Archives

Baixada nos prezos do vacún maior en Silleda

Na xornada deste martes, a Central Agropecuaria de Galicia-Abanca (Silleda) rexistrou unha baixada de prezos case todas as categorías de vacún maior e dos becerros carniceiros, que son as poxas que se celebraron. A cancelación da poxa de becerros de recría estaba prevista e débese ao festivo do mércores, 1 de maio. En canto á afluencia de gando, nesta xornada pasaron polo recinto un total de 279 animais, dos cales 249 foron adxudicados. Prezos do vacún Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos becerros carniceiros, os machos de cruces industriais diminuíron o seu valor en 144 euros e chegaron aos 1.185 euros. As femias baixaron ata os 973 euros (-30 euros). Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.206 euros de media os machos, o que supón un incremento de 15 euros, mentres que as femias soben 54 euros e alcanzan un valor medio de 1.080 euros. Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema incrementaron o seu valor 63 euros ata conseguir un prezo de referencia de 1.137 euros. No vacún maior houbo baixada en case todas as categorías. Nos da categoría extra, o descenso do prezo foi de 137 euros e quedou nun valor medio de 2.126 euros. Os animais da categoría primeira subiron 2 euros e alcanzaron os 1.174 euros de valor medio, mentres que os de categoría segunda baixaron 48 euros, ata os 762 euros. Por último, nesta xornada vendeuse un animal de desfeito por un prezo de 537 euros. Os animais comercializados baixo selo Vaca y Buey de Galicia incrementaron o seu valor medio en 488 euros con respecto da semana pasada e pasan a cotizarse de media a 3.133 euros. Mesas de prezos As mesas de cotizacións do porcino mantéñense igual que a pasada semana. Así, o porco selecto queda nos 1,835 euros; o normal en 1,81 euros e o de Canle II nos 2,351 euros. Os animais de descarte cotízanse entre 0,9 e 0,96 euros o quilo. Nos leitóns , os exemplares chegados dunha única granxa están nos 105 euros (cun prezo de 5,25 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 100 euros e cun prezo por quilo de 5 euros. En ambos os casos houbo un descenso de 2 euros. O mercado do ovo presenta baixadas do 0,03 e 0,05 con respecto á semana pasada, excepto os da XL, que quedan igual (2,83 euros). Os da L presentan unha baixada de 0,03 e alcanzan os 2,28 euros e nos da M e a S a baixada é de 0,05 e quedan nun valor medio de 2,08 e 1,77 euros, respectivamente. O prezo do coello mantense igual, nos 2,20 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Baixada de prezos nos becerros carniceiros en Silleda

Na xornada de hoxe, a Central Agropecuaria de Galicia-Abanca (Silleda) rexistrou unha baixada de prezos nos becerros carniceiros, mentres que no vacún maior hai suba en case todas as categorías. En canto á afluencia de gando, nesta xornada pasaron polo recinto un total de 782 animais, dos cales 730 foron adxudicados; cifras moi inferiores ás da pasada semana, que superaron os 1.000 animais. Desde a organización indican que con motivo do festivo do 1 de maio, o martes 30 de abril suspéndese a poxa de becerros de recría e só se celebra a de cebados e vacas. Prezos do vacún Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos becerros de recría da raza frisoa, os de 15 a 20 días cotizáronse a 149 euros (+19 euros respecto da pasada semana); os de 21 a 50 días a 170 euros (+11 euros) e os de máis de 50 días a 211 euros (+2 euros). En canto aos de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 337 euros e baixaron 47 euros con respecto á xornada anterior; os de 21 a 50 días chegaron aos 442 euros e subiron 21 euros o seu valor medio e os máis adultos incrementaron o seu valor en 97 euros, ata alcanzar un prezo medio de 649 euros. Nos becerros carniceiros, os machos frisóns tiveron un valor medio de 762 euros, é dicir 67 euros menos que a semana pasada. Os machos de cruces industriais, diminuíron o seu valor en 8 euros, ata quedar en 1.041 euros. Mentres, as femias incrementaron en 58 euros e quedaron nun valor medio de 1.003 euros. Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.191 euros de media os machos (-94euros) e a 1.026 euros as femias (-32 euros). Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema baixaron o seu valor 140 euros até conseguir un prezo de referencia de 1.075 euros. No vacún maior houbo subida en case todas as categorías, fóra dos animais extra, que baixaron 89 euros o seu valor medio e quedaron nos 2.263. Os animais da categoría primeira subiron 26 euros e alcanzaron os 1.171 euros de valor medio, mentres que os de categoría segunda subiron 60 euros, até os 810 euros. Por último, nesta xornada non se vendeu vacún de desfeito. Os animais comercializados baixo selo Vaca y Buey de Galicia incrementaron o seu valor medio en 77 euros, con respecto da semana pasada, e pasan a cotizarse de media a 2.645 euros. Mesas de prezos As mesas de cotizacións do porcino mantéñense igual que a pasada semana. Así, o porco selecto queda nos 1,835 euros; o normal en 1,81 euros e o de Canle II nos 2,351 euros. Os animais de descarte cotízanse entre 0,9 e 0,96 euros o quilo. Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 107 euros (cun prezo de 5,35 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 102 euros e cun prezo por quilo de 5,1 euros. En ambos os casos houbo un descenso de 1 euro. O mercado do ovo presenta baixadas do 0,02 e 0,04 con respecto á semana pasada, excepto os da XL, que quedan igual (2,83 euros). Os da L presentan unha baixada de 0,02 e alcanzan os 2,31 euros e nos da M e a S a baixada é de 0,04 e quedan nun valor medio de 2,13 e 1,82 euros, respectivamente. O prezo do coello tamén baixou 0,10 e está nos 2,20 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Sesión de altibaixos de prezos en Silleda

Tras os bos resultados da pasada semana, a Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou oscilación de prezos en todas as categorías. Así, nos becerros carniceiros é onde máis descenso de prezo se rexistrou, mentres que na recría a tendencia foi á alza. En canto á afluencia de gando, nesta xornada pasaron polo recinto un total de 1.092 animais, dos cales 1.006 foron adxudicados; cifras inferiores ás da pasada semana. Prezos do vacún Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos becerros de recría da raza frisoa, os de 15 a 20 días cotizáronse a 130 euros (+5 euros respecto da pasada semana); os de 21 a 50 días a 159 euros (-9 euros) e os de máis de 50 días a 209 euros (+37 euros). En canto aos de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 384 euros e sumaron 28 euros con respecto á xornada anterior; os de 21 a 50 días chegaron aos 421 euros e baixaron 12 euros o seu valor medio e os máis adultos incrementaron o seu valor en 51 euros, ata chegar a un prezo medio de 553 euros. Nos becerros carniceiros, os machos frisóns tiveron un valor medio de 829 euros, é dicir 29 euros menos que a semana pasada. Os machos de cruces industriais, diminuíron o seu valor en 105 euros, até quedar en 1.049 euros. Mentres, as femias incrementaron en 115 euros e quedaron nun valor medio de 945 euros. Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.285 euros de media os machos (+91 euros) e a 945 euros as femias (+113 euros). Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema subiron o seu valor 148 euros ata conseguir un prezo de referencia de 1.215 euros. No vacún maior houbo baixada en dúas categorías e subida nas outras dúas. Así, na categoría extra e de desfeito, a suba foi de 143 e 138 euros, respectivamente, quedándose cuns prezos de 2.352 e 495 euros. Na categoría primeira a baixada foi de 105 euros, fixándose un prezo medio de 1.145 euros, e na segunda foi de 91 euros, alcanzando os 750 euros. Os animais comercializados baixo selo Vaca e Boi de Galicia descenderon o seu valor medio en 318 euros con respecto da semana pasada e pasan a cotizarse de media a 2.568 euros. Mesas de prezos As mesas de cotizacións do porcino mantéñense igual que a pasada semana. Así, o porco selecto queda nos 1,835 euros; o normal en 1,81 euros e o de Canle II nos 2,351 euros. Os animais de descarte cotízanse entre 0,9 e 0,96 euros o quilo. Nos lechones, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 108 euros (cun prezo de 5,4 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 103 euros e cun prezo por quilo de 5,15 euros. O mercado do ovo presenta baixadas do 0,03 con respecto á semana pasada, excepto nos da XL, que quedan igual (2,83 euros). Os demais establécense da seguinte maneira: os da L en 2,33 euros; os da M en 2,17 euros e, finalmente, os da S en 1,86 euros. O prezo do coello tamén baixou 0,05 e está nos 2,30 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

A Central Agropecuaria rexistra o seu terceiro maior volume de transaccións

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou o terceiro maior volume de transaccións da súa historia, ao ascender a facturación a 942.357 euros (a cifra máis alta sitúase, ata o momento, nos 977.268 euros alcanzados o 21 de xuño de 2022 e a segunda maior nos 949.660 euros do 3 de maio de 2022). Esta cifra alcanzouse porque se rexistraron as maiores marcas do ano en transaccións de vacún maior, con 573.915 euros, tamén en prezos medios de becerros de recría, con 331,96 euros, e de vacún maior, con 1.728,66 euros. En canto á afluencia de gando, nesta xornada pasaron polo recinto un total de 1.217 animais, dos cales 1.170 foron adxudicados. Prezos do vacún Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos becerros de recría, houbo oscilacións. Así, na raza frisoa os tenreiros de 15 a 20 días cotizáronse a 126 euros (-7 euros respecto da pasada semana); os de 21 a 50 días a 168 euros (+16 euros) e os de máis de 50 días a 172 euros (-14 euros). En canto aos de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 353 euros e restaron 6 euros con respecto á xornada anterior; os de 21 a 50 días chegaron aos 433 euros e aumentaron 20 euros o seu valor medio e os máis adultos baixaron 64 euros e quedaron nos 502 euros. Nos becerros carniceiros, os machos frisóns tiveron un valor medio de 858 euros, é dicir 172 euros menos que a semana pasada. Os machos de cruces industriais, pola contra, incrementaron o seu valor (+112 euros) ata os 1.154 euros. Mentres, as femias baixaron en 84 euros e quedaron nun valor medio de 830 euros. Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.194 euros de media os machos (+118 euros) e a 945 euros as femias (+49 euros). Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema incrementaron o seu valor 112 euros até conseguir un prezo de referencia de 1.067 euros. No vacún maior houbo baixada en case todas as categorías. Na categoría extra descendeu o valor medio en 51 euros, quedando en 2.209 euros. Na primeira a baixada foi de 21 euros e fixouse nos 1.151 euros. Na categoría segunda chegaron ata os 778 euros (+1) e na de desfeito alcanzaron os 357 euros (na semana pasada non se vendeu ningún animal). Os animais comercializados baixo selo Vaca y Buey de Galicia viron aumentado o seu valor medio en 71 euros con respecto da semana pasada e pasan a cotizarse de media a 2.886 euros. Mesas de prezos As mesas de cotizacións do porcino mantéñense igual que a pasada semana. Así, o porco selecto queda nos 1,835 euros; o normal en 1,81 euros e o de Canle II nos 2,351 euros. Os animais de descarte cotízanse entre 0,9 e 0,96 euros o quilo. Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 108 euros (cun prezo de 5,4 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 103 euros e cun prezo por quilo de 5,15 euros. O mercado do ovo mantense igual que a semana pasada. Desta maneira, os prezos quedan así: os da XL 2,83 euros; os da L en 2,36 euros; os da M en 2,20 euros e, finalmente, os da S en 1,89 euros. O prezo do coello mantense igual e está nos 2,35 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Volta á normalidade en Silleda con suba de prezos

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca, tras a Semana Santa, volveu celebrar a poxa con toda normalidade. Neste primeiro martes de abril, rexistráronse subidas de prezos en case todas as categorías. En canto á afluencia de gando, nesta xornada pasaron polo recinto un total de 1.088 animais, dos cales 1.048 foron adxudicados. Prezos do vacún Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos becerros de recría, como na pasada semana non houbo poxa, non se poden facer comparacións de prezos. Así, os prezos medios nesta xornada quedaron da seguinte maneira. Na raza frisoa, os becerros de 15 a 20 días cotizáronse a 132 euros; os de 21 a 50 días a 152 euros e os de máis de 50 días a 186 euros. En canto aos de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 359 euros; os de 21 a 50 días con 413 euros e os máis adultos en 566 euros. Nos becerros carniceiros, os machos frisóns tiveron un valor medio de 1.030 euros, é dicir 465 euros máis que a semana pasada. Os machos de cruces industriais tamén incrementaron o seu valor (+126 euros) até os 1.037 euros. Mentres, as femias aumentaron en 36 euros e quedaron nun valor medio de 914 euros. Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.076 euros de media os machos (-57 euros) e a 896 euros as femias (-7 euros). Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Tenreira Galega Suprema incrementaron o seu valor 33 euros até conseguir un prezo de referencia de 955 euros. No vacún maior houbo subida xeral de prezos. Na categoría extra incrementouse o valor medio en 162 euros, quedando en 2.260 euros. Na primeira a suba foi de 44 euros e fixouse nos 1.171 euros. Na categoría segunda chegaron ata os 777 euros (+57). Os animais comercializados baixo selo Vaca e Boi de Galicia viron aumentado o seu valor medio (119 euros) con respecto da semana pasada e pasan a cotizarse de media a 2.815 euros. Mesas de prezos As mesas de cotizacións do porcino mantéñense igual que a pasada semana. Así, o porco selecto queda nos 1,835 euros; o normal en 1,81 euros e o de Canle II nos 2,351 euros. Os animais de descarte cotízanse entre 0,9 e 0,96 euros o quilo. Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 108 euros (cun prezo de 5,4 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 103 euros e cun prezo por quilo de 5,15 euros. Ambos tiveron unha subida de dous euros. O mercado do ovo mantense igual que a semana pasada. Desta maneira, os prezos quedan así: os da XL 2,83 euros; os da L en 2,36 euros; os da M en 2,20 euros e, finalmente, os da S en 1,89 euros. O prezo do coello mantense igual e está nos 2,35 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Baixan os prezos dos becerros carniceiros e altibaixos no vacún maior en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou, este martes, baixadas nos prezos dos becerros carniceiros e oscilacións nos do vacún maior. Cabe destacar que, como xa estaba previsto, non se celebraron as poxas da recría. En canto á afluencia de gando, nesta xornada pasaron polo recinto un total de 320 animais, dos cales 295 foron adxudicados.

Prezos do vacún

Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos becerros carniceiros, os machos frisóns tiveron un valor medio de 565 euros, é dicir 224 euros menos que a semana pasada. Os machos de cruces industriais tamén diminuíron o seu valor 157 euros, ata os 911 euros. Mentres, as femias aumentaron en 161 euros e quedaron nun valor medio de 878 euros. Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.133 euros de media os machos (-17 euros) e a 903 euros as femias (+28 euros). Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema incrementaron o seu valor 215 euros ata conseguir un prezo de referencia de 922 euros. No vacún maior houbo oscilación de prezos. Nas categorías extra (-96 euros) e primeira (-3 euros) houbo baixadas, así quedaron cun prezo medio de 2.098 e 1.127 euros, respectivamente. Pola contra, nas categorías segunda (+2 euros) e desfeito (+37 euros) houbo subas e quedaron cun valor de 772 e 465 euros, respectivamente. Os animais comercializados baixo selo Vaca e Boi de Galicia viron aumentado o seu valor medio (170 euros) con respecto da semana pasada e pasan a cotizarse de media a 2.696 euros.

Mesas de prezos

As mesas de cotizacións do porcino mantéñense igual que a pasada semana. Así, o porco selecto queda nos 1,835 euros; o normal en 1,81 euros e o de Canle II nos 2,351 euros. Os animais de descarte cotízanse entre 0,9 e 0,96 euros o quilo. Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 106 euros (cun prezo de 5,3 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 101 euros e cun prezo por quilo de 5,05 euros. O mercado do ovo volve rexistrar subas en todas as categorías, menos na XL, que mantén o seu prezo en 2,83. Así os da L subiron 0,02 e quedan nos 2,36 euros; os da M aumentaron 0,05 euros e chegan a un valor de 2,20 euros e, finalmente, os da S subiron 0,04 e alcanzan os 1,89 euros. O prezo do coello mantense igual e está nos 2,35 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Subas nos becerros e baixada nos prezos do vacún maior en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou, este martes, baixadas nos prezos do vacún maior, mentres que nos tenreiros carniceiros e de recría houbo subida en case todas as categorías. En canto á afluencia de gando, na xornada de hoxe pasaron polo recinto un total de 1.243 animais, dos cales foron adxudicados 1.174; son cifras moi superiores ás da pasada semana. A organización da poxa lembra que o vindeiro martes, con motivo da Semana Santa, só se celebrará a poxa de cebados e vacas, como xa anunciaron previamente. Prezos do vacún Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Na recría frisoa, os becerros máis novos cotizáronse a un prezo medio de 120 euros, é dicir 15 euros máis que na última feira. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o valor de referencia situouse nos 147 euros, o que supón 12 euros máis. Os machos de máis de 50 días obtiveron un prezo medio de 184 euros, cunha lixeira suba de 5 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais a tendencia tamén foi á alza. Na categoría dos de 15 a 20 días, o valor medio subiu 2 euros e quedou nos 370 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor de referencia foi de 431 euros, é dicir, ascendeu 19 euros. Nos machos de máis de 50 días, o prezo medio foi de 584 euros, o que supón un incremento de 9 euros. Nos becerros carniceiros, os machos frisóns tiveron un valor medio de 789 euros, é dicir, 221 euros menos que a semana pasada. Pola contra, os machos de cruces industriais subiron o seu valor 49 euros, ata os 1.068 euros. Mentres, as femias descenderon en 159 euros e quedaron nun valor medio de 717 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Tenreira Galega Suprema descenderon o seu valor 290 euros até conseguir un prezo de referencia de 707 euros. A tendencia foi á baixa no vacún maior. Así, os animais da categoría extra tiveron un valor medio de 2.194 euros (-8 euros). As vacas de primeira cotizáronse a 1.130 euros, o que mostra un descenso de 46 euros. As vacas de segunda baixaron o seu valor en 8 euros e quedan cun prezo de referencia de 770 euros. Nos animais de desfeito o valor medio foi de 428 euros, polo que baixaron 36 euros con respecto á última feira. Os animais comercializados baixo selo Vaca e Boi de Galicia viron reducido considerablemente o seu valor medio (369 euros) con respecto da semana pasada e pasan a cotizarse de media a 2.895 euros. Mesas de prezos As mesas de cotizacións do porcino tiveron un incremento esta semana. Nos animais cebados, o porco selecto e o normal incrementaron o seu valor en 0,02, quedando en 1,835 e 1,810 euros, respectivamente. Os porcos de Canle II están a 2,351 euros (+0,026). Os animais de descarte cotízanse entre 0,9 e 0,96 euros o quilo. Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 106 euros (cun prezo de 5,3 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 101 euros e cun prezo por quilo de 5,05 euros. Ambos conseguiron un incremento de 2 euros. O mercado do ovo volve rexistrar subas en todas as categorías, menos na XL, que mantén o seu prezo en 2,83. Así, os da L subiron 0,02 e quedan nos 2,34 euros; os da M aumentaron 0,05 euros e chegan a un valor de 2,15 euros e, finalmente, os da S subiron 0,03 e alcanzan os 1,85 euros. O prezo do coello mantense igual e está nos 2,35 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Tendencia a alza nos prezos do gando en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou este martes subas nos prezos da recría frisoa. A tendencia xeral foi a alza, con subas tamén en case todas as categorías do vacún maior. En canto á afluencia de gando, na xornada de hoxe pasaron polo recinto un total de 1.050 animais, dos cales foron adxudicados 1.008; son cifras menores que a pasada semana, que se bateu récord na afluencia de recría. Prezos do vacún Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que cómpre ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Na recría frisoa, os becerros máis novos cotizáronse a un prezo medio de 133 euros, é dicir 61 euros máis que na última feira. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o valor de referencia situouse nos 148 euros, o que supón 29 euros máis que na feira pasada. Os machos de máis de 50 días obtiveron un prezo medio de 182 euros, cunha suba de 29 euros. Nos tenreiros de recría de cruces industriais a tendencia foi á alza, agás na dos máis novos, que tiveron unha baixada de 35 euros e quedáronse nos 315 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor de referencia foi de 395 euros, é dicir 26 euros máis. Nos machos de máis de 50 días, o prezo medio foi de 550 euros, o que supón un incremento de 18 euros. Nos becerros carniceiros, os machos frisóns tiveron un valor medio de 854 euros, é dicir 257 euros máis que a semana pasada. Pola contra, os machos de cruces industriais baixaron o seu valor en 3 euros ata os 1.063 euros. Mentres, as femias sumaron 67 euros no prezo de referencia con respecto do valor da semana pasada e quedan nos 898 euros. Seguindo cos becerros carniceiros, nos animais de Rubia Galega, os machos tiveron unha baixada de 29 euros ata quedar nos 1.073 euros e nas femias houbo un incremento de 68 euros, polo que agora teñen un valor de referencia de 908 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema descenderon o seu valor 42 euros ata acadar un prezo de referencia de 1.075 euros. A tendencia foi tamén á alza no vacún maior, con excepcións nunha categoría. Os animais da extra tiveron un valor medio de 2.073 euros (+17 euros). As vacas de primeira cotizáronse a 1.160 euros, o que amosa unha baixada de 3 euros. As vacas de segunda incrementaron o seu valor en 3 euros e quedan cun prezo de referencia de 762 euros. Nos animais de desfeito o valor medio foi de 528 euros, polo que sumaron 73 euros con respecto da última feira. Os animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia tamén viron incrementado o seu valor medio en 141 euros con respecto da semana pasada e pasan a cotizarse de media a 1.768 euros. Mesas de prezos As mesas de cotizacións do porcino tiveron un incremento esta semana. Nos animais cebados, o porco selecto e o normal incrementaron o seu valor en 0,03, quedando en 1,755 e 1,730 euros, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,247 euros (+0,039). Os animais de descarte cotízanse entre 0,87 e 0,93 euros o quilo. Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 102 euros (cun prezo de 5,1 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 97 euros e cun prezo por quilo de 4,85 euros. Ambos conseguiron un incremento de 2 euros. O mercado do ovo volve a rexistrar subas en boa parte das categorías. Só os ovos da XL se manteñen sen cambios e están a 2,81 euros a ducia. Mentres, os da L tiveron unha suba de 0,02, quedándose nos 2,28 euros. Así, os da M e os da S incrementaron o seu valor en 0,05 e quedáronse nun prezo medio de 2,02 e 1,74 euros, respectivamente. O prezo do coello está nos 2,35 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Un boi de 9.000 euros en Silleda e récord de vendas en xatos de recría

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca rexistrou hoxe o seu maior volume histórico de transaccións na categoría de becerros de recría, alcanzando os 248.862 euros (a anterior marca do mercado estaba nos 241.294 euros do 1 de agosto de 2023). As transaccións estiveron motivadas pola grande asistencia de animais desta categoría (924 exemplares, que supuxeron a maior concorrencia no que vai de 2024), que está relacionada coa suspensión da poxa de tenreiros de recría da semana pasada. Por outra banda, hoxe rexistrouse o sexto maior prezo conseguido por un exemplar de vacún maior na Central, un boi de raza Rubia Galega, nacido no ano 2018 e pertencente a unha explotación de Silleda (Pontevedra), o cal foi adquirido por 9.070 euros por Cárnicas Champam (Lugo). Prezos do vacún Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. A pasada semana non houbo poxa nos becerros de recría, así, nesta semana na raza frisoa os becerros de 15 a 20 días quedaron nun prezo de 72,25 euros; os de 21 a 50 días en 119,47 euros e os de máis de 50 días en 153,25 euros. Pola súa banda, os de cruzamento industrial alcanzan un prezo medio de 350 euros nos machos máis novos e en 206 euros as femias; nos de 21 a 50 días quedan nos 369 euros, mentres que as femias en 258 euros, e os de máis de 50 días nos 532 euros e as femias en 355 euros. Os tenreiros carniceiros, os de raza frisoa subiron 34 euros e alcanzaron os 597 euros, mentres que os de cruzamento industrial mantivéronse nos 1.066 euros. Ademais, a Tenreira Galega Suprema subiu 5 euros e vendeuse a un prezo medio de 1.117 euros. Esta semana o vacún maior rexistrou subas en dúas categorías e descenso nas outras dúas. Así, na categoría extra tivo un aumento de 105 euros e chegou aos 2.057 euros e na categoría segunda subiu 36 euros e alcanzou os 759 euros. Pola súa banda, na categoría primeira o prezo medio desta semana foi de 1.163 euros (-9 euros) e o da de desfeito de 455 euros (-44 euros). A categoría Vaca e Boi de Galicia cotizouse esta semana a 1.627 euros (-499 euros). Mesas de prezos As mesas de cotizacións do porcino experimentaron novas subidas nos prezos do porco cebado. Os animais das categorías selecta e normal subiron 0,03 euros e quedan nos 1,725 e 1,7 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canle II están a 2,208 euros, tras unha subida de 0,039 euros. Os animais de descarte aumentaron 0,04 euros e cotízanse entre 0,87 e 0,93 euros o quilo. Os leitóns continúan á alza. Esta semana tiveron un incremento de 2 euros para ambas as categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 100 euros (cun prezo de 5 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 95 euros e cun prezo por quilo de 4,75 euros. O mercado do ovo mantívose igual en todas as categorías. Así quedaron cun prezo de 2,81 euros os XL; 2,26 euros os da L; 1,97 euros os da M e 1,69 euros os do S. As galiñas de descarte semipesadas subiron esta semana 0,01 euros e o prezo medio dos animais semipesados de entre 2,1 e 2,2 quilos sitúase entre 0,22 e 0,30 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,35 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun) do 15 de febreiro.

Ascenso no prezo do vacún maior en Silleda

Os prezos da Central Agropecuaria de Galicia deste martes tiveron unha tendencia á alza en xeral. Así, o vacún maior tivo unha subida en case todas as categorías, do mesmo xeito que os tenreiros carniceiros. Como xa se anunciara, na xornada de hoxe só concorreron ao recinto animais de vacún maior e becerros carniceiros. A suspensión de becerros de recría foi acordada entre a Central e os principais operadores. Prezos do vacún Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É necesario ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos becerros carniceiros, nos machos só tivo subida a raza cruce industrial, que alcanzou un prezo medio de 1.066 euros, 127 euros máis que a pasada xornada. Pola contra, na raza frisoa houbo un descenso de 106 euros e quedou nos 563 euros; o mesmo sucedeu na Rubia Galega que caeu ata os 1.105 euros (-36 euros). Nas femias, as de raza frisoa tiveron un prezo de 338 euros; nas de cruzamento industrial houbo unha subida de 118 euros e quedou cun prezo medio de 946 euros e, por último, nas de Rubia Galega alcanzou os 968 euros (+46 euros). A Ternera Gallega Suprema tivo un prezo nesta sesión de 1.113 euros (+144 euros). Pola súa banda, no vacún maior houbo subida en case todas as categorías, fóra da segunda, que tivo unha caída de 25 euros e rexistrou un valor medio de 723 euros. Na categoría extra, o prezo medio estivo en 1.952 euros (+7 euros); na primeira foi de 1.172 euros (+26 euros) e na de desfeito quedou en 499 (+28 euros). No caso dos animais comercializados baixo selo de Vaca e Boi de Galicia o prezo de referencia foi de 2.126 euros (-201 euros). Mesas de prezos Esta semana o porco cebado tivo lixeiras subas mentres que os leitóns se manteñen igual. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,695 e 1,67 euros o quilo, respectivamente, e rexistran unha suba de 0,02 euros. Os porcos de canle II están a 2,169 (+0,026) e os animais de descarte cotízanse entre 0,83 e 0,89 euros o quilo (+0,03). Os leitóns chegados dunha única granxa están agora nos 98 euros (cun prezo de 4,9 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 93 euros e cun prezo por quilo de 4,65 euros. O mercado do ovo presentou lixeiras baixadas esta semana. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,81 (-0,02) euros a ducia, os da L están a 2,26 euros (-0,02), os da M están a 1,97 euros e os da S a 1,69 euros, estes dous últimos mantéñense sen variación. As galiñas de desvelle semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,35 euros o quilo, segundo a última Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun), do pasado 8 de febreiro.

Caída de prezos do vacún maior en Silleda

O vacún maior rompeu a tendencia da pasada semana e rexistra unha baixada dos prezos medios na Central Agropecuaria de Galicia, con descenso en tódalas categorías. Nos becerros de cebo a tendencia foi á baixa, mentres que na recría houbo subas. En canto a próximas poxas, a Central Agropecuaria anuncia que a poxa de becerros de recría non se levará a cabo o vindeiro martes, 13 de febreiro, se ben si se celebrarán as de vacún maior e becerros carniceiros. Esta suspensión, consensuada entre a Central e os principais operadores do mercado, como os que trasladan animais a outras comunidades autónomas, estenderase a algunhas outras sesións ao longo do ano. Así, non se celebrará a poxa de becerros de recría tampouco o 30 de abril. Ademais, debido ás xa referidas suspensións, que se farán na poxa de recría, e tamén á especial merma na concorrencia de animais por tratarse de festividades de gran relevancia, a Central decide suspender a totalidade de poxas (tamén vacún maior e becerros carniceiros) nas seguintes datas: 26 de marzo; 13 de agosto; 24 de decembro; e 31 de decembro. Así mesmo, como xa era habitual todos os anos, suspenderanse a totalidade de poxas o 28 de maio, debido á celebración esa semana da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. Por outra banda, indicar que estes operadores tamén chegaron a acordos similares con outros mercados, se ben as datas non teñen por que coincidir coas establecidas para a Central Agropecuaria de Galicia ABANCA. Prezos do vacún deste martes Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, subiron 33 euros e quedaron nun valor medio de 119 euros. Os exemplares frisóns de entre 20 e 50 días tiveron un valor medio de 141 euros (+ 8). Os becerros pintos de máis de 50 días acadaron unha suba de 37 euros, o que deixa un prezo de referencia de 176 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais, a tendencia xeral foi á baixa, agás nos machos de máis de 50 días. Así, nos machos de 15 a 20 días a baixada foi de 24 euros e cotízanse a 281 euros; nas femias foi de 37 euros e quedouse en 184 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 367 euros, logo dunha baixada de 30 euros con respecto da feira anterior. Nas femias desta categoría o descenso foi de 23 euros e quedan cun valor de referencia de 252 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos rexistraron unha suba de 41 euros e pasan a cotizarse de media a 573 euros, mentres que as femias tiveron un descenso de 7 euros e sitúanse nun valor medio de 373 euros. No caso dos becerros de cebo houbo unha oscilación nos prezos. Nos machos de cruces industriais rexistrouse unha suba de 42 euros con respecto do prezo medio da semana pasada, e o prezo de referencia queda en 939 euros. Nas femias produciuse un descenso de 88 euros e acadan un valor medio de 828 euros. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.141 euros, ó rexistrar unha caída de 60 euros. As femias desta raza están nos 922 euros, logo dun descenso de 17 euros con respecto da semana anterior. Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema tiveron un prezo medio de 968 euros (-48 euros). No vacún maior a tendencia foi á baixa en todas as categorías. Así os prezos quedaron da seguinte maneira: na categoría extra cun prezo medio de 1.995 euros (-135); na primeira de 1.146 (-32 euros); na segunda de 748 (-10 euros) e na de desfeito quedou en 471 (-28). No caso dos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia o prezo de referencia foi de 2.327 euros (+324 euros). Mesas de prezos Esta semana o porco cebado mantense de novo estable ao igual que os leitóns. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de canle II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,8 e 0,86 euros o quilo. Os leitóns experimentaron mantéñense igual. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 98 euros (cun prezo de 4,9 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 93 euros e cun prezo por quilo de 4,65 euros. O mercado do ovo presentou lixeiras baixadas esta semana. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,83 (-0,03) euros a ducia, os da L están a 2,28 euros (-0,03), os da M están a 1,97 euros (-0,01) e os da S mantéñense sen variación, a 1,69 euros. As galiñas de desvelle semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,35 euros o quilo, segundo a última Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun), do pasado 1 de febreiro.

Suba do vacún maior en Silleda

Os prezos medios do vacún maior rexistraron esta semana unha subida na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca. Mentres, nos becerros, tanto na recría como nos de cebo, houbo fluctuacións. En canto á afluencia de gando, na xornada de hoxe pasaron polo recinto un total de 1.055 animais, dos cales foron adxudicados 992; son cifras menores que a pasada semana. Prezos do vacún Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É necesario ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, subiron 23 euros e sitúanse nos 86 euros. Os exemplares frisóns de entre 20 e 50 días tamén subiron e chegaron a un valor medio de 133 euros (+23 euros). Os becerros pintos de máis de 50 días descontaron 41 euros e caen aos 139 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais, a tendencia xeral foi á alza nos machos, fóra dos animais máis novos, que cun descenso de 52 euros con respecto da semana pasada alcanzan un valor medio de 305 euros. Nas femias máis novas, o incremento foi de 38 euros e sitúanse nos 221 euros. Nos machos de entre 21 e 50 días, o valor medio está nos 397 euros, ao subir 20 euros con respecto da semana pasada. Nas femias desta categoría o incremento foi de 24 euros e quedan cun valor de referencia de 275 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos rexistraron unha suba de 18 euros e pasan a cotizarse de media a 535 euros, mentres que as femias tiveron unha baixada de 29 euros e sitúanse nun valor medio de 409 euros. Os becerros de cebo cotizáronse á baixa, aínda que coa excepción dos machos de Rubia Galega, onde se rexistrou un incremento de 95 euros con respecto do prezo medio da semana pasada e quedaron en 1.201. As femias tiveron datos á alza en xeral, en concreto na Rubia Galega subiron 19 euros e quedaron nun prezo medio de 938 euros. Os machos de cruzamento industrial tiveron un prezo medio de 897 euros, ao rexistrar unha baixada de 37 euros. As femias desta raza están nos 916 euros, despois de subir 30 euros con respecto da semana anterior. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema tiveron un prezo medio de 1.016 euros (-19 euros). No vacún maior rexistráronse subas. Na categoría extra a suba foi de 45 euros, quedándose en 2.129 euros; na categoría primeira o incremento alcanzou os 11 euros, cun prezo medio de 1.178 euros. Na segunda sumaron 8 euros e quedou nun prezo medio de 758 euros. Finalmente, na categoría de desfeito subiron 17 euros e alcanzou unha cotización media de 499 euros. Nos exemplares de Vaca e Boi de Galicia o prezo de referencia quedou nos 2.003 euros (-241 euros). Mesas de prezos Esta semana o porco cebado mantense estable, mentres, os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canle II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 1 euro para ambas as categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 98 euros (cun prezo de 4,9 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 93 euros e cun prezo por quilo de 4,65 euros. No mercado do ovo houbo baixadas en todas as categorías. En concreto produciuse un descenso de 0,03 euros nos de XL e L, quedándose nunha cotización do 2,9 e 2,34, respectivamente. Nos tamaños M e S, o descenso foi de 0,02 euros e quedaron en 2 e 1,70 euros, respectivamente. O prezo do coello está nos 2,35 euros, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun) do 18 de xaneiro.

Baixada nos prezos da recría frisoa e suba no vacún maior en Silleda

O vacún maior mantivo esta semana a tendencia á alza na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca con subas en case tódalas categorías. Nos becerros de cebo a tendencia foi a baixa, ao igual que nos de recría, nos que case non houbo subas nos prezos de referencia. En canto á afluencia de gando, polo recinto pasaron un total de 1.086 animais, dos cales foron adxudicadas un total de 1.024 cabezas; tamén son cifras menores que na pasada semana. Prezos do vacún Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, mantiveron o prezo en 63 euros. Os exemplares frisóns de entre 20 e 50 días tiveron un valor medio de 110 euros (+ 11). Os becerros pintos de máis de 50 días acadaron unha suba de 31 euros, o que deixa un prezo de referencia de 180 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais, a tendencia xeral foi á baixa, agás nas femias de máis de 50 días. Así, nos machos de 15 a 20 días a baixada foi de 15 euros e cotízanse a 358 euros; nas femias foi de 56 euros e quedouse en 183 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 376 euros, logo dunha baixada de 27 euros con respecto da feira anterior. Nas femias desta categoría o descenso foi de 14 euros e quedan cun valor de referencia de 251 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos rexistraron unha caída de 19 euros e pasan a cotizarse de media a 516 euros, mentres que as femias tiveron un aumento de 34 euros e sitúanse nun valor medio de 409 euros. No caso dos becerros de cebo houbo unha oscilación nos prezos. Nos machos de cruces industriais rexistrouse unha baixada de 24 euros con respecto do prezo medio da semana pasada, e o prezo de referencia foi de 934 euros. Nas femias produciuse un aumento de 20 euros e acadan un valor medio de 886 euros. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.106 euros, ó rexistrar unha caída de 53 euros. As femias desta raza están nos 919 euros, logo dun descenso de 44 euros con respecto da semana anterior. Pola súa banda, os de raza frisón cotízanse a 895 euros (+41) e as femias tiveron unha gran caída (-628) quedándose nos 177 euros. Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema tiveron un prezo medio de 1.105 euros (-70 euros). No vacún maior a tendencia foi á alza, agás nos animais de da categoría extra, que descontaron 77 euros con respecto da semana anterior e quedan cun valor de referencia de 2.084 euros. Pola súa banda, as vacas da categoría primeira tiveron un prezo medio de 1.167 euros, o que amosa unha suba de 11 euros. As vacas de segunda experimentaron un incremento de 19 euros e quedan nos 750 euros. Os exemplares de descarte cotizáronse a un prezo medio de 482 euros, o que supuxo un aumento de 52 euros con respecto da semana pasada. No caso dos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia o prezo de referencia foi de 2.244 euros (-922 euros). Estabilidade nas mesas de prezos Esta semana o porco cebado mantense de novo estable, mentres, os leitóns seguen á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de canle II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 1 euros para ambas as categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 98 euros (cun prezo de 4,9 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 93 euros e cun prezo por quilo de 4,65 euros. O mercado do ovo presentou lixeiras baixadas esta semana. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,90 (-0,03) euros a ducia, os da L están a 2,34 euros (-0,03), os da M están a 2 euros (-0,02) e os da S a 1,70 euros a ducia (-0,02). As galiñas de desvelle semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,45 euros o quilo, segundo a última Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun), do pasado 18 de xaneiro.

Subas no prezo do vacún maior e baixada da recría en Silleda

Boa parte do gando de recría e xatos de cebo que se vendeu este martes na Central Agropecuaria de Galicia Abanca tivo prezos menores que a semana pasada. Mentres, tanto no vacún maior experimentou un aumento. En canto á afluencia de gando, polo recinto pasaron un total de 1.184 animais, dos cales foron adxudicadas un total de 1.117 cabezas. Prezos do vacún Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría raza frisoa, os machos máis novos de menos de 20 días, baixaron lixeiramente o seu valor en 33 euros e sitúanse nos 63 euros. Nos exemplares frisóns de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 99 euros (+5 euros). Os becerros pintos de máis de 50 días tiveron unha suba de case dous euros e alcanzan un valor medio de 149 euros. Nos tenreiros de recría de cruces industriais a tendencia non foi clara, xa que houbo subidas e baixadas. Os tenreiros máis novos sumaron 111 euros con respecto da última poxa e alcanzaron un valor medio de 373 euros. As femias desa categoría, pola contra, baixaron en nove euros e quedaron nun prezo medio de 239 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 403 euros, ao caer en 5 euros. Nas femias tamén houbo un descenso de 18 euros e alcanzan os 265 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos tiveron unha subida de 39 euros e teñen un prezo de referencia de 535 euros, mentres que as femias tiveron unha baixada de 7 euros e sitúanse nun valor medio de 375 euros. Nos becerros de cebo tampouco houbo unha tendencia clara. Nos machos frisóns o prezo medio foi de 854 euros (na anterior poxa non se adxudicou ningún animal nesta categoría). No caso das femias, adxudicáronse por unha media de 805 euros (+60 euros). Os machos de cruces industriais tiveron unha baixada do prezo bastante pronunciada (160 euros) e quedan cun valor medio de 958 euros. As femias cotizáronse a 866 euros, é dicir 55 euros menos que a semana pasada. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.159 euros, ao rexistrar unha subida de 18 euros. As femias desta raza están nos 963 euros, ao baixar 85 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema tiveron un prezo medio de 1.104 euros (- 3 euros). No vacún maior a tendencia foi alza. Así, nos de extra o prezo incrementouse 105 euros e chegaron aos 2.161 euros. Do mesmo xeito que na categoría primeira, que alcanzaron os 1.156 euros (+24 euros), e na segunda, que chegaron aos 731 euros (+18 euros). Pola contra os animais de descarte cotizáronse a un prezo medio de 433 euros, o que supuxo unha baixada de 62 euros con respecto á última poxa. Mesas de prezos Esta semana o porco cebado mantense de novo estable, mentres, os lechones seguen á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canle II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os lechones experimentaron un incremento de 1 euros para ambas as categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 97 euros (cun prezo de 4,85 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 92 euros e cun prezo por quilo de 4,6 euros. O mercado do ovo presentou lixeiras baixadas esta semana. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,93 (-0,05) euros a ducia, os da L están a 2,37 euros (-0,03), os da M están a 2,02 euros (-0,02) e os da S a 1,72 euros a ducia (-0,02). As galiñas de desvelle semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,45 euros o quilo, segundo a última Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun), do pasado 11 de xaneiro.