Archives

Xornadas sobre cultivo biointensivo

Amigos da Terra promove novas iniciativas agroecolóxicas co seu proxecto de cultivo biointensivo, organizando duas xornadas de formación en Meaño ( Pontevedra) e Tronceda ( Ourense) A ONG Amigos da Terra esta levando a cabo un proxecto de cultivo biointensivo para promover técnicas agroecolóxicas que contribúen á loita fronte á crise climática en diferentes territorios. O proxecto, que conta co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través da Fundación Biodiversidade, desenvólvese en Galicia, Aragón, as Illas Baleares e a Comunidade de Madrid. No caso de Galicia, este domingo 4 de outubro, no concello de Meaño, (Pontevedra)   e o domingo 11 de outubro en Tronceda (Ourense) terán lugar  duas xornadas  de formación especifica  do proxecto “Cultivo biointensivo de alimentos: método agroecolóxico innovador para a adaptación ao cambio climático de hortas familiares e comunitarias”. Os cursos, cunha duración de 8 horas, impartirase, en horario de mañá e tarde, no Museo da Muller Labrega, en Meaño, Pontevedra. Ademais do intercambio de experiencias entre as participantes, traballarase na planificación da horta de inverno-primavera e a realización práctica de extracción de diferentes tipos de sementes. Como noutros encontros formativos, tamén haberá tempo para intercambiar sementes e visitar algunhas hortas de referencia do proxecto nas respectivas comarcas. A formación será impartida por Guillermo Rodríguez Barreiro, enxeñeiro agrónomo e mestre nivel básico do método biointensivo, ademáis de labrego na horta biointensiva “O Torno”, horta de referencia con vocación de espazo de formación, investigación e promoción do método biointensivo en Galicia. Máis información: Guillermo Rodríguez Barreiro  656 95 53 30, formación en Meaño, Pontevedra, 4 de outubro (domingo); formación en Tronceda, Ourense, 11 de outubro (domingo)