“Castrar a tenreiras ou vacas mellora o seu rendemento cárnico e a rendibilidade do rabaño”
Maior ganancia diaria de peso -até 2 quilos ao día por cada ciclo que se evita ao ser castrada-, mellora na calidade e sabor da carne e maior rendibilidade da gandaría. Estas son algunhas das vantaxes da castración de femias de gando bovino, tanto de vacas como de tenreiras que decidimos non recriar. Unha práctica amplamente estendida nas gandarías de países como Uruguai, Arxentina ou Brasil e que tamén empeza a chegar a Europa.
Neste sentido, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e a empresa ALBEITANERIA, en colaboración con Laboratorios Galeno e MSD, organizaron o pasado 15 de outubro nas instalacións do CIAM unha xornada teórica e práctica sobre castración de de femias bovinas mediante o método RILÚ que congregou a 20 veterinarios e técnicos galegos.
A xornada foi impartida polo inventor deste método, Héctor Ricardo Ludueña, un destacado veterinario arxentino, con máis de 20 anos de docencia en universidades e máis de 40 anos de traxectoria profesional como asesor en produción e reprodución bovina e equina.
Impartiches unha xornada de formación en Galicia sobre o método RILÚ de castración de vacas e tenreiras. Que valoración realiza do curso?
A valoración que realizo sobre esta xornada teórico práctica en Galicia sobre o Método RILÚ foi moi positiva; pois desenvolveuse nun ambiente moi cordial, moi profesional, con intercambio de opinións frutíferas case permanentemente, tanto na parte teórica e tamén na práctica.
Por que é recomendable castrar ás vacas para engorde, así como ás becerras que non se destinarán a recría?
É moi recomendable castrar as vacas e xovencas para engorde, e o principal motivo, radica en dar un valor engadido a categorías de femias que se descartan sen aproveitar esta oportunidade. Ao castralas, mellóranse os índices reprodutivos e produtivos de cada explotación gandeira.
Que melloras concretas achega a castración en canto a resultados económicos?
As melloras concretas que achega a castración, son evidentes e están relacionadas con melloras na condición corporal, ganancia diaria peso.
En canto a resultados económicos sempre é a favor das femias castradas, e en España, sería moi interesante coñecelo pois pode variar segundo distintos factores, como raza, idade, sistema de alimentación, tipo de alimentación.
Cando sería o momento oportuno para realizar a castración?
O momento oportuno sería cando a femia a castrar estea baleira, sen preñez ou cun puerperio de 35 ou 45 días. Aquí é cando cabe aclarar, cales serían os motivos polos que se deberían castrar as femias. Eu clasificaríaos en:
-Descarte ou refugo: ao non ser máis útiles, para produción ou reprodución, cástranse dos dous ovarios, bilateralmente; sexa por problemas xenéticos, por non coincidir no biotipo desexado, por problemas de aplomos non desexables, por problemas reprodutivos diversos sexan de glándula mamaria, ovarios, útero, oviducto, vaxina e por problemas de dentes gastados por idade, problemas de ollos e de animais de rodeo xeral.
-Femias de alta xenética ou alta produción de leite, con problemas reprodutivos: ao poder seguir sendo útiles cástranse unilateralmente dun ovario, onde está o problema e estes animais seguen dando crías, sexan tenreiras ou tenreiros de alta xenética e seguen producindo leite.
-Femias con problemas de enfermidades zoonóticas: ao ser utilizada a castración polo Método RILÚ, como método profiláctico; e desta maneira non permitir a difusión da enfermidade zoonótica, nos nosos rabaños, nin correr o risco cos nosos empregados ou colaboradores rurais, familiares ou nós os profesionais veterinarios, que traballamos nesas gandarías.
Isto está contemplado en países que realizan control e erradicación de Brucelose, por exemplo, en Uruguai, onde unha femia positiva a brucelose se está gorda vaise sacrificar para conxelar a carne no frigorífico directamente; e se está fraca, dáselle a oportunidade de engordar, dándolle un valor agregado a esa femia, pero hai que castrala de calquera xeito.
Como debe realizarse a castración e que aspectos son clave á hora de realizala?
Debe realizarse con toda a responsabilidade dun profesional veterinario capacitado, tendo en conta todas as medidas comentadas na xornada, como saber en que estado fisiolóxico atópase esa femia por tacto rectal unha semana antes, xaxún do día anterior da castración, realizar unha correcta desinfección de vaxina e o aspecto clave é realizar a incisión sobre o teito da vaxina na zona indicada, para logo con práctica, situar ovarios e ligalos coa brida plástica.
Que recomendacións daría para o postoperatorio?
Só realizar observación as primeiras 24 horas, darlle para comer en currais ou en lote próximo e non realizar arreos bruscos ou prolongados.
Compensa a castración porque a vaca ou tenreira gaña máis quilos e en menos tempoCompensa economicamente para o gandeiro? Canto adoita roldar o seu custo? Si, compensa economicamente a femia castrada non só porque cambia de categoría, de femia fraca, e categoría conserva inferior pasa a gorda, consumo superior, sendo calidade de exportación, con moitos quilos máis. Isto último, charlámolo na xornada, pois aumenta a produtividade da granxa e tamén do país; ao darlle máis quilos á mesma unidade biolóxica, a femia castrada. O custo págao a mesma femia, no primeiro celo evitado, por estar castrada. O custo en Arxentina é de 10 a 15 quilos de prezo máximo de femia gorda, con calidade de exportación, segundo mercado de Liniers.
“O método RILÚ é moi simple, rápido e seguro”Que diferencia o método RILÚ, doutros modos de castración do gando vacún? Desde o meu punto de vista, o Método RILÚ; é moi simple, rápido e seguro. En que medida está implantada a castración de femias bovinas en Arxentina e noutros países gandeiros e cales son as principais técnicas que se empregan? Ultimamente en Arxentina emprégase máis a castración que antes. Sei de moitos colegas que coñecen e practican o método RILÚ; mentres que en Uruguai desde hai moito tempo practícase con métodos como Dutto ou outros.