Archives

A Deputación de Lugo impulsa as xornadas Artesanía Alimentaria: Marca a Diferenza para poñer en valor produtos artesáns

A promoción dos produtos alimentarios de elaboración artesá é un piar básico para consolidar un sistema produtivo baseado na calidade e na produción tradicional da agricultura galega. Así, a responsable de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, participou na demostración culinaria sobre produtos cárnicos e da IXP Pan Galego que se celebrou este martes en Friol no marco das xornadas divulgativas Artesanía Alimentaria: Marca a Diferenza, que, financiadas pola Deputación, buscan difundir, poñer en valor e promover a produción e comercialización dos produtos artesáns que ofrecen as reservas da biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, potenciando a súa calidade como factor diferencial. Trátase dunha actividade que organiza a Asociación Galega de Operadoras Artesanais de Alimentación e Pensos (AGOAAP) grazas á axuda económica que recibiu da Deputación de Lugo a través da liña de subvencións de concorrencia competitiva convocada pola institución provincial neste ano 2023 para apoiar proxectos de entidades que traballen no ámbito das reservas da biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses en favor do desenvolvemento social e económico sostible destes territorios. As xornadas sobre artesanía alimentaria inclúen tres citas: unha, xa celebrada, en Navia de Suarna sobre derivados cárnicos, a IXP Terras do Navia e a DOP Queixo do Cebreiro; a de hoxe en Friol, centrada nos derivados cárnicos e a IXP Pan Galego; e outra, prevista para o vindeiro 14 de novembro na capital chairega, sobre a DOP San Simón da Costa e a IXP Capón de Vilalba. A programación de hoxe en Friol arrancou pola mañá no Centro Público Integrado Doutor López Suárez e continuou con actividades centradas nos selos de calidade e a sustentabilidade deste negocio. O programa rematou cun showcooking celebrado nas instalacións de Traloagro S.L. Grazas á liña de axudas da Deputación para entidades que traballan nas reservas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, un total de 37 asociacións poden desenvolver neste ano 2023 proxectos vinculados co medio ambiente e co rural que poñen en valor o seu patrimonio, cultural e paisaxístico, contribuíndo desta forma a aproveitar os recursos propios como factor de dinamización social e de desenvolvemento económico.

Xornadas técnicas sobre o selo de calidade “Artesanía Alimentaria”

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, levará a cabo unhas xornadas técnicas para promocionar a nova figura de calidade diferenciada Artesanía Alimentaria. A Axencia dará a coñecer este distintivo e a importancia do produto alimentario artesán como alimento de calidade coas Xornadas Artesanía Alimentaria 2023, que terán lugar en varios concellos galegos. Este ciclo de xornadas comezarán mañá martes, 24 de outubro, no Liceo Arquivo de Betanzos, para continuar en Lugo o día 26, na Praza de Abastos. No mes de novembro, esta iniciativa de promoción trasladarase ata Allariz o día 7, no Salón de Actos do propio Concello, ao recinto feiral de Pontevedra o 13 e rematará no Museo Pedagóxico de Galicia, en Santiago de Compostela, o día 29. A Axencia Galega de Calidade Alimentaria pretende, con esta iniciativa, expoñer os requisitos normativos, os procedementos para rexistros e as vantaxes de pertencer á Artesanía Alimentaria, ademais de presentar outras figuras de calidade diferenciada ou certificacións públicas. Entre os participantes atópanse empresas artesanais, tendas gourmet e bloggers gastronómicos, que achegarán os seus coñecementos e as súas experiencias na produción e comercialización de produtos alimentarios artesáns aos asistentes a estas xornadas de promoción. Por último, esta iniciativa pretende converterse nunha xornada para o coñecemento mutuo e o intercambio de ideas e proxectos entre empresas artesanais e tendas gourmet. Por iso, tanto operadores de Artesanía Alimentaria como as tendas poderán participar nun espazo de encontro que se deseñará para tal fin. Para participar é preciso inscribirse de xeito previo a través deste documento en liña.  

Maruxas de Nata súmase ao selo de calidade de Artesanía Alimentaria de Galicia

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, acompañado da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, confirmou hoxe a adhesión da empresa queixeira Maruxas de Nata ao selo de calidade Artesanía Alimentaria, ao facerlle entrega da licenza de uso deste distintivo e da carta artesá a Patricia Veiga, unha das súas responsables. Así, esta firma súmase ás 80 empresas adheridas e ás 115 persoas artesás rexistradas neste distintivo de calidade promovido para diferenciar as producións do agro e do mar que se elaboran de xeito tradicional, así como para protexer os seus produtores. O director destacou que os produtos desta firma de San Sadurniño poderán diferenciarse agora no mercado co selo de Artesanía Alimentaria. Este distintivo garantirá que a obtención das producións se rexe pola norma técnica pertinente, que recolle unha serie de requisitos relativos ás materias primas e aos procesos de elaboración autorizados, ao seu modo de presentación e a como deben ser a rastrexabilidade e o control. José Luis Cabarcos lembrou que este selo de calidade diferenciada busca promover e protexer as pequenas producións e elaboracións tradicionais artesás de alimentos de alta calidade, facilitar a diversificación económica das explotacións agrarias e o incremento do valor engadido das producións locais e mellorar as rendas e fixar poboación nos medios rural e litoral. Tamén fomentar métodos tradicionais de elaboración e desenvolver unha gama de produtos diferenciados de calidade, potenciar circuítos curtos de comercialización que permitan o contacto directo entre as persoas produtoras e as consumidoras e promover a visibilización e a participación activa das mulleres en todas as dimensións da actividade artesanal alimentaria. No caso de Maruxas de Nata, o proxecto naceu co fin de promover tanto as pequenas producións como as elaboracións tradicionais artesás, para contribuír á conservación da cultura alimentaria local e á súa difusión. Así mesmo, busca pór de relevo o labor das mulleres na actividade artesanal alimentaria. O seu produto, as Maruxas, son galletas tradicionais, ecolóxicas e artesanais, elaboradas por medio dunha receita tradicional galega. Na súa elaboración empregan unicamente materias primas de primeira calidade, sen aditivos nin conservantes e con selo ecolóxico, pois contan coa certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). Ademais, a empresa foi premiada en varios certames tanto dentro coma fóra da península, sendo recoñecida co Alimentos de España 2011, o Superior Taste Award tanto do 2013 coma do 2013, ou o Gastronomía de Galicia 2022, entre outros.

A gandería e queixería Airas Moniz, de Chantada, súmase ao selo “Artesanía Alimentaria de Galicia”

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, confirmou este venres a adhesión da gandería e queixería Airas Moniz, de Chantada, ao selo de calidade Artesanía Alimentaria, ao facerlle entrega da carta artesá a Ana Vázquez, unha das súas responsables. Así, esta firma súmase ao medio cento de empresas adheridas e ás máis de 90 persoas artesás rexistradas neste distintivo de calidade promovido para diferenciar as producións do agro e do mar que se elaboran de xeito tradicional, así como para protexer os seus produtores. O director destacou que os produtos desta firma de Chantada poderán diferenciarse agora no mercado co selo de Artesanía Alimentaria. Este distintivo garantirá que a obtención das producións se rexe pola norma técnica pertinente, que recolle unha serie de requisitos relativos ás materias primas e aos procesos de elaboración autorizados, ao seu modo de presentación e a como deben ser a rastrexabilidade e o control. José Luis Cabarcos lembrou que este selo de calidade diferenciada busca promover e protexer as pequenas producións e elaboracións tradicionais artesás de alimentos de alta calidade, facilitar a diversificación económica das explotacións agrarias e o incremento do valor engadido das producións locais e mellorar as rendas e fixar poboación nos medios rural e litoral. Tamén fomentar métodos tradicionais de elaboración e desenvolver unha gama de produtos diferenciados de calidade, potenciar circuítos curtos de comercialización que permitan o contacto directo entre as persoas produtoras e as consumidoras e promover a visibilización e a participación activa das mulleres en todas as dimensións da actividade artesanal alimentaria. No caso de Airas Móniz, a empresa naceu da inquietude de tres persoas, Ana, Ricardo e Xesús, quen quixeron conxugar a súa paixón pola súa terra, o queixo, os animais e o mundo rural nos seus produtos. Deste xeito, trátase da primeira empresa en elaborar queixo con leite cru en pastoreo de vaca de raza Jersey da súa propia explotación. Así, despois de seis anos en funcionamento, contan con 11 traballadores na empresa -tres dedicados á gandaría e oito na queixería- e xa levan acumulados varios premios tanto dos queixos como do seu proxecto en conxunto. Ademais, os seus produtos teñen presenza nos mellores restaurantes e tendas non só a nivel nacional, senón tamén internacional.

Clausura dos dous primeiros cursos do Centro de Transformación Agroalimentaria A Fusquenlla, en Moeche

A Nave do Mercado de Moeche acolleu este xoves o acto oficial de clausura dos dous primeiros cursos impartidos ata o momento no Centro de Transformación Agroalimentaria A Fusquenlla, situado no recinto feiral de San Ramón, en Moeche (A Coruña). Nestes cursos participaron un total de 33 persoas co obxectivo de formárense na preparación de conservas e zumes, ademais de aprender o manexo do equipamento dispoñible nas instalacións. O Centro de Transformación Agroalimentaria A Fusquenlla é un proxecto promovido conxuntamente polos concellos de Moeche, San Sadurniño, Cerdido e Valdoviño que ten como obxectivo converterse en espazo de referencia en toda a contorna para a transformación e conservación de elaborados a partir de produtos da terra, como son as hortalizas, a froita ou o mel. Agárdase que o centro, integrado na rede de coworking da Deputación da Coruña, bote a andar no ano de maneira autoxestionada polas persoas usuarias en colaboración cos concellos de xeito que poidan ofrecerse máis cursos. Polo momento contan xa con 43 persoas en lista de agarda. No acto de clausura destes primeiros cursos contaron coa asistencia dunha representación de todas as Administracións implicadas no proxecto: os concellos de Moeche, San Sadurniño, Cerdido e Valdoviño, a Deputación da Coruña e a Consellaría do Medio Rural. Todas elas ratificaron o seu compromiso de seguir apoiando esta iniciativa pioneira na comarca. Instante do acto de clausura celebrado este xoves. // Imaxe: César Galdo.

Actividades para o 2023

De cara a 2023, o centro de transformación agroalimentaria ten marcados dous obxectivos prioritarios. O primeiro é organizar a súa xestión, na que xa se leva traballando varios meses sobre un modelo de autoorganización onde sexan as produtoras e produtores quen se ocupen da xestión do día a día da Fusquenlla. A idea é crear unha asociación que xestione o centro en colaboración cos concellos de forma que os municipios asuman os gastos fixos e as entidade os custos asociados ó uso das instalacións. Agardan que no proxecto se impliquen máis concellos da zona, posto que tanto entre os usuarios que xa participaron nos cursos como nas persoas en lista de agarda para novas formacións atópanse veciños de todo o norte da provincia da Coruña. Está previsto organizar dous novos cursos en 2023 para atender tanto as peticións rexistradas nos últimos meses como as que poidan producirse a partir de agora. Ademais, animan a que aquelas persoas que teñan interese nestas formacións se anoten no formulario dispoñible na portada da web do proxecto afusquenlla.gal.

Xornadas de difusión do selo “Artesanía Alimentaria” de Galicia en Boqueixón, Antas de Ulla e A Coruña

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, celebrará a partir de hoxe martes na Coruña, Boqueixón e Antas de Ulla cinco xornadas de difusión do selo de calidade de Artesanía Alimentaria, centradas nas actividades de confeitaría, pastelaría, bolaría e repostaría, conservas vexetais, sidra, produtos cárnicos e queixos. Cada unha das xornadas estará centrada nun destes sectores e celebraranse en horario de 9,30 a 14,30 e de 16,00 a 18,00 horas. En concreto, A Coruña acollerá dúas das xornadas. A primeira, centrada en confeitaría, pastelaría, bolaría e repostaría, celebrarase este martes 22 de novembro- e a segunda, sobre conservas vexetais, será o xoves 24 de novembro. Ambas xornadas terán lugar no Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Paseo das Pontes. O vindeiro luns 28 desenvolverase en Boqueixón unha xornada sobre sidra no Pazo de Quián e, por último, en Antas de Ulla celebraranse outras dúas xornadas que terán lugar na Casa da Cultura. A primeira, que será o martes 29 de novembro, centrarase en produtos cárnicos, e a segunda, que terá lugar o mércores 30, focalizarase nos queixos. Todas as xornadas terán unha mesma estrutura. Durante a mañá haberá tres charlas sobre os obxectivos do selo e as condicións xerais para producir e etiquetar alimentos artesáns, e sobre a norma técnica e a innovación na elaboración da actividade artesá na que se centre a xornada ese día en concreto. Ademais, celebrarase unha presentación de experiencias dos distintos produtos alimentarios artesáns, que se pechará cun coloquio. Finalmente, na sesión da tarde, as xornadas que se celebran na Coruña rematarán cun obradoiro práctico de elaboración dos produtos nos que se centran cada día, mentres as xornadas de Boqueixón e Antas de Ulla rematarán cunha visita a unha actividade artesanal correspondente ao tema principal.

Xornadas informativas en Lugo e Barbadás para darse de alta no selo Artesanía Alimentaria de Galicia

A Consellería do Medio Rural -a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria- celebrará a semana que vén en Lugo e Barbadás senllas xornadas técnicas de divulgación e formación na produción e etiquetado de produtos alimentarios artesáns, co fin de animar aos operadores deste ámbito a inscribirse no selo de calidade de Artesanía Alimentaria. A primeira terá lugar no edificio administrativo da Xunta en Lugo das 10,00 ás 13,00 horas do martes 18 de outubro e a segunda ás mesmas horas do xoves 20 no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás. Así, ao longo das xornadas abordaranse os obxectivos deste selo e as condicións xerais para a produción de alimentos artesáns, ademais da normativa reguladora correspondente, o control e certificación da actividade artesá e a flexibilización das normas de hixiene. Tamén se tratará o propio proceso de inscrición no distintivo de Artesanía Alimentaria e o inicio da actividade artesanal. A maiores, haberá un apartado sobre prácticas innovadoras, así como exemplos de normas técnicas e de produtos artesáns. Nesa liña, en Lugo tratarase -da man da Aula de Produtos Lácteos da Universidade de Santiago de Compostela (USC)- a norma técnica de elaboración de queixo artesán cun exemplo práctico ao final a cargo dunha queixería. No caso de Barbadás, o Centro Tecnolóxico da Carne dará a coñecer as peculiaridades da norma técnica de derivados cárnicos, mentres o exemplo do remate será de elaboración dun aceite de oliva artesán. Os interesados nestas xornadas poderán apuntarse completando -no caso de Lugo- o formulario do seguinte enlace https://forms.gle/znNwPcQHJ3mrzpFG8 e estoutro https://forms.gle/uGTCe2sHbgVGZxQFA no caso de Barbadás. Para máis información, pódese chamar ao teléfono 627 570 950 ou enviar un correo electrónico a artesaniaalimentaria.agacal@xunta.gal

Os produtos lácteos de Kalekói súmanse ao selo Artesanía Alimentaria de Galicia

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, confirmou hoxe a adhesión da empresa láctea lalinense Kalekói ao selo de calidade Artesanía Alimentaria, ao facerlle entrega aos seus responsables das licenzas de uso da marca e das cartas de artesáns. Así, esta firma lalinense súmase á trintena de empresas e ás arredor de 50 persoas artesás rexistradas neste distintivo de calidade promovido para diferenciar as producións do agro e do mar que se elaboran de xeito tradicional, así como para protexer os seus produtores. O director destacou que os produtos lácteos da firma lalinense Kalekói poderán diferenciarse agora no mercado co selo de Artesanía Alimentaria. Este distintivo garantirá que a obtención das producións se rexe pola norma técnica pertinente, que recolle unha serie de requisitos relativos ás materias primas e aos procesos de elaboración autorizados, ao seu modo de presentación e a como deben ser a rastrexabilidade e o control. Na súa intervención, José Luis Cabarcos lembrou que este selo de calidade diferenciada busca promover e protexer as pequenas producións e elaboracións tradicionais artesás de alimentos de alta calidade, facilitar a diversificación económica das explotacións agrarias e o incremento do valor engadido das producións locais e mellorar as rendas e fixar poboación nos medios rural e litoral. Tamén fomentar métodos tradicionais de elaboración e desenvolver unha gama de produtos diferenciados de calidade, potenciar circuítos curtos de comercialización que permitan o contacto directo entre as persoas produtoras e as consumidoras e promover a visibilización e a participación activa das mulleres en todas as dimensións da actividade artesanal alimentaria. No caso de Kalekói, cuxas instalacións están situadas en Lalín e a gandaría familiar da que se abastecen en Rodeiro, a principal materia prima é o leite, co que diariamente elaboran iogur e quefir, ademais de envasar leite pasteurizado. En 2020 apostaron por vacas cunha xenética seleccionada que permite obter leite carente de beta-caseína A1, e que dá lugar ao coñecido como leite A2, converténdose na primeira empresa galega que sacou ao mercado unha gama de iogures elaborados con este leite que permite unha mellor asimilación dos nutrientes ao noso organismo. Nos produtos manteñen a esencia dunha elaboración natural, conservando a receita familiar e coidando especialmente a materia prima.

Xornada técnica sobre produción e etiquetado de alimentos artesáns

A Consellería do Medio Rural -a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria- celebrou este martes na Coruña unha xornada técnica de divulgación e formación no etiquetado de produtos de artesanía alimentaria, co fin de animar aos operadores deste ámbito a inscribirse baixo esta marca de calidade diferenciada. A formación levouse a cabo no salón de actos do Edificio Administrativo de Monelos, de 10.00 a 13.00 horas. Ao longo da xornada abordáronse os obxectivos deste selo e as condicións xerais para a produción de alimentos artesáns, ademais da normativa reguladora correspondente, o control e certificación da actividade artesá e a flexibilización das normas de hixiene. Tamén se tratou o propio proceso de inscrición ao selo e o inicio da actividade artesanal. Ademais, tamén houbo un apartado sobre prácticas innovadoras, así como exemplos de normas técnicas. Neste senso, cabe sinalar que o pasado 4 de marzo foron publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) as primeiras 14 normas técnicas que veñen desenvolver o decreto que regula a artesanía alimentaria na nosa comunidade, así como os distintivos que identificarán os produtos artesáns, os produtos artesáns da casa e os produtos artesáns de montaña. En cada unha destas normas fíxanse, entre outras cuestións, as materias primas autorizadas, os procesos de elaboración permitidos e prohibidos, e o límite máximo de produción artesanal. Tamén se indica como debe ser a presentación e envasado, as especificacións para os produtos artesáns caseiros e os controis de calidade e a sistemática da rastrexabilidade necesaria para proporcionar aos consumidores todas as garantías.

Unha cervexa ecolóxica elaborada en Lalín, o primeiro produto amparado polo selo Artesanía Alimentaria de Galicia

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, puxo este mércores pola tarde en valor o primeiro produto amparado polo selo de calidade de artesanía alimentaria, promovido para diferenciar as producións do agro e do mar que se elaboran de xeito tradicional, así como para protexer os seus produtores. Trátase dunha cervexa ecolóxica producida por Kalinka Lagazós S.L., de Lalín, elaborada con ingredientes cultivados na propia explotación do operador (cebada e lúpulo). O director destacou que este primeiro produto amparado polo novo selo poderá diferenciarse no mercado grazas ao distintivo xenérico de artesanía alimentaria que levará na súa etiqueta. Un distintivo que fora publicado o pasado mes de marzo xunto cos outros dous que darán conta de que as producións que os levan son produtos artesáns da casa (elaborados con materias primas procedentes dunha explotación agraria ligada á empresa artesanal responsable do produto) ou produtos artesáns de montaña (provenientes de empresas artesanais alimentarias radicadas en zonas cualificadas como “de montaña”, de acordo co que establece a normativa da Unión Europea). A obtención deste produto ecolóxico réxese pola norma técnica relativa ás cervexas artesás, tamén aprobada en marzo xunto con outras 13, para facer públicos unha serie de requisitos que buscan garantir a elaboración tradicional e unha coidada presentación, acorde coa súa condición de produtos que pretenden situarse entre os da gama gourmet. En concreto, esta norma específica recolle as materias primas ou os procesos de elaboración autorizados, o seu modo de presentación ou como deben ser a rastrexabilidade e o control.

Xornada técnica en Vigo sobre o novo decreto de Artesanía Alimentaria

A Consellería do Medio Rural -a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria- celebrará o vindeiro xoves, 19 de maio, unha xornada técnica de divulgación sobre o novo decreto de artesanía alimentaria, co fin de animar aos operadores deste ámbito a inscribirse baixo esta marca de calidade diferenciada.

Así, a formación levarase a cabo no edificio administrativo da Xunta, en horario de mañá (10,00 a 13,00 horas). Ao longo da xornada abordaranse os obxectivos deste selo e as condicións xerais para a produción de alimentos artesáns, ademais da normativa reguladora correspondente, o control e certificación da actividade artesá e a flexibilización das normas de hixiene. Tamén se tratará o propio proceso de inscrición ao selo e o inicio da actividade artesanal.

Ademais, tamén haberá un apartado sobre prácticas innovadoras, así como exemplos de normas técnicas. Neste senso, cabe sinalar que o pasado 4 de marzo foron publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) as primeiras 14 normas técnicas que veñen desenvolver o decreto que regula a artesanía alimentaria na nosa comunidade, así como os distintivos que identificarán os produtos artesáns, os produtos artesáns da casa e os produtos artesáns de montaña.

En cada unha destas normas fíxanse, entre outras cuestións, as materias primas autorizadas, os procesos de elaboración permitidos e prohibidos, e o límite máximo de produción artesanal. Tamén se indica como debe ser a presentación e envasado, as especificacións para os produtos artesáns caseiros e os controis de calidade e a sistemática da rastrexabilidade necesaria para proporcionar aos consumidores todas as garantías.

<!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Agroalimentacion 1 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101852&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->

Os interesados en asistir a este xornada divulgativa poderán descargar a solicitude de inscrición na seguinte ligazón, https://forms.gle/dA92myNdcDuvu1E1A, e enviala ao enderezo de artesaniaalimentaria.agacal@xunta.es. Se precisan máis información, poderán chamar ao número 627 570 950.

Aprobadas as normas técnicas e distintivos para os produtos de Artesanía Alimentaria de Galicia

O DOG publica a orde da Consellería do Medio Rural pola que se aproban as primeiras 14 normas técnicas que veñen desenvolver o decreto que regula a artesanía alimentaria na nosa comunidade, así como os distintivos que identificarán os produtos artesáns, os produtos artesáns da casa e os produtos artesáns de montaña. A partir de mañá, as empresas destes sectores poderán inscribirse no Rexistro da artesanía alimentaria. Estas normas recollen unha serie de requisitos para garantir a elaboración tradicional e unha coidada presentación, acorde coa súa condición de produtos que pretenden situarse entre os da gama gourmet. Nos establecementos distribuidores, estes produtos lucirán algún dos distintivos identificadores que se recollen tamén nesta orde, o que facilitará o seu recoñecemento por parte dos consumidores. Ca orde do DOG quedan aprobadas as normas técnicas específicas do queixo, do iogur, do requeixo e dos xeados, dentro dos derivados lácteos; ademais doutra norma xenérica para derivados cárnicos, que englobará os embutidos, salgados, afumados, adubados, conservas cárnicas e patés. Haberá outra norma técnica para a sidra, outra para a cervexa, outra para as conservas vexetais e marmeladas e unha máis para produtos desecados de orixe vexetal. A maiores, establécese unha norma técnica para o mel, outra para produtos de panadaría, confeitaría, pastelaría, bolaría e repostaría, outra para o chocolate e derivados do cacao, outra relativa aos produtos vexetais para infusión ou condimento e unha última sobre o aceite de oliva. En cada unha das normas fíxanse, entre outras cuestións, as materias primas autorizadas, os procesos de elaboración permitidos e prohibidos, e o límite máximo de produción artesanal. Tamén se indica como debe ser a presentación e envasado, as especificacións para os produtos artesáns caseiros e os controis de calidade e a sistemática da rastrexabilidade necesaria para proporcionar aos consumidores todas as garantías. No caso dos distintivos apróbase un xenérico para identificar os produtos de artesanía alimentaria de Galicia e outros dous específicos para diferenciar tanto os elaborados na casa como os de montaña. Sobre os caseiros, cabe lembrar que o decreto de artesanía alimentaria establece que son os que se elaboran utilizando como base fundamental as materias primas procedentes dunha explotación agraria ligada á empresa artesanal responsable do produto. Pola súa banda, os produtos artesáns de montaña son os elaborados por empresas artesanais alimentarias radicadas en zonas cualificadas como 'de montaña', de acordo co que establece a normativa da Unión Europea.