Archives

A Moexmu recibe o XXIV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural polo seu 40 aniversario

O acto de entrega do XXIV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural á Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), que congregou esta tarde no auditorio da Facultade de Veterinaria a personalidades dos eidos social, económico, político e cultural, foi presidido polo o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, acompañado polo presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, e o conselleiro de Medio Rural en funcións, José González. Tamén estiveron presentes o vicerreitor do Campus de Lugo, Francisco José Fraga; a conselleira e directora de Marketing e Exportación de Aceites Abril, Elena Pérez Canal; a catedrática de Tecnoloxía dos Alimentos da USC, Ángeles Romero, e a vicepresidenta de Aresa, Carlota López Pardo. O reitor da USC deulle inicio á gala e concedeulle a palabra a Elena Pérez Canal, membro do xurado desta edición, que impartiu a conferencia maxistral “O aceite que pon en valor a gastronomía local”. Durante o relatorio falou de como construír marca reivindicando o patrimonio culinario, as festas gastronómicas ou as tradicións e fixo referencia á premiada deste ano tamén neste sentido, como unha feira de recoñecido prestixio e recoñecemento que celebrará en abril a súa 40 edición. Como exemplo fixo un repaso polas últimas campañas publicitarias da súa marca, Aceites Abril, nas que puxeron voz a persoas anónimas que conforman o universo gastronómico galego, como ela mesmo apuntou, “as produtoras e elaboradoras que miman e coidan os produtos da terra e do mar para que receitas de toda a vida cheguen ás nosas mesas”. Así mesmo, afondou tamén na riqueza das terras galegas e na importancia de continuar dándolle o valor que merecen, xa que son produtoras de grandes alimentos, “como é o ouro líquido de inigualable sabor” que eles mesmos comercializan. De seguido, o vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco Fraga López, leu publicamente a acta co fallo do xurado na que destacaron o papel da Moexmu para a profesionalización do sector gandeiro, a remuda xeracional, o desenvolvemento rural e a posta en valor da gastronomía local. O conselleiro de Medio Rural en funcións fixo entrega da placa conmemorativa do Premio Aresa a José Manuel Rus, xerente da Moexmu, e o presidente de Aresa rematou a entrega do galardón coa parte económica, 10.000 euros.

A 40 edición da feira, en abril

A continuación, José Manuel Rus dirixiuse ao auditorio e comezou agradecendo o premio ao grupo Aresa, á Universidade e aos membros do xurado, “é moi gratificante para min e para todo o equipo recibir este premio”. Enumerou os obxectivos principais da feira, como son “potenciar o sector primario a través sobre todo do concurso, da exposición, da poxa e tamén da artesanía, co exemplo dos zoqueiros; loitar contra o despoboamento, gran problema do rural a día de hoxe, e recoñecer tamén o espírito emprendedor da veciñanza de Muimenta”. Rus finalizou a súa intervención solicitando que Aresa e a USC “deberían tamén ter algún tipo de recoñecemento por promover iniciativas coma a deste Premio” e convidou a todos os asistentes a achegarse á vindeira edición da Moexmu, que cumplirá o seu corenta aniversario a primeira fin de semana de abril. Tras a entrega do Premio e as palabras de agradecemento do premiado, interveu Álvaro Rodríguez Eiras, quen reforzou unha vez máis a contribución desta feira ao rural lucense e agradeceu a asistencia de todo o público. Inmediatamente, deulle paso á vicepresidenta do grupo Aresa, Carlota López Pardo, quen tomou a palabra en nome da entidade. López Pardo salientou a transformación do rural á que asistimos durante os vinte e catro anos de celebración deste premio e fixo referencia ás protestas que o sector agricultor e gandeiro está levando adiante nas últimas semanas en toda Europa, ante as que transmitiu o seu total apoio “para garantir a súa supervivencia”. Puxo tamén de manifesto os retos aos que se terá que enfrontar o mundo rural, “a adaptación a normativa medioambiental, a remuda xeracional e a competitividade”, pero tamén enumerou as oportunidades coas que xa se contan, como “o alto grao de tecnificación e profesionalización das empresas, das que son exemplo a gran parte das candidaturas ao Premio”. Da Moexmu, a vicepresidenta de Aresa, destacou “a súa ampla traxectoria, a súa implicación con empresarios e empresarias da comarca e o desenvolvemento de novas iniciativas cada ano”. Carlota López agradeceulle, por último, á Universidade de Santiago de Compostela, a súa total dedicación para seguir adiante co Premio Aresa, aos membros do xurado –Antonio López, reitor da USC; Francisco José Fraga, vicerreitor do Campus de Lugo; Elena Pérez Canal, conselleira e directora de Marketing e Exportación de Aceites Abril, e Ángeles Romero, catedrática de Tecnoloxía dos Alimentos da USC– o seu esforzo para resolver esta edición e ao conselleiro e a todos os asistentes, a súa presenza no acto. Pola súa banda, o reitor da USC, Antonio López Díaz, felicitou unha vez máis a Moexmu e ao resto de candidaturas presentadas nesta edición. Recoñeceu a Álvaro Rodríguez, como “un exemplo de vitalidade e de compromiso co rural” e augurou “un futuro por diante para moitas máis edicións do Premio Aresa”. A gala foi clausurada polo conselleiro de Medio Rural en funcións da Xunta de Galicia, José González, que resaltou “o seu compromiso pleno co sector e con este tipo de certames como a Moexmu porque un dos nosos obxectivos debe ser apoiar todos os proxectos que estean encamiñados a mellorar o medio rural”.

Resto de candidaturas presentadas

Xunto coa Moexmu, postuláronse como candidatos desta edición o proxecto Eo Alimenta, o proxecto Moirai, Slow Food Compostela, Apicultura no Concello de Boborás, o proxecto H2GZ As Pontes. The City Under The Lake, Cosmética Muuhlloa, Traloagro, Puresa, a Asociación Soutos do Courel, a candidatura conxunta dos grupos de investigación Farmatox e NanoMag, da Facultade de Veterinaria e da Facultade de Física da USC, respectivamente, e o traballo Influencia dos residuos de funxicidas a base de mepanipirim sobre a composición aromática do viño.

O palmarés do Premio Aresa

Na traxectoria deste galardón, que xa acadou un recoñecido prestixio no sector, figuran Novafrigsa (2000), o catedrático da USC Javier Guitián Rivera (2001), a Aula de Produtos Lácteos (2002), o exdirector xeral de Agricultura da Comisión Europea, José Manuel Silva (2003), a IXP Ternera Gallega (2004), o programa da Televisión de Galicia O Agro-Labranza (2005), a DO Ribeira Sacra (2006), os impulsores da queixería Casa Macán (2007), a Facultade de Veterinaria de Lugo (2008), Ingapan (2009), Acruga (2010), a SAT Monte de Trabada (2011), Champivil (2012), Alibós Galicia (2013), a DOP Queixo San Simón da Costa (2014), Agroamb (2015), a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galica, Ovica (2016), a Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo, EPS (2017), o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, Craega (2018), a Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta, Asoporcel, (2019), Cooperativa A Carqueixa (2020), EFA Fonteboa (2021) e Casa Grande de Xanceda (2022).

A Moexmu logra o Premio Aresa ao Desenvolvemento Rural

A candidatura da Mostra Exposición Muimenta (Moexmu), impulsada pola comisión organizadora da feira decana do sector agrogandeiro da provincia de Lugo que este ano chega á súa cuadraxésima edición, resultou gañadora do XXIV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, segundo deu a coñecer este mércores no lugués Pazo de Montenegro o xurado encargado de emitir o ditame dun galardón que recibiu na presente edición “12 candidaturas de perfís diferentes, pero de alta calidade”, segundo remarcou a vicepresidenta de Aresa, Carlota López Pardo. O reitor da USC deu conta da decisión do xurado logo de máis dunha hora de reunión, durante a que fixo “unha avaliación polo miúdo das fortalezas e dos méritos das propostas recibidas”. Antonio López salientou que as últimas deliberacións centráronse entre a candidatura gañadora e a presentada por Traloagro, unha iniciativa empresarial de produción agrogandeira en ecolóxico, que tamén foi moi valorada. Unha vez feita pública a decisión do xurado, un tribunal do que tamén formaron parte o vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga; a catedrática da área de Tecnoloxía de Alimentos da USC e profesora na Facultade de Ciencias, Ángeles Romero Rodríguez, e a conselleira delegada e directora de Marketing e Exportación de Aceites Abril, Elena Pérez Canal, o reitor Antonio López informou de que a cerimonia de entrega do XXIV Premio Aresa será o vindeiro 1 de marzo, a partir das 20.00 horas, nun acto público que se desenvolverá no auditorio da Facultade de Veterinaria. A candidatura gañadora do XXIV Premio Aresa representa valores moi aliñados cos intereses e coas liñas de especialización do Campus Terra, sinalou o vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, quen, logo de salientar a condición da Moexmu como decana das feiras do sector agrogandeiro, lembrou a xa dilatada colaboración que mantén a sede universitaria luguesa coa comisión organizadora desta cita sectorial e tamén da Festa da Filloa de Muimenta, tamén no concello de Cospeito. O impacto da Moexmu como elemento de dinamización do medio rural, alén da súa localización chairega, foi un dos aspectos destacados pola catedrática da USC Ángeles Romero, quen tamén sinalou que esta celebración deste evento incentiva a reflexión colectiva sobre o medio rural, ao tempo que actúa como escaparate que axuda a facer visible a súa realidade. Asemade, a conselleira de Aceites Abril, Elena Pérez Canal, aproveitou a súa intervención para poñer en valor a progresiva profesionalización do sector agrogandeiro á que contribuíu e contribúe a Moexmu, ademais de salientar o particular impacto xerado polos promotores deste evento na mellora xenética do gando vacún frisón.

Agradecemento a todas as candidaturas

A vicepresidenta de Aresa, Carlota López, aproveitou a reunión do xurado do XXIV Premio Aresa para reiterar de xeito público o seu agradecemento á USC pola cooperación na promoción do Premio Aresa, ademais de para trasladar os seus parabéns a todos as candidaturas presentadas a última edición deste galardón: Proxecto Eo Alimenta, Proxecto Moirai, Slow Food Compostela, Apicultura no Concello de Boborás, Moexmu, Proxecto H2GZ As Pontes. The City Under The Lake, Cosmética Muuhlloa, Traloagro, Puresa, Asociación Soutos do Courel, un proxecto de investigación conxunto entre os grupos Farmatox e NanoMag da USC, e un traballo sobre a influencia dos residuos de funxicidas a base de mepanipirim sobre a composición aromática do viño.

Doce candidaturas optan á 24 edición do Premio Aresa

O reitor da USC, Antonio López, e a vicepresidenta do grupo Aresa, Carlota López Pardo, trala sinatura do convenio para a edición 2023 dun galardón que incentiva a transferencia de innovación e coñecemento cara ao medio rural O Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón convocado polo grupo empresarial fundado e presidido por Álvaro Rodríguez Eiras xunto coa USC co obxecto de servir de acicate para impulsar a mellora da calidade de vida e o grao de benestar das persoas que viven no medio rural e que incentiva a transferencia de coñecemento e de innovación desde a institución académica cara aos axentes produtivos do sector primario, recibiu un total de 12 candidaturas na súa vixésima cuarta edición, segundo informaron este venres os organizadores dun certame que botou a andar no ano 2000. A Estratexia Alimentaria Participativa do Eo, Eo Alimenta; o proxecto sectorial e estratéxico de mercado Moirai, a iniciativa ecogastronómica de proximidade Slow Food Compostela, Apicultura no Concello de Boborás, a Feira de Mostras e Exposicións de Muimenta (Moexmu), Proxecto H2GZ As Pontes. The City Under The Lake, Cosmética Muuhlloa, Traloagro, Puresa, a Asociación Soutos do Courel, a candidatura conxunta presentada polos grupos de investigación da USC Farmatox e NanoMag, e un traballo desenvolvido baixo o título Influencia dos residuos de funxicidas a base de mepanipirim sobre a composición aromática do viño completan a quenda de candidaturas que optan ao Premio Aresa de Desenvolvemento Rural 2023.
A Moexmu, Traloagro, Muuhlloa ou a asociación Soutos do Courel concorren este ano ao premio
Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas e tras validar todas as iniciativas presentadas a concurso por parte da organización, o xurado responsable de avaliar as propostas formalizadas, un comité presidido polo reitor da USC, Antonio López Díaz, reunirase en Lugo o vindeiro mércores 31 de xaneiro no lugués Pazo de Montenegro para determinar a candidatura gañadora desta edición logo de examinar e valorar os distintos méritos acreditados. Do mesmo xeito que en anteriores edicións, o Premio Aresa contempla unha dotación económica de 10.000 euros para o gañador, ademais de diploma de mérito.
O xurado responsable da concesión deste galardón terá en conta para súa decisión aspectos ligados ao carácter innovador e á  creación de valor engadido e emprego no medio rural
O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo da USC, Francisco Fraga López; o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, ou, no seu caso, Carlota López, na súa condición de vicepresidenta; a conselleira e directora de Marketing e Exportación de Aceites Abril, Elena Pérez Canal, e a catedrática de Tecnoloxía dos Alimentos da USC, Ángeles Romero, completan a composición do xurado encargado de avaliar os proxectos empresariais e de I+D, así como as propostas empresariais que concorren a esta convocatoria. O xurado responsable da concesión deste galardón terá en conta para súa decisión aspectos ligados ao carácter innovador de cada candidatura, a creación de valor engadido e emprego no medio rural, a súa viabilidade económica, a posta en valor dos produtos da terra de tradición galega, a recuperación de subsectores agrícolas e gandeiros tradicionais ou o potencial de desenvolvemento de novos produtos, entre outros parámetros estreitamente ligados coas liñas estratéxicas do Campus Terra da USC.

Aberto o prazo de presentación de candidaturas ao Premio Aresa de desenvolvemento rural

O reitor da USC, Antonio López, e a vicepresidenta do grupo Aresa, Carlota López Pardo, trala sinatura do convenio para a edición 2023 dun galardón que incentiva a transferencia de innovación e coñecemento cara ao medio rural O reitor da USC, Antonio López Díaz, e a vicepresidenta do grupo Aresa, Carlota López Pardo, asinaron este martes o convenio para a convocatoria do XXIV Premio Aresa, un galardón creado co obxectivo de axudar ao desenvolvemento do medio rural e que incentiva a transferencia de coñecemento e de innovación desde a institución académica cara aos axentes produtivos do sector primario, segundo subliñou o reitor Antonio López nunha sesión na que reiterou o seu agradecemento ao grupo empresarial Aresa por unha iniciativa que xa está a piques de celebrar as súas vodas de prata. A sinatura deste acordo bota a andar a edición deste ano dun galardón co que ambas institucións premian cada ano diferentes iniciativas e proxectos presentados por empresas, grupos de investigación, asociacións ou calquera outro tipo de entidade que contribúa á mellora do benestar das persoas que viven e traballan no medio rural.
O premio está dirixido a iniciativas que contribúan á mellora do benestar das persoas que viven e traballan no medio rural
As bases da nova convocatoria, que contempla unha dotación económica de 10.000 euros e placa conmemorativa para a candidatura gañadora, xa están accesibles en liña na web www.premioaresa.com e o prazo de presentación de propostas permanece aberto ata o 12 de xaneiro de 2024 nos rexistros da USC, adiantou López Pardo. Pola súa parte, o reitor, Antonio López, amosou de parte da Universidade a satisfacción de ter confiado dende o principio nunha iniciativa como o Premio Aresa, que calificou como “un exemplo de conexión entre a Universidade e a empresa privada, relación cada vez máis demandada por toda a sociedade”. Xerar valor engadido e emprego no rural Tras a sinatura protocolaria deste convenio, explicaron que na avaliación das candidaturas o xurado prestará especial atención aos proxectos que xeren valor engadido e emprego no rural galego, á súa viabilidade económica, á creación de postos de traballo, á posta en valor dos produtos da terra de tradición galega, á recuperación de subsectores agrícolas e gandeiros tradicionais e á innovación en produtos que teñan potencial de desenvolvemento. Do mesmo xeito que en edicións anteriores, o Premio Aresa antóllase como unha convocatoria aberta á presentación dun amplo abano de propostas. Logo de 23 edicións, o Premio Aresa logrou xa un dos seus obxectivos, o de que “se fale do campo”, dixo López Pardo, quen tamén manifestou o seu agradecemento polo apoio recibido da USC, “un socio indispensable que achega valor e prestixio ao premio”, dixo.
O xurado responsable da concesión deste galardón terá en conta no proceso de avaliación de candidaturas aspectos ligados co seu carácter innovador
A vicepresidenta de Aresa aproveitou o acto de sinatura do convenio para a convocatoria do XXIV Premio Aresa para avanzar a composición de xurado que procederá a avaliar as candidaturas que concorran a esta nova edición. O reitor da USC, Antonio López; o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, e o vicerreitor de Organización Académica do Campus de Lugo, Francisco Fraga López, formarán, do mesmo xeito que en anos anteriores, parte dun tribunal que nesta edición contará tamén como integrantes coa catedrática da Área de Tecnoloxía de Alimentos da USC no Campus Terra, Ángeles Romero, así como coa conselleira delegada e directora de márketing de Aceites Abril, Elena Pérez Canal.

Importante palmarés de premiados

Na traxectoria deste galardón, que xa acadou un recoñecido prestixio no sector, figuran Novafrigsa (2000), o catedrático da USC Javier Guitián Rivera (2001), a Aula de Produtos Lácteos (2002), o exdirector xeral de Agricultura da Comisión Europea, José Manuel Silva (2003), a IXP Ternera Gallega (2004), o programa da Televisión de Galicia O Agro-Labranza (2005), a DO Ribeira Sacra (2006), os impulsores da queixería Casa Macán (2007), a Facultade de Veterinaria de Lugo (2008), Ingapan (2009), Acruga (2010), a SAT Monte de Trabada (2011), Champivil (2012), Alibós Galicia (2013), a DOP Queixo San Simón da Costa (2014), Agroamb (2015), a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galica, Ovica (2016), a Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo, EPS (2017), o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, Craega (2018), a Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta, Asoporcel, (2019), Cooperativa A Carqueixa (2020), EFA Fonteboa (2021) e Casa Grande de Xanceda (2022).

Xornada en Lugo sobre os retos do sector lácteo

O grupo de investigación Proxectos e Planificación (PROePLA) do Campus Terra da USC, que coordina o catedrático da Escola Politécnica Manuel Marey, organiza o vindeiro mércores 25 de outubro a xornada Retos do sector lácteo. O encontro, no que se analizará o sector desde o punto de vista das ganderías e as empresas que lles prestan servizos, contará coa participación de Abanca, Alltech, Aresa e Innogando. Os relatorios comezarán ás 9:30 horas e abordaranse os retos de financiamento, sustentabilidade, produción e innovación do sector. As charlas da mañá serán no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo, con entrada libre e gratuíta. Pola tarde levarase a cabo unha visita a Granxa Gayoso Castro, para a que se habilitará un autobús ata completar as prazas. Para máis información pódese enviar un correo electrónico a manuel.marey@usc.es.

“A gandería pode preservar os valores da paisaxe, ser rendible e crear empregos”

Cristina Fernández-Armesto recibe o galardón de mans do presidente fundador de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras O Premio Aresa supón un recoñecemento a “un soño de 50 anos de historia na Galicia rural”, segundo puxo de manifesto Casa Grande de Xanceda este venres na cerimonia de entrega da vixésimo terceira edición do galardón convocado pola empesa de suministros agrarios Aresa e a USC. No marco dunha cerimonia á que asistiron o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o reitor da USC, Antonio López, e o presidente fundador de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, a adxunta á Presidencia da empresa lucense, Carlota López Pardo, trasladou os parabéns á candidatura galardoada, respecto da que sinalou que “Casa Grande de Xanceda é un exemplo de éxito dunha emprendedora que retorna ao campo e converte un negocio familiar nunha empresa exemplar e de referencia”. Diante dun auditorio de Veterinaria ateigado de público, López Pardo, puxo o foco na transformación experimentada no medio rural desde o nacemento do Premio Aresa fai máis de 20 anos. “O sector agrogandeiro como produtor de alimentos, cunha excelente e merecida reputación, e como creador de riqueza, constitúe un elemento esencial para Galicia, polo que cómpre facer unha aposta como sociedade a prol deste colectivo”. Defensa da gandería e da produción en ecolóxico En nome da candidatura premiada, recolleron o galardón a súa socia fundadora, Cristina Fernández-Armesto, e a responsable de Marketing e Responsabilidade Social Corporativa de Casa Grande de Xanceda, Sara Torreiro, que asegurou que “o Premio Aresa supón o recoñecemento a un soño de 50 anos de historia na Galicia rural, o soño dos fundadores da granxa, os xornalistas galegos Felipe e Victoria Armesto. Un recoñecemento tamén á filosofía de que a gandería pode ser ecolóxica e preservar os valores da paisaxe e de que pode ser rendible e crear empregos”, afirmou. 
Onde hai vacas, persoas e traballo non hai incendios nin abandono
Torreiro enumerou algunhas cifras alarmantes sobre perda de biodiversidade constatadas pola Unión Europea para logo reclamar que “se deixen de ver as vacas como un problema, porque son parte da solución". "Onde hai vacas, persoas e traballo non hai monocultivos nin incendios nin abandonos”, dixo Torreiro, quen tamén demandou a aposta das Administracións pola produción en ecolóxico. A importancia da muller no rural A CEO de Leche Río, Carmen Lence, que formou parte do xurado do Premio Aresa deste ano, ofreceu unha lección maxistral baixo o título Unha historia de superación na que repasou a grandes trazos a historia do Grupo Lence, unha empresa láctea creada en 1975 por Jesús Lence, ao tempo que puxo en valor o impacto e a fonda pegada xerada pola súa actividade empresarial a prol do desenvolvemento rural.
Dúas de cada tres persoas que deixan o rural son mulleres en idade fértil e, se elas se van, o rural non ten futuro; así de simple
“O medio rural ten unha importancia capital en cuestións vitais como son a loita contra o cambio climático, o despoboamento ou a subministración de alimentos frescos”. Lence subliñou asemade o valor de manter a muller no campo e de atraer a máis, porque “dúas de cada tres persoas que deixan o rural son mulleres en idade fértil e, se elas se van, o rural non ten futuro; así de simple”, sentenciou. O reitor da USC, Antonio López, afondou nesta idea e dixo que "é un orgullo e un motivo de felicidade que este ano se lle conceda este galardón a unha empresa liderada por unha muller, en alusión a Cristina Fernández-Armesto, que decidiu vir da cidade ao rural a investir e a promover e dar continuidade a unha iniciativa emprendida no seu día polos seus avós”.

Casa Grande de Xanceda gaña o XXIII Premio Aresa

A candidatura presentada por Casa Grande de Xanceda resultou a gañadora do XXIII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, segundo deu a coñecer este martes, no lugués Pazo de Montenegro, o xurado encargado de emitir o ditame dun galardón, convocado polo Grupo Aresa e a USC, que, nesta edición, recibiu 17 candidaturas. O tribunal desta vixésimo terceira edición estivo integrado por Antonio López, reitor da USC; Carlota López, adxunta á Presidencia de Aresa; Francisco José Fraga, vicerreitor do Campus de Lugo; Marius Rubiralta, presidente da Comisión Científica Externa do Campus Terra, e Carmen Lence, CEO de Leite Río. A adxunta á Presidencia do grupo Aresa, Carlota López, deulle as grazas á Universidade polo “seu apoio para seguir adiante con esta iniciativa” e a Carmen Lence e Marius Rubiralta “pola súas achegas como xurado, coñecedores da realidade do rural galego”. Tamén salientou o éxito da convocatoria, con 17 candidaturas que cumpren coas premisas do premio: “Contribuír coa riqueza e co benestar da xente que vive e traballa no rural galego”. Seguidamente, a CEO de Leite Río fixo mención especial a tres propostas “inspiradoras para as mulleres e os mozos que queiran apostar polo rural, como son Lugar da Veiga, Traloagro e Casa Grande de Xanceda” e Marius Rubiralta destacou outras catro empresas e proxectos innovadores, como “CampoLab, a Asociación Apícola de Galicia Belacolmea, Galinsect e a Estratexia para a loita ecolóxica contra a rata toupa”. Para rematar o acto, o vicerreitor do Campus de Lugo, Francisco José Fraga, valorou a calidade e diversidade das candidaturas e anunciou que “tras estudar a fondo todas elas, acordamos por unanimidade que a vencedora desta vixésimo terceira edición do Premio Aresa fose a presentada por Casa Grande de Xanceda pola súa produción ecolóxica, o fomento do turismo sostible e a súa aposta pola comunicación en redes sociais para difundir a realidade do rural”.

Entrega do premio o día 10 de marzo

Finalmente, Carlota López deu por rematado o acto adiantando a data na que se entregará o premio: “Será o vindeiro 10 de marzo de 2023 no auditorio da facultade de Veterinaria do Campus de Lugo”. O Premio Aresa está dotado con 10.000 euros e unha placa conmemorativa.

Candidaturas presentadas

Ademais de Casa Grande de Xanceda, este é o listado de candidaturas presentadas a esta edición do Premio Aresa: Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira Acivo, Savelo, CampoLab, Agrupación Apícola de Galicia Belacolmea, La Abuela Delfina, Airas Moniz, Lugar da Veiga, Son de Lugo, Muiñeiras de Requiande, Traloagro, Comunidade de montes veciñais en man común de Couso, Slow Food Compostela, Galinsect, Dos Dog, Tres Fuciños. Estratexia para a loita ecolóxica contra a rata toupa e Casa Grande de Xanceda.

17 candidaturas concorren ao premio Aresa deste ano

O reitor da USC, Antonio López, e a adxunta á Presidencia do Grupo Aresa, Carlota López Pardo A organización do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, composta pola empresa de subministros agrogandeiros e a Universidade de Santiago de Compostela, rexistrou, unha vez rematado o pasado venres o prazo de presentación de propostas, un total de 17 candidaturas a conseguir o galardón deste ano, que celebra a súa vixésimo terceira edición e está dotado con 10.000 euros e un diploma de mérito. O xurado examinará todas estas candidaturas e dará a coñecer publicamente a gañadora o martes 31 de xaneiro. As propostas presentadas son as seguintes: 
  • A Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira Acivo, de Lugo, que ofrece servizos veterinarios para gando ovino e caprino.
  • A empresa familiar Savelo, radicada en Carballo e centrada na fabricación de produtos químicos.
  • CampoLab, un laboratorio multidisciplinar integrado por veterinarios, agrónomos, químicos con sede en Outeiro de Rei.
  • A Agrupación Apícola de Galicia, unha entidade participada por diversas asociacións de apicultores de diversas localidades de Galicia.
  • La Abuela Delfina, empresa localizada en Triacastela que centra a súa actividade na elaboración de embutidos artesanos.
  • A queixería chantadina de vacas de pastoreo Airas Moniz.
  • Lugar da Veiga, outra empresa tamén asentada en Chantada que é propietaria das Galletas Mariñeiras Daveiga.
  • A agrupación de cooperativas e produtoras agroalimentarias da comarca de Lugo Son de Lugo.
  • A empresa ribadense centrada na comercialización e transformación de produtos vexetais, Muiñeiras de Requiande.
  • A gandeiría en ecolóxico Traloagro.
  • A comunidade de montes veciñais en man común de Couso, do municipio pontevedrés de Gondomar.
  • A asociación ecogastronómica Slow Food Compostela.
  • A granxa de insectos Galinsect, unha startup pontevedresa especializada na cría e comercialización de insectos vivos.
  • A firma luguesa Dos Dog, que fabrica produtos de alimentación para animais de compañía.
  • A cooperativa de pequenos criadores de Porco Celta, Tres Fuciños, con sede no concello de Castro de Rei.
  • A estratexia para a loita ecolóxica contra a rata toupa promovida polo profesor da USC na Facultade de Veterinaria de Lugo Pablo Sánchez Quinteiro.
  • A granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda.

Aberto o prazo para presentar candidaturas ao Premio Aresa de desenvolvemento rural

A USC e o grupo empresarial Aresa manteñen aberto o prazo de presentación de candidaturas ao XXIII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural ata o vindeiro 13 de xaneiro de 2023. A adxunta á Presidencia de Aresa, Carlota López Pardo, e o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, asinaron este xoves o convenio de colaboración para a convocatoria da nova edición dun galardón que conta cunha gratificación en metálico de 10.000 euros para o proxecto gañador e que está orientado a distinguir iniciativas a prol do medio rural e da mellora da calidade de vida dos seus habitantes. “A USC é un aliado indispensable para o Premio Aresa”, afirmou Carlota López, para logo engadir que “pasadas xa dúas décadas da convocatoria da primeira edición, o Premio Aresa mantén os obxectivos orixinais cos que naceu, a través dos que pretende actuar como impulso da agricultura e da gandeiría, que son dous sectores fundamentais para a economía da provincia e de Galicia”.
O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 13 de xaneiro
As persoas interesadas en promover candidaturas a este premio en favor do desenvolvemento rural poderán presentar a documentación requirida ata o 13 de xaneiro de 2023 en calquera dos rexistros xerais de que dispón a USC nos seus campus de Lugo e de Santiago, tal e como se recollen nas bases deste premio, que xa están accesibles na web www.aresa-agricola.com. Xeración de emprego e valor engadido no rural O presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras; a adxunta á Presidencia de Aresa, Carlota López Pardo; o reitor da USC, Antonio López; a CEO do Grupo Lence, Carmen Lence; e o presidente da Comisión Científica Externa do Campus Terra, Marius Rubiralta, completan a composición do xurado encargado de fallar a edición deste ano. Na avaliación das candidaturas os membros xurado prestaranlle especial atención aos proxectos que xeren valor engadido e emprego no rural galego, á súa viabilidade económica, á creación de postos de traballo, á posta en valor dos produtos da terra de tradición galega, á recuperación de subsectores agrícolas e gandeiros tradicionais e á innovación en produtos que teñan potencial de desenvolvemento. Carlota López resumiu o obxectivo que persegue o Premio Aresa: “Premiar diferentes iniciativas e proxectos presentados por empresas, grupos de investigación, asociacións ou calquera outro tipo de entidade que contribúan á mellora do benestar das persoas que viven e traballan no medio rural”. Historial de premiados Na traxectoria deste importante galardón, que xa ten acadado un recoñecido prestixio no sector, figuran como premiados Novafrigsa (2000), o catedrático da USC Javier Guitián Rivera (2001), a Aula de Produtos Lácteos da USC (2002), o ex director xeral de Agricultura da Comisión Europea, José Manuel Silva (2003); a IXP Ternera Gallega (2004), o programa da TVG O Agro-Labranza (2005), a DO Ribeira Sacra (2006), os impulsores da queixería Casa Macán (2007), a Facultade de Veterinaria de Lugo (2008), Ingapan (2009), Acruga (2010), a SAT Monte de Trabada (2011), Champivil (2012), Alibós Galicia (2013), a DOP Queixo San Simón da Costa (2014), Agroamb (2015), a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galica, Ovica (2016), a Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo (EPSE) (2017), o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) (2018), a Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) (2019), a Cooperativa A Carqueixa, que resultou gañadora do premio na edición de 2020, e o Centro de Promoción Rural EFA-Fonteboa, galardoado o pasado ano.  

A EFA Fonteboa recibe o XXII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural pola súa labor de formación

Luis García, director da EFA Fonteboa, entre Álvaro Rodríguez, presidente de Aresa, e Antonio López, reitor da USC A Facultade de Veterinaria do campus de Lugo volveu ser este venres o escenario para a gala de entrega do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, como viña sendo habitual antes da chegada da pandemia. O seu auditorio acolleu de novo o acto final da vixésimo segunda edición deste galardón, que recaeu no Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa de Coristanco.  A cerimonia foi presidida polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López Díaz, quen estivo acompañado polo presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, e a presidenta da Asociación Nacional de Enxeñeiros Agrónomos, María Cruz Díaz Álvarez, que ofreceu a conferencia maxistral Desenvolvemento rural e desenvolvemento do campo, durante a que diferenciou claramente estes dous ámbitos e se centrou no desenvolvemento do campo e nas técnicas que se deberán afrontar ante o aumento da demanda de produtos e a importancia da seguridade alimentaria, todo nunha situación cambiante e tremendamente afectada pola actual guerra na Ucraína. Pola súa parte, Álvaro Rodríguez Eiras sinalou do gañador “o importante labor que desenvolve para o medio rural galego” e deu paso á vicepresidenta do grupo Aresa, Carlota López Pardo, quen tomou a palabra en nome da entidade. López Pardo recordou os piares fundamentais nos que se asentou a creación do galardón, como “a mellora do benestar das persoas que viven no rural e a transmisión das súas problemáticas ao resto da sociedade”, e alertou precisamente dunha desas eivas, “a falta de traspaso xeracional á fronte das explotacións gandeiras e de moitas empresas do mundo rural”. A necesidade de relevo xeracional no agro “O gañador desta edición, o Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa, é un excelente exemplo da importancia que ten a formación no futuro profesional da mocidade, e en consecuencia, de todo o sector. A súa contribución á incorporación de novos profesionais á agricultura e á gandería na nosa terra é clara e evidente e, por tanto, tamén o é a súa contribución ao desenvolvemento rural de Galicia”, apuntou. Ademais de reflectir o papel do premiado neste senso, Carlota López analizou a actualidade da gandería e da agricultura a nivel internacional: “A escalada dos prezos das materias primas, en máximos históricos, e as consecuencias, xa non só da pandemia, senón da ofensiva militar rusa en Ucraína, xa se notan nuns mercados financeiros desestabilizados e nun sector claramente afectado: o agro”.
Non podemos renunciar ao sector que nos proporciona alimentos, debemos ser capaces de garantir un medio rural rendible e sostible
Afirmou que “a situación é complexa, pero non nos queda máis remedio que afrontala. Non podemos renunciar ao sector que nos proporciona alimentos, debemos ser capaces de garantir un medio rural rendible e sostible e, nesta liña, traballaremos desde Aresa”, asegurou.

EFA Fonteboa, máis de 45 anos de formación

Un momento do acto de entrega de premios, este venres na Facultade de Veterinaria de Lugo O Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa fundouse en 1975 como iniciativa social para dar resposta ás necesidades de formación do ámbito rural e establecer un sistema pedagóxico innovador orientado á promoción do medio rural a través das persoas. Nos seus máis de 45 anos de andadura graduou a preto de 1.000 estudantes de formación profesional agraria, a maioría dos cales están incorporados a explotacións gandeiras ou traballan no sector agroalimentario, contribuíndo a fortalecer o tecido económico e social do rural galego. O reitor da Universidade de Santiago de Compostela e o presidente de Aresa entregáronlle a placa conmemorativa e os 10.000 euros cos que está dotado o premio a Luis García Fernández, director do centro. Tras a entrega do premio, Luis García dirixiuse ao auditorio enumerando os principios do proxecto educativo do centro e asegurou que “o mellor aval da candidatura son todos os nosos estudantes, os que a día de hoxe están traballando no sector gandeiro e agrícola de Galicia”.
Non se trata de capacitar para emigrar, senón para quedarse na terra, con compromiso social para mellorar a vida do rural
“A nosa razón de ser é a inserción profesional dos estudantes no propio territorio, pois non se trata de capacitar para emigrar, senón para quedarse na terra, con sentimento de pertenza e compromiso social para mellorar a vida do rural e salvagardar o patrimonio e os valores identitarios”, engadiu.  O palmarés do Premio Aresa Na traxectoria deste galardón, que xa acadou un recoñecido prestixio no sector, figuran Novafrigsa (2000), o catedrático da USC Javier Guitián Rivera (2001), a Aula de Produtos Lácteos (2002), o exdirector xeral de Agricultura da Comisión Europea, José Manuel Silva (2003), a IXP Ternera Gallega (2004), o programa da Televisión de Galicia O Agro-Labranza (2005), a DO Ribeira Sacra (2006), os impulsores da queixería Casa Macán (2007), a Facultade de Veterinaria de Lugo (2008), Ingapan (2009), Acruga (2010), a SAT Monte de Trabada (2011), Champivil (2012), Alibós Galicia (2013), a DOP Queixo San Simón da Costa (2014), Agroamb (2015), a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galica, Ovica (2016), a Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo, EPS (2017), o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, Craega (2018), a Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta, Asoporcel, (2019) e Cooperativa A Carqueixa, que resultou gañadora do premio na edición de 2020.

O Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa, galardoado co Premio Aresa

Os membros do xurado, momentos antes de desvelar o gañador do Premio Aresa deste ano A candidatura presentada polo Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa resultou a gañadora do XXII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, segundo deu a coñecer este mércores en Lugo o xurado encargado de emitir o ditame dun galardón que, na edición deste ano, recibiu 13 propostas. O xurado desta vixésimo segunda edición do Premio Aresa, nunha decisión adoptada por unanimidade, segundo subliñou o reitor da USC, Antonio López, tivo especialmente en conta o labor de formación e capacitación profesional que desenvolve o a EFA Fonteboa desde a súa posta en marcha en 1975 no municipio coruñés de Coristanco.
O Premio Aresa, convocado polo grupo empresarial lucense conxuntamente coa USC, contempla unha dotación en metálico de 10.000 euros
A maioría das persoas formadas en Fonteboa están xa incorporadas como profesionais en explotacións agrarias e contribúen así ao fortalecemento do tecido económico e social dos concellos rurais, segundo puxo de manifesto o xurado do XXII Premio Aresa, que se referiu ao Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa como unha iniciativa social capaz de dar resposta ás necesidades de formación advertidas no medio rural. Máis de 1.000 alumnos e alumnas formadas A actividade que realiza a EFA Fonteboa é especialmente importante para facer fronte a un dos grandes problemas que está a rexistrar o medio rural galego, como é o da falta de relevo xeracional, salientou Antonio López, para logo cifrar en máis de 1.100 o número de estudantes graduados nos distintos programas de Formación Profesional Agraria que se imparten neste centro.
O Premio Aresa mantén o mesmo espíritu co que foi creado hai 22 anos: contribuír ao progreso e ao benestar do rural galego
O reitor da USC, Antonio López, presidiu o tribunal encargado de resolver a vixésima segunda edición deste galardón nunha sesión celebrada na Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo. Completaron o xurado o presidente fundador de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, e Carlota López Pardo, adxunta á presidencia; a presidenta da Asociación Nacional de Enxeñaría Agrónoma, Mª Cruz Día; a CEO de Galchimia e presidenta do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida, Carmen Pampín; e a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel.
A entrega do galardón terá lugar, previsiblemente, o venres 11 de marzo no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo
A cerimonia de entrega deste galardón desenvolverase o vindeiro 11 de marzo, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo, aínda que o desenvolvemento desta gala, a través do que se busca recuperar o formato tradicional que de sempre caracterizou a entrega do Premio Aresa, podería rexistrar cambios en función da evolución da pandemia. Méritos dos finalistas Ademais de salientar os méritos da candidatura gañadora, os membros do xurado recoñeceron a calidade do resto de propostas presentadas: Proxecto de gandería extensiva de carne de vacún de Dolores Vázquez Carballés; Tres Fuciños SCG; Muuhlloa; Timbersoul; Traloagro; Amarelante; Consello Regulador da Denominación de Orixe O Cebreiro; Sistema comunal de xestión da Comunidade Montes Veciñais en Man Común de Couso (Pontevedra); Estratexia de loita ecolóxica fronte a praga da rata toupa; Carabuñas e Belacolmea.
A calidade, a innovación e a variedade de candidaturas presentadas dan conta da riqueza e da vida que agocha o medio rural de Galicia e do seu prometedor futuro
"A calidade, a innovación e a cantidade de candidaturas presentadas ao XXII Premio Aresa dan conta da riqueza e da vida que agocha o medio rural de Galicia así como do seu prometedor futuro", dixo Carlota López. Dacordo coas premisas establecidas nas bases da convocatoria do premio, o xurado valorou con especial atención as iniciativas e proxectos que contribúen a favorecer o desenvolvemento socioeconómico do medio rural, ao tempo que melloran a calidade de vida e o grao de benestar das persoas que viven nel, segundo indicou a adxunta á presidenta de Aresa.

Aberto o prazo para presentar candidaturas ao Premio Aresa até o 14 de xaneiro

Antonio López e Álvaro Rodríguez Eiras, na sinatura do convenio de colaboración dunha edición anterior do Premio O presidente do grupo Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, asinaron esta mañá de maneira telemática o convenio de colaboración que dá comezo a edición do ano 2021 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural.  Esta firma significa o inicio dunha nova convocatoria deste galardón, que chega á súa 22 edición e co que Aresa e a USC premian cada ano diferentes iniciativas e proxectos presentados por empresas, grupos de investigación, asociacións ou calquera outro tipo de entidade que contribúa á mellora do benestar das persoas que viven e traballan no medio rural, segundo se indica nas bases do certame. Trala sinatura deste convenio, a presentación de candidaturas pode realizarse xa nos rexistros, tanto físico como electrónico, dos campus de Lugo e Santiago de Compostela da USC dende hoxe mesmo ata o 14 de xaneiro de 2022. O Premio Aresa 2021 consta, como vén sendo habitual, dun diploma de mérito e dunha dotación económica de 10.000 euros. Premio de referencia Na traxectoria deste galardón, que xa acadou un recoñecido prestixio no sector, figuran Novafrigsa (2000), o catedrático da USC Javier Guitián Rivera (2001), a Aula de Produtos Lácteos (2002), o ex director xeral de Agricultura da Comisión Europea, José Manuel Silva (2003), a IXP Ternera Gallega (2004), o programa da Televisión de Galicia O Agro-Labranza (2005), a DO Ribeira Sacra (2006), os impulsores da queixería Casa Macán (2007), a Facultade de Veterinaria de Lugo (2008), Ingapan (2009), Acruga (2010), a SAT Monte de Trabada (2011), Champivil (2012), Alibós Galicia (2013), a DOP Queixo San Simón da Costa (2014), Agroamb (2015), a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galica, Ovica (2016), a Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo, EPS (2017), o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, Craega (2018), a Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta, Asoporcel, (2019) e Cooperativa A Carqueixa, que resultou gañadora do premio na edición de 2020.
Máis información: Bases Premio Aresa 2021

Crise de prezos das materias primas … Unha boa oportunidade para mellorar

Planta de fabricación de pensos multiespecie de Cecoagro en Begonte, pertencente ao grupo Aresa

“Non hai mal que por ben non veña”. O refraneiro é sabio e aínda que ás veces a realidade non é como nos gustaría podemos tentar ter unha visión positiva e sacar algo bo de momentos complexos como o que estamos a vivir. Convídovos a pararnos un momento e que reflexionemos xuntos. De feito, reflexionar debe ser parte do noso traballo e ás veces é mellor facelo en compañía, sobre todo se é xunto a profesionais do sector que poidan achegar solucións nesa continúa toma de decisións que esixen os animais e o campo.

A toma de decisións en base a criterios técnicos e novos coñecementos levou ao noso sector a experimentar un espectacular aumento de produtividade nas últimas décadas, unha especialización que se intensificará nos próximos anos

Esa toma de decisións en base a criterios técnicos e novos coñecementos levou ao noso sector a experimentar un espectacular aumento de produtividade nas últimas décadas. Esa evolución segue hoxe en día e probablemente nos próximos anos se intensifique, polo que teremos que adaptarnos a novos cambios e necesitaremos especializarnos cada vez máis. A demanda de alimentos segue crecendo e a superficie cultivable é limitada, iso unido a outros factores fai que os prezos das materias primas teñan oscilacións. Isto non é nada novo, pero nesta ocasión prodúcese nun contexto inquietante e cun aumento tan radical de prezos que preocupa ao sector.

A demanda de alimentos segue crecendo e a superficie cultivable é limitada, iso fai que os prezos das materias primas sufran oscilacións

Si, os prezos actuais das materias primas son alarmantes. A obriga de afrontar ese problema pode ser unha boa oportunidade para fomentar melloras, para eliminar produtos obsoletos e impulsar novas formas de facer as cousas coa axuda da tecnoloxía e os novos coñecementos. Pero, por onde empezamos?

Asesoramento profesional

En CECOAGRO ofrecemos un servizo de asesoramento persoal, porque non hai unha solución xeral senón solucións individuais para cada caso concreto. Contacta con nós para facer unha auditoría e reflexionar sobre estas e outras preguntas:
Que estás a facer mal? Como mellorar?
Como aproveitar mellor os recursos propios?
Que comprar? Que necesitas e que non necesitas?
A quen comprar? Que provedor é o máis adecuado?
Prezo ou calidade? Alternativas en momentos de prezos elevados

CECOAGRO conta cun equipo multidisciplinar dedicado a axudar aos profesionais para mellorar o rendemento dos seus negocios

É o momento de buscar alternativas de mellora cun asesoramento profesional que se basea en criterios técnicos e nos resultados económicos para poder reducir custos e, sobre todo, para aumentar o beneficio mesmo nestes tempos. CECOAGRO conta cun equipo multidisciplinar dedicado a axudar aos profesionais a mellorar o rendemento dos seus negocios.

Confianza nun grupo líder

Nestes tempos de inestabilidade é máis importante ca nunca confiar as nosas decisións e as subministracións da nosa gandería a unha empresa solvente. Máis de 50 anos axudando aos agricultores e gandeiros avalan a traxectoria do grupo Aresa neste sector.

CECOAGRO dispón dunha ampla gama de produtos de calidade para todo o sector agrícola e gandeiro

E no contexto actual de extremada volatilidade, tratamos de achegar certeza, seguridade e garantía aos nosos clientes. Desde o nacemento de CECOAGRO en 2003, a división dedicada a central de compras, complementamos a fabricación propia de pensos e fertilizantes cunha ampla gama de produtos de calidade para todo o sector agrícola e gandeiro:

– FERTILIZANTES
– EMENDAS CALIZAS
– FITOSANITARIOS
– SEMENTES
– ENSILAJE E ADITIVOS
– PENSOS DE GANDERÍA
– PENSOS DE MASCOTAS
– HIXIENE GANDEIRA
– XARDINERÍA

Aposta pola calidade

Anos de experiencia no sector agrícola-gandeiro fan que comprendamos e coñezamos á perfección as necesidades dos nosos clientes para adaptarnos a elas. Un dos piares do noso negocio é garantir un bo servizo. Os nosos produtos sempre chegarán no prazo, a forma e as condicións acordadas.

Non nos conformamos con cubrir as túas necesidades, queremos superar expectativas e innovar cada día. Os nosos produtos e servizos están en constante mellora e máis que un provedor, queremos ser un socio estratéxico.

Os nosos produtos sempre chegarán no prazo, a forma e as condicións acordadas

Creamos produtos e servizos da máis alta calidade para mellorar a produtividade e a sustentabilidade das explotacións. En definitiva, con solucións que che permitan xerar máis valor.

Producimos e comercializamos pensos naturais de alta calidade, destinados a todas as especies. Facémolo sempre elaborando fórmulas personalizadas, seguras e sostibles. A adaptación ao cliente é a nosa base, tomamos nota dos seus requisitos nutricionais para, a continuación, desenvolver os mellores produtos en cada ciclo produtivo dos animais.

Desenvolvemos fórmulas personalizadas para cada ciclo produtivo dos animais

A nosa aposta pola calidade é total. Desde a selección de materias primas, pasando por todos os procesos produtivos, asegurando desta forma a trazabilidade en todo momento. Os nosos produtos elabóranse con materias primas 100% naturais, cos máis altos estándares de calidade, que perseguen o coidado e o benestar do chan, dos cultivos e dos animais. Un coidado no que tamén queremos participar mediante un asesoramento técnico e personalizado que permite ao cliente optimizar o uso de todos os nosos produtos.

Maximizar o índice de conversión co mínimo custo

Centrándonos na alimentación, que facemos coa alimentación animal en tempos de crise? Sabemos que é o principal gasto e que o que compramos segue subindo. Pero os animais non entenden de crises, para eles non cambiou nada e seguen tendo exactamente as mesmas necesidades nutricionais para alimentarse e ter un bo rendemento. Se non queremos reducir o noso beneficio hai que alimentalos ben, pero a xestión é clave, necesitamos ter datos para tomar decisións e maximizar o índice de conversión co mínimo custo posible.

Os animais non entenden de crises, para eles non cambiou nada; se non queremos reducir o noso beneficio hai que alimentalos ben

O nutrólogo, ademais de formular ben, debe estar informado e implicado nas medidas que se toman na explotación e facer un seguimento da granxa para conseguir os obxectivos marcados. Ademais, é indispensable ter unha planificación dos alimentos que necesita a granxa, tanto propios como comprados, para ter unha estratexia que permita dar estabilidade e conseguir o que queremos ao mellor prezo.

É indispensable ter unha planificación dos alimentos que necesita a granxa, tanto propios como comprados, para ter unha estratexia que permita dar estabilidade e conseguir o que queremos ao mellor prezo

En CECOAGRO queremos achegar o noso traballo e coñecemento para contribuír ao futuro desenvolvemento do sector. Temos un servizo de asesoramento técnico e dispoñemos dunha fábrica de pensos multiespecie localizada en Begonte (Lugo) para ofrecer todo tipo de materias primas, mesturas e pensos para toda Galicia adaptándonos ás necesidades de cada cliente.

Se queres unha opinión técnica para mellorar a rendibilidade da túa explotación ou resolver calquera dúbida en alimentación animal podes contactar con nós.

CECOAGRO
Lugar de Uriz, Carretera N-VI km 518 (Begonte)
Teléfono: 982390052
Email: info@cecoagro.com