Archives

As vantaxes do plan de xubilación de VidaCaixa para autónomos

A sociedade española vai ser unha das economías occidentais máis envellecidas debido ao aumento da esperanza de vida e tamén á caída da natalidade. En 2040, as persoas maiores de 65 anos suporán un terzo da poboación e a esperanza de vida tras a xubilación será de máis de 20 anos.

Así mesmo, tras dous anos de pandemia os cidadáns, en especial os colectivos de persoas maiores, os autónomos e empresarios, son máis conscientes da necesidade de estar asegurados e protexidos ante imprevistos que poden afectar á súa economía, como pode ser a perda do emprego, ou sufrir calquera incapacidade que impida seguir traballando.

Ante esta circunstancia, o seguro cumpre unha función social clave, que é ofrecer solucións de protección e de aforro que permitan reducir o risco e proporcionar seguridade ante a incerteza e a lonxevidade aos cidadáns.

Neste sentido, VidaCaixa dispón dunha ampla oferta de produtos que permite aos seus clientes trazar un plan de aforro a longo prazo en base aos seus obxectivos, as súas necesidades actuais de liquidez e buscando sempre a rendibilidade sen perder de vista a optimización da fiscalidade.

Como o podemos facer?

Na medida que a esperanza de vida se incremente, a necesidade de apostar por un complemento á xubilación pública irá apremiando, polo que deberiamos empezar a tomar consciencia desde o momento actual da importancia que ten aforrar para chegar á idade de xubilación sen preocupacións. Canto máis previsores podamos ser, lograremos un aforro máis alto do que poderemos gozar no futuro.

Así, por exemplo, unha das oportunidades de protección para o colectivo de traballadores autónomos é o novo Plan de Pensións para Autónomos. De feito, VidaCaixa foi a primeira entidade xestora de fondos de pensións en promover o primeiro Plan de Pensións de Emprego Simplificado con ATA.

Neste Plan de Pensións, as achegas serán sempre de carácter voluntario por parte do traballador por conta propia. Trátase de achegas únicas ou periódicas que poderán ser modificadas en canto a contía ou periodicidade, ou mesmo se poderá suspender o pago das mesmas.

As vantaxes do plan de xubilación para autónomos

Cos plans de xubilación para autónomos, conseguimos xerar un sistema de aforro sistemático que achega os seguintes beneficios aos traballadores por conta propia:

-Completar a pensión pública de xubilación: unha das principais vantaxes é poder gozar e asegurar unha xubilación baseándose nunhas contías que apoien o futuro dos autónomos. 

-Mellor acceso: os autónomos que non teñan ao seu cargo a outros empregados poderán acceder tamén ao plan de pensións. 

-Beneficios fiscais: As posibilidades que ten o autónomo de deducirse por achegas a este plan son maiores que as achegas a plans de pensións individuais.

Máis información nesta ligazón

AgroBank incrementa o seu financiamento ao sector agroalimentario galego até os 975 millóns, un 47,8% máis

AgroBank, a división especializada no sector agroalimentario de CaixaBank, financiou ao conxunto da cadea agroalimentaria de Galicia cun total de 974,8 millóns de euros en 2022, o que supón un incremento do 47,8% en comparación co exercicio anterior.

Ademais, a entidade ten actualmente a disposición dos seus clientes galegos 146 millóns de euros en créditos preconcedidos, con dispoñibilidade inmediata, para que estes poidan levar a cabo os proxectos necesarios para impulsar os seus negocios.

AgroBank pecha o exercicio 2022 con 9.200 clientes agro en Galicia, onde conta con 31 oficinas especializadas AgroBank e cun equipo de 96 xestores especializados.

“O importante incremento da cifra de financiamento reflicte a aposta de CaixaBank polo sector agroalimentario e por estar preto dos nosos clientes. No ano 2022, que estivo marcado pola incerteza xerada pola invasión de Ucraína, o sector agro volveu a estar á altura”, afirmou o director territorial Norte de CaixaBank, Juan Pedro Badiola.

A proposta de valor de AgroBank ofrece unha ampla carteira de produtos, servizos e ferramentas adaptada ás necesidades dos agricultores, gandeiros ou cooperativistas, ademais dun asesoramento próximo e integral, non só co apoio financeiro, senón tamén mediante planificación conxunta, axuda á formación e especialización.

Para iso, os máis de 3.000 xestores agro de CaixaBank contan cun alto coñecemento do sector e manteñen unha formación continuada e especializada. Así, os responsables de AgroBank teñen coñecementos específicos en función dos tipos de cultivos e gandarías de cada poboación, e os equipos de riscos están especializados nas súas zonas de influencia co fin de que coñezan de preto as necesidades dos clientes e entendan os seus fluxos financeiros.

Oficinas, produtos, Comunidade Agro e AgroTech

A proposta de valor de AgroBank baséase en catro verticais. Como valor diferencial, conta cunha extensa de rede de oficinas presente en todos os territorios nos que o sector agroalimentario xoga un papel preponderante na economía da zona e os equipos especializados que dan servizo aos clientes. Trátase dunha rede de 1.152 sucursais AgroBank, a maior do sector, todas elas cun deseño temático e personalizado en función do principal sector produtivo do territorio onde se sitúan.

Como segundo vertical, atópase o catálogo de produtos, servizos e ferramentas máis completo do mercado, sen esquecer a forte capacidade de financiamento especializado, como o confirming e o factoring, ou a actividade de comercio exterior. Produtos concretos para a conversión a ecolóxico ou para a transformación do oliveiral son algunhas das novidades do exercicio 2022 que xa forman parte do novo catálogo.

O terceiro alicerce son as accións de impulso ao sector onde, a través da Comunidade Agro, clientes e non clientes terán acceso a toda a información que fai que AgroBank sexa referencia no sector, como a participación en feiras e xornadas, a “Cátedra AgroBank de Calidade e Innovación no sector Agroalimentario” da Universitat de Lleida ou a “Cátedra Muller, Empresa e Mundo Rural” coa Universidade de Castela-A Mancha. Ademais, a entidade aposta por plans para fomentar a a remuda xeracional no sector para novos agricultores, centrados no uso de novas tecnoloxías, con formación en innovación, dixitalización e sustentabilidade.

O último vertical da proposta de valor de AgroBank é o AgroTech, para acompañar aos clientes na transición cara a un agro do futuro, baseado na innovación, a dixitalización e a sustentabilidade. Entre as iniciativas, atópase o programa AgroBank Tech Dixital INNovation de aceleración de startup especializadas no sector agro.

Por outra banda, AgroBank colabora de maneira activa coas principais organizacións do sector -tanto a nivel nacional como rexional- a través de convenios de colaboración, e tamén o fai co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, co que en 2022 asinou un convenio para impulsar a innovación, a inclusión da muller rural, a formación en zonas rurais en través de CaixaBank Dualiza e o emprendimiento rural xunto a MicroBank, a maior entidade de microcréditos de Europa.

Aberto prazo do programa de Agrobank para apoiar as startups do sector agroalimentario

CaixaBank lanzou ‘AgroBank Tech Digital INNovation’, un programa de aceleración de startups para o sector agroalimentario. Con esta iniciativa, a entidade sitúase como o principal referente das startups que ofrecen ao sector solucións tecnolóxicas (dixitalización e innovación).

O programa está deseñado e desenvolvido conxuntamente con Innsomnia, unha das aceleradoras máis importantes de España, dentro dunha vertical especializada en Agrotech.

A iniciativa forma parte de AgroBank Tech, o ecosistema de innovación e dixitalización creado por AgroBank, mostra da aposta da entidade por contribuír á transformación do sector.

A primeira convocatoria global de ‘AgroBank Tech Digital INNovation’ xa comezou e estenderase ata o 15 de xaneiro de 2023. A partir desa data iniciarase o proceso de selección de startups, no que se avaliarán os proxectos presentados e elixiranse os mellores. As startups interesadas en participar na open call de ‘AgroBank Tech Digital INNovation’ poden inscribirse na seguinte web: www.innsomnia.es

Convocadas as axudas da Fundación “la Caixa” para proxectos sociais no medio rural

A Fundación “la Caixa” acaba de convocar unha nova edición do seu programa de axudas “Fortalecer a vida no mundo rural”. Esta convocatoria está contemplada como unha presentación de proxectos por fases, a primeira finaliza o día 4 de maio e a segunda parte do proxecto vai do 23 de xuño ao 20 de xullo. As axudas teñen como finalidade promover proxectos no medio rural, adaptados ás súas características territoriais e necesidades sociais, para mellorar as condicións de vida e xerar oportunidades para as familias, a infancia e a adolescencia, as mulleres, as persoas maiores e as persoas en risco de exclusión social. Os ámbitos de actuación aos que se deben dirixir os proxectos que se presenten a estas axudas son: -Infancia e mocidade. -Autonomía persoal e atención ao envellecemento, á discapacidade e á enfermidade. -Desenvolvemento sociolaboral. -Comunidade local e cohesión social.

Accede aquí a toda a información sobre o programa de ayuudas da fundación “la Caixa” “Fortalecer a vida no mundo rural”

Comeza a campaña solidaria “Ningún neno sen bigote” para que toda a infancia poda desfrutar do leite

A directora do Departamento de Colaboracións con Entidades Sociais da Fundación Bancaria ”la Caixa”, Juana Prats; o director xerente da Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), Ángel Crespo, e o reputado chef Sergio Fernández, presentaron hoxe a cuarta edición da gran campaña de recollida de leite “Ningún neno sen bigote”, a favor de familias en risco de exclusión social. Grazas á recollida de leite en Galicia, 50.000 persoas, moitas delas nenos e nenas en situación de vulnerabilidade, puideron beneficiarse deste alimento básico. En total, o leite recollido chegará a 1.537.134 beneficiarios en toda España.

Sergio Fernández, comprometido co Banco de Alimentos e a infancia en risco de exclusión, é profesor da Escuela Superior de Hostelería e Turismo de Madrid. Traballou como chef nalgún dos restaurantes máis importantes do noso país; foi protagonista de programas de televisión como Duelo de ChefsS.O.S. Cocinero u Oído Cocina, tamén participou na la Gala Inocente, Inocente, é presentador do programa "Cocinamos Contigo" en Canal Cocina. Sergio Fernández destacou a importancia do leite como alimento básico para unha alimentación saudable.

O leche é unha fonte destacable de proteínas de alta calidade, vitaminas e minerais que contribúe decisivamente ao crecemento e desenvolvemento dos nenos. A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) apunta que, de media, un vaso diario de douscentos mililitros de leite de vaca proporciona a un menor de cinco anos o 21 % das súas necesidades de proteínas e o 8 % de calorías e nutrientes.

En palabras do subdirector de la Fundación Bancaria ”la Caixa”, Marc Simón: «Queremos romper o círculo de la pobreza desde a primeira infancia, un período no que a alimentación xoga un papel crucial no desenvolvemento. Por iso, con esta gran recollida de leite queremos contribuír a que todos os nenos e nenas teñan acceso ao primeiro alimento das nosas vidas: o leite leche».

<!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Agroalimentacion 1 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101852&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->

Ángel Crespo, director de FESBAL, declarou que, “estamos moi agradecidos á Obra Social “la Caixa” por impulsar desde hai catro anos esta campaña de recollida de leite, xa que, ademais de ser un alimento indispensable, saudable e nutritivo que cubre amplamente a base dos principios inmediatos dunha dieta equilibrada diaria, é un dos poucos produtos máis solicitados polas entidades benéficas dos Bancos de Alimentos. Por outra parte, esta iniciativa “Ningún neno sen bigote”, como o seu nome indica, contribúe a satisfacer as necesidades lácteas da poboación infantil, o colectivo máis vulnerable e que máis precisamos protexer”.

Actualmente, os bancos de alimentos atenden a 1,5 millóns de persoas en España, que teñen dificultades para acceder regularmente ao consumo de alimentos básicos para unha dieta equilibrada, como o leite. Un de cada tres menores en España está en risco de pobreza, sendo o quinto país coa maior taxa de pobreza infantil, segundo Eurostat.

O año pasado, os bancos de alimentos distribuíron 5 millóns de litros de leite, pero considérase unha cifra insuficiente para acadar o obxectivo mínimo recomendado polos expertos dun litro por persoa e por semana. Unha persoa debe tomar ao menos 3 litros de leche ao mes para cumprir coas necesidades nutricionais básicas.

<!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Agroalimentacion 2 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101853&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->

Para acadar que o maior número de familias teñan acceso a este alimento básico no desenvolvemento dos nenos, ponse aos servizo da campaña toda la rede de case duascentas oficinas de CaixaBank en Galicia, que farán difusión da campaña para conseguir que os cidadáns súmense á recollida a través de microdonativos e coa entrega física de cartóns de leite, do 4 ao 15 de xuño. Os voluntarios de ”la Caixa” tamén prestarán a súa axuda para conseguir que mais persoas se sumen á causa solidaria de “Ningún neno sen bigote”.

A Obra Social ”la Caixa” pon en marcha a campaña cunha achega inicial de 100.000 euros

A Obra Social ”la Caixa” pon en marcha a campaña cunha achega inicial de 100.000 euros. Ademais, do 28 de maio ao 13 de xullo, que o desexe poderá participar en “Ningún neno sen bigote a través de doazóns económicas en canais electrónicos como a Línea Abierta, CaixaMóvil o el envío de SMS coa palabra «LECHE» ao 28024. Ademais, tamén se pode realizar una achega en www.granrecogidadeleche.es.

<!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Agroalimentacion 3 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101854&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->

Grazas á xenerosidade de miles de cidadáns e á implicación, tamén, de múltiples personalidades destacadas do mundo do deporte e la cultura, na pasada edición recolleuse un total de 1,2 millóns de litros de leite, os cales se distribuíron a través dos bancos de alimentos e coa colaboración dos voluntarios de “la Caixa”.

Préstamos de Caixabank: Un financiamento para cada necesidade do sector agrario

CaixaBank pon a disposición de agricultores, gandeiros e emprendedores rurais unha nova gama de produtos de ecoFinanciación que promove os proxectos agrarios de desenvolvemento sustentable e a eficiencia enerxética.

A través desta liña de produtos Caixabank pon a disposición do sector agrario unha ampla gama de modalidades de crédito, creadas para ofrecer solucións a medida de cada proxecto: financiamento a curto e medio prazo, microcréditos, leasing, etc.

Así mesmo, os especialistas agrarios de Agrobank asesorarán sobre a solución financeira que mellor se adapte ao proxecto e ás necesidades de cada agricultor ou gandeiro.

Produtos financeiros “ecoFinanciación”:

1) ecoAgroinversión:

Un crédito a medio ou longo prazo, con garantía persoal, cuxa finalidade é financiar aqueles investimentos que poidan realizarse nunha explotación agropecuaria, baseándose en finalidades sustentables ecoloxicamente.

Características:

Adáptase perfectamente ás necesidades de ingresos-gastos dunha explotación agropecuaria dado que pode elixir a periodicidade de pagamento da cota (mensual, trimestral, semestral ou anual)

-Importe: máximo o 75% do investimento
-Prazo: ata 8 anos
-Carencia de capital: ata 12 meses
-Tipo de interese: variable ao Euribor máis un diferencial

2) ecoPréstamo Agrario:

Este préstamo a curto ou medio prazo, con garantía persoal e aval de S.A.E.C.A. do 100%, permite financiar aqueles investimentos que melloren o medio rural, sempre que sexan sustentables ecoloxicamente.

Características:

-Importe: Persoas físicas: ata 180.000 euros. Persoas xurídicas: ata 300.000 euros
-Prazo: ata 15 anos
-Carencia de capital: ata 2 anos
-Tipo de xuro: variable

3) ecoMicrocrédito Negocios:

Unha solución financeira con condicións preferentes que permite realizar investimentos en agricultura e alimentación ecolóxica; enerxías renovables e eficiencia enerxética; reciclaxe, tratamento e xestión de residuos; produción ou distribución de produtos e ecoturismo.

Características:

Para autónomos con rendas anuais ata 60.000 € ou microempresas.

-Importe: ata 25.000 €
-Prazo: ata 5 anos.
-Carencia de capital: ata 6 meses.
-Tipo de xuro: fixo durante toda a vida do préstamo.

4) ecoLeasing:

Este produto facilita a adquisición de vehículos eficientes, maquinaria e equipos para a produción de enerxías renovables que contribúan ao aforro enerxético nas instalacións agrícolas ou gandeiras

Características:

-Importe: o prezo de compra do ben
-Prazo: non debe superar a vida útil da ben
-Carencia de capital: ata 2 anos
-Tipo de xuro: variable

Para máis información:
https://www4.caixabank.es/apl/localizador/caixamaps/index_es.html

Máis de 950 escolares aprenderon a almorzar con leite grazas a AGACA e Obra Social “la Caixa”

Esta venres AGACA impartiu a 50 escolares de cuarto de primaria do colexio lucense Illa Verde unha charla sobre a necesidade de almorzar diariamente para comezar o día coa achega enerxética correcta, dentro da campaña  “Almorz@ con Beizos Brancos” financiada por  Obra Social “la Caixa”. A nutricionista María Fernández recomendou incorporar produtos de varias clases, como lácteos, froitas de tempada mellor enteiras ca en zume, e alimentos de tipo hidrato de carbono, evitando os procesados industrialmente que conteñen exceso azucre e graxas. Como exemplo, o alumnado almorzou leite enteiro, pan con aceite e mandarinas. Ademais, explicouse o proceso produtivo do leite mediante un xogo e repartiuse material didáctico con valores nutricionais de varios alimentos habituais no almorzo para estender os consellos ao fogar. Máis de 2000 almorzos Durante este curso escolar participaron en “Almorz@ con Beizos Brancos” 20 centros educativos e 959 estudantes. AGACA e Obra Social “la Caixa” impulsan o programa dende 2015; en total, celebráronse 52 xornadas e repartíronse 2421 almorzos sans. A colaboración entre AGACA e Obra Social “la Caixa” inclúe accións orientadas ao empoderamento da muller cooperativista, impulso da incorporación de persoas mozas á actividade profesional no medio rural e mellora da atención a persoas maiores no fogar.

CaixaBank, Agaca e Cooperativas Agro-alimentarias renovan o seu acordo para fomentar a actividade do sector

CaixaBank, a través da liña de negocio AgroBank para o sector agroalimentario, renovou o acordo de colaboración con Cooperativas Agro-alimentarias de España para fomentar o financiamento deste sector e axudar a desenvolver a actividade empresarial. Grazas a este acordo, as cooperativas, e os seus agricultores e gandeiros, poden beneficiarse de diversos servizos e produtos financeiros en condicións favorables a través de novas fórmulas de financiamento.

O convenio, que foi subscrito polo director xeral de CaixaBank, Juan Alcaraz, e o presidente de Cooperativas Agro-alimentarias de España, Ángel Villafranca, trasladarase ás 3.762 cooperativas agrarias e gandeiras que compoñen a organización e ás súas máis de 1.187.300 socios adscritos. Ademais, CaixaBank ofrecerá atención personalizada a todos os asociados a través das súas oficinas especializadas e do seu equipo de xestores formados no negocio agrario.

En Galicia as entidades integradas en Agaca beneficiaranse deste acordo

En Galicia, beneficiaranse deste acordo as entidades integradas en AGACA, a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, organización coa que CaixaBank mantén varias liñas de colaboración co obxectivo de mellorar a competitividade deste tipo de empresas que contan con gran implantación en todo o territorio galego.

O director xeral de CaixaBank, Juan Alcaraz destacou a importancia e competitividade do sector agroalimentario na economía nacional que representa máis do 10% do PIB. Por esta razón, “CaixaBank, a través da liña de negocio AgroBank, mantén o seu compromiso, desde o ano 2007, con esta organización que aglutina e representa ao movemento cooperativo nacional”. Alcaraz puxo en valor a especialización dos asesores de AgroBank que “pon a tecnoloxía ao servizo das explotacións cooperativas ou industrias agroalimentarias mediante equipos portátiles cos que realizar o seu labor de asesoría financeira e contratación de produtos desde as súas propias instalacións”.

O director xeral de CaixaBank tamén lembrou os bos resultados de AgroBank, que “acaba de cumprir o seu terceiro aniversario cun volume de negocio xestionado próximo aos 18.000 millóns de euros e que consolidan a AgroBank como referencia deste sector”.

Ángel Villafranca, pola súa banda, afirmou que “este convenio permite ás cooperativas e aos seus socios obter recursos financeiros adaptados ás súas necesidades de xestión. Así mesmo, destacou o asesoramento que ofrece CaixaBank en temas relacionados coa internacionalización e a exportación de produtos a novos mercados, unha necesidade dado que as cooperativas representan máis do 18% da facturación exportadora do conxunto do sector agroalimentario español”.

AgroBank ofrece aos clientes cooperativas e aos seus socios unha ampla variedade de produtos e servizos entre os que destacan o Agroanticipo e a Agrotarjeta, porque supoñen unha vantaxe para o socio e axudan á capacidade financeira da cooperativa. O Agroanticipo é un produto que permite anticipar as colleitas dos socios das cooperativas desde o momento en que entregan a súa colleita dunha forma moi fácil e áxil tanto para a cooperativa como para os socios. A Agrotarjeta, permite aos socios realizar as compras de insumos na cooperativa e diferir o seu pago ata 11 meses. Desta forma o socio pode facer coincidir os pagos cos seus ingresos sen necesidade que llo financie a cooperativa.

AgroBank acada os 18.000 millóns de euros no seu terceiro ano

AgroBank acaba de cumprir o seu terceiro aniversario cun volume de negocio xestionado próximo aos 18.000 millóns de euros, o que se traduce nun incremento do 25,5% desde o seu lanzamento en setembro de 2014. En concreto, neste período, o volume de pasivo medrou un 33,4%, ata alcanzar os 10.873 millóns de euros, mentres que o volume de activo aumentou un 15,1%, e sitúase por encima dos 6.800 millóns de euros.

A tendencia positiva deste tres anos viuse reforzada polos crecementos de AgroBank no primeiros nove meses de 2017. Desde xaneiro, o volume de negocio desta liña de negocio aumentou un 7,2%, mentres que os clientes agrarios xa superan os 348.000, un 1,8% máis respecto ao 31 de decembro de 2016.

Ademais, un de cada catro agricultores españois xa confía en AgroBank para realizar parte da súa operativa financeira. Outra resposta ao bo comportamento do negocio foi a aposta da entidade pola innovación e, por iso, lanzou unha nova aplicación móbil para clientes: a app AgroBank