Archives

Curso de reprodución apícola en Monforte

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos organiza na primeira semana de xullo un curso de reprodución apícola. A formación, que inclúe unha parte máis teórica e outra práctica, coa visita á explotación dun apicultor profesional que se adica á cría de raíñas, ten unha duración de 20 horas.  As clases serán impartidas en horario de tarde, de 16 a 21 horas, nas instalacións do CFEA de Monforte (Rúa Alfredo Brañas). O curso terá lugar os días 3, 4 ,5 e 6 de xullo, con posibilidade de algún cambio nas datas e horarios, que serán comunicadas con antelación aos participantes. Para inscribirse, hai que facelo a través da páxina foagro.xunta.gal e o código do curso é o FC2023F127043. A data límite para apuntarse é o venres 30 de xuño. Para poder ser seleccionados é imprescindible ter explotación apícola dada de alta. 
Para inscribirse é necesario ter unha explotación apícola dada de alta no REGA
O curso está orientado a apicultores que conten xa con algo de experiencia e que polo menos teñan un curso de iniciación á apicultura feito previamente e que queiran iniciarse na cría de raíñas como método de reprodución para a creación de novos núcleos e para a mellora da selección xenética das colonias existentes nun colmear.   Pode obterse máis información sobre o curso no teléfono 982889103 ou escribindo un email a cesar.crespo.vazquez@xunta.gal.

Curso en Monforte sobre técnicas para a produción de froita ecolóxica

Instalacións do CFEA de Monforte de Lemos, que conta con campos de ensaio de froiteiras e viñedo A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, ten previsto celebrar un curso en Monforte de Lemos sobre técnicas da agricultura orgánica aplicadas á fruticultura e outros cultivos. A formación será o vindeiro martes 25 de outubro no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos en horario de 10:00 a 14:15 horas.  O eixo central desta formación é dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios sobre a sustentabilidade e a resiliencia do medio rural, así como a rexeneración de terras pola súa relación coa saúde dos cultivos. Para iso, explicarase a interacción entre técnicas e prácticas sustentables co desenvolvemento tanto dos seus cultivos como da súa contorna. Para participar é necesario cubrir o formulario de inscrición no seguinte enlace. O coordinador do curso porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982889103, ou enviar un correo a ceca.monforte@edu.xunta.es.

Xornadas sobre xestión técnico económica de distintos tipos de explotacións 

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, ten previsto celebrar a semana que vén catro cursos sobre xestión técnico económica de distintos tipos de explotacións. Todas as accións desenvolveranse de 10,00 a 14,15 horas no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte. Así, o luns 10 de outubro terá lugar unha xornada sobre a xestión das granxas de vacún de leite e ese mesmo día, así como o martes 11, abordaranse as peculiaridades das explotacións de gandaría extensiva. Mentres, o xoves 13 trataranse as granxas con necesidade de base territorial e o venres 14 as explotacións de cultivos, fruticultura, vitivinicultura e apicultura. 
Analizaranse casos reais e empregarase a aplicación Conta Láctea para calcular os custos de produción das granxas de leite
O obxectivo xeral de todas estas accións formativas é presentar a xestión técnico económica como unha ferramenta para reducir a incerteza na actividade agrogandeira. Deste xeito, definirase o concepto, tratarase a súa utilidade, analizaranse de maneira pormenorizada as fases que comprende e o produto final que se obtén. Tamén se analizarán diversos conceptos que teñen que ver coa xestión como os investimentos, o cálculo das amortizacións técnicas ou os préstamos. No caso da xornada sobre vacún de leite analizaranse casos reais e empregarase a aplicación Conta Láctea, implementada pola Xunta, para calcular os custos de produción deste tipo de granxas. As accións formativas poden consultarse no seguinte enlace. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982889106 ou enviar un correo a cesar.crespo.vazquez@xunta.gal.

Xornada sobre as variedades tradicionais de vide galegas

A Estación de viticultura de Galicia (EVEGA) e o Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos organizan unha xornada de transferencia para divulgar as actividades realizadas no eido da vitivinicultura.  Para participar nas xornadas é preciso enviar a solicitude de participación cuberta (Anexo G) ao seguinte correo electrónico: cesar.crespo.vazquez@xunta.gal. A xornada de demostración trata de pór en valor e dar a coñecer as características básicas diferenciadoras das variedades de cultivo tradicional galego e os distintos clons que a día de hoxe están presentes nos campos de demostración do CFEA de Monforte de Lemos como doantes de material certificado.  O programa é o seguinte: Data: 26 de outubro de 2022 Lugar: CFEA de Monforte de Lemos Rúa Alfredo Brañas s/n 27400 Monforte de Lemos (Lugo) 10:00 - 10:30h Recepción de participantes.  10:30 - 11:30h Relatorio: As variedades de cultivo tradicional galego: Como diferencialas.  11:30 - 13:00h Identificación das variedades e clons en finca. 

Organizan en Monforte varios cursos sobre estratexias de venda para o sector agroalimentario

O centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos, dependente da Consellería do Medio Rural, acolle dende este luns varios cursos de formación e adquisición de competencias sobre estratexias de venda no sector agroalimentario. As accións formativas levaranse a cabo ata este venres, 10 de xuño, e cada unha terá unha duración total de 4 horas ao día, en quenda de mañá, que comeza ás 10:00 ata as 14:15 horas. Os obradoiros abordan tanto aspectos teóricos coma prácticos sobre a venda e o estudo da mercadotecnia. Estas iniciativas están dirixidas ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira ou ás persoas con expectativa de incorporación, en concreto, á xunventude do medio rural. As persoas interesadas poden obter máis información sobre os cursos na páxina da consellería de Medio Rural, onde se recollen tódas as accións formativas, así como formalizar a prescrición para os cursos. O coordinador do curso poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103 ou enviar un correo a ceca.monforte@edu.xunta.gal.

Cursos en Monforte sobre manexo do pastoreo en rumiantes

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza tres cursos sobre o manexo da alimentación de ruminantes a base de pastoreo no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos. Ditas accións formativas celebraranse en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, os vindeiros días 18, 19 e 20 de outubro. O obxectivo destes cursos é formar e asesorar ao sector gandeiro para facer un bo uso do pastoreo como método de alimentación óptimo para abaratar os custos de produción e mellorar a calidade dos produtos finais, baseándose nunha gandaría máis eficiente e respectando o medio ambiente. Neste senso, o programa dos cursos centrarase nos principios básicos e sistemas do pastoreo, cunha visita final a unha granxa que emprega esta técnica de alimentación. Cabe apuntar que estas accións están dirixidas en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego. Redución de custos das explotacións A Agacal, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma estes. A Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021 que pode consultarse no seguinte enlace. Nesta páxina poden descargarse tamén as solicitudes de asistencia correspondentes, que neste caso deben remitirse cubertas ao enderezo electrónico maria.estrella.rodriguez.rodriguez@xunta.gal. Para consultar calquera dúbida pode chamarse ao teléfono 982889102.