Archives

En todo o 2023 a Xunta realizou 28 inspeccións e impuxo 7 sancións por incumprimento da Lei da Cadea Alimentaria

Os contratos entre viticultores e adegas son os que máis inspecciona de oficio a Consellería A Xunta de Galicia levou a cabo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023 un total de 28 inspeccións de oficio en relación ao cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria, 20 delas no sector do viño, 7 no sector vacún de leite e 1 no de leite cru de ovella. Ademais foron revisados un total de 250 contratos. Segundo os datos feitos públicos este mércores durante a reunión do Consello Asesor da AICA, a Comunidade Valenciana (0), Murcia (4), Navarra (11), Estremadura (12), Cantabria (13), Asturias (16), Canarias (18), Aragón (19), Baleares (20), País Vasco (20) e A Rioxa (27) levaron a cabo o ano pasado menos inspeccións de oficio que Galicia; fronte ás 44 de Cataluña, as 47 de Andalucía, as 49 de Madrid, as 73 de Castela-A Mancha ou as 324 de Castela e León. Destas inspeccións deriváronse un total de 167 sancións, das que 7 foron impostas en Galicia, todas elas ao elo da cadea que representa a industria alimentaria: 4 delas á industria cárnica bovina por non formalizar contratos por escrito, 2 ás adegas vitivinícolas polo incumprimento dos prazos de pago e 1 á industria láctea por non incluír nos contratos todos aqueles extremos que por lei han de conter. En canto ás denuncias presentadas, en todo 2023 a Xunta de Galicia tan só investigou 2 no sector da produción avícola de carne.
O 62% das denuncias presentadas ante a AICA desde a súa creación acabaron en imposición de multas
Desde a súa creación, a Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA), organismo dependente do Ministerio de Agricultura e encargado de velar polo cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria coa colaboración das comunidades autónomas, recibiu un total de 210 denuncias, das que 130 acabaron en sanción. Un total de 23 destas multas corresponden ao sector lácteo, derivadas de 44 denuncias presentadas, a maior parte por produtores e organizacións de produtores. Outras 23 sancións corresponden ao sector vitivinícola, mentres a maior parte (57 en total) proceden do sector das froitas e hortalizas. Un 40% máis sancións en 2023 Ao longo do 2023, a AICA impuxo un total de 382 sancións a operadores da cadea alimentaria, o que supuxo un aumento do 40,4% en comparación co ano precedente. Case a metade delas (un 48%) corresponderon a infraccións por incumprimento de prazos de pago, sobre todo, na parte maiorista.
O ano pasado a AICA impuxo 382 sancións ao amparo da Lei da cadea alimentaria, un 40,4% máis que en 2022, ás que hai que sumar outras 167 das comunidades autónomas (+33,6%)
Tamén foron obxecto de sanción a ausencia de contratos ou a falta, nos que si se realizaron, de elementos mínimos como, por exemplo, o prezo do produto motivo de transacción. As modificacións unilaterais non pactadas por contrato e a destrución de valor na cadea alimentaria tamén aparecen na listaxe dos principais motivos de penalización. Por sectores, os que rexistraron máis infraccións con sanción foron o de froitas e hortalizas, que acaparou 165, seguido do vitivinícola (96), o de aceite de oliva (40), bovino (37), oliva de mesa (19) e lácteo (17). A estas sancións hai que sumar as aprobadas polos organismos autonómicos que tamén teñen competencias no control e vixilancia do cumprimento da Lei da cadea alimentaria. O ano pasado impuxeron 167 sancións, un 33,6% máis que en 2022. Estas últimas recaeron principalmente en empresas do elo da industria alimentaria.

Reparto de competencias de inspección entre o Ministerio e as comunidades autónomas

Primeira reunión do Consello Asesor da AICA deste ano, celebrada esta semana Todas as sancións impostas no 2023 son froito dos controis de oficio da AICA e as comunidades autónomas, así como das investigacións realizadas en ambos os casos tralas denuncias recibidas por supostos incumprimentos da Lei da cadea. A AICA, en concreto, investigou durante o pasado exercicio 32 denuncias, un 39,1% máis que no 2022, e as comunidades autónomas, outras 18. O ministro de Agricultura, Luis Planas, subliñou durante a primeira reunión do Consello Asesor da AICA deste ano a necesidade de que se traslade aos organismos de control e vixilancia do funcionamento da Lei da cadea alimentaria toda irregularidade comercial que se constate. Remarcou o carácter confidencial das denuncias e precisou que o ano pasado, case dous terzos das recibidas e investigadas terminaron en sanción.
A AICA vixía as relacións entre empresas de distintas comunidades e os gobernos autonómicos os contratos que se asinan dentro do seu territorio
En total, as denuncias e as actuacións de oficio durante 2023 traducíronse no control dun total de 2.371 relacións comerciais da cadea alimentaria, o que representa un 59,4% máis que nos doce meses anteriores, segundo o Informe da actividade inspectora e de control de AICA no ámbito da cadea alimentaria en 2023. A AICA ten competencia sancionadora en relacións comerciais que teñen lugar entre empresas con sedes en distintas comunidades autónomas ou nas que, por razóns de rastrexabilidade previsible do produto obxecto do contrato, exceda do ámbito autonómico. Os organismos de inspección de cada comunidade autónoma, pola súa banda, controlaron no seu territorio outras 2.871 relacións comerciais, segundo o Informe da actividade das comunidades autónomas en 2023. O ministro, durante a sesión inaugural do encontro, resaltou “o bo funcionamento de cadea alimentaria”. Descontos non acordados previamente nos contratos O ministro aproveitou para lembrar que desde o 30 de xuño de 2023 é obrigatorio inscribir no Rexistro de Contratos Alimentarios, ao que se accede a través dunha aplicación da web de AICA, os contratos alimentarios con produtores primarios e agrupación de produtores. Ao seu xuízo, o devandito rexistro converteuse xa nunha “ferramenta determinante” para o labor de inspección deste organismo.
Ao longo de 2024 priorizarase o cumprimento de contratos alimentarios, con especial atención á modificación do prezo a partir de descontos
O ministro tamén avanzou que ao longo de 2024 a actividade da AICA priorizará a comprobación e o cumprimento dos contratos alimentarios, con especial atención á modificación do prezo a partir da aplicación de descontos non acordados previamente. Tamén se dará preferencia ao control dos sectores con máis risco de que as súas liquidacións e pagos non sexan superiores ao custo efectivo de produción, así como á vixilancia de cancelación de pedidos. Cambios legais a nivel español e na UE O ministro de Agricultura confirmou ademais durante a apertura da primeira reunión do Consello Asesor da AICA deste ano que a conversión deste organismo en axencia estatal traducirase “nunha maior estrutura, con máis medios humanos e materiais para desempeñar as súas funcións”, o que lle permitirá “reforzar significativamente a súa capacidade inspectora”. O ministerio quere dar unha resposta rápida a unha das principais preocupacións dos agricultores e gandeiros que se mobilizaron estas semanas, o cumprimento efectivo da Lei da Cadea Alimentaria en todos os elos, para que nas relacións comerciais, sobre todo nas que participan os agricultores e gandeiros, o prezo sexa xusto, supere o custo efectivo de produción e asegure a viabilidade económica dos operadores.
A conversión da AICA en axencia estatal dotaraa de máis persoal e medios para reforzar significativamente a súa capacidade inspectora
Luis Planas explicou que a posta en marcha da axencia estatal require da aprobación dunha norma con rango de lei, polo que o Goberno estuda na actualidade o menor percorrido temporal para a súa creación, ben a través dun texto legal ad hoc ou mediante a introdución dunha disposición adicional na futura Lei de prevención das perdas e o desperdicio alimentario. A futura Axencia Estatal de Inspección da Cadea Alimentaria manterá o acrónimo de AICA. Prevense ademais modificacións lexislativas sobre prácticas comerciais na Unión Europea. De feito, a Comisión presentou a mediados do pasado mes de decembro unha serie de propostas a medio prazo para revisar a Directiva de prácticas comerciais desleais de 2019 e o Regulamento da Organización Común de Mercados Agrarios (OCM) que, en boa medida, seguen a senda emprendida a nivel nacional en países como Francia ou España. O Executivo comunitario propuxo a instauración do Observatorio de custos de produción, marxes e prácticas comerciais, e a implementación de novas regulacións para garantir o cumprimento das prácticas comerciais a nivel transfronteirizo.
 

As propostas das industrias para a renovación de contratos do leite: baixada entre 2 e 5 céntimos e duración de 3 a 4 meses

A chegada estes días ás explotacións dos contratos de compra do leite a partir de abril pon fin á calma tensa que se vivía no sector. A intención anunciada por todas as industrias nas súas ofertas era a de baixar o prezo, unha tendencia que se está a confirmar xa coas primeiras renovacións, que inclúen correccións á baixa de entre 2 e 5 céntimos, quedando o litro de leite en orixe en Galicia no entorno dos 45 céntimos. O sector agardaba unha lixeira corrección, pero non tanto. Logo de caer uns 15 céntimos desde fai un ano e ter desaparecido por completo o diferencial positivo que durante todo o 2023 se mantivo no prezo do leite en España a respecto do resto de países europeos, o prezo para os vindeiros meses comeza a apertar a rendibilidade das explotacións, sobre todo daquelas máis intensivas e máis dependentes da compra de insumos, e tamén das que acometeron investimentos nos últimos anos e aínda os están a pagar.
Unha baixada de máis de 2 céntimos non é asumible por parte de moitas explotacións, sobre todo das máis intensivas, cos custos de produción actuais
É certo que algúns custos de produción para as granxas baixaron con respecto aos máximos acadados a finais de 2022 e comezos de 2023, como por exemplo a electricidade ou as materias primas. O millo está a 200€ a tonelada no porto e a soia a 430€, pero os futuros apuntan novas baixadas debido a unha boa produción mundial, aínda que os seu traslado aos pensos que reciben as explotacións foi até o momento máis limitado. Pola contra, outros gastos, como os custos salariais ou os prezos da maquinaria e os equipamentos, que subiron por mor da inflación, seguen altos e non se van mover. Comeza a sobrar leite O aumento da produción en Galicia no último ano (+1%), que se mantén tamén neste comezo de 2024 (+1,37%), e que podería mesmo verse acrecentado nos meses da primavera a medida que aumenten as horas de luz, coincide cun momento de baixada na produción de queixo (-3%) e de caída no consumo de iogures (-3,1%) e batidos (-2,5%) que non é capaz de compensar o leve incremento no leite bebido nos fogares (+0,16%). O ano pasado, moitas queixerías optaron por mercar o leite directamente nas explotacións logo do desabastecemento sufrido no 2022, pero neste momento as que teñen recollida propia están a ofrecer as súas cisternas sobrantes de leite a outras industrias a prezos de oportunidade que chegan mesmo aos 40 céntimos, o que está a impulsar a caída de prezos no mercado. “Neste momento hai leite a disposición barato a 41 céntimos”, recoñecen nalgunhas industrias.
Os excedentes de materia prima das queixerías están a tirar dos prezos cara abaixo. Neste momento hai leite a disposición barato a 41 céntimos   
Con este escenario, a maioría de empresas volven apostar por contratos de compra de leite a curto prazo, de 4 a 6 meses de duración, que lles garanta o mantemento dos provedores á espera de ver o que acontece tralo verán, xa que a enfermidade da EHE e os seus efectos en zonas produtoras coma Galicia poderían mudar a situación de subministro nos vindeiros meses. Poucos movementos entre industrias Os últimos meses estanse a caracterizar polos escasos cambios de industria dentro da recollida do leite en Galicia. A estabilidade nos prezos, o estancamento da demanda e o leve incremento na produción limitou os movementos. Os poucos que se deron foron a consecuencia da decisión dalgunhas empresas de reducir os seus volumes de leite, o que obrigou a algunhas explotacións a buscar novo comprador. É o caso dos socios da cooperativa Codeira de Portomarín, que vendían a García Baquero, a queixería castelán-manchega con planta de fabricación en Palas de Rei.
Neste momento non hai moito para onde ir; todas as empresas están cubertas
O consumo de queixo de vaca barato procedente da importación incrementouse no último ano a costa dos queixos tradicionais e dos feitos con mestura de leite de vaca e ovella, de maior prezo. Ante isto, algunhas queixerías españolas tomaron a decisión de deixar de facer recollidas regulares, optando por mercar cisternas spot puntuais para producir máis barato. É o que explica a redución no número de primeiros compradores, que pasou de 325 no conxunto do Estado en xaneiro do 2023 a 309 a comezos deste ano.
García Baquero deixou de recoller a socios da cooperativa Codeira, que se repartiron entre Celta, Lactalis e Inleit
Aínda que a intención inicial de Codeira era atopar un único comprador para o leite das granxas que subministraban a García Baquero, finalmente unhas explotacións colleunas Celta (as que estaban en pastoreo), outras Lactalis (as que cumprían coa certificación de benestar animal) e outras pasaron a entregar a Inleit, que tamén asumiu parte do leite que Larsa deixou de recoller a Aira e á cooperativa de Frades.   As explotacións máis pequenas, na corda frouxa As explotacións de maior tamaño seguen tendo a onde ir, pero as ganderías pequenas están a atoparse con menos opcións para a recollida. Empresas como Lactalis están deixando por exemplo as explotacións trabadas, algo que xa fixo tamén Leite Río fai xa catro anos, cando incorporou a certificación a todas as súas granxas.  As industrias esgrimen a normativa de benestar (moitas veces son as propias empresas as que realizan as auditorías para a certificación) para non renovarlles o contrato, aínda que a lexislación non esixe polo momento a desaparición deste tipo de ganderías, pois establece un prazo que vai do ano 2026 ao 2030 para a súa adaptación.
Lactalis está deixando ás explotacións trabadas esgrimindo a normativa de benestar animal
Este é ademais un dos aspectos da normativa que as organizacións agrarias esixen que sexa modificado e formaba parte das súas reivindicacións nas recentes protestas levadas a cabo polo sector agrogandeiro. Son moitas veces ademais granxas que fan pastoreo, polo que os animais só están trabados parte do tempo, cando voltan ao establo. A raíz das esixencias das cadeas de distribución, a maioría das industrias teñen adoptado nos últimos anos o estándar Welfair e algunhas empresas mesmo optaron por lucir o logo no seu brick, como Lactalis, Pascual ou o Grupo Lence. Pero esta certificación non só está a poñer contra as cordas ás explotacións pequenas, senón que vai esixir cambios importantes no sistema de manexo e tamén nas instalacións da maioría de granxas. Por exemplo, os emparrillados non van estar permitidos en Welfair a partir do ano que vén e a superficie dos boxes dos tenreiros teñen que ser de 2 metros cadrados para 1 xato, cando en moitas ganderias son de menores dimensións, sendo habituais os de 1,5 metros cadrados. Sinatura a un tempo en toda España Agás Entrepinares, que vai un mes descolgado en Castela e León (ten contrato asinado até o 30 de abril), desta volta a renovación en Galicia coincide tamén coa do resto de comunidades, que antes asinaban normalmente un mes máis tarde e tomaban como referencia o acontecido en Galicia.
Larsa e Entrepinares manteñen neste momento os prezos máis altos, mentras Inleit e Reny Picot firman as maiores baixadas
Os gandeiros galegos seguen a manter unha marxe de prezos negativa de 4,7 céntimos no caso de Asturias, 3,5 céntimos no caso de Castela e León ou 3 no caso de Cataluña, segundo amosan os últimos datos do FEGA, correspondentes ao mes de xaneiro.    No mes de xullo tocará volver renovar contratos, xa que todas as empresas apostaron por asinar a 4 meses (agás Naturleite, que asinou por 3). Estes contratos a curto prazo permiten ás industrias axustar mellor as súas compras de materia prima á evolución do mercado en canto a prezos, oferta e demanda.

Tocou fondo a baixada do prezo do leite en orixe?

A día de hoxe todas as empresas xa saíron cos seus contratos. Agárdase que a semana que vén se asinen a maioría deles, tendo en conta que na última semana de marzo cadra a Semana Santa. Con todo, moitas das empresas están a apurar unha vez máis os prazos, pois a informatización do proceso de sinatura permite acurtar os tempos. Os últimos contratos moitas empresas optaron por mandalos ás súas explotacións pola aplicación (salvo Entrepinares o resto do sector apostou por Docuten, que unha vez asinado polo gandeiro sobe directamente o contrato á AICA). Repasamos a continuación algúns dos contratos que se teñen presentado até o momento: Tres céntimos menos en Lactalis Malia que as industrias que traballan para Mercadona en Galicia (Naturleite, Entrepinares e agora tamén Larsa) teñen cada vez máis que dicir á hora de marcar prezos e tendencias, o contrato de Lactalis segue a ser un dos referentes para o resto de empresas. A multinacional francesa enviou o pasado venres o seu contrato ás máis de 1.100 granxas ás que merca o leite en Galicia (uns 450 millóns de litros anuais). A empresa da familia Besnier propón un contrato de 4 meses de duración (abril, maio, xuño e xullo) cun prezo base de 41 céntimos, tres menos que no actual contrato. Sumando a prima de volume (que pode ir até os 3 céntimos), e as de dobre AA (1 céntimo) e benestar (1 céntimo), o prezo final no mellor dos casos situaríase nos 46 céntimos, aínda que a maioría de granxas galegas moveríanse entre os 45 e os 45,5 céntimos.
A maioría das máis de 1.100 granxas galegas da multinacional francesa pasarían a cobrar entre 45 e 45,5 céntimos
Habitualmente, para cubrirse as costas, as empresas acostuman presentar ofertas iniciais baixas, que despois matizan nos contratos, pero desta volta dase a circunstancia de que o contrato que ofrece Lactalis é mesmo máis baixo que a proposta inicial remitida ás explotacións fai un mes en forma de oferta a un ano, (que caduca automaticamente aos 15 días se o gandeiro non contesta afirmativamente, pois dase así por rexeitada trala última reforma do Paquete Lácteo). Neste caso, o prezo base era de 41,5 céntimos e a duración de 12 meses, mentres que agora no contrato ofrece só 4 meses e reduce o prezo en medio céntimo, aínda que moitas das explotacións que entregan a Lactalis, sobre todo as de maior volume, optaron por non asinar de momento este contrato.  Contrato ponte dun mes en Reny Picot A empresa Reny Picot renovou a principios de mes unha parte dos seus contratos, que caducaban o día 29 de febreiro, marcando o camiño das baixadas para o resto de industrias e consolidando unha caída de até 5 céntimos nos contratos a partir do 1 de abril. A compañía asturiana da familia Rodríguez propuxo inicialmente ás súas granxas galegas unha baixada de 6 céntimos de golpe, que mesmo deixaba o prezo base nalgúns casos por baixo dos 40 céntimos. Pero as explotacións protestaron e a solución final adoptada foi facer un contrato tan só dun mes (marzo) baixando 2 céntimos nalgúns casos e mantendo o prezo noutros. “Foron só uns poucos contratos, cunha renovación por un mes para igualalos cos que finalizan o 31 de marzo, que son a maioría”, aclaran, pero avanzan que “a partir do 1 de abril sairemos con prezos novos que, por suposto, apuntan baixada”, avanzan desde ILAS.
Reny Picot, que recolle en Galicia 250 millóns de litros ao ano en case 500 ganderías, segue sendo unha das empresas con maior disparidade de prezos
O prezo base para o próximo contrato pasa a ser de 40 céntimos e, malia a disparidade de contratos que segue mantendo Reny Picot, o prezo final, no mellor dos casos e para as ganderías máis grandes, situaríase neste momento por baixo dos 45 céntimos, dos que 3 céntimos se corresponderían coa prima por cantidade (logo de ter eliminado a empresa asturiana a prima por volume super especial que tiña), mentres que a prima por dobre AA sería de 0,6 céntimos e a décima de sólidos pagaríase a 0,3 céntimos a partir de 3,7% de graxa e 3,2% de proteína. Como no caso de Lactalis, tampouco as ganderías de maior volume de Reny Picot terían aceptado polo momento o contrato proposto.  Os 490 gandeiros aos que recolle Reny Picot en Galicia suman uns 700.000 litros diarios, contando á cooperativa Cobideza, o principal proveedor de ILAS na comunidade, que non conta polo momento con fábrica de transformación en Galicia. Fai un ano adquiriu as antigas instalacións de Leche Pascual en Outeiro de Rei coa intención de desenvolver un proxecto industrial que semella estar parado nestes momentos.
O proxecto para Outeiro de Rei segue adiante pero vai máis lento do que nos gustaría
“O proxecto segue adiante pero vai máis lento do que nos gustaría. A situación concursal da anterior propietaria da planta e o desmantelamento das instalacións está a retrasar o proceso”, admiten na empresa. Mentres tanto, a industria asturiana está a apostar pola factoría de Navia, trasladando desde Galicia o leite para a súa transformación. A planta de Outeiro de Rei estaría destinada á fabricación de distintos tipos de queixo, pero a situación de mercado neste momento non é tampouco propicia, con estancamento no consumo e entrada masiva de queixo barato desde Centroeuropa, segundo constatan os datos oficiais de importacións. Regularizacións fóra de contrato en Inleit A estratexia de Inleit o ano pasado foi distinta ao do resto de empresas do sector. Mentres que a maioría de industrias foron pechando contratos de prezo fixo a curto prazo, a planta de Teixeiro asinou cos seus gandeiros a un ano, vinculando o prezo ao índice A3 da Inlac. A evolución deste referencial en 2023, en boa parte ao estar vinculado ao prezo en Europa, acabou por deixar o contrato de Inleit moi por baixo do resto do mercado en Galicia, pero a compañía de capital español e estadounidense optou por ir regularizando trimestralmente aos seus gandeiros o diferencial existente co prezo medio mensual fixado polo Obsevatorio Lácteo para Galicia por tramos de tipos de granxas segundo volumes, un indicador que se elabora cos datos que aportan todas as industrias tendo en conta as calidades. Inleit apostaba por esta mesma estratexia para o 2024, cunha oferta co mesmo prezo base de 44 céntimos para abril referenciado nos 11 meses seguintes ao índice A3 da Inlac, co compromiso de seguir corrixindo o desfase de prezo coa media galega no caso de existir. Pero esta política de pagos extracontractuais non está exenta de riscos para as ganderías, sobre todo se deciden cambiar de empresa, pois a industria ten nas súas mans pagar ou non esa cantidade fóra de contrato correspondente aos últimos meses.
Inleit ofrecía inicialmente 44 céntimos en abril para un 4,2% de graxa e un 3,4% de proteína, que estandarizado a un 3,70% de graxa e 3,20% de proteína, o habitual en Galicia, quedaría en 41,4 céntimos
A proposta inicial de Inleit tiña ademais outra diferenza, xunto co feito de estar o prezo referenciado á Inlac, pois esixía uns niveis de sólidos moi por enriba do estándar habitual en Galicia. O prezo de 44 céntimos para abril é para un 4,2% de graxa e un 3,4% de proteína, cando o máis frecuente nos contratos asinados na comunidade é 3,7% e 3,2%. A planta de Teixeiro paga a décima de graxa a 0,4 céntimos e a de proteína a 0,3 céntimos, polo que descontadas esas cantidades o prezo base situaríase en 41,4 céntimos. Con todo, no contrato definitivo Inleit cambia a modalidade a prezo fixo, cun prezo base nos próximos catro meses de 40 céntimos para un 3,7% de graxa e un 3,2% de proteína, máis primas por volume a partir de 45.000 litros ao mes de 0,1 céntimo por cada 10.000 litros máis ata un tope de 3 céntimos. A prima super AA por calidade hixiénico-sanitaria (menos de 30.000 xermes e 200.000 células) supoñería outro céntimo a maiores (medio céntimo no caso de estar entre os 50.000 e os 30.000 xermes e entre as 250.000 e as 200.000 células), pero habería descontos por mostra diaria que superase eses parámetros, ao igual que fai Naturleite. A prima de certificación de benestar animal é de 0,3 céntimos e a de "antigüidade, permanencia e fidelidade" de 0,05 céntimos por cada ano completo na empresa. O contrato de Inleit quedaría deste xeito, no mellor dos casos, para explotacións de máis de 300.000 litros en 44,35 céntimos e baixaría ata os 42,35 céntimos nunha granxa de 200.000 litros.  O Grupo Lence segue gañando cota de mercado Se no último ano as queixerías perderon competitividade e as industrias que fan iogures notaron a caída acusada no consumo, as empresas que se adican a envasar leite líquido seguen mantendo unha posición máis vantaxosa, con maior demanda e mellores marxes. O prezo da marca branca no supermercado, que gañou cota de mercado grazas á inflación, segue no entorno dos 90 céntimos na maioría das cadeas de distribución, malia algunha oferta puntual por baixo mesmo dos 80 céntimos en leite de segundas marcas de fabricante como estratexia das industrias de envasado para desfacerse de excedentes ou lotes próximos á data de caducidade.
Río consolida unha baixada de 2 a 3 céntimos, polo que o prezo final quedaría entre os 43 e os 46 céntimos, en función do volume de entregas da explotación
O Grupo Lence (Río e Leyma) consolida nos seus contratos para os vindeiros meses unha baixada de entre 2 e 3 céntimos, en función do tamaño da granxa, de maneira que as ganderías de maior volume quedarían, no mellor dos casos, nos 45 céntimos, mentres que as máis pequenas baixarían até os 43. O prezo base do novo contrato é de 42 céntimos, aos que habería que sumar primas de volume (de 40.000 a 60.000 litros 1 céntimo e máis de 60.000, 2 céntimos), as primas por calidades (0,3 céntimos a décima de graxa e proteína), certificación de benestar (0,01 céntimos) e bacterioloxía (a super A de Lence sitúase en menos de 30.000 xermes e menos de 250.000 células e págase a 0,01 céntimos). A maiores, o Grupo Lence utiliza a súa "prima de fidelidade" para subir a certas ganderías, sobre todo ás máis grandes, que chegarían desta forma aos 46 céntimos, do mesmo xeito que ocorre nas granxas de maior volume que entregan a Leite Celta. A planta de Pontedeume pertencente á cooperativa portuguesa Lactogal fixou o prezo para os vindeiros meses en 42 céntimos máis primas. Larsa pásase a prezo fixo No caso de Larsa, que se pasou á marca branca tralo acordo ao que chegou CAPSA con Mercadona, estaba por ver se existía concertación de prezos con outros provedores da cadea de supermercados, como é o caso de Naturleite, que nas ofertas de renovación presentadas fai mes e medio incluía as maiores baixadas, de 8 céntimos no prezo base. No contrato final a cooperativa cordobesa propietaria da planta de Meira matiza esta baixada, que queda en 2 céntimos, pasando o prezo final de 48 a 46 céntimos, dentro dos que se incluirían xa os 2 céntimos de primas de benestar e dobre AA. O contrato de Naturleite é o de menor duración, só tres meses, polo que será a primeira industria en Galicia que terá que volver renovar, xa a mediados de xuño, con vistas ao 1 de xullo.
Unha das incógnitas da actual renovación de contratos era ver se Covap e Capsa unificaban a súa estratexia de prezos
Larsa mantivera sempre até agora un contrato con dous prezos, un 70% a prezo fixo e un 30% vinculado ao prezo da manteiga. Esta indexación xogou a favor do prezo final de Capsa en Galicia no actual contrato, con explotacións, as de maior volume, que mesmo están a picar neste momento os 50 céntimos, dos máis altos que se están a pagar na comunidade. Os produtos lácteos industriais están a subir nos últimos meses, despois de teren tocado fondo a finais do verán pasado. O que máis se revalorizou foi precisamente a manteiga que pasou de 430€ a 561€/100kg, cun incremento do 30% no seu valor, un incremento que se trasladaba ata o de agora aos contratos de compra no campo. Pero no contrato para os próximos meses Capsa cambia de estratexia e pásase ao prezo fixo, cun prezo base de 42 céntimos, aos que habería que sumar a súa prima de cantidade (ata 4,5 céntimos no caso das ganderías de maior volume), a prima por calidade hixiénico-sanitaria (a super A de Larsa é esixente, de menos de 25.000 xermes e 190.000 células e págase a 1,5 céntimos) e a prima de pastoreo (1,5 céntimos) no caso de granxas en extensivo. Aínda que vai desescalando en función do tamaño da granxa, o de Larsa segue sendo nestes momentos un dos mellores contratos, con prezos que chegan aos 48 céntimos no mellor dos casos. Entrepinares agarda pola nova planta en Vilalba En horas máis baixas está o queixo, o que restou competitividade ao contrato de Entrepinares, que liderara as subas no 2022. A empresa de Valladolid está a recoller neste momento uns 580.000 litros diarios en Galicia nunhas 165 explotacións, ás que ofrece un contrato de 4 meses de duración cun prezo base de 47 céntimos en abril e maio (un menos que no actual contrato) e 46 céntimos (2 menos que o prezo de marzo) en xuño e xullo, polo que a baixada media no conxunto dos 4 meses sería de 1,5 céntimos, quedando o prezo base medio en 46,5. En Castela e León a empresa da familia Martín ten asinado contrato para abril a 48 céntimos de prezo base, despois de ter baixado 1 céntimo de xeito escalonado en febreiro (48,5) e marzo (48 céntimos). O prezo final do contrato en Castela e León neste momento, no mellor dos casos, é de 50,5 céntimos, sumando a prima de volume (que en Galicia non ten) e a dobre AA, mentres a súa competencia directa na comunidade, Lactiber e Pascual, sitúanse nos 51,5 céntimos o litro.
O contrato de Entrepinares é por 4 meses: abril e maio a 47 céntimos e xuño e xullo a 46
En Galicia, Entrepinares non está a coller novas granxas, aínda que a empresa prevé poñer en funcionamento nos vindeiros meses a nova liña de queixo de mestura na planta de Vilalba, pero a estratexia da compañía pasa por cubrir as necesidades de materia prima que poida acarrear co crecemento orgánico das explotacións actuais, que terían incrementado a súa produción un 7% nos últimos dous meses.    “Estase empezando a ver o resultado do investimento que moitas ganderías fixeron o ano pasado. Animadas polos bos prezos, quen máis quen menos fixo algunha mellora na explotación e meteu máis vacas”, explican desde o equipo de campo da empresa.

“Os gandeiros deberían tomar a decisión de autolimitar a produción para evitar que os prezos caian na primavera”

Francisco Fernández, director de Agaprol OPL Entre as funcións que o Paquete Lácteo outorga ás Organizacións de Produtores está a negociación de prezos en conxunto en representación dos gandeiros socios para a formalización de contratos coas industrias e a regulación da oferta, de modo que están plenamente lexitimadas por Competencia para controlar os volumes de produción. Francisco Fernández é o director de AGAPROL, a maior OPL de España, con importante presenza en Castela e León, Cataluña ou Castela-A Mancha, onde aglutina a metade da produción nestas comunidades, pero con escasa presenza aínda en Galicia. A semana pasada estivo en zonas como A Mariña, Lugo, Ordes ou Santa Comba visitando a gandeiros socios e mantendo reunións coas industrias ás que entregan o leite de cara á renovación de contratos a partir de abril. A súa proposta para lograr manter os prezos nos niveis actuais pasa por invertir a posición de forza na negociación en favor dos gandeiros por ter nas súas mans a materia prima que as industrias necesitan. “O control da produción será a única forma de manter os prezos”, asegura.
Agaprol aglutina a 600 gandeiros e máis dun millón de toneladas de leite, o 13% da produción láctea española
Agaprol considera que o prezo de renovación de contratos que diten os grandes operadores do sector en España virá marcado pola evolución do prezo do leite en países como Francia, Holanda ou Alemaña, pero, sobre todo, di Francisco, “pola dispoñibilidade ou non de leite que haxa en España”. “Se as industrias detectan un crecemento superior á media non terán obstáculo para forzar novas baixadas de prezos”, asegura, polo que pretenden concienciar aos gandeiros de que “se aumentan a súa produción inexorablemente desencadearase unha baixada do prezo do leite que producen”.
O control da produción será a única forma de manter os prezos
O ano 2023 pechouse cunha estabilización da produción láctea no conxunto de España, con incrementos do 1% en Galicia, do 0,5% en Cataluña, do 2,4% en Castela-A Mancha ou do 3,9% en Navarra que compensaron os descensos do 0,5% en Andalucía, do 0,7% en Castela e León, do 1,9% en Asturias ou do 2,6% en Cantabria. “O que marca o prezo do leite no seu conxunto é aquel que a industria está disposta a pagar polos últimos litros cos que enchen as súas cisternas e os seus almacéns”, asegura Francisco. “Nun país deficitario como é España, que importa unha cuarta parte dos produtos lácteos consumidos, esta situación non debería de existir, pero as industrias saben que poden ditar a súa lei coa condición de que sobre unha cisterna no mercado capaz de facer baixar o prezo da totalidade do leite”, insiste. “A industria está a buscar o momento de maior crecemento da produción de todo o ano para aproveitar e volver baixar os prezos. Está nas mans dos gandeiros evitalo. Hai que concienciarlos de que cada vaca que deixen de muxir supón unha subida do prezo do leite das que sigan muxindo na granxa”, argumenta.
A 'Operación Cisterna' é unha medida necesaria diante da intención por parte da industria de novas baixadas de prezo para a primavera
O prezo das vacas de desvelle está repuntando, insiste Agaprol, polo que “podería aproveitarse a oportunidade para dar saída a aqueles animais que pola súa baixa produtividade poden minguar a rendibilidade das explotacións e, á súa vez, evitar un aumento perigoso da produción de leite”, recomenda Francisco. Tensionar a demanda Agaprol asegura que con esta campaña a favor da moderación na produción non pretenden “provocar unha situación de desabastecemento”, senón “controlar a oferta para que o gandeiro poida esixir polo seu leite o que realmente vale”. “En España as subidas de prezos víronse vinculadas historicamente a lixeiras baixadas de produción que provocaban a tensión suficiente entre as industrias para que se visen obrigadas a pagar o que vale o leite antes de quedar sen materia prima para transformar e cumprir cos contratos de abastecemento que manteñen coa gran distribución”, argumentan.
O leite é moi sensible, de sobrar un litro para faltar un litro cambia totalmente o panorama
E pon como exemplo o ocorrido durante o verán e o outono de 2022. “Non é que faltase tanto leite, pero foi o suficiente para que as industrias se pelexasen entre elas por captar explotacións subministradoras e mira a que se montou, tanto que en poucos meses o leite púxose a 60 céntimos”, lembra. Pero a situación inversa, dun pequeno excedente, xeraría agora o efecto contrario. “O leite é moi sensible, de sobrar un litro para faltar un litro cambia totalmente o panorama. O caldo de cultivo perfecto para a industria é que cada ano subamos un pouco a produción. Con só un pouco de leite de máis saben que o gandeiro está cautivo porque non ten posibilidade de cambiar de empresa e baixan os prezos. Pero iso non o poden facer no momento no que o leite está xusto ou falta algo”, argumenta. Maior concentración na recollida “A concentración da demanda está a ser determinante en todo este proceso. Cada vez son menos os operadores independentes con capacidade para influír no prezo dos contratos e iso afecta negativamente os gandeiros”, asegura Francisco. Esa unificación de prezos por redución da competencia podería observarse xa en Galicia nos próximos contratos debido ao acordo entre Capsa e Mercadona para envasar leite Hacendado na planta de Outeiro de Rei. “Mercadona controlaría xa nestes momentos, directa ou indirectamente, uns 600 millóns de litros só en Galicia, sumando as recollidas de Naturleite, Entrepinares e Larsa”, calcula o director de Agaprol.
Tras o acordo con CAPSA, o 20% da produción galega e o 40% da española estaría en mans de empresas que fornecen a Mercadona
No conxunto de España estima que o volume de leite controlado pola cadea de supermercados de Joan Roig situaríase preto dos 3 millóns de toneladas, o que representa o 40% da produción láctea española. “Covap manexa máis de 700 millóns de toneladas ao ano e Capsa outro tanto, só de brick. Se metes a Iparlat, estariamos xa en 2 millóns de toneladas. Se sumamos queixos e iogures, son case 3 millóns os que están baixo o paraugas de Mercadona, que controla máis do 30% do mercado do leite líquido de consumo (1,2 millóns de toneladas de brick dos 3 millóns que se consomen en España), o 40% da venda de queixos e o 45% do mercado de iogures”, detalla Francisco.
Mercadona é quen marca as pautas, a que di se hai que subir ou baixar e canto
“Capsa está metida de cheo na órbita de Mercadona. A join venture de Cataluña foi callando e estendeuse ao resto de plantas. Con iso Mercadona ten garantido o abastecemento e o crecemento para os próximos anos. Capsa perde en boa medida a súa identidade, pero non tivo máis remedio polo descenso do leite de fabricante”, indica. Pero ese cambio de estratexia terá consecuencias no campo, augura. “A pinza Larsa-Lactalis acabouse. Antes os seus contratos vencían un mes antes e marcaban a tendencia. Agora Mercadona é o que marca as pautas, a que di se hai que subir ou baixar e canto”, asegura o director de Agaprol. “Covap e Capsa ían facer unha central de compras, ao estilo de Compras e Suminstros Lactalis. Querían facer algo parecido, pero deulles medo por se tiñan problemas con Competencia. Cortáronse, pero dunha maneira ou outra haberá concertación de prezos”, augura. Risco de contaxio na distribución Agaprol mostra o seu temor ante unha baixada en cadea do prezo do leite desde o campo ao supermercado. “Ese é o risco maior que corremos. Se algunha industria decide optar por unha política agresiva de prezos, baixando o leite no campo para ofrecer ás grandes superficies o brick 4 ou 5 céntimos máis barato para rabuñar cota de mercado a outra industria que faga tamén marca branca podémonos cargar a cadea, que neste momento é sostible”, asegura.
A cadea láctea neste momento, tal como está, é sostible para todos
Afirma que “os supermercados tamén se atopan cómodos con esta situación”, pero advirte de que “se Carrefour, Día, Lidl ou outra gran superficie entra no xogo dalgunha destas industrias kamikace” habería un reflexo en toda a distribución. “Mercadona non está por baixar o prezo pero se baixan as demais eles farano de forma inmediata. Todas as cadeas queren ter o leite ao mesmo prezo para que non condicione ao consumidor a que supermercado ir. Hai anos actuaba como produto reclamo; agora non”, asegura. Por iso Francisco incide en evitar “que as industrias forcen unha baixada no campo e que esa baixada non se traslade despois á distribución”, porque “despois volver subir é dificilísimo”, advirte. “Non por producir máis se gaña máis” Desde Agaprol non pretenden dicirlle ao gandeiro o que ten que facer, pero lanzan un “aviso a navegantes”: “Se crecemos de forma desmedida podemos provocar unha baixada de 5-6 céntimos e volver aos 40 céntimos”. “Se Galicia non subise a produción no último ano estou convencido de que esta primavera repetiriamos prezos sen ningún problema”, asegura Francisco, que insiste en que “non por producir máis se gaña máis”.
En Galicia os gandeiros que queden teñen que medrar, pero ten que ser un crecemento sostido e moderado
Recoñece que a situación en Galicia é diferente ao resto de comunidades en canto a redimensionamiento das granxas. “Fóra de Galicia hai pouca xente que teña ganas de medrar, porque os que quedan no sector xa o fixeron, pero en Galicia eses crecementos aínda se están producindo. Os gandeiros que queden teñen que medrar, pero ten que ser un crecemento sostido e moderado. Do contrario, médrase a base de investimento e iso é unha dinámica infernal”, asegura. Ademais, explica, o límite de 850 UGM que fixa o Real Decreto de Ordenación de granxas de vacún supón un tope no caso das granxas de maior tamaño de comunidades como Cataluña, Castela e León, Andalucía ou Castela-A Mancha, pero permite aínda un considerable percorrido para as ganderías de tamaño medio en Galicia. A ameaza da EHE Pese ao peche de explotacións, existe un crecemento orgánico, indica o director de Agaprol, non só polo aumento de tamaño das granxas que quedan, senón pola maior profesionalización do sector. “Con menos vacas está a producirse máis leite por mellor manexo, alimentación, instalacións, xenética etc. Desde que se acabaron as cotas no conxunto de España aumentamos a produción de leite en 1 millón de toneladas con 7.000 gandeiros menos”, destaca.
A produción no inverno está a ser alta porque non fixo frío, pero a EHE podería reducir a produción en Galicia de cara ao verán
Para este ano, Francisco ve un risco importante na EHE. “O aumento da produción galega podería verse afectada este ano polo posible repunte da incidencia da Enfermidade Hemorrágica Epizoótica, que a campaña pasada practicamente non afectou as granxas lácteas da comunidade pero que co bo tempo e a humidade podería repuntar de forma considerable en toda a zona”, alerta, tras a experiencia vivida o ano pasado en Castela e León. A ameaza da EHE podería frear as entregas de leite nos meses de verán, tras un inverno favorable á produción. “Este ano está a ser espectacular polo tempo, con medias de 2 litros máis por vaca, porque non houbo inverno e as vacas están en modo primavera todo o ano. A estacionalidade na produción é agora menor. Este ano vaise notar menos a subida na primavera, cando outros anos a produción dispárase porque vés dun inverno máis frio”, explica.

“Estamos moi preocupados porque en Galicia vai haber presión para baixar prezos e iso pódenos arrastrar aos demais”

Aínda que a súa presenza na comunidade limítase a unhas 30 granxas socias, Agaprol levará a cabo nas próximas semanas unha intensa campaña de concienciación na comunidade galega sobre a necesidade de conter as entregas debido ao seu peso na produción láctea española. “Galicia condiciónanos a todos”, asegura o seu director. “A guerra que temos no resto de comunidades autónomas coas industrias é que nos ameazan precisamente con vir comprar o leite a Galicia porque é máis barato. Antes ameazábannos con traer leite de Francia e agora ameázannos con traer leite de Galicia, porque a media actual en Galicia está en 47 céntimos, mentres fóra de Galicia móvese entre 51,5 e 52 céntimos, son entre 4 e 5 céntimos de diferenza”, evidencia Francisco. Dos contactos que mantivo coas distintas industrias, conclúe que “en Galicia hai moitas ganas por parte das industrias de baixar, e bastante, o leite no próximo contrato. Vai haber moita presión para baixar prezos e iso pódenos arrastrar aos demais”, alerta.
En Galicia hai moitas ganas por parte das industrias de baixar, e bastante, o leite no próximo contrato
“Todas as negociacións están interconectadas porque ao final todas as empresas compran en todos os sitios. Cando empezamos coa OPL fixémola en Castela e León pero démonos conta de que iso non servía, que hai que estar en todos os lados”, xustifica. Por iso é polo que Agaprol foise estendendo e está presente hoxe xa en 11 comunidades. En Galicia, con todo, recoñece dificultades. “Noutras comunidades as explotacións grandes son as que están máis integradas na organización de produtores; en Galicia non pasa iso e as máis pequenas tampouco participan”, explica. Impunidade das empresas “Na maioría de sitios as industrias fan o que lles dá a gana e en Galicia máis”, afirma Francisco para defender a necesidade dunha maior unión entre os produtores e unha maior implicación tamén por parte da Xunta. “En Galicia as industrias están afeitas a facer auténticas barbaridades sen que pase absolutamente nada. As sancións ponas a AICA, pero o labor de inspección corresponde á Xunta”, aclara.
En Galicia as industrias fan barbaridades e non pasa nada. As multas ponas a AICA pero a inspección tena que facer a Xunta
“A folla de ruta que tiñan fixada as industrias era baixar dous céntimos en decembro e outros 2 en abril. En Galicia esa primeira baixada parouna a Xunta tras unha reunión coas industrias, mentres en Castela e León baixáronnos un céntimo coa desculpa de acurtar o diferencial con Galicia. Pero neste momento, sen o comodín do público, que eran as eleccións, en Galicia a intención das industrias é baixar agora de golpe, dunha tacada, eses 4 céntimos en abril”, advirte. Necesidade de negociar prezos en conxunto Agaprol acaba de cumprir 10 anos e o seu director defende a necesidade de que os gandeiros se integren en organizacións de produtores. “Xa non se pode negociar á antiga usanza, hai que profesionalizar eses procesos e dotalos de transparencia”, incide. “Agora mesmo negociamos máis dun millón de toneladas pero o noso obxectivo é seguir crecendo para poder plantar cara ás industrias, que cada vez máis acumulan volumes incribles”, xustifica.
A Xunta parou a baixada de 2 céntimos en decembro porque había eleccións pero agora a intención das industrias é baixar de golpe 4 céntimos
Francisco anuncia “unha campaña forte en Galicia nas próximas semanas” porque, di, “agora mesmo onde está o pescozo de botella e onde hai que apertar para frear a baixada é en Galicia”. Aínda que recoñece que na comunidade que produce o 43% do leite de España, sumando a produción convencional e ecolóxica, o labor das Organizacións de Produtores é máis difícil: “En Galicia hai empresas kamikace que non atenden a ningunha razón”, denuncia.

Ofertas iniciais á baixa para a renovación dos contratos do leite na primavera

Naturleite ofrece un contrato a un ano cun prezo base de 40 céntimos Primeiros movementos de cara á renovación dos contratos do leite na primavera, co envío por parte das industrias das ofertas preliminares ás explotacións. Algunhas delas, como as de Naturleite, Lactalis ou Entrepinares, recollen baixadas importantes, que marcan a tendencia no inicio das negociacións pero que non teñen por que plasmarse despois nos contratos finais asinados. Como se está a converter xa en práctica habitual, cando menos nas renovacións levadas a cabo no últimos ano, as empresas acostuman saír con ofertas moi baixas, de puro trámite, que ningunha das dúas partes toma en serio, pois as propias empresas avisan aos gandeiros de que non será a proposta definitiva.
A presentación de ofertas ás granxas para a renovación dos contratos de compra do leite estase a volver un mero trámite, un simple formalismo legal
A Lei da Cadea Alimentaria e o Paquete Lácteo establecen que as empresas compradoras deben presentar ás ganderías das que se aprovisionan de materia prima unha oferta de renovación de contratos con dous meses de antelación á data de vencemento e as industrias buscan cumprir con este formalismo legal a través das propostas que están a remitir ás explotacións, para non arriscarse a recibir sancións por parte da AICA. As empresas, ademais, presentan prezos baixos nas ofertas para ter logo máis marxe para negociar coas explotacións a medida que se achega o momento da renovación, en función de como evolucione o mercado, por exemplo, a nivel de demanda, ou de como actúe a competencia. Se o gandeiro non responde á oferta presentada decae no prazo de 15 días, o que dá inicio á negociación real, prevista para o vindeiro mes de marzo.   Globo sonda de Naturleite Á hora de presentar ofertas ou contratos, as empresas apuran os tempos, moitas veces incluso máis aló do límite legal. Ningunha quere ser a primeira en mover ficha. Desta volta, Naturleite foi quen tirou a primeira pedra, cunha oferta de renovación cunha vixencia dun ano (1 de abril de 2024-31 de marzo de 2025) e un prezo base de 40 céntimos, 8 menos dos que a empresa está a pagar neste momento.
Legalmente as ofertas deben recoller unha duración mínima dun ano pero agárdase que os contratos se asinen por 6 meses
A oferta de Naturleite en Galicia chama aínda máis a atención se se compara cos prezos que a cooperativa COVAP, propietaria da planta de Meira, está a pagar noutros territorios nos que opera, por exemplo en Castela e León a través de Lactiber, con prezos por enriba dos 50 céntimos, ou en Andalucía, de onde é orixinaria, situados nos 55 céntimos neste momento. A factoría de Meira envasa uns 110 millóns de litros de leite ao ano baixo a marca Hacendado para a cadea de supermercados Mercadona logo de ter ampliado nos últimos meses a súa recollida con algunha granxa, movéndose na actualidade cerca dos 300.000 litros diarios procedentes dunhas 250 ganderías. Oferta indexada de Lactalis Aínda que a maioría dos contratos que se asinan en Galicia son a prezo fixo, algunhas empresas están a apostar polo envío de ofertas indexadas a distintos índices, de maneira que o prezo de compra flutuaría ao longo dos 12 meses de vixencia do contrato. É o caso da multinacional francesa Lactalis, que segue a ser a industria que máis leite recolle en Galicia, e que está a presentar unha oferta co 75% do prezo a 41,5 céntimos e o 25% restante vinculado á cotización do leite enteiro en pó (WMP) na UE, que pechou a semana pasada a súa última cotización en 36,7 céntimos, o que deixaría o prezo base final no caso do contrato de Lactalis en 40,3 céntimos, o que suporía tamén unha rebaixa importante, de 4 céntimos, a respecto do que está a pagar neste momento.
Os dous últimos contratos de Lactalis colleron de prezo base final o incluído para o 75% do leite na oferta inicial presentada
Aínda que se trata do primeiro contacto coas súas granxas, tendo en conta o precedente das dúas últimas renovacións, o prezo a partir de abril da multinacional francesa podería caer máis de tres céntimos, xa que os dous últimos contratos asinados por Lactalis colleron de prezo base final o incluído para o 75% do leite na oferta inicial presentada, neste caso 41,5 céntimos, cando o prezo base actual é de 44 céntimos. Baixada dun céntimo de Entrepinares en Castela e León Tamén aposta por unha oferta variable a queixería Entrepinares, proveedora da cadea Mercadona ao igual que Naturleite, cun prezo base no caso da planta de Vilalba de 43,5 céntimos pero vinculado á evolución do índice A3 publicado pola Inlac. Entrepinares está a ser sinalada nos últimos días en Castela e León por baixar 1 céntimo o prezo de renovación dos contratos para os meses de febreiro e marzo, cunha baixada escalonada: 48,5 céntimos para este mes de febreiro e 48 para marzo.
As industrias comprometéranse coa Xunta a manter o prezo en Galicia para ir corrixindo o diferencial negativo a respecto doutras comunidades
O resto de empresas que operan na comunidade veciña, como Lactalis, Lactiber, García Vaquero ou Pascual, decidiron finalmente manter os prezos, o que xerou malestar no sector produtor coa queixería de Valladolid, que segue a manter con todo un diferencial positivo de entre 1 e 2 céntimos en Castela e León a respecto do que está a pagar en Galicia, debido a que na comunidade veciña conta con primas por volume que non paga ás granxas galegas. Prudencia nos movementos do Grupo Lence A oferta de renovación do Grupo Lence, a segunda empresa que máis leite recolle neste momento en Galicia, nunhas 360 explotacións, presenta unha baixada de 2 céntimos no prezo base, que quedaría en 41,7 céntimos, ao que habería que engadir as primas por calidades (0,3 céntimos a décima de graxa e proteína), certificación de benestar animal (0,01 céntimos), bacterioloxía (a super A de Leite Río e Leyma sitúase en menos de 30.000 xermes e menos de 250.000 células e págase a 0,01 céntimos) e volume (de 40.000 a 60.000 litros 1 céntimo e máis de 60.000, 2 céntimos).
Leite Río busca non repetir o acontecido en outubro, cando quedou descolgada no prezo
Tamén está a presionar os prezos á baixa Reny Picot, que está a derivar unha parte da súa recollida ao envasado de leite debido á menor rendibilidade do leite en pó e a fabricación de queixo, o seu mercado principal; e Leche Celta, que volve apostar por unha oferta a prezo fixo pero escalonada ao longo do ano, con 3 meses a un prezo e 9 a outro, para a súa planta de Pontedeume, na que envasa leite para cadeas de distribución como Lidl. Situación no resto de Europa Mentres as ofertas presentadas en Galicia apuntan a unha posible baixada do prezo a partir da primavera, a situación en Europa foi ata o de agora por camiño oposto, a falta de ver o que sucede na primavera. O prezo medio na UE leva repuntando desde o mes de setembro e situouse en decembro en 46,14 céntimos, logo de aumentar 2,73 céntimos en tres meses. 
Irlanda, Alemaña, Países Baixos e Polonia acumulan unha importante revalorización no prezo do leite nos últimos meses
Entre os principais países produtores, Irlanda presenta unha das subas máis notables, pasando de 40 a 44 céntimos; mentres en Alemaña o leite pasou de 41,3 a 44,3; en Holanda de 41,4 a 46,3 e en Polonia de 41 céntimos a 50. Francia e Italia mantéñense sen oscilacións, nos 46,8 céntimos no país galo e nos 48,5 no caso italiano, segundo os últimos datos publicados polo Observatorio Lácteo da UE, que reflicte tamén unha tendencia á revalorización dos produtos lácteos industriais.

Larsa anuncia que deixa de recoller leite a varias cooperativas a partir do 1 de abril

Corporación Alimentaria Peñasanta (CAPSA), propietaria das marcas Central Lechera Asturiana e Larsa, que chegou a ser a segunda empresa con máis recollida en Galicia, está a perder peso na comunidade. A planta de Outeiro de Rei, segundo se interpreta no sector, acusa as consecuencias da caída de vendas das primeiras marcas de leite. A empresa vén de anunciarlle a varias cooperativas coas que tiña acordos, entre elas Aira ou ganderías socias da Cooperativa Central de Frades, a redución da recollida a partir do 1 de abril.
Naturleite e o Grupo Lence aumentaron a recollida nos últimos meses
Nas renovacións levadas a cabo en decembro non houbera grandes movementos de granxas entre industrias e o máis salientable foi o abandono por parte de Nestlé doutras dúas rutas en Galicia. A multinacional suíza xa se vira obrigada a facer o mesmo na primavera pasada, ao igual que lle pasou a Pascual, outra das empresas que se están a ver afectadas pola caída da demanda de produtos de alta gama no mercado. Transvase cara a marca branca Pola contra, o leite de marca branca segue a gañar cota de mercado en España. Favorecidas pola inflación, as marcas de distribución levan meses comendo terreo ás primeiras marcas das industrias lácteas.  
O brick segue ao mesmo prezo no supermercado pero as primeiras marcas están a sufrir
Mercadona, a cadea de supermercados que máis leite vende, controla arredor dun terzo do mercado de leite líquido e segue ampliando a súa necesidade de subministro, o que está a obrigar á compañía propiedade de Juan Roig a reforzar a súa cadea de proveedores.

Os prezos do leite mantéñense ata marzo ante o medo aos efectos da EHE sobre a produción en 2024

Mantense a actual perspectiva de estabilidade nos prezos de compra do leite para os vindeiros meses, cando menos até a renovación de primavera. As empresas con recollida en Galicia estiran os seus contratos actuais até o 31 de marzo sen reducións significativas no prezo base e nos demais complementos.  O mantemento dos prezos máis aló do mes de decembro permite ás ganderías pechar un bo ano, no que o prezo medio dos 12 meses se sitúa por enriba do de 2022 e no que insumos como o penso ou os fertilizantes reduciron o seu custo. Encárase así o comezo de 2024 sen ameazas de baixadas inminentes no prezo do leite e despois de que as anunciadas para este outono non se teñan consumado. As dúas industrias con maior volume de entregas neste momento na comunidade, a multinacional francesa Lactalis e a compañía lucense Leite Río, están a competir entre si por contratos de subministro a grandes superficies e míranse de reollo tamén á hora de comprar a materia prima.
Lactalis e Leite Río míranse de reollo nas ofertas ás grandes superficies e ás ganderías
As dúas buscan incrementar os litros comprados e envasados, o que está a tirar dos prezos no campo. No caso do Grupo Lence, ten previsto poñer en marcha de cara ao vindeiro ano unha nova liña de envasado na súa planta Ceao II, que estaría destinada a brick e que se sumaría ás xa existentes para leite, nata e batidos. Lactalis mantén prezos e arrastra ás demais Lactalis mantén o prezo actual (o establecido no contrato do mes de agosto) até marzo, cun novo contrato continuista de catro meses. A multinacional francesa prescinde do complemento empresarial e mantén o prezo base en 44 céntimos, ao que se engadirían as primas de benestar (de 1 a 1,2 céntimos), pastoreo (1 céntimo) e dobre AA (1 céntimo con menos de 25.000 xermes e 240.000 células).
Lactalis paga máis os sólidos que Leite Río, a súa principal competidora neste momento, tras subir a 0,4 céntimos a décima de graxa no anterior contrato
En canto ás calidades, a multinacional francesa subiu a décima de graxa a 0,4 céntimos no anterior contrato e mantén en 0,3 a de proteína. A prima de volume inclúe 8 tramos, cun máximo de 3 céntimos: 3 céntimos no caso de granxas de máis de 200.000 litros; 2,7 entre 150.000 e 200.000; 2,5 entre 100.000 e 150.000; 2 entre 75.000 e 100.000; 1,7 entre 50.000 e 75.000; 1,2 entre 35.000 e 50.000 e 0,5 entre 20.000 e 35.000). Deste xeito, o prezo final, no mellor dos casos, quedaría no entorno dos 49 céntimos. Lence e Celta reaccionan tras quedar descolgadas O Grupo Lence, que asinara por dous meses (novembro e decembro) cunha baixada de entre 2 e 3 céntimos, reaccionou asinando un novo contrato nas explotacións, que entraría xa en vigor no mes de decembro e co que recúa na rebaixa aplicada (que se mantería, iso si, no leite entregado en novembro por estar xa o contrato rexistrado na AICA). O descontento pola baixada aplicada é evidente nalgunha das súas granxas, o que levou á empresa propietaria de Río e Leyma a negociar os prezos do novo contrato de maneira máis individualizada e a recuperar de novo a prima de fidelidade para incrementar o prezo e compensar ás explotacións.
O Grupo Lence racha o contrato do mes de decembro e recupera a prima de fidelidade para subir o prezo ás explotacións
O prezo base mantense nos 43,7 céntimos de novembro,  ao que habería que engadir as primas por calidades (0,3 céntimos a décima de graxa e proteína), certificación de benestar (0,01 céntimos), bacterioloxía (a super A de Lence sitúase en menos de 30.000 xermes e menos de 250.000 células e págase a 0,01 céntimos) e volume (de 40.000 a 60.000 litros 1 céntimo e máis de 60.000, 2 céntimos). A prima de fidelidade, que a empresa volve recuperar no contrato, fai que o prezo final do Grupo Lence até marzo varíe, en función da granxa, entre os 46 céntimos no caso das ganderías máis pequenas e os 48,5 céntimos en casos de explotacións grandes ou grupos de ganderías que negocian en conxunto. O prezo final de decembro a marzo inclúe medio céntimo para compensar a baixada aplicada en novembro, polo que no cómputo global dos 5 meses Lence estaría baixando o prezo do leite para as 356 explotacións que entregan a Leyma e Río medio céntimo.
Celta ofrece un céntimo máis en xaneiro, febreiro e marzo para compensar a baixada de céntimo e medio de novembro e decembro
A mesma estratexia de compensar a baixada no leite do primeiro trimestre está a seguir Leche Celta, a outra empresa que quedou descolgada nos prezos por ter asinado tamén un mes antes cas demais. A planta de Pontedeume non variaría o contrato asinado, que recolle unha baixada de 1,5 céntimos para novembro e decembro, pero está a ofrecer ás súas ganderías recuperar estas cantidades nos meses de xaneiro, febreiro e marzo, nos que pagaría un céntimo por enriba do prezo de outubro, antes de ter aplicado a rebaixa, co que o prezo resultante para o primeiro trimestre de 2024 no caso das granxas de Lactogal moveríase no entorno dos 48 céntimos, quedando aínda medio céntimo máis baixo que Lence e un por debaixo de Lactalis.
Reny Picot segue sendo unha das empresas que mantén prezos máis desiguais no campo
Empresas como a catalana TGT, que aplicara unha baixada de 3 céntimos en novembro, ou Queserías Sarrianas, que baixou 2, poderían verse tamén obrigadas a dar marcha atrás de cara ao mes de xaneiro, mentres no caso de Reny Picot, segue sendo unha das empresas que mantén prezos máis desiguais no campo, con máis de 5 céntimos de diferenza entre unhas granxas e outras. O prezo base de renovación sitúase en 43 céntimos logo de ter baixado un céntimo o mes pasado á maioría de explotacións, pero a empresa asturiana aplica despois unha serie de pluses moi dispares que permiten recuperar o prezo final a algunhas delas.  Pugna entre as industrias do brick para captar clientes Segue a ser un bo momento para as industrias centradas en envasar leite líquido, que son as que están a pugnar por novos clientes. Os prezos do leite nos supermercados seguen manténdose en niveis elevados e o anuncio do Goberno de prorrogar até xuño de 2024 a rebaixa ao 0% no tipo de IVE aplicado aos produtos lácteos podería contribuir a manter o consumo. Pero a intención dalgunha cadea de distribución de volver ao sistema de poxa para as compras de leite ameaza con reducir as marxes das industrias envasadoras e tirar do prezo do leite en orixe cara abaixo.
O risco de volver ao sistema de poxas na distribución reduciría as marxes das industrias envasadoras e tiraría do prezo do leite en orixe cara abaixo
A cooperativa Clun, por exemplo, vese obrigada en ocasións a facer ofertas agresivas na súa marca branca para dar saída a excedentes, o que desestabiliza aos seus competidores: Iberleche (Celta), Lactalis e Grupo Lence, tres da industrias que máis marca branca envasan en Galicia neste momento. No caso das empresas que traballan en exclusiva cunha única cadea, caso de Naturleite ou Entrepinares, non dependen tanto destas subastas puntuais, pero eses movementos á baixa acaban tamén producindo un efecto contaxio en todo o sector.
Entrepinares mantén o prezo en decembro e xaneiro e baixa un céntimo en febreiro e marzo
Entrepinares, que deixou algunha granxa por discrepancias, asinou por catro meses, mantendo o prezo base en 49 céntimos en decembro e xaneiro e baixando a 48 nos meses de febreiro e marzo, á espera de que as cotizacións do queixo e do soro en po melloren para recuperar o volumen de crecemento que mantivo a planta de Vilalba desde a súa creación. Naturleite, proveedora tamén de Mercadona e que vén de mercar a fábrica de Meira de Cereais Rego, nunha estratexia de diversificación pola que leva anos apostando a súa matriz, a cooperativa cordobesa COVAP, asinou contrato de momento só por dous meses, decembro e xaneiro, a un prezo base de 46 céntimos, aos que se sumarían 0,5 céntimos por benestar, 0,5 por boas prácticas medioambientais y 1 por calidade hixiénico-sanitaria AA (aínda que Naturleite penaliza as células e a baterioloxía por mostra diaria en vez de facelo pola media mensual).  Cambios para 2024 na tendencia aos contratos a curto prazo A totalidade das industrias, agás Inleit, que asinou por un ano en primavera, apostaron en 2023 por ir facendo contratos ponte de pouca duración, de 2, 3 e 4 meses, por medo ás incertas perspectivas futuras. Esta estratexia obriga ás industrias a estar revisando e renegociando constantemente pero minimiza os riscos ante unha caída brusca, aínda que non evita quedar momentáneamente fóra de mercado, como lles aconteceu a Celta e Río na última sinatura de contratos en outubro.
Agárdase un alongamento da duración dos contratos de primavera para garantir os volumes de recollida ante o risco que supón a EHE
Agárdase que as industrias opten por alongar un pouco a duración dos contratos na primavera, para evitar o desgaste de estar cada poucas semanas renegociando coas súas granxas provedoras para manter os volumes de recollida, que se poderían ver comprometidos o vindeiro ano como consecuencia da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica. Á espera desa renovación xeral de contratos en marzo, en xaneiro volverá haber pequenos movementos no mercado do leite en Galicia, xa que a comezos de ano quedan libres algunhas das explotacións afectadas polas rutas que deixan de recoller Pascual e Nestlé na provincia da Coruña, polo que é probable que volva haber certa disputa entre Lactalis e Río por facerse con algunha delas, igual que pasou estes días no caso da que deixa Entrepinares.
Larsa deixará de recoller en xaneiro a varias pequenas ganderías na Mariña
Se o panorama actual de demanda de leite non cambia de cara á primavera, as explotacións que estean situadas en zonas onde operan o resto de empresas non terían dificultades para atopar novo comprador. O problema atópano granxas de pequeno tamaño situadas en zonas máis illadas ou alonxadas das principais rutas de recollida. É o caso de cando menos tres granxas de Larsa na Mariña, na zona de Foz e O Valadouro, que non teñen polo momento quen lles recolla o leite a partir do 1 de xaneiro. Este tipo de ganderías teñen cada vez menos opcións de entrega e un diferencial de prezo maior.

Prezo medio anual 8 céntimos superior a 2022 e aumento das diferenzas entre comunidades

O 2023 comportouse de xeito moi volátil, con redución de prezo na primeira metade do ano (de febreiro a agosto) e mantemento do prezo de compra sen apenas variacións a partir de entón. O prezo medio final do ano estará en torno aos 54,5 céntimos en España e 52,3 en Galicia, uns 8 céntimos por enriba da media de todo o ano 2022: 46,6 céntimos no conxunto das 17 comunidades e 45,4 en Galicia.
España segue mantendo prezos medios superiores aos europeos: 6,5 céntimos máis en outubro
Dentro de España, Galicia segue a ter un diferencial negativo con respecto a outras comunidades veciñas: 5,3 céntimos en setembro con respecto a Asturias e 4,9 con respecto a Castela e León. Algunhas das industrias que mercan tanto en Galicia como nesas outras comunidades (caso de COVAP ou CAPSA) comprometéronse a ir reducindo esa diferenza de prezo, que ao longo deste ano se foi incrementando. A suba da manteiga reflota o contrato de Larsa No caso da asturiana CAPSA, en Galicia ofrece aos gandeiros de Larsa manter as condicións actuais, as asinadas en agosto, cun novo contrato de catro meses de duración até marzo co 70% do leite a 50 céntimos de prezo base e o outro 30% vinculado á súa habitual fórmula de manteiga e leite en po, dous produtos industriais que están a repuntar nas últimas semanas, sobre todo a manteiga, o que eleva o prezo variable do 30% do leite dos 32 aos case 38 céntimos e deixa o prezo base medio total en 46,3 céntimos neste momento.  
Larsa opta por alongar tamén o contrato de agosto até o 31 de marzo
No caso de contar con calidade hixiénico-sanitaria extra, que se move no caso de Larsa en parámetros esixentes por debaixo de 190.000 células e 25.000 xermes, difíciles de lograr durante os meses de verán, supón 1,5 céntimos a maiores (medio céntimo no tramo de menos de 50.000 xermes en bacterioloxía e 250.000 células somáticas). En canto ás primas por volume, nas granxas de máis de 250.000 litros ao mes supoñen 4,5 céntimos, o que deixaría o prezo final en decembro rozando os 51 céntimos. No caso das ganderías máis pequenas, compensan normalmente unha prima por volume moito máis baixa coa prima de 1,5 céntimos de pastoreo. Os sólidos páganse a 0,3 céntimos a décima de graxa e proteína.
A suba da cotización internacional da manteiga nas últimas semanas permite a Larsa ofrecer prezos máis atractivos para os vindeiros meses
Mentres, a matriz do grupo pagou aos seus gandeiros socios en Asturias a 58,5 céntimos en setembro e a 57,5 en outubro, sempre que se consuman os distintos produtos e servizos que ofrece a cooperativa a través de ASA, como a compra do penso, os carros mesturadores para facer a ración ou os servizos veterinarios e de nutrición.
Central Lechera Asturiana conta en Asturias con pouco máis de 900 ganderías con entregas de leite e prevé o peche de máis de 150 granxas en 2024 
O sobreprezo existente con respecto aos produtores non socios en Galicia trata de manter con vida un sector que agoniza, xa que Central Lechera Asturiana está a sufrir un goteo constante de peche de granxas (entre 8 e 10 ao mes) e prevé para o vindeiro ano uns 160 abandonos, debido á elevada media de idade dos seus socios.

Estabilidade nos prezos do leite até final de ano

A maioría de granxas galegas comerán o turrón sen sufrir baixadas importantes no prezo do leite. Malia as ameazas iniciais aos produtores dun novo descenso de entre 2 e 3 céntimos (sería o terceiro este ano tralos sufridos en marzo e agosto), semella que en moitos casos esta baixada no prezo do leite en orixe non se vai chegar a producir de momento ou será mínima. Empresas cun importante volume de recollida en Galicia, como Lactalis, Grupo Lence e Naturleite, dan marcha atrás da súa intención inicial (explicitada hai un mes na presentación das ofertas de renovación enviadas ás explotacións) e manterán os contratos até final de ano.
Celta e Río renovaron contratos o 1 de novembro e Lactalis, Larsa, Entrepinares, Naturleite ou Reny Picot farano o mes que vén
O prezo para novembro e decembro resiste deste xeito no entorno dos 48 céntimos, o que fai que a media de todo o ano sexa superior á do 2022, cando o leite no campo chegou aos 60 céntimos unicamente no último trimestre pero acadou prezos sensiblemente inferiores no primeiro treito da campaña. Empresas ás que lle sobra leite A actual espiral inflacionaria e de suba de tipos de interese está provocando cambios nos hábitos de consumo das familias, que dispoñen dun menor poder adquisitivo e estanse a mover cara a produtos de marca branca e menor prezo. Isto está a afectar negativamente a empresas como Pascual ou Nestlé que se viron obrigadas a reducir o seu volumen de recollida en Galicia pola caída na demanda de produtos de gama alta.
Pascual deixou dúas rutas e Nestlé outras dúas. As ganderías prexudicadas excedían o volumen de entregas por estaren medrando
No caso de Pascual, a empresa con sede en Aranda de Duero (Burgos) deixou dúas rutas en Galicia, cun volume próximo aos 30.000 litros diarios, mentres que a multinacional suíza Nestlé comunicou a distintas explotacións a súa intención de abandonar a partir do 1 de xaneiro outras dúas rutas en Galicia (uns 25.000 litros diarios). Trataríase dunha nova perda de materia prima por parte da planta de Pontecesures, que deixou de recoller esta primavera outros 25.000 litros diarios á cooperativa de Ordes e que foron parar a Río e Lactalis. As ganderías afectadas serían sobre todo granxas que están a medrar moito en volume, nalgúns casos por contar con relevo xeracional e estar facendo investimentos en ampliar as súas instalacións. Lactalis e Naturleite manteñen prezos No outro lado da balanza están empresas como Naturleite, que envasa para a cadea Mercadona e que se está a ver beneficiada polo incremento de consumo de leite de marca branca. De feito, a planta de Meira xa colleu a tres das granxas que soltou Pascual.   A cooperativa andaluza COVAP, propietaria de Naturleite, é unha das industrias que está a pagar máis o leite fóra de Galicia, en concreto en Castela e León a través de Lactiber, ao igual que fai CAPSA con Central Lechera Asturiana e Larsa. Esta diferenza, que acostumaba ser de 2-3 céntimos, medrou até os 4-5 céntimos, o que levou á Xunta a dar un toque de atención ás empresas que operan na comunidade. Algunhas delas, como a propia Naturleite, comprometéronse a reducir ese diferencial e a primeira decisión da planta de Meira nesta liña foi a de manter o prezo do leite en Galicia para decembro e xaneiro en 48 céntimos.
Naturleite aguanta o prezo base para decembro e xaneiro en 48 céntimos
Lactalis tamén está buscando leite (esta primavera perdeu un volumen importante en Andalucía) e visitou a todas as granxas que deixou Pascual e Nestlé en Galicia facéndolles propostas de captación. A compañía propiedade da familia Besnier, con plantas en Nadela e Vilalba, ofrece un prezo base de 44 céntimos, máis 2,5 céntimos de prima de volume ás explotacións máis grandes e 1 céntimo de dobre AA e outro de certificación de benestar animal (1,2 no caso de nivel excelente). É dicir, unha granxa que entregue a Lactalis cobraría un prezo final de 48,5 céntimos no mellor dos casos.
Lactalis ofrece 4 meses, até o 31 de marzo, ao mesmo prezo que o actual contrato
As marcas de fabricante perderon moito mercado este ano. Pola contra, a marca branca segue mantendo un bo prezo no supermercado, o que está a impulsar ao Grupo Lence, que está a centrar a súa estratexia neste segmento, logrando novos clientes aos que envasar leite, o que lle fixo gañar volume de recollida e ser hoxe, tras Lactalis, a segunda industria que máis leite compra en Galicia. O Grupo Lence recúa tras asinar baixadas de 2 e 3 céntimos A propietaria de Leite Río e Leyma asinou contratos de renovación para as súas 300 granxas con data 1 de novembro, ofrecendo tan só dous meses a 43,70 céntimos de prezo base, coa pretensión de baixar dous céntimos á maioría de explotacións (3 no caso das máis grandes), aínda que recuou posteriormente unha vez que Lactalis e Naturleite anunciaron o mantemento de prezos nos seus contratos, chamando esta semana ás ganderías que xa tiñan asinada a rebaixa para anunciarles que daban marcha atrás. A grande diferenza de prezos entre unhas granxas e outras é unha das lousas que está a pesar na empresa lucense, que reduciu de 3 a 2 os tramos da súa prima por volume (1 céntimo para producións entre 40.000 e 60.000 litros ao mes e 2 para as explotacións de máis de 60.000).
Malia o discurso oficial de defender ás pequenas granxas, Leite Río págalles o leite até 5 céntimos menos
O resto de incentivos do Grupo Lence son de inferior cuantía, pois a prima de dobre A equivale só a 1 euro a tonelada (0,001 céntimos por litro) e a certificación Welfare Quality outro tanto. En canto aos sólidos, a empresa paga a décima de proteína por enriba de 3,2% a 3 euros a tonelada, o mesmo que a graxa por enriba de 3,7%, coa salvedade que Río non penaliza a graxa ao mesmo nivel (non o ten en conta até que baixa de 3,5%). A maiores, o Grupo Lence conta cunha prima de fidelización fóra de contrato, que pode chegar até os 4 céntimos, de reparto discrecional e coa que se está a fomentar certa especulación entre as súas granxas provedoras (as de máis volume aguantan até o último momento para asinar, presionando deste xeito á empresa na negociación). Descenso de 1,5 céntimos en Celta Ao igual que o Grupo Lence, Leche Celta tamén foi das primeiras en asinar as renovacións, ao rematar os seus contratos o 31 de outubro. O novo contrato é de dous meses, para novembro e decembro, no que a planta de Pontedeume, pertencente á cooperativa portuguesa Lactogal, baixa 1 céntimo e medio, 1 na base e 0,5 na prima por volume, deixando o prezo final, dependendo da granxa, entre os 44 e os 47 céntimos no mellor dos casos, cando viñan de  prezos de 48,5 no anterior contrato.  
Desde o sindicato UUAA pídese a Celta que manteña os prezos, igual que se comprometeron a facer Lactalis, Naturleite e Lence
O resto de industrias teñen aínda todo este mes para asinar as renovacións, ao finalizar contratos o 30 de novembro. É o caso de Reny Picot, que ten renovación escalonada, pero a maior parte agora. Ao igual que no Grupo Lence, a disparidade de prezos tamén é notable na empresa asturiana, que acostuma retrasar o máis posible a sinatura, até o punto de levar xa a oferta e o contrato xuntos. Tamén Larsa mantén o sixilo na súa proposta aos gandeiros, que se agarda siga vinculada nun 30% ao valor de mercado dos derivados lácteos (manteiga e leite desnatado en po), pagando segundo o prezo do Observatorio europeo do mes en curso. Inleit, en horas baixas Ao igual que lles está a acontecer a Pascual ou a Nestlé, non é un bo momento para empresas como Entrepinares ou Inleit. A actual coxuntura en Europa, con prezos no campo máis baixos, e a situación do mercado internacional, coas cotizacións dos produtos lácteos industriais que non acaban de remontar, castiga ás empresas que elaboran produtos de maior valor engadido. No caso de Inleit, a planta de Teixeiro ten asinados contratos até marzo, xa que foi das poucas industrias que na pasada primavera pechou compras cos seus gandeiros por un ano, apostando por contratos a máis longo prazo pero indexando o prezo de compra do leite ao índice A3 publicado pola Inlac, que acumula neste momento unha caída interanual do 17,7%.
Inleit prometeu ás explotacións corrixir a final de ano en forma de atrasos o diferencial negativo que poida existir con respecto ao prezo medio do Observatorio
O contrato arrincaba en 48 céntimos de prezo base máis 1 céntimo por dobre AA hixiénico-sanitaria e prima por volume (1€ por cada 10.000 litros producidos ata un máximo de 3 céntimos/litro), pero debido aos fortes vaivéns dos produtos industriais e á caída do prezo do leite nos 5 países europeos de referencia, o prezo actual resultante de aplicar o índice A3 estaría por baixo dos 42 céntimos. A compañía de capital español e americano optou por non trasladar esa baixada na súa totalidade ás explotacións que a subministran, malia permitirllo o contrato que ten asinado con elas, pero fixo unha corrección no leite de agosto e setembro de 2,5 céntimos, deixando o prezo base en 45,5.

Entrepinares, castigada pola entrada de queixo barato

Entrepinares, competencia directa de Inleit en Galicia na busca de leite con altas porcentaxes de sólidos, fixo chegar o mes pasado ás súas granxas unha oferta de renovación por un ano (do 1 de decembro de 2023 ao 1 de decembro do 2024) na que tamén vincula o prezo ao índice A3, cun prezo base de 45 céntimos, fronte aos 49 dos contratos actuais. Na maior parte dos casos os gandeiros reciben estas ofertas pero non as aceptan, agardando un mellor prezo nun contrato cun horizonte máis curto. No caso da queixería de Vilalba serían contratos por 4 meses, até marzo e, á vista do prezo fixado por Naturleite, tamén provedora de Mercadona, non se agarda que o novo contrato estea por baixo dos 48 céntimos de prezo base.
O índice A3, que subira en 2022 un 30%, leva unha caída acumulada do 18% este ano
A coxuntura actual de mercado non está a ser de todo favorable para Entrepinares. Ao igual que a caída das vendas de derivados lácteos de proteína a China castigou nos últimos meses a Inleit, a entrada masiva de queixo barato procedente de países europeos como Alemaña, Dinamarca ou Holanda está a prexudicar a produción da planta de Vilalba, que se atopa inmersa nun novo proceso de ampliación para incrementar a súa capacidade prudutiva de queixo mezcla. Entrepinares móvese nunha gama media de prezos para o seu queixo de formatos de 1 kg e cuñas, destinado a supermercado, polo que podería beneficiarse da caída de consumo de queixos de gama alta, como xa aconteceu o ano pasado, no que as súas vendas medraron un 25%, pero, sen embargo, non é capaz de competir neste momento na fabricación de queixo industrial.
Países como Holanda, Alemaña ou Dinamarca están regulando os seus excedentes a través da exportación de queixo barato
A fábrica de Vilalba ten unha parte que está especializada na fabricación de queixo en bloques e conta tamén cunha torre de secado do soro resultante do proceso de fabricación do queixo, pero ningún destes produtos, que se usan para regular os excedentes, é rendible neste momento, xa que o prezo do soro en po segue afundido e os prezos pagados polo leite non permiten competir na fabricación de queixo barato cos países do centro e norte de Europa. Europa segue producindo máis leite que consome (cun incremento de produción dun 2% en Alemaña e dun 3% en Holanda), mentres a economía China non acaba de arrincar, lastrando as importacións. Tanto é así que a neozelandesa Fonterra, unha das principais exportadoras ao país asiático, tivo que refuxiarse este verán no norte de África, con vendas de leite en po a baixo prezo a Alxeria, para cubrir o oco deixado por China, que está ao mesmo tempo a aumentar a súa produción, até alcanzar na actualidade un nivel de autoabastecemento superior ao 75%.

Agromuralla critica as propostas das industrias de baixar o prezo do leite ata 5 céntimos

Manifestación de Agromuralla polas rúas de Luno en novembro do 2021 polos baixos prezos do leite

A dúas semanas da renovación da maioría dos contratos de compra de leite en Galicia, a asociación de gandeiras e gandeiros Agromuralla acusa ás industrias lácteas de estar "enriquecéndose unha vez máis a costa dos produtores". "Resulta absolutamente inaceptable e intolerable unha nova baixada de prezos, como pretenden levar a cabo de xeito premeditado e coordinado todas as empresas que compran leite en Galicia", denuncia.

Agromuralla considera que "non existen razóns obxectivas de ningún tipo para unha nova baixada de prezo do leite en orixe máis aló da intención das industrias e as cadeas de distribución de facer caixa a costa de estrangular aos gandeiros". Agromuralla lembra que "España é un país deficitario en produción de leite" que se ve obrigado a mercar "máis dunha cuarta parte dos produtos lácteos que consume", polo que "o prezo debería reflectir esa realidade". 

Caída dun 30% do prezo do leite desde decembro

<amp-ad width="300" max-height="300" layout="responsive" type="adspeed" data-zone="78935" data-client="18217"> <div placeholder>Loading ad.</div> <div fallback>Ad could not be loaded.</div> </amp-ad>

O día 31 de xullo vencen a maioría de contratos de compra de leite en Galicia e as ofertas de renovación das distintas empresas inclúen baixadas de entre 3 e 5 céntimos para os vindeiros meses. Trátase do terceiro descenso no que vai de ano, no que o prezo do leite pagado ás granxas caeu entre 15 e 20 céntimos, o que supón un descenso do 30% desde o mes de decembro, lembra Agromuralla. 

"Nos supermercados o prezo do leite segue custando o mesmo, polo que as industrias e cadeas de distribución están aumentando as súas marxes a base de afogar aos que producimos o leite. É algo que debe saber o consumidor", insiste Agromuralla. É previsible, en calquera caso, unha próxima baixada de prezos do leite no supermercado, en vista do movemento das industrias. Desde Agromuralla lembran tamén que "os insumos que temos que adquirir as granxas non baixaron na mesma proporción que o está a facer o produto que vendemos".

As granxas, sen capacidade real de negociación

<amp-ad width="300" max-height="300" layout="responsive" type="adspeed" data-zone="78936" data-client="18217"> <div placeholder>Loading ad.</div> <div fallback>Ad could not be loaded.</div> </amp-ad>

A asociación de gandeiros denuncia ademais que os produtores seguen sen ter "capacidade real de negociación" e que os instrumentos legais establecidos ao respecto estanse a demostrar "inservibles na práctica". Neste sentido, lanzan duras críticas tanto á Xunta como ao Goberno central por "abandonar aos gandeiros á súa sorte de cara á inminente renovación de contratos".

"A Xunta segue sen facer público un índice oficial de custos de produción que sirva para retirar as axudas públicas a aquelas industrias que paguen por baixo dese prezo, e xa non só iso, senón que modificou a normativa para permitir que industrias que incumpran coa lexislación vixente, poidan percibir axudas públicassituándose deste xeito a carón das industrias incumpridoras e non dos gandeiros; mentres a AICA, dependente do Ministerio, mira para outro lado ante os incumprimentos flagrantes das empresas na presentación das ofertas e contratos aos gandeiros, en vez de actuar de oficio, como sería a súa obriga", denuncia Agromuralla.

<amp-ad width="300" max-height="300" layout="responsive" type="adspeed" data-zone="80038" data-client="18217"> <div placeholder>Loading ad.</div> <div fallback>Ad could not be loaded.</div> </amp-ad>

“Larsa é a industria que lidera a presión dos prezos do leite á baixa”

As industrias lácteas decidirán na próxima semana cal é a proposta final de contrato que lle trasladan ás granxas a partir de agosto. Existe incertidume, pois as primeiras ofertas chegaron con baixadas de prezo importantes, e as granxas esperan a comprobar cal é a decisión final das industrias. Desde a perspectiva de Unións Agrarias, o principal problema a día de hoxe é Larsa, a compañía controlada pola asturiana Capsa. “Larsa presentou a proposta de prezos máis baixa do mercado, pois cos prezos actuais dos produtos lácteos industriais, o seu prezo ás granxas estaría en pouco máis de 43 céntimos / litro”, resume Óscar Pose, o responsable da organización de produtores de leite de Unións Agrarias, Ulega. “É unha baixada de arredor de 4 -5 céntimos e se Larsa se atrinchera nesa posición, o resto de industrias, que plantexaban en xeral baixadas menores, xa nos avanzaron que terán que seguir unha liña similar a Larsa para non quedar fóra do mercado”, sinala. Ante ese escenario, Unións valora accións nas cadeas de supermercados contra Larsa, algo que decidirá nos próximos días en reunións con gandeiros. Diferenza Asturias e Galicia A organización agraria envioulle tamén unha carta ó conselleiro do Medio Rural na que pide a súa mediación coa compañía asturiana. “Estamos vendo un importante diferencial entre os prezos que paga Capsa en Asturias e os que abona en Galicia. Non pode ser que esta situación, que xenera uns beneficios adicionais en Larsa, se traduza en que os cartos que terían que ir ás granxas galegas rematen nas granxas asturianas”, cuestiona Pose. A organización plantexaralle a Medio Rural que a comparativa de prezos que abona unha industria nas diferentes comunidades autónomas nas que opera sexa un dos criterios a ter en conta á hora de conceder as axudas públicas a industrias alimentarias. Desde Unións tamén lamentan que Larsa sexa unha das principais industrias que se nega reiteradamente a sentarse coa organización de produtores Ulega, que ten representación para negociar en conxunto os prezos do leite dos socios que ten en cada industria.

O Sindicato Labrego anima aos produtores a “denunciar as irregularidades na imposición dos novos contratos lácteos”

A Dirección do Leite do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), analizou este sábado en Meira a actual situación do sector leiteiro no marco da renovación maioritaria de contratos que tivo lugar a partires de onte, 1 de abril, “condicionada polas baixadas importantes de prezo realizadas por tódalas industrias, así como pola vulneración do requisito de realizar as ofertas de prezo con alomenos dous meses de antelación, como esixe o Paquete Lácteo”. Neste sentido, dende a organización labrega sinalan que “as gandeiras e gandeiros do SLG non admitiremos unha baixada de prezos, en tanto non se produza unha baixada clara e suficiente dos custos de produción e nomeadamente dos pensos (.....), algo que non se prevé a medio prazo”. Ante esta situación, dende a dirección do Leite do SLG animan aos produtores a “denunciar a imposición de ofertas extemporáneas ou fóra de prazo como medida para evidenciar estas irregularidades contractuais”, ao tempo que recomenda “dirixirse á Axencia de Información e Calidade Alimentaria (AICA) para trasladar información sobre as industrias que están a operar estes incumprimentos”. Ademais, dende o Sindicato Labrego anuncian que proporán á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Agricultura “que a oferta de renovación de contratos sexa asinada ante a Administración, nas Oficinas Agrarias Comarcais, procurando que esta actúe como mediadora a fin de correxir os desequilibrios de poder que están a condicionar a cadea de produción láctea”. Por outra parte, consideran que “é totalmente intolerábel que a día de hoxe a Xunta de Galicia siga sen proporcionar índices oficiais de custos de produción”. “Cando a Xunta de Galicia e o Ministerio permiten que as insdustrias impoñan unha baixada de prezo masiva como a que aconteceu agora están sendos cómplices do aceleramento do continuo peche de granxas que padece o noso país, levando ao sector lácteo a posicións irrecuperables na produción de leite”, advirten.

Agromuralla sitúa en 60 céntimos o prezo mínimo de renovación dos contratos lácteos

A dúas semanas da renovación da maioría dos contratos de compra de leite en Galicia, a asociación de gandeiras e gandeiros Agromuralla di que o prezo do leite para todo o ano 2023 "non pode baixar de 60 céntimos". Agromuralla recomenda aos seus socios que non asinen contratos por baixo desa cifra e pídelles "que fagan uso do poder de negociación que lles ofrece a lei e unha coxuntura de mercado favorable na que segue faltando leite". Por iso, dende Agromuralla pídese aos produtores "que non se deixen influenciar pola estratexia premeditada que están a levar a cabo as industrias para tentar revisar á baixa os contratos que rematan o vindeiro 31 de marzo". 

Incremento desmesurado dos custos

Agromuralla afirma que "os custos de produción seguen á alza, polo que os prezos do leite teñen que manterse nos niveis actuais" para que as explotacións poidan facer fronte a estes incrementos e seguir producindo leite, xustifica o seu presidente, José Luis Pérez Barreiro.  Segundo os datos facilitados pola asociación de gandeiros, en base aos custos reais das súas granxas socias, no último ano productos como os fertilizantes viron triplicado o seu prezo, pasando de 230€/tonelada en xaneiro de 2022 a 900€ a día de hoxe.  O mesmo aconteceu co gasóleo, que pasou no mesmo periodo de 0,73 céntimos a 1,32€ (unha suba do 81%), ou o recibo de autónomos, que se increntou ata nun 60%, os pensos (un 31,5%), os plásticos dos silos (un 31%), ou a electricidade (un 27%).  "Con estes custos de produción ningunha explotación láctea debería cobrar o litro de leite a menos de 60 céntimos porque estaría en risco a súa viabilidade económica", asegura Agromuralla, xa que "os custos das granxas están a subir en porcentaxes moi superiores á inflación media e á revalorización que se ten producido no prezo do leite", afirma José Luis Pérez Barreiro. 

Risco de caída drástica na produción de leite

A asociación de gandeiros aproveitou para mandar tamén unha mensaxe á industria láctea e aos consumidores. "Se as empresas queren ter garantido o seu subministro de leite o prezo pagado ao gandeiro non pode baixar porque do contrario estará en perigo toda a cadea láctea", din.  "Se o prezo do leite baixa de 60 céntimos as explotacións deixarán de ser viables", afirma Pérez Barreiro, o que levaría de novo ao que Agromuralla define como "Operación Chuletón", é dicir, "ao sacrificio masivo de vacas leiteiras". "A cabana gandeira non deixou de minguar no último ano, caendo en torno a un 8%, e sen vacas é imposible que se poida producir leite. Ese é o motivo de que a produción de leite caera un 3% no último ano en España", asegura o presidente de Agromuralla. Polo tanto, di, "neste momento segue faltando leite no mercado, unha situación que non se vai reverter a curto prazo".  "A falta de rendibilidade sufrida nos últimos anos fixo que o sector non sexa atractivo para as novas xeracións, que buscan outras alternativas laborais en vez de quedar nas explotacións. Hai un problema acuciante de relevo xeracional e seguen pechando granxas", evidencia José Luis Pérez Barreiro, que afirma que "só con prezos do leite que permitan unha vida digna aos gandeiros haberá mozos e mozas interesados en continuar producindo leite", asegura Agromuralla. 

Especulación cos alimentos básicos nos supermercados

En canto aos consumidores, Agromuralla dilles que "os gandeiros non son os culpables do incremento da cesta da compra", senón "as cadeas de distribución, que están a especular cos alimentos básicos incrementando as súas marxes de beneficio".  "É suicida tirar pedras contra quen che dá de comer, por iso non entendemos como moitas veces os agricultores e gandeiros somos atacados inxustificadamente por determinados sectores da sociedade", argumenta José Luis Pérez Barreiro.  Agromuralla quéixase da aprobación de novas normas e lexislación cada vez máis restritiva que fai que sexa máis difícil producir leite e a un custo maior. "Cada día temos máis dificultades para seguir coa nosa actividade diaria", afirma o seu presidente.  Ademais, a asociación de gandeiros acusa ao Goberno central de "amputar" o 4% do IVE ás granxas produtoras de leite como "medida propagandística e electoral que non serviu para baixar o prezo do leite nos liñais dos supermercados" e sen embargo "está a castigar aos produtores". "A rebaixa do IVE é un esforzo que fai integramente o gandeiro reducíndolle drásticamente o seu circulante ás explotacións", quéixanse. 

Críticas á Xunta e ao Goberno central

Desde Agromuralla lanzan duras críticas tanto á Xunta como ao Goberno central por "abandonar aos gandeiros á súa sorte de cara á inminente renovación de contratos". "A Xunta dedícase a lanzar mensaxes triunfalistas e a facer públicos informes de dubidosa obxectividade situándose a carón das industrias e non dos gandeiros, mentres a AICA, dependente do Ministerio, mira para outro lado ante os incumprimentos flagrantes das empresas na presentación das ofertas aos gandeiros, algo que limita claramente a capacidade de negociación das granxas", denuncia José Luis Pérez Barreiro. Agromuralla lembra que as industrias teñen obriga de facer chegar ao produtor a súa oferta con alomenos dous meses de antelación, un prazo que as industrias non están a cumprir, polo que pide á AICA que actúe de oficio ante este "incumprimento da lei". 

“Estamos nun cambio de ciclo nos prezos do leite pero non sabemos cal vai ser a súa profundidade”

Un momento da presentación de Francisco Sineiro e Jorge Santiso Ás portas dunha nova renovación de contratos, o medo a unha caída brusca nos prezos do leite está a sobrevoar as negociacións entre as industrias e os produtores. Ninguén quere arriscar ante unha situación do mercado incerta para os vindeiros meses. Nese contexto, os profesores do departamento de Economía Aplicada da USC Francisco Sineiro e Jorge Santiso analizaron nas Xornadas Africor Lugo os factores que desencadearon a suba do prezo do leite no último trimestre do 2022 e os riscos que se presentan neste 2023, no que auguran un cambio de tendencia. “O prezo equivalente tivo o seu pico pero está en baixada. Esa curva descendente pode estar anticipando o cambio de ciclo. Tamén o prezo do leite spot en Italia, que é un país deficitario e merca leite en cisternas en Alemaña ou Austria, está amosando unha tendencia á baixa”, explicou Santiso.
Os operadores, en xeral, están á expectativa do que fai a competencia, a ver quen é o primeiro que dá o paso, para tratar de equivocarse o menos posible
“É evidente que hai un cambio de ciclo, o que non sabemos é a profundidade e extensión dese cambio de ciclo, porque non podemos sacar unha conclusión clara a respecto da duración ou cando se vai producir o rebote”, indicou. Caída no prezo equivalente O chamado prezo equivalente reflicte na actualidade unha evolución á baixa nas cotizacións do leite en po e a manteiga. Isto podería anticipar unha caída tamén nos prezos en orixe, xa que historicamente o prezo equivalente é un indicador adiantado do valor do leite cru.
Historicamente o prezo equivalente é un indicador adiantado do valor do leite cru
 “O prezo cobrado na UE ao longo dos últimos anos segue as subas e baixas do prezo equivalente cun certo retraso, normalmente de 2 ou 3 meses, como aconteceu nos picos rexistrados a finais de 2007 e 2013. Neste momento, sen embargo, dáse unha singularidade, xa que o pico do prezo equivalente produciuse en xuño do 2022, acadando cifras superiores aos 60 céntimos/litro e caendo desde entón até os 46 céntimos actuais, mentres que o prezo do leite se mantén aínda en niveis altos, arredor dos 57 céntimos”, explicou Sineiro nas xornadas, organizadas por Africor Lugo con Vaca Pinta. Falta de leite Pero non se poden descartar movementos de rebote no prezo equivalente en función da evolución da oferta e a demanda, xa que desde mediados do 2021 obsérvase un comportamento convulso no mercado lácteo. Diversos factores encadeados, actuando de forma conxunta, desequilibraron o escenario de estabilidade existente.
O sector lácteo é extremadamente sensible aos desequilibrios entre a oferta e a demanda
“Houbo unha falta de leite desde o cuarto trimestre de 2021 até finais de 2022. Por dous factores: por un lado a seca e as elevadas temperaturas na UE e por outro a suba dos custos de produción. Durante a maior parte do ano 2021 os gandeiros estiveron cobrando un prezo do leite que non cubría os custos de produción, iso fixo que a produción de leite fose máis baixa do normal. Pero esta situación hoxe está cambiando”, afirmou Sineiro. Recuperación das marxes de beneficio das granxas “Desde maio de 2021 ata maio de 2022 foi un período duro para as explotacións”, aseguraron Sineiro e Santiso. “Durante os últimos 20 meses a suba de prezos da enerxía e as materias primas teñen provocado un aumento nos custos de produción, que non foron compensados por un incremento nos prezos do leite ata case un ano despois”, afirman.  
Produciuse un retraso de case un ano no traslado dos custos de produción ao prezo de venda do leite
Pero a revalorización producida a partir do verán de 2022 devolveu as marxes positivas ás explotacións, con niveis de rendibilidade por enriba dos 15 céntimos neste momento a respecto do prezo umbral (valor mínimo para cubrir os custos de produción e a retribución do traballo familiar). “A relación entre os custos de produción e os prezos do leite é neste momento favorable, pero incerta”, recoñece Sineiro. Comportamento dispar no norte e sur de Europa A situación na UE é moi diferente en función dos países. Os do norte de Europa, como Irlanda, Dinamarca ou os Países Baixos, son máis dependentes das exportacións. Alí, as subas no prezo ao produtor producíronse antes ca nos países do sur de Europa, caso de España e Portugal, onde a suba se retrasou ata finais da primavera e principios do verán pasado. En Irlanda, onde os prezos en orixe chegaron a rozar os 70 céntimos no mes de outubro, estase a producir desde novembro unha lixeira caída, o mesmo que acontece nos Países Baixos, que superou en novembro os 60 céntimos. Empresas con alta dependencia exportadora, como Arla Food, Friesland Campina ou Kerry Group, teñen xa efectuado un reaxuste de prezos.
A transformación láctea en España está máis orientada ao mercado interior que á exportación
En España, onde a produción está destinada fundamentalmente ao mercado interno, o prezo sempre foi tradicionalmente máis baixo ca media da UE. Sen embargo, a finais de 2022 os prezos en España (57 céntimos) lograron acadar o nivel medio europeo, unha posición inédita desde o ano 2016. Peculiaridades do mercado interno español A industria española ten unha elevada dependencia do leite envasado e os produtos derivados frescos: un 31% destínase a leite líquido, un 32% a queixos, un 18% a iogures e só un 19% a produtos industriais. Pero o valor excepcional que acadou o ano pasado o prezo da manteiga provocou unha “drenaxe” dunha parte importante do leite cara aos produtos industriais, explicou Santiso, quedando a actividade habitual da industria láctea española (envasado de leite e elaboración de queixos) “comprometida” por falta de subministración ao non poder recorrer tampouco aos mercados internacionais, por exemplo a Francia, por estar nunha situación semellante.
Houbo unha drenaxe dunha parte do leite cara aos produtos industriais, comprometendo a actividade de envasado en brick e fabricación de queixos
A evolución mensual da entrada de cisternas de leite enteira e dos prezos medios do leite importado reflicten as tensións no mercado europeo durante o pasado ano e as dificultades da industria láctea para completar as súas necesidades de materia prima. De xaneiro a outubro do ano pasado entraron en España 64.493 toneladas de leite en cisternas, un terzo máis que no mesmo período do ano anterior. Este adicional de leite importado procedeu sobre todo de Portugal, de onde viñeron 45.000 toneladas de xaneiro a outubro de 2022, fronte ás 23.000 do ano anterior. A entrada das empresas españolas a comprar leite en Portugal desencadeou tensións no mercado luso. "O aumento das importacións produciuse sobre todo na primavera e volve a niveis habituais no verán, o que se interpreta como a imposibilidade práctica de abastecerse no mercado exterior", destacan Sineiro e Santiso.  Tímida recuperación da produción “A escaseza de leite foi a que provocou a subida dos prezos. Houbo unha caída importante na produción en España que non se chegou a recuperar, porque hai 28.000 vacas menos (-3,4% do censo) e explotacións que están abandonando a actividade (-7% no último ano), e non só son as pequenas”, alertou Santiso.
A produción en 2022 foi un 2% inferior no conxunto de España á do ano 2021 e iso fixo subir o prezo do leite en orixe un 36%
En España, a produción de leite estase a recuperar de xeito tímido e con moitas dúbidas. “O sentimento de incerteza que domina está limitando os investimentos nas granxas. A oferta poderíase resentir de novo se os prezos caen”, asegurou. Santiso augurou unha certa estabilización dos principais custos de produción para os vindeiros meses, como os pensos ou a enerxía, “que semellan estabilizados ou á baixa”, indicou, agás os fertilizantes. Impacto da inflación sobre o consumo Á incerteza da recuperación da oferta interior engádese a incertidume na demanda. “Non sabemos o impacto da inflación sobre o consumo, impacto evidentemente vaino ter, pero está por determinar o nivel dese impacto”, afirmou Santiso. O IPC interanual dos produtos lácteos nos lineais dos supermercados rematou o ano 2022 cunha suba do 37% no caso do leite, un 25% para o iogur e un 22% para o queixo. Pero ademais das peculiaridades internas, Sineiro e Santiso poñen o foco nos mercados internacionais: “Somos importadores de leite e de produtos lácteos e estamos nun mercado aberto, polo que non podemos mirar só o que pasa dentro do noso país, nin sequera dentro da UE”, argumentan. “A nivel internacional China é un operador fundamental no mercado mundial. Por iso, até que punto o tirón de China, logo da fin da estratexia de covid cero pode reflotar a demanda?”, preguntan. Comportamento dos mercados globais O 80% do leite e os produtos lácteos que se venden nos mercados internacionais proceden da UE, Nova Zelandia e EEUU. “Neste momento hai unha recuperación da produción en EEUU e na UE, mentres que segue estando á baixa en Nova Zelandia”, explicou Sineiro.
As compras de China descenderon un 20% en 2022 e as exportacións de produtos lácteos da UE caeron un 9%
Aínda así, a recuperación da oferta a nivel mundial é incerta. “Non sabemos como van evolucionar os custos das materias primas, a enerxía e a guerra en Ucraína. As condicións climáticas son tamén cada vez máis cambiantes. Polo tanto, non estamos en condicións de predicir como vai evolucionar a oferta”, indicou Santiso. Na parte dos compradores o abano é máis amplo, pero só China merca o 25% dos produtos lácteos a nivel mundial. “As compras dos principais países importadores descenderon; no caso de China foron un 20% menos en 2022 con respecto a 2021”, detallou. “O prezo do leite nos vindeiros meses vai depender de como evolucionen estes factores”, concluíu.

“Os contratos indexados son unha ferramenta útil en situacións de incertidume coma esta”

Sete de cada 10 contratos que se asinan en Galicia son a prezo fixo e, no caso dos contratos variables, só se indexa, baixo distintas fórmulas, unha parte do leite: o 25% no caso de Lactalis e o 30% no caso de Larsa. “A evolución para 2023 está suxeita a un elevado grao de incerteza, tanto na oferta como na demanda; baixo estas condicións recoméndase o contrato indexado como ferramenta de adecuación dos prezos á evolución do mercado”, afirman Sineiro e Santiso.
Un prezo fixo no contrato sempre é un factor de risco que pode acabar prexudicando a unha das dúas partes
“No último ano degradáronse as relacións estables entre produtores e industria e houbo contratos que quedaron fóra de mercado”, aseguran. “Está habendo contratos para ir tirando, contratos a 1 ou 2 meses, e incluso recollidas de leite sen contrato, baixo acordos verbais”, explican. Recuperar a estabilidade nas relacións produtor-industria A xuízo destes dous profesores da USC, “a incertidume é compatible coa sinatura de contratos coa duración mínima dun ano, sempre que se establezan os mecanismos de adecuación do prezo do leite á evolución dos mercados”. “Sempre é recomendable acordar un prezo indexado, pero con máis motivo na situación actual de incerteza. A indexación non reduce a volatilidade do mercado, pero aporta estabilidade e transparencia nas relacións”, defenden. 
A indexación dos contratos é unha ferramenta que ten demostrado a súa coherencia, mesmo en situacións extremas como o ano 2022
Na súa opinión, o índice A3 elaborado pola INLAC “aporta unha adecuación aceptable á evolución do mercado, mesmo en condicións cambiantes”. “Os contratos indexados terían servido para que non houbera contratos fóra de mercado, como pasou no último ano, onde houbo subas a través de primas fóra de contrato porque eses contratos tiñan quedado obsoletos”, din. O índice A3 integra 6 indicadores de mercado no prezo do leite: custos de produción (prezo do penso complementario de vacún leiteiro); prezos ponderados do leite nos 5 países europeos con maior peso nas importacións de produtos lácteos en España (Alemaña, Francia, Portugal, Países Baixos e Dinamarca); prezos industriais de produtos lácteos; e prezos dos commodities lácteos (manteiga, leite desnatado en po e queixos).

O Sindicato Labrego pide a intervención da Administración “fronte as presións das industrias lácteas para baixar prezos”

O Sindicato Labrego Galego pide a intervención da Administración “fronte as presións das industrias lácteas para baixar prezos” e anima aos gandeiros a non asinar contratos que impliquen unha baixada de prezos. A finais do mes de marzo terá lugar a renovación de contratos entre granxas e industrias lácteas. Neste sentido, dende a organización agraria lembran que “malia a que a Lei da Cadea Alimentaria especifica que estes teñen que ter unha duración dun ano, moitos dos que tamén se van renovar agora foron asinados por 6 meses, 3, 2, ou mesmo nalgúns casos subscritos mensualmente, xa que as industrias lácteas fixeron todo o posíbel para evitar comprometerse a asinar prezos razoábeis durante periodos máis longos”. Nesta mesma liña, dende o SLG advirten de que “as primeiras ofertas que están a recibir as gandeiras e gandeiros, até o dagora por dúas das cinco industrias máis grandes que operan na Galiza, propoñen prezos á baixa, unha delas é Lactalis, a que ten un maior volume de recollida, e que de forzar unha baixada de prezos influiría nos datos do Observatorio Lácteo provocando que o resto de industrias se sumen a esa estratexia”.

Unha baixada do IVE dos alimentos que pagan os produtores

Porén, lembran que a día de hoxe, en comparación co ano pasado os custos de produción duplicáronse en cuestións básicas como os pensos, o gasoil ou os abonos, e triplicouse o custo en electricidade”. Ademais, no caso das gandeiras e gandeiros, a eliminación do IVE de determinados produtos alimentarios -prácticamente imperceptíbel para as persoas consumidoras- implicou que as granxas non estean percibindo este 4% mensual de IVE, se ben elas si que seguen pagando IVE naqueles insumos imprescindíbeis para producir, polo que esta baixada non está a ser financiada nin polo Goberno, nin polos supermercados, nin polas industrias, se non polas persoas produtoras, que ademais agora están sendo ameazadas con novas baixadas de prezo polo leite. Polo tanto, dende o Sindicato Labrego consideran que tendo en conta que a tendencia á suba nos custos de produción deste último ano mantense constante, e que os prezos dos produtos lácteos industriais tamén subiron, “resulta totalmente inadmisíbel a intención das operadoras de tentar ampliar as súas marxes de beneficio a costa de estrangular unha vez máis o elo máis feble da cadea: as granxas”. Ante esta situación, e dado que a Lei da Cadea Alimentaria permite claramente que a Administración pública actúe para garantir que o prezo do leite cubra custos de produción e remunere o traballo das gandeiras e gandeiros, dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas instan á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) “a intervir inmediatamente fronte a aquelas empresas que están presionando á xente gandeira para baixar os prezos malia que todos os custos foron aumentando”. Así mesmo, animan á granxas a “non asinar ningún contrato que implique unha baixada con respecto ao prezo asinado anteriormente”.

Río e Lactalis aclaran que as sancións da Aica están pendentes de recurso ante o xulgado contencioso administrativo

Tras emitir Agromuralla unha nota de prensa na que aseguraba que tres industrias lácteas recibiran sancións por supostas irregularidades de contratos, Río e Lactalis saíron ó paso para aclarar que se trata de sancións que están recurridas ante o xulgado contencioso administrativo. Río ademais precisa que a sanción que recibiu foi por non ter facilitado a documentación requerida pola Agencia de Información y Control Alimentario (Aica) no tempo marcado. Trátase, segundo Río, “dun mero erro administrativo”, polo que a empresa decidiu presentar un recurso ante o xulgado contencioso administrativo, estando pendente de celebración a vista o próximo mes de maio. A industria lucense nega que a sanción fose motivada, tal e como afirmou Agromuralla, porque os seus contratos non incluísen a información mínima requerida pola Ley de la Cadena Alimentaria. No caso de Lactalis, a compañía precisa que a sanción recibida, correspondente ó exercicio 2021, debeuse a unha “disparidade de criterios na interpretación da Ley de la Cadena Alimentaria”, polo que a sanción tamén foi recurrida ante o xulgado contencioso administrativo e está pendente de resolución.

O sector gandeiro únese para denunciar a discriminación da industria ás pequenas ganderías de leite

As organizacións agrarias galegas e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias únense para recoller información dos contratos lácteos das industrias que lle paguen ás granxas de vacún por debaixo do que costa producir o leite, unha situación que afecta especialmente ás pequenas ganderías. Estas denuncias, de carácter anónimo para os produtores, serán investigadas pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura e poderían derivar en sancións ás industrias lácteas por incumprimento da Lei de Cadea Alimentaria. Así o anunciaron esta mañá en rolda de prensa en Santiago os representantes das entidades que participan nesta iniciativa: as organizacións Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego, Federación Rural Galega (FRUGA), a Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA).

Contratos de entre 6 e 7 céntimos por litro menos para as pequenas granxas

“Neste momento as industrias lácteas estanlle ofrecendo contratos de entre 6 e 7 céntimos por debaixo dos custos de produción, estimados pola propia Xunta en 0,40 euros o litros, ás ganderías pequenas e medianas, cunhas entregas anuais de menos de 200.000 litros, o que é claramente discriminatorio e incumpre a Lei da Cadea Alimentaria, que prohíbe claramente a venda a perdas”, denunciou Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias. Como mostra da gravidade da situación, das pouco máis de 6.100 ganderías de vacún de leite que quedan en Galicia, o 49%, é dicir, algo máis de 3000, entregan menos de 200.000 litros ao ano e vense penalizadas pola industria polo seu pequeno tamaño. Unha situación que agrava a crise xeral que padece o sector debido ao incremento dos pensos, electricidade, gasóleo ou fertilizantes. Esta discriminación no prezo segundo o tamaño da explotación confírmase cos datos de prezos de xaneiro publicados polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA): o prezo base pagado polas industrias variou máis de 5 céntimos entre as ganderías segundo o seu tamaño: de 0,3148 euros o litro para as máis pequenas a 0,3663 euros o litro para as de maior tamaño. Neste sentido a elección do momento para esta iniciativa do sector gandeiro non é casual: Neste mes de marzo renóvanse arredor dun 80% dos contratos lácteos en Galicia e coa última reforma da Lei da Cadea Alimentaria as denuncias poden ser anónimas e realizarse un seguimento de todo o proceso do expediente. "As ganderías que denuncian a título individual o incumprimento dos contratos por parte das industrias normalmente non acaban ben e sofren represalias. Coa nova Lei de Cadea as denuncias poden ser presentadas polas organizacións do sector, co cal hai anonimato, e ademáis a administración ten que informar de como vai o proceso de instrucción", destacou Ana Rodríguez, viceresponsábel do sector lácteo no Sindicato Labrego. "Non pode ser -engadiu- que se lle estea permitindo a industria que reestructure o sector lácteo abocando ao peche ás granxas pequenas e medianas, ao castigalas cun prezo do leite bastante menor que o das explotacións grandes". Ademáis, coa reforma da Lei de Cadea as Comunidades Autónomas tamén poderán realizar a investigación dos posibles fraudes por contratos con prezos por debaixo dos custos de produción. Neste sentido, o representante de Unións Agrarias lembrou que “temos o compromiso da Consellería do Medio Rural de que ao longo do mes de marzo publicarán a normativa para crear o Observatorio Galego do Sector Lácteo, que será o instrumento legal para aplicar en Galicia a Lei de Cadea”. Unha vez realizada a investigación, e se a industria non resolve as ilegalidades no contrato, será o Ministerio de Agricultura, a través da Agencia de Información y Control Alimentarios (AICA), a que impoña á industria a sanción correspondente. Todos esperan que co novo prodecemento as aplicación de sancións sexa moito máis rápida e efectiva que ata o de agora. Para lograr este obxectivo, as organizacións agrarias e cooperativas realizarán unha recollida de información entre os contratos que as industrias lle presentan ás ganderías e presentarán unha denuncia conxunta daquelas que ofrezan aos produtores contratos por debaixo dos custos de produción.

Outras reclamacións: Recuperación da Mesa do Leite

Outra reclamación que saiu da reunión do grupo de traballo creado esta mañá foi a reclamación á Xunta de Galicia de recuperar unha mesa permanente de interlocución na que estean presentes produtores, industrias lácteas e distribución. “A Xunta ten que volver convocar a Mesa do Leite, que non se reúne dende o ano 2009, para analizar a evolución dos custos de produción e que os gandeiros perciban no prezo ese incremento que si lle trasladou a industria á distribución e esta aos consumidores”, defendeu Elías Somoza, responsable do sector lácteo na Federación Rural Galega. Por último, Francisco Bello, presidente da Asociación Agraria de Galicia, defendeu tamén a creación dunha AICA galega, con capacidade de supervisión e inspección a nivel autonómico, ligada a un Observatorio Galego do Leite, “que determine de xeito obxectivo e imparcial os custos de produción”.

Medio Rural asegura que “estamos en liña coas demandas dos gandeiros”

Pola súa parte, a Consellería do Medio Rural asegura que “estamos en liña coas demandas dos gandeiros e dos seus representantes e por iso, por suposto, poremos en marcha as actuacións que sexan necesarias para que se cumpra a Lei da Caea Alimentario, e farémolo mesmo sen agardar a ter formalmente constituída a Axencia de Información e Control Alimentario de Galicia”. Ademáis, dende o departamento que dirixe José González, demándanlle ao Ministerio de Agricultura que “actúe dunha vez para solucionar os problemas do sector, que derivan dunha situación xeneralizada de venda a perdas provocada polo incremento dos custos de produción”. “Reiteramos -engaden- ao Ministerio que promova un gran acordo entre a distribución, a industria e os gandeiros a nivel nacional para incrementar o prezo actual dos contratos de venda de leite cunha prima de emerxencia, de 4 céntimos por litro durante todo o 2022, que garanta a viabilidade do sector”. Esta medida foi desbotada polo Goberno Central ao considerar que vai en contra da lexislación europea de libre competencia. Igualmente, dende a Xunta critican que o Ministerio de Agricultura non tivese en conta as súas propostas como que se recoñecese a aplicación informática Conta Láctea como medio de proba do custo efectivo de produción. En todo caso, dende a Consellería do Medio Rural aseguran que “nós seguiremos traballando, coas ferramentas que temos a man, entre elas a lei de cadea alimentaria, a prol do sector en xeral e nomeadamente do elo máis fráxil, que é o dos gandeiros”.