Archives

Xornada en Paderne sobre os viños da IXP Terra de Betanzos

A reserva da Biosfera Mariñas coruñesas acollerá unha xornada en Paderne arredor dos viños das IXP de Galicia (Terra de Betanzos, Ribeiras do Morrazo, Viño da Terra de Barbanza e Iria e Viño da Terra do Val do Miño Ourense) con catas e faladoiros con especialistas. As estratexias de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas, as características da variedade branco lexítimo (variedade por excelencia da IXP Terra de Betanzos), o papel das Oficinas Agrarias Comarcais no desenvolvemento das IXP de Viños ou a promoción de produtos agroalimentarios dende a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo serán algúns dos temas que se abordarán nos faladoiros que se van celebrar no entorno da Capela da Esperela (Paderne) o vindeiro martes 12 de xullo. Ese mesmo día celebrarase un acto institucional de apoio no que participarán representantes de concellos do ámbito de Betanzos e da administración pública. Pola tarde e no mesmo lugar terá lugar o túnel do viño, no que profesionais da hostalaría e público xeral poderán coñecer os viños desta Indicación Xeográfica Protexida así como das outras tres que existen en Galicia a través de catas comentadas. A asistencia aos eventos é gratuíta con prazas limitadas. Por iso é necesario inscribirse a través da web viños.ixp.gal

Programa:

10:30 Benvida e presentación institucional: César Longo Queijo (alcalde de Paderne), Xosé Antonio Santiso Miramontes (alcalde de Abegondo e presidente GDR As Mariñas Betanzos), Jorge Blanco Ballón (xerente do GDR Mariñas-Betanzos) 11:00 Dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia: Alfonso Ribas Álvarez (Fundación Juana de Vega) 11:30 As Oficinas Agrarias Comarcais no desenvolvemento das IXP de Viños: o caso de Betanzos. Xoana Varela Auber (Oficina Agraria Comarcal de Betanzos) 12:00 Branco lexítimo: a variedade por excelencia que define a viticultura na IXP Terra de Betanzos. Xosé Antonio Meixide Fernández (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo — CIAM) 12:30 Promoción de produtos agroalimentarios dende a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Miguel Fernández Pardo (Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo) 13:00 Acto institucional de apoio e promoción dos viños das IXP. 17:00 Catas de viño comentadas para profesionais (HORECA). 18:30 Catas de viño comentadas abertas ao público.

Presentan o primeiro viño da Ribeira Sacra elaborado coa variedade Branco Lexítimo

Ponte da Boga, adega emblemática da Ribeira Sacra acaba de presentar "B", Branco Lexítimo, o primeiro viño desta variedade de uva nesta Denominación de Orixe. Trátase dunha variedade case extinguida desde hai medio século e que os enólogos da adega decidiron estudar nunha parcela experimental posta en marcha hai case 10 anos. Tras anos de investigación e experimentación para obter o maior potencial desta uva no viñedo, dáse a coñecer o seu viño, un novo branco galego destinado a quen sintan a atracción por coñecer esta "nova" variedade tradicional, practicamente desaparecida até agora. "B2 Colleita 2019, é froito 100% da perfumada e escasa variedade de uva Branco Lexítimo, proveniente dunha parcela situada a 500 mts de altitude no corazón da Ribeira Sacra. Esta primeira e exclusiva elaboración de tan só 1750 botellas, pasou por unha maceración en frío, prensado e posterior fermentación en depósito de aceiro e barrica de carballo, seguida dunha crianza sobre lías de 5 meses. O resultado é un viño amarelo verdoso pálido, de gran intensidade aromática no que as notas cítricas se superpoñen con flores brancas e froitas de óso, mesturadas con notas lixeirísimamente torradas e afumadas. En boca achéganos toques a lima, laranxa ou albaricoque. Ponte da Boga Branco Lexítimo é perfecto para acompañar peixes, aves e mariscos. Este exclusivo viño está etiquetado empregando Mineral Paper, libre do emprego de cloro, auga e pasta de madeira. A etiqueta está protagonizada por unha pegada dixital en verde, que metafóricamente representa tanto o carácter único desta variedade, como o esforzo e talento empregados para a súa supervivencia e vinificación. Adicionalmente, grazas ao emprego de tintas termoreactivas, cando o viño alcanza a súa temperatura óptima de consumo, a etiqueta desvela as coordenadas onde se sitúa a parcela da Ribeira Sacra da que proceden as uvas.

Branco Lexítimo

Este tipo de uva forma parte das variedades tradicionais do noroeste da Península Ibérica. Branco Lexítimo asóciase en Galicia especialmente a zona de Betanzos, aínda que outras zonas contaron con esta variedade, pero foi sempre de cultivo escaso. Desde hai aproximadamente 10 anos, o empeño de institucións como a Fundación Juana de Veiga e investigadores de EVEGA, CSIC e USC, así como de adegas con vocación recuperadora como Ponte da Boga, dirixiuse ao estudo da caracterización desta variedade de uva, concluíndo o seu enorme potencial para a elaboración de viños brancos de calidade debido á súa alta concentración en compostos aromáticos. Todo este traballo desembocou na recente inscrición de Branco Lexítimo, tamén coñecido como Raposo na Barbanza e Albarín Branco en Asturias, no Rexistro de variedades comerciais e como variedade preferente na DO Ribeira Sacra. Vendima 2020 Estes días Ponte da Boga está a realizar os últimos traballos para dar por concluída a campaña de vendima 2020 que arroxa un balance de 330.000 Kg de uva de sete variedades diferentes, Mencía, Brancellao, Merenzao e Sousón en tintas. Godello, Albarño ou e Branco Lexlítimo en brancas.