Archives

Camper, a gama de pensos de Nanta para a cría artesanal de galiñas, polos e coellos

Coñecedores das esixencias da cría caseira de aves e coellos, en Nanta desenvolveron unha liña específica de pensos, Camper, que se consolidou durante a última década como referente para a crianza artesanal de galiñas, polos, pavos e coellos. Trátase dunha gama elaborada 100% con materias primas nobres e extractos naturais, sen uso de aditivos químicos.

Camper caracterízase pola súa excelente palatibilidade e dixestibilidade, o que permite que aves e coellos expresen todo o seu potencial produtivo, cunha óptima calidade de canle e ovos.

A base de extractos naturais de plantas e aceites vexetais, a gama Camper destaca polo seu Plan Extract. É un innovador concepto nutricional que asegura o equilibrio da flora e a saúde dixestiva das aves e coellos, permitindo o seu adecuado desenvolvemento e crecemento, e garantindo o seu benestar.

A gama de Camper desenvolveuse nos últimos anos coa incorporación de produtos especializados e funcionais, como o Camper Functional, un alimento premium para galiñas de posta reforzado con Omega 3, cos beneficios asociados que isto supón non só para elas, senón tamén para o consumidor, que logra ovos enriquecidos en Omega 3, ácidos graxos cardiosaudables.

A gama de Camper inclúe tamén CamperCuni, un alimento 100 % vexetal para os coellos; Camper Aves Starter, para o correcto arranque de todo tipo de aves (poliños, pavos, perdices); CamperBroiler para o engorde tradicional do pito campero, CamperBroiler Iniciación, para o primeiro mes de vida dos poliños, e CamperPuesta, para as galiñas poñedeiras caseiras. Así como os suplementos vitamínicos e minerais para aves e coellos, CamperVit e CamperFort, respectivamente, para aqueles momentos de maiores requirimentos nutricionais.

Acerca de Nanta

Nanta é a compañía líder na fabricación e comercialización de pensos compostos na península ibérica. Comezou a súa actividade no 1968 e desde entón o alto grao de compromiso cos seus clientes e o mundo da produción gandeira en xeral, a tecnoloxía empregada e os seus programas de I+D+i e calidade supuxeron un auténtico motor de avance para este sector industrial. Unha clara vocación e aposta pola innovación que a compañía mantén e manterá no futuro.

Englobada dentro da multinacional Nutreco, Nanta conta con 22 centros de produción dotados de tecnoloxía punta e todos eles certificados na norma ISO 14001 de medio ambiente e ISO 45001 de prevención de riscos laborais.

Cabe destacar sobre todo a certificación de seguridade alimentaria FSSC 22000, garantía da seguridade e a calidade dos produtos da compañía. No seu portfolio de máis de 200 produtos atópanse alimentos para porcino branco e ibérico, para cunicultura e avicultura, para vacún de carne e de leite, ovino e caprino, e para a alimentación de cans, gatos e cabalos.

A Xunta anuncia unha partida de 17 millóns de euros para apoiar a gandería de carne

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que a Xunta vai mobilizar máis de 17 millóns de euros en axudas directas para apoiar ao sector cárnico ante a actual crise de prezos, agravada pola guerra de Ucraína. Estes apoios son complementarios dos 11,8 millóns de euros xa comprometidos polo Ministerio para as explotacións galegas de vacún de carne, ovino, cabrún, avicultura e coellos. As explotacións galegas poderán solicitar ata o 15 de setembro o anticipo da axuda autonómica na súa entidade financieira, en virtude dunha orde publicada o 29 de xullo pola que a Consellería se facía cargo dos gastos financieiros derivados dos anticipos de axudas da PAC e de desenvolvemento rural. Unha vez recibida a petición, o banco consultará co Fondo Galego de Garantía Agraria a contía que lle corresponde á explotación e fará o correspondente ingreso. A convocatoria das axudas en sí chegará previsiblemente no 2023, segundo informa a Consellería, pero aquelas explotacións que soliciten un anticipo antes do 15 de setembro xa as percibirán previsiblemente este mesmo mes. Os datos anunciados pola Consellería apuntan a que unha explotación de vacas nodrizas percibirá ata 135 euros por vaca coa axuda autonómica. A esta cantidade haberá que sumar os arredor de 60 euros correspondentes á axuda do Ministerio de Agricultura. Do total de 17 millóns de euros das axudas autonómicas para o sector da carne, 14,6 millóns de euros corresponden ó vacún de carne e os restantes 2,4 millóns ó ovino, cabrún, avicultura e granxas de coellos. Rueda anunciou estes datos nunha visita que realizou esta mañá a unha explotación de vacún de carne de Trazo.

Listaxe provisional de beneficiarios das axudas para as ganderías de carne

A listaxe provisional de beneficiarios das axudas para gandería de carne en Galicia xa se poden consultar na web do Fondo Galego de Garantía Agraria, que con data 28 de xullo publicou a relación preliminar de potenciais beneficiarios. De cada produtor, o Fogga indicou o número de animais que se beneficiarán da axuda, así como os últimos díxitos da conta bancaria na que se fará o ingreso da mesma. En caso de que o titular desexe modificar os datos da conta bancaria, pode facelo aínda ata mañá. Espérase que a continuación, en poucos días, Medio Rural proceda a publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva dos beneficiarios. Os apoios para as granxas de carne (vacún, ovino e caprino, polos e coellos) buscan compensar ás explotacións do aumento de custos de produción, en especial dos pensos, que vén derivado da guerra de Ucraína e doutros factores de mercado. Consulta nos seguintes enlaces a relación provisional de beneficiarios para vacún de carne e ovino – cabrún, así como para as granxas de polos e coellos.