Archives

Calendario de podas e enxertas na viña

Unhas consideracións previas: 

Para a elaboración deste calendario seguimos as indicacións do calendario lunar, non e nada novo , os nosos avós nunca podaban sen ter en conta a lúa, ao igual que para outras moitas tarefas da viña e resto de cultivos.

Os líquidos internos das plantas ascenden e descenden coa lúa. Deste xeito, coa lúa ascendente temos maís savia na parte da planta que está por encima do chan; mentres que coa Lúa descendente os líquidos internos das plantas descenden , e a maior parte da actividade da planta realizase nas raíces. Precisamente iso é o que buscamos podando en Lúa descendente, que a actividade da parte aérea sexa a menor posible.

A poda é moi traumática para a planta, polo que se non a facemos na lúa axeitada os cortes provocarán choros nas vides. Ademais, a parte do trauma do propio corte e da variación que producimos na extructura natural da planta ( a vide é da familia das lianas ) cunha poda en mala época tamén estamos a xerar un vaciamento das reservas que a cepa acumulou no outono , despois da vendima, reservas que son moi necesarias para na primaveira ter unha boa brotación .

Sera tamén convinte protexer os cortes de madeira de maís de dous anos. Para iso, podemos aplicar despois de finalizar a xornada de poda un caldo sulfocálcico ou calquera preparado a base de arxila, borralla de leña, bosta de vaca ……etc.

Os restos de poda sans; é dicir,  que non tiveran presenza durante o ano de fungos como o Oidio ou enfermidades da madeira como Yesca deben ser incorporados ao chan da viña. Non debemos desprezar a capacidade nutricional para o chan das vides, sobre todo do carbono e a boa estructuración do solo.

XANEIRO

Poda de cepas de máis de 3 anos:

Días: 4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,14,15,16,17,31.  Lúa descendente

Poda  de cepas novas:

18,19,20,21,22,23,24,26,27,28,29,30.  Lúa ascendente. 

 

FEBREIRO: 

Poda de cepas de máis de 3 anos: 

Días: 1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,14,27,28.  Lúa descendente. 

Poda de cepas novas: 

Días: 15,16,17,18,20,21,22,23,24,25,26 . Lúa ascendente. 

Enxerta: 

Días: 15,16,17,18,20,21,22,23,24,25,26.  Lúa ascendente. 

Días moi bos: 15,16,23,24.  Dias froito. 

 

MARZO: 

Poda de cepas de máis de 3 anos:

Días: 1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,27,28,29,30,31.  Lúa descendente. 

Poda de cepas novas:

Días: 14,15,16,17,18,20,21,22,23,24,25,26. 

Enxertas: 

Días: 14,15,16,17,18,19,20,21,22,23,24,25,26. Lúa ascendente. 

Días especialmente bos:  14,15,22,23. Días froito.

 

ABRIL:

Enxertas: 

Días: 11,12,13,14,15,16,18,19,20,21,22. 

Días especialmente bos: 11,12,19,20.  Días froito.

 

Época favorable de recollida de estaquilla para facer pugas de enxerta: 

O mellores meses e días son:

Xaneiro : 18,19,20,21,22,23,24,26,27,28,29,30.  Lúa ascendente. 

Febreiro : 15,16,17,18,20,21,22,23,24,25,26.  Lúa ascendente. 

Marzo : 14,15,16,17,18,20,21,22,23,24,25,26.  Lúa ascendente. 

 

Máis información sobre Bernardo Estévez e a viticultura en ecolóxico no Ribeiro: 

http://aterraagradececho.blogspot.com.es

http://aterraagradececho.com