Mel Vituco, a aposta por emprender no Xistral
Empezaron cun apiario de 4 colmeas y hoxe na súa alvariza cóntanse xa por duciasDito e feito. Comezaron con catro colmeas no 2012 e co pensamento de "a ver como nos vai" e case unha década despois suman máis de medio cento de colmeas. "Ainda que nos como productores de mel non tiñamos experiencia, os nosos devanceiros si, concretamente a nosa bisavoa paterna e o noso avó materno tiñan trobos para autoconsumo; quizais por iso nos entrou a curiosidade y a morriña das abellas", razoa Raquel.
Calidade e diferenciación
Elaboran un mel multifloral de montaña e dous meles monoflorais, un de silva e outro de breixoDemóstrano ano a ano as analíticas e as catas que teñen lugar dentro da Feira do Mel de Muras. A última edición tivo que suspenderse por mor da covid, pero mantívose a cata, porque as abellas, igual que Javier e Raquel, seguiron traballando para ofrecer o remedio natural que para catarros e gripes sempre foi o mel.
Emprazamento apícola en plena natureza
Nacemos froito dunha ilusión e das ganas de poñer en valor e recuperar un espacio único que se encontra en plena Serra do XistralPretenden contribuir coas súas abellas a cumprir cun dos obxectivos fundamentais do Plan Director da Rede Natura 2000, é dicir, conservar un ecosistema sostible preservando a biodiversidade global no seu estado máis puro.
Mel de montaña
Estamos nunha zona de monte de manto baixo na que medran especies como a queiroga, a silva silvestre, pradeiras de trevo y xa en menor proporción o sabugueiro, das que toman a floración necesaria as nosas abellas"É unha zona na que encontramos diferentes e complexos ecosistemas, como por exemplo turbeiras de cobertor únicas en Europa Occidental que acollen especies endémicas en perigo de extinción e de gran valor ambiental, polo tanto, o noso mel faise a partir dunha floración orixinal que non se dá noutros lugares", destacan.
Produción sostible e artesá
O noso obxectivo é facer que a nosa actividade apícola sexa sostible e compatible co entorno natural senlleiro no que nos atopamosTendo en conta o entorno e a floración na que convive a alvariza só cabe afirmar con rotundidade que a producción das abellas de Javier e Raquel é totalmente natural e sostible co entorno e, como non podía ser doutra maneira, a posterior elaboración do producto segue os mesmos criterios. "A extracción e envasado facémolos de forma artesá non introducindo ningún procesado industrial", insiste Raquel.
"O noso mel non é sometido a ningún tipo de procesado industrial, senón producido de xeito totalmente artesán"Moitas veces a demanda é máis que a cantidade de mel que as súas abellas foron capaces de producir no ano. Gustaríalles ter máis colmeas, pero non o ven de todo viable. "Ampliar é difícil polo tempo, hai que atendelas e nós temos tamén gandería e negocio", contan.
Venda directa
Teñen un local de hostalaría familiar onde dan saída á maior parte da produción de melCasa Vituco comezou a súa actividade en 1974. A nai de Javier e Raquel mercou a casa, un local no que xa había negocio, e montaron unha taberna con ultramarinos. No 2016 someteron o establecemento a unha importante reforma e con eses aires renovados o local mira con optimismo ao futuro.
A tradición das feiras en Muras
O Viveiró era coñecido en toda a comarca polas súas feiras de gando e chegou a haber 9 tabernasDe feito, hoxe aínda quedan dous establecementos, Casa Vituco e Casa Cándida, e o seu emprazamento segue a chamarse Praza Campo da Feira. E aínda que as feiras foron a menos, o gando, tanto bovino como cabalar, segue a ser unha das actividades principais en Muras, unha actividade tradicional e sustentable que axuda a conservar a paisaxe e o medioambiente. O mesmo ecosistema do que tamén forman parte as abellas.
Elaboración de produtos derivados co mel
Os usos que lle damos ao noso mel son múltiples e variados, desde bombóns a galletas ou aliños para ensaladas, pero tratamos de asociar cada tipo de mel ao produto que mellor se adapta"Pódense facer indistintamente con calquera dos tipos de mel, pero nós fixemos a elaboración dos distintos productos asociado a cada tipo de mel, así, por exemplo, o mel de Brezo destinámolo á elaboración de cremas con base de mel cuxo obxeto final vai a ser a elaboración de bombóns artesáns", adiantan.