Archives

Xornada online sobre oportunidades de negocio no cultivo de cáñamo

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza o próximo 13 de abril en horario de 10:00 a 14 horas un encontro formativo online sobre oportunidades de negocio no cultivo do cáñamo, destinado a persoas con interese en emprender nesta actividade. A formación prodúcese no marco de Rede Esumo, un ciclo de encontros formativos destinados a promover, facilitar e posibilitar o emprendemento de proxectos cooperativos en ámbitos agroalimentarios considerados como oportunidades de negocio. Neste encontro, con exposicións a cargo de persoal técnico de AGACA e de especialistas no sector, explicaranse as vantaxes e oporunidades de emprender no sector do cultivo de cáñamo. As persoas interesadas poden inscribirse nesta ligazón.

Programa:

10:00h Presentación de obxectivos e materiais dispoñibles. 10:30h Habilidades emprendedoras en cooperativismo e proceso de acompañamento a persoas emprendedoras. 11:15 Presentación da oportunidade de negocio no sector primario: Produción de cáñamo. 12:00h Experiencias produtivas, comentarios e aclaracións, a cargo de especialistas en cultivo de cáñamo. 12:45h Clases de cooperativas e principais axudas públicas de interese. 13:30h Quenda de preguntas e suxestións. 14:00h Peche do Meeting.

Ver/descargar programa completo aquí