Archives

Xornada informativa en Monterroso sobre depósitos de combustible de uso agrícola

O vindeiro luns, 8 de abril, terá lugar en Monterroso (Lugo) unha xornada informativa sobre a lexislación dos depósitos de combustible, e do agrícola en concreto. A xornada, que se celebrará no salón multiúsos do concello ás 12:00 horas, está organizada por CODISOIL. O programa inclúe unha ponencia sobre a normativa para legalizar os depósitos de combustible e como cumprila. A continuación, impartirase unha ponencia sobre o gasóleo agrícola de Repsol Agrodiésil e+10 e as súas vantaxes. Tras unha quenda de preguntas do público, a xornada rematará con pinchos e viño por cortesía de CODISOIL.

Pasos a seguir para legalizar os depósitos de gasóleo

Os depósitos de gasóleo para automoción, de calquera capacidade, ou de gasóleo para agricultura, industria ou calefacción, de máis de 1.000 litros, deben estar dados de alta en Industria por obriga legal.

O proceso de alta é un trámite sinxelo que realizamos desde Codisoil para axudar aos nosos clientes a ter as súas instalacións en perfecto estado e baixo cumprimento legal.

Para levalo a cabo, necesítase, en primeiro lugar, contar cun depósito homologado para conter gasóleo, que debe ser de simple parede cun cubeto o suficientemente grande como para conter todo o gasóleo do depósito en caso de rotura ou fuga, ou de dobre parede. É importante citar aquí que os IBCs ou GRGs de 1.000 litros, típicos para conter certos líquidos, non son aptos para o gasóleo, polo que se debe contar con outro tipo de depósito, como o que mostramos na foto deste post.

Doutra banda, o depósito debe contar cun sistema para botar o gasóleo que garanta que non hai perdas de produto na subministración. Ademais, non pode estar colocado nos límites da parcela, senón que debe existir un mínimo de metros desde os mesmos; nin pode estar preto de ningunha canle de auga ou sumidoiro. Por último, ten que contar cun extintor á beira.

Unha vez que se cumpra todo o anterior, o trámite a realizar non é complexo e necesítase para iso soamente o documento do CIF ou NIF do titular do depósito; a referencia catastral onde se quere dar de alta; unhas fotos do depósito (unha co depósito e o extintor e outra onde se observe a numeración do depósito); a dirección social e a de a localización do depósito; o certificado de fabricación do depósito; e a cantidade e tipo de gasóleo que vai conter. Con estes datos pódense legalizar depósitos de até 3000 litros en interior e 5000 en exterior (que pode ser un soamente ou a suma de varios depósitos, por exemplo, un de 1000 litros de gasóleo A e un de 2000 de gasóleo B en interior).

Se a cantidade de litros totais que se quere almacenar nunha parcela é maior que a anterior, en interior ou exterior, hai que realizar outro tipo de trámite máis complicado que require dun proxecto técnico, polo que aumenta o custo substancialmente e os datos requiridos.

Por tanto, é importante calcular ben as necesidades de almacenamento de gasóleo e onde colocar o depósito ou depósitos para que todo estea legalmente ben feito e da maneira máis sinxela posible.

Se queres legalizar o teu depósito de gasóleo, queres máis información ou que analicemos o teu caso en particular escríbenos a CODISOIL e contactaremos contigo canto antes.

Consellos de Codisoil para unha boa conservación do gasóleo agrícola

Codisoil, empresa líder dende hai máis de 25 anos en Galicia e Castela e León na distribución de gasóleo a domicilio Repsol, conta co gasóleo agrícola máis valorado do mercado: Repsol Agrodiesel e+10. Este produto é o único recomendado polas principais marcas de maquinaria para agricultura como John Deere, Kubota, New Holland ou Class.

Falamos co equipo técnico de Codisoil para aclarar algunhas das cuestións que máis lle interesan aos profesionais do sector agrogandeiro e forestal á hora de optimizar o uso do combustible.

Cales son as recomendacións de Codisoil para a boa conservación do gasóleo agrícola?

O AgroDiesel e+10 de Repsol contén aditivos para facilitar a súa conservación. Así, por exemplo, aínda que estea meses sen usar non se vai estragar. Por outro lado, aguanta mellor os cambios bruscos de temperatura e, en caso de existir algo de condensación por estes, fai que esta pequena cantidade de auga derivada disto non se mesture co producto.

De todos modos, hai una serie de recomendacións a seguir para conservar o gasóleo nas mellores condicións posibles:

– Utilizar depósitos homologados e en bo estado.

– Evitar que lle dea a luz do sol aos depósitos de combustible, mellor que estea en interior, nun lugar escuro.

– Nunca engadir aceites nin nada ao gasóleo, xa que empeora o seu rendemento e pode estropear o producto.

– Ter o depósito correctamente pechado para evitar que entre pó ou partículas ao mesmo.

Que ofrece Codisoil aos profesionais do sector agrogandeiro e forestal?

Ademais da venda de gasóleo Repsol (tanto agrícola como de automoción e de calefacción), como servizo similar, ofrecemos a venda de adBlue GrenChem. O adBlue é un producto que usan os tractores novos de gasóleo para reducir as emisións contaminantes. É obrigatorio o seu uso en moitos vehículos e é importante que este producto sexa de calidade, xa que do contrario provoca avarías de gran custo nos tractores ou vehículos.

Que diferencia a oferta de adBlue de Codisoil?

En canto ao servizo de adBlue de Codisoil, é de destacar:

-Suministro garantizado independentemente das paradas de producción dos fabricantes.

-Garantía de calidade de producto: Porcentaxe de urea correcto (32,5%). Mesmo producto que se vende nas estación de servizo de grandes petroleiras como Repsol BP, ou Galp.

-Garantía de cantidade: Codisoil conta con contadores volumétricos homologados e calibrados anualmente que garanten a medida exacta. Existen no sector poucos distribuidores que conten con este tipo de garantía e de contadores.

-Camións de suministro exclusivos para adBlue, con depósito de aceiro inoxidable, o único material que mantén o producto en boas condicións.

-Posibilidade de distintos formatos de producto: depósito de 1000 litros e suministro a granel, bidóns de 200 litros e garrafas de 10 e 5 litros.

Que servizos complementarios ofrece Codisoil aos profesionais do sector agrogandeiro e forestal?

Ademais da venda de gasóleo Repsol e de adBlue GreenChem, en Codisoil contan cunha serie de servizos complementarios:

-Xestión de residuos líquidos.

-Mantemento de depósitos de combustible e doutros líquidos.

-Desatascos e vaciado de fosas sépticas.

-Limpezas industriais con auga a presión.

Para máis información:

-As vantaxes do adBlue de Codisoil

-Ficha de produto do gasóleo B de Codisoil

Queres contactar con Codisoil?

Chama ao 91 061 20 89 ou envía un email a hola@codisoil.com

Que importancia ten a limpeza dos depósitos de combustible?

Os depósitos de combustible, asociados a un sistema de calefacción de gasóleo ou de almacenamento de gasóleo agrícola, por exemplo, necesitan un mantemento na mesma medida que as caldeiras, para que todo funcione correctamente e prever avarías. Así, recoméndase realizar unha limpeza interna do mesmo cada certo tempo. Se o combustible utilizado non é de calidade aconséllase limpalo cada 4 ou 5 anos, mentres que se é de calidade, o prazo óptimo é entre os 8 e os 10 anos.

A limpeza é obrigatoria nos depósitos soterrados e e nos non soterrados de máis de 1000 litros de capacidade son obrigatorias as probas de estanqueidade para verificar que o depósito non perde gasóleo. Nos depósitos non soterrados de menos de 1000 litros é recomendable a limpeza.

Neste sentido,  empresas coma Codisoil traballan na realización destas actividades obrigadas por lei, e tamén noutras como revestimentos de interiores en mal estado ou conversións a tanques de dobre parede que evitan posibles futuras roturas ou fugas.

Baixo o obxectivo de chegar a un planeta máis limpo e sostible, Codisoil traballa na oferta de servicios medioambientais, hibridados con outras accións como desatascados e baleirado de fosas, limpezas industriais e xestión de servizos. Desta maneira, eríxese como unha empresa destacada nos seus ámbitos de intervención e con sedes en 7 provincias: Pontevedra, Ourense, Lugo, Coruña, Salamanca, Zamora e Valladolid, ademais da súa sede central en Madrid.

Para máis información e presupostos sen compromiso  escribe a hola@codisoil.com ou chámanos ao 91 061 20 89

“O gasóleo agrícola de Repsol rende máis e coida da maquinaria”

Codisoil leva máis de 25 anos fornecendo gasóleo a domicilio, tanto de calefacción como de automoción, industria e agricultura, cunha forte implantación nas comunidades de Galicia e de Castela e León.

Falamos con Domingo Fernández, xerente de CODISOIL na provincia de Ourense, que nos explica as vantaxes que ofrece esta empresa para gandeiros e agricultores.

Que importancia ten o sector agrogandeiro dentro de CODISOIL?
Para nós o sector agrogandeiro é moi importante xa que son consumidores habituais de gasóleo ao contar con maquinaria que utiliza o noso produto e que non se pasou a outro tipo de enerxía. Así, tentamos achegar un valor diferencial ofrecendo un servizo de reposición adaptada a cada cliente e o mellor produto do mercado: Repsol AgroDiesel e+10, que está recomendado polos principais fabricantes de maquinaria agrícola como John Deere, New Holland e Kubota.

Cales son as principais vantaxes que ofrece CODISOIL a agricultores e gandeiros, e tamén para o sector forestal?
A principal vantaxe que ofrecemos sempre é a calidade de produto, xa que isto fai que os clientes traballen sen preocupacións ante avarías derivadas do gasóleo. Doutra banda, a rapidez de subministración coa que contamos (subministracións no mesmo día do pedido para urxencias ou ao día seguinte) fai que se un cliente queda sen gasóleo e non se deu conta con antelación poida dispor del rapidamente e non ter que parar de traballar. Por último, contamos con sedes en toda Galicia, polo que podemos fornecer ao mesmo cliente en calquera provincia.

No caso das empresas de servizos agrarios e forestais, así como para as CUMAS, contades con algunha oferta específica?
Realizamos ofertas personalizadas para cada cliente segundo o consumo que vaia realizar. Ademais, personalizamos o subministro segundo as necesidades dos clientes (por exemplo, podemos encher en depósitos ou nas propias máquinas, para facilitar o labor das mesmas). Por último, temos depósitos dispoñibles para os nosos clientes, no caso de que os necesiten.

Unha pregunta ineludible para os profesionais do sector é o prezo dos carburantes. Cal foi a evolución neste primeiro semestre do ano e como se presenta nas próximas semanas?
Os prezos dos carburantes debido á redución da demanda xeral por culpa do Covid-19 baixaron durante 2020, colocándose en marzo-abril en valores bastante baixos. Agora mesmo, están a empezar a subir, pero aínda non o fixeron demasiado e teñen prezos máis económicos que os habituais dos últimos anos.

 “O gasóleo agrícola de Repsol rende máis e coida da maquinaria”

Son todos os gasóleos agrícolas iguais? Cales son as principais diferenzas e como repercuten no rendemento e duración da maquinaria?
Non todos os gasóleos agrícolas son iguais. Existen no mercado gasóleos de diferentes marcas (con diferentes aditivos) e gasóleos sen marca (sen aditivar). Os aditivos do gasóleo agrícola de Repsol melloran o rendemento do produto (facendo que se consuma menos), protexen á maquinaria ante avarías e evitan a mestura con auga que poidan ter ou xerar os depósitos por condensación. Así, renden máis que outros gasóleos e coidan da maquinaria, polo que compensa confiar en Repsol e o seu produto.

Que recomendacións dades desde CODISOIL para conservar o gasóleo nas explotacións agrogandeiras e forestais? Cales son os principais erros que detectades nese sentido?
Para a conservación do gasóleo é importante que os depósitos estean en bo estado, sobre unha superficie plana e mellor en interior que ao aire libre para evitar que chova sobre os equipos de subministración ou sobre a tapa do depósito e que poida entrar auga ao mesmo. Máis aló disto, o gasóleo de Repsol vén preparado para estar un tempo parado sen problema, polo que non habería que estar pendente para consumir todo o produto na mesma tempada.

 “O gasóleo de Repsol vén preparado para estar un tempo parado sen problema”

En canto ao Adblue, que destacarías do produto que ofrece CODISOIL?
Ofrecemos tamén no adblue o considerado mellor produto do mercado, neste caso, adblue Fertiberia. Grazas a el garántese cumprir sempre cos estándares de calidade evitando avarías graves nos vehículos, como ocorre con produtos con menos dun 32,5% de urea. Ademais, contamos cunha frota exclusiva e moderna para as subministracións, con contadores calibrados para garantir a cantidade exacta e un servizo en 48 horas.

Que cambios prevedes que se produzan nos próximos anos na subministración do gasóleo agrícola en canto a loxística de subministración, normativa, calidade do combustible…etc?
Nos próximos anos é probable que lexislativamente prohiban combustible con altas emisións, cuestión na que Repsol sempre vai por diante e conta co produto menos contaminante do mercado. Doutra banda, cada vez esixirase aos distribuidores e aos clientes o cumprimento de máis requisitos legais, como comunicacións case instantáneas a Facenda das subministracións e temas similares, cuestión que en Codisoil xa cumprimos na actualidade. Ademais disto, polo momento, non parece que poidan existir máis cambios importantes nas subministracións.

 “Nos vindeiros anos é probable que lexislativamente prohiban combustible con altas emisións”

Neste sentido, Algún proxecto de futuro no que esteades a traballar en CODISOIL e que nos poidades adiantar?
Estamos a mellorar as nosas páxinas web para poder atender moito mellor aos clientes e que poidan realizar compras online, consultar moita máis información sobre os produtos e a empresa en todo momento e contactar connosco en calquera momento.

Como vos está afectando a crise provocada polo Covid19 e como está a afectar á subministración?
A crise do Covid-19 non nos afectou demasiado, xa que ao ser un servizo esencial non paramos. Estivemos e estamos a traballar igual que antes da crise, só que con moitas medidas de prevención para coidar dos nosos traballadores e clientes. En canto á subministración, simplemente limitamos o contacto físico cos clientes e eliminado as firmas de albaráns por exemplo, para protexernos entre todos e evitar os contaxios.

Algo máis que queirades engadir?
Gustaríanos dar a coñecer no sector da agricultura, gandaría e forestal que ademais da subministración de gasóleo e adblue poden contar connosco tamén para realizar limpezas e probas a depósitos, limpezas industriais con auga a presión, desatascos e xestión de residuos líquidos, xa que contamos con outro departamento na empresa especializado nestes temas.