275 e 3,525 euros respectivamente. No referido ós ovos, a mesa de prezos acordou unha baixada xeral das cotizacións. Así a categoría XL, a M e a S baixan 0,02 euros e quedan nos 1,33 euros, 0,96 e 0,81 euros a ducia, respectivamente. Para a L a baixada acordada é de 0,03 euros e queda a ducia nos 0,99 euros. A galiña de desvelle baixa tamén 0,01 euros e queda nun intervalo de entre 0,11 e 0,19 euros o quilo. Por ultimo, o coello na Lonxa de Madrid mantense o quilo nos 1,85 euros.

Suba dos becerros de recría de Frisón en Silleda e baixada dos de cruce e do vacún maior

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca estivo marcada pola tendencia á alza dos prezos dos becerros de Frisón e pola baixada do vacún maior e, en menor medida, dos becerros de recría de cruce. Sen cambios no porco cebado e nos leitóns e baixada dos ovos. En concreto, en gando vacún, nos becerros de raza Frisoa, subiron os prezos en todas as categorías. Deste xeito, nos animais de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa deste mercado, o prezo subiu ata os 135 euros por xato, 8 máis que a pasada semana. Nos becerros de menos de 20 días o prezo medio tamén subiu ata os 116 euros de media por animal, 4 máis que o pasado martes. E na categoría de máis de 50 días o prezo medio foi de 166 euros por animal, fronte aos 147 do pasado martes. Pola contra, nos becerros de cruzamento industrial a tendencia xeral foi á baixada. Así, nos xatos de entre 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, os prezos situáronse nos machos en 325 euros, 20 menos ca na sesión anterior. Nas femias, baixaron 16 euros de media quedando nun promedio de 208 euros por becerra. A excepción foi nos xatos máis novos, con menos de 20 días, onde o prezo medio nos machos subiu ata os 252 euros por animal, fronte aos 243 da última poxa. Por último, nos becerros de máis de 50 días, os machos tamén se revalorizaron e cotizáronse a unha media de 464 euros por animal, fronte aos 415 da sesión anterior. As femias tamén subiron ata os 311 euros de media, fronte aos 265 do pasado martes. En canto ós becerros carniceiros de cruzamento industrial, rexistraron esta semana unha suba do prezo nos machos, remontando ata unha media de 887 euros por animal, 70 máis que a semana pasada. As femias tamén subiron de prezo ata os 813 euros de media, fronte aos 746 do pasado martes. Baixada no vacún maior No que atinxe ó vacún maior, houbo baixada de prezo en todas as categorías. Así, na de segunda, a categoría máis numerosa, os prezos medios quedaron en 713 euros por animal, 26 menos que o martes pasado. Na categoría de desvelle quedaron nunha media de 470 euros por animal, fronte aos 496 da semana pasada. E nas vacas de primeira os prezos baixaron ata os 1103 euros de media, 20 menos que na anterior poxa.

Sen cambios no porco cebado e nos leitóns e baixada nos ovos

En canto ó porco cebado, a mesa de prezos acordou manter os mesmos prezos en todas as categorías. Así, o selecto e o normal quedan nos 1,410 e 1,385 euros o quilo, respectivamente. Na categoría de Canle II mantense nos 1,799 euros o kilo, mentres que a categoría de desvelle tamén queda sen cambios nun intervalo de entre 0,70 e 0,76 euros o quilo. Polo que respecta ao leitón, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións da semana pasada. Así, a cotización do bacoriño medio de 20 kilos queda nos 65,5 euros para os animais procedentes de varias explotacións e nos 70,5 euros para os dunha única granxa. O prezo por kilo sitúase en 3,275 e 3,525 euros respectivamente. No referido ós ovos, a mesa de prezos acordou unha baixada xeral das cotizacións. Así a categoría XL baixa 0,05 euros e queda nos 1,35 euros a ducia; a L cae 0,04 euros e queda nos 1,02 euros, mentres que as categoría M e S experimentan unha baixada de 0,03 euros, polo que quedan nos 0,98 e 0,83 euros a ducia, respectivamente. A galiña de desvelle mantense nun intervalo de entre 0,13 e 0,21 euros o quilo. Por ultimo, o coello na Lonxa de Madrid mantense o quilo nos 1,85 euros.

Novo récord no prezo medio do vacún maior en Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia/Abanca estivo marcada pola tendencia á alza dos prezos do vacún maior e, en menor medida, dos becerros de recría de cruce, e pola baixada dos becerros de Frisón. Sen cambios no porco cebado, nos leitóns e nos ovos. En concreto, en gando vacún, nos becerros de raza Frisoa, baixaron os prezos lixeiramente en case todas as categorías. Deste xeito, nos animais de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa deste mercado, o prezo caeu ata os 127 euros por xato, 2 menos que a pasada semana. Nos becerros de menos de 20 días houbo unha excepción e o prezo medio subiu ata os 112 euros de media por animal, 5 máis que o pasado martes. E na categoría de máis de 50 días o prezo medio foi de 147 euros por animal, 11 menos que o pasado martes. Pola contra, nos becerros de cruzamento industrial a tendencia xeral foi á alza. Así, nos xatos de entre 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, os prezos situáronse nos machos en 345 euros, 10 máis ca na sesión anterior. Nas femias, subiron 6 euros de media quedando nun promedio de 224 euros por becerra. Sen embargo, nos xatos máis novos, con menos de 20 días, o prezo medio nos machos caeu ata os 243 euros por animal, fronte aos 305 da última poxa. Por último, nos becerros de máis de 50 días, os machos revalorizáronse e cotizáronse a unha media de 415 euros por animal, fronte aos 393 da sesión anterior. As femias, pola contra, baixan ata os 265 euros de media, fronte aos 338 do pasado martes. En canto ós becerros carniceiros de cruzamento industrial, rexistraron esta semana unha suba do prezo nos machos, remontando ata unha media de 817 euros por animal, 20 máis que a semana pasada. As femias, pola contra, baixaron ata os 746 euros de media, fronte aos 785 do pasado martes. Récord de prezo no vacún maior No que atinxe ó vacún maior, a Central Agropecuaria de Galicia ABANCA acadou hoxe un novo récord histórico no prezo medio da categoría de vacún maior. Se o pasada martes a Central Agropecuaria de Galicia ABANCA acadaba o seu récord histórico no prezo medio da categoría de vacún maior, con 1.032,39€, hoxe volveu marcar un novo récord absoluto. Así, na sesión desta mañá o prezo medio da categoría de vacún maior situouse nos 1.071,18€. “Unha cifra motivada tanto por unha concorrencia de vacas menor do habitual como pola calidade dos animais presentes, debido aos estritos controis sanitarios que está a levar a cabo a Central”, explican dende a Central Agropecuaria. Deste xeito, houbo subas de prezo en todas as categorías. Así, na de segunda, a categoría máis numerosa, os prezos medios quedaron en 739 euros por animal, 19 máis que o martes pasado. Na categoría de desvelle quedaron nunha media de 496 euros por animal, fronte aos 488 da semana pasada. E nas vacas de primeira os prezos subiron ata os 1123 euros de media, 16 máis que na anterior poxa.

Sen cambios no porco cebado, nos leitóns e nos ovos

En canto ó porco cebado, a mesa de prezos acordou manter os mesmos prezos en todas as categorías. Así, o selecto e o normal quedan nos 1,410 e 1,385 euros o quilo, respectivamente. Na categoría de Canle II mantense nos 1,799 euros o kilo, mentres que a categoría de desvelle tamén queda sen cambios nun intervalo de entre 0,70 e 0,76 euros o quilo. Polo que respecta ao leitón, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións da semana pasada. Así, a cotización do bacoriño medio de 20 kilos queda nos 65,5 euros para os animais procedentes de varias explotacións e nos 70,5 euros para os dunha única granxa. O prezo por kilo sitúase en 3,275 e 3,525 euros respectivamente. No referido ós ovos, non houbo cambios. Así a categoría XL mantense nos 1,40 euros a ducia, e as categorías, L, M e S quedan nos 1,06, 1,01 e 0,86 euros a ducia, respectivamente. A galiña de desvelle mantense nun intervalo de entre 0,13 e 0,21 euros o quilo. Por ultimo, o coello na Lonxa de Madrid mantense o quilo nos 1,85 euros.