Archives

Alúgase ou véndese moderna gandaría de vacún de leite en Rodeiro

Alúgase ou véndese unha moderna gandaría de vacún de leite en Rodeiro (Pontevedra), construída no ano 2009. Nave para 60 vacas en produción, fosa de xurro de 600 metros cúbicos, 3 silos de 40X6 metros, instalacións para vacas secas coas condicións adecuadas para o seu manexo, sala de muxido de 10 puntos con retirada e medición automáticas. A nave está dentro dunha parcela de 3,9 hectáreas. Acceso directo desde a vía pública. Actualmente atópase en funcionamento e en moi boas condicións coa posibilidade de poder ampliar. Opción de dispor tamén da base territorial da explotación, unhas 30 hectáreas de terreo nun radio próximo. Opción de venda ou de aluguer. As persoas interesadas chamar ao 661443199

Alúgase ou véndese en Outeiro de Rei granxa para 130 vacas en muxido

SAT Hedra, unha granxa con capacidade para 130 vacas en muxido, aluga ou vende as súas instalacións en Outeiro de Rei (Lugo), a causa da xubilación dos seus tres socios. Tamén se inclúe a posibilidade de alugar a súa base territorial: unhas 70 hectáreas. O establo conta tamén con nave para vacas secas e recría e con todos os componentes dunha granxa moderna: cubículos, arrobadeira, dúas fosas de xurro e 7 silos de paredes. A sala de muxido é unha autotándem de 10 puntos e o tanque de frío ten unha capacidade de 8000 litros. As persoas interesadas poden chamar ao 626819456. Mellor a mediodía ou a primeira hora da tarde.

Alúgase explotación gandeira en Paradela (Lugo)

Alúgase explotación gandeira de vacún no concello lucense de Paradela. Establo de 900 metros cadrados con 62 cubículos, sala de muxido de 10 puntos, e 2 naves anexas para recría con 250 metros cadrados cada unha. Dous tanques de frío de 2.200 e 1.000 litros de capacidade e muíño de cereal para tractor. Silo de almacenaxe de cereal con capacidade para 10 toneladas. Fosa de xurro cuberta con capacidade para 700.000 litros e 3 silos de cemento para a forraxe, con medidas 30x7x2 metros. Base territorial de 20 hectáreas de terreo en 5 parcelas cercadas todas elas e con auga, a máis afastada está a 300 m da granxa Persoas interesadas chamar ao 699045144 (Eliseo).

Alúgase granxa de vacún de leite na Baña

Alúgase granxa de vacún de leite na Baña (A Coruña), por falta de relevo xeracional. Establo con capacidade para 90 vacas en muxido. Totalmente equipado con cornadizas, bebedoiros, comedeiro de aceiro inoxidable, cubículos, arrobadeira...etc. Dispón tamén de 3 silos de formigón de 40x9 metros. Sala de muxido de 8 puntos marca SAC. Tamén dispón de nave de recría con capacidade para 20 animais. Tamén se aluga a base territorial, unhas 20 hectáreas próximas ao cortello. Teléfono de contacto: Dosinda tef.:981894357 / 699651468 Soamente persoas interesadas

Alúgase gandaría en Oza dos Ríos

Alúgase gandaría de vacún de leite no concello coruñés de Oza dos Ríos, en concreto na aldea de Martín. A gandaría conta con dous establos: un para vacas adultas, con 36 prazas, tanque de leite de 3200 litros e sala de muxido de 8 puntos. E o outro para tenreiras e xovencas, con 42 prazas. A granxa conta cunha base territorial de 40 hectáreas, con posibilidade de ampliala en 10 hectáreas máis. As persoas interesadas chamar ao teléfono 615375853 (Manolo).

Alúgase gandaría con 2 robots de muxido en Cantabria

Alúgase explotación gandeira en funcionamento en Santa Cruz de Bezana (Cantabria). Establo moderno con capacidade para 250 animais, dos que sobre 140 en muxido. Conta con dous robots Lely A4 e un tanque de frío de 12000 litros. Dispón de nave para recría, 4 silos en trincheira, carro mesturador propio...etc. O aluguer inclúe 12 hectáreas con posibilidade de ampliar até máis de 35 hectáreas. Interesados imprescindible visitala. Teléfono: 650804018 (Ángel)

Alúgase explotación gandeira en Sarria

Alúgase explotación gandeira en Paradela (Sarria). Gandería con estabulación libre con capacidade para 42 vacas e instalacións para o cebo de becerros. Dedicada a vacún de carne -o alugueiro inclúe opcionalmente 12 vacas de raza Rubia Galega que actualmente quedan na explotación-, aínda que se pode reconverter a vacún de leite. A corte inclúe tamén fosa de xurro ben dimensionada. A explotación está en pastoreo e inclúe unha base territorial de 29 hectáreas en propiedade próximas ao establo. Non se inclúe maquinaria agrícola. Únicamente chamar persoas interesadas. Teléfono 639 66 37 99 (Carmen)

Alúgase explotación de vacún de leite en Arteixo

Alúgase gandería de vacún de leite en Arteixo por falta de relevo. O aluguer inclúe o establo e as fincas, 25 hectáreas de base territorial, das que 6 hectáreas están nunha soa parcela arredor da explotación, e as restantes repartidas por varias fincas. O establo ten capacidade para 20 vacas en muxido e con posibilidades de ampliación. Instalacións tamén para a recría e sala de muxido de 4 puntos. Prezo a negociar. As persoas interesadas poden enviar un correo electrónico a marjogarber@yahoo.es ou chamar ao teléfono 627 678 468 (Antonio).