Archives

ICL demostra en campo a eficacia do seu programa de fertilización integral para millo

Os ensaios realizados en diferentes parcelas nestes últimos tres anos confirman a eficacia do abonado integral de ICL para o cultivo do millo desenvolvido pola firma especializada en fertilización agraria Agromaster. O programa de ICL para o cultivo do millo consiste na aplicación de tres produtos: Agromaster con tecnoloxía de encapsulado E-Max, Agromaster Start Mini con tecnoloxía Poly-S e o abono foliar Agroleaf Power, con M-77.

Co plan de abonado de ICL, puideron comprobar ao longo deste tres anos o bo estado sanitario do millo en tódalas leiras, cunha boa cor e sen ningún tipo de carencia. “As colleitas foron excelentes tanto en calidade como en cantidade, observando a primeira ollada todas as espigas perfectamente calladas e demostrando con feitos a eficacia e rendibilidade da solución integral para millo de ICL”, reivindican desde Agromaster.

Tecnoloxías E-Max e Poly-S

ICL conta cunha ampla experiencia na fabricación de encapsulados para crear produtos cun tempo de liberación moi preciso que se indica en cada produto. Así, o fertilizante Agromaster utiliza a tecnoloxía E-Max, que é unha tecnoloxía de liberación controlada consistente nunha cuberta de polímero que mellora a utilización eficiente do nutriente. A liberación dos nutrientes baséase na humidade e na temperatura, ofrecendo valores de lonxevidade predicibles e reducindo a cantidade de nitróxeno que se libera ineficazmente á atmosfera, os custos de aplicación e os valores excesivos de salinidade prexudiciais para a planta cando se aplica o fertilizante de forma localizada. Ademais, aumenta a seguridade, rendibilidade e eficacia do fertilizante.

Funcionamento da tecnoloxía E-Max.

Pola súa banda, Agromaster Mini utiliza a tecnoloxía Poly-S, que é outra tecnoloxía de ICL baseada nun encapsulado de xofre e un polímero. A liberación do nutriente coa tecnoloxía Poly-S é menos dependente da temperatura e o compoñente de xofre do encapsulado engade valor nutritivo ao produto. Neste cultivo de millo utilizouse Agromaster Mini 21-21-5, a unha media de entre 30 e 50 quilos por hectárea localizado na zona de sementeira. Con iso conseguimos un mellor arrinque independentemente das condicións que teñamos.

Claves da tecnoloxía Poly-S.

Recomendacións para o abonado ICL

Desde Agromaster proporcionan unhas recomendacións a seguir no plan ICL para lograr bos resultados no cultivo do millo:

– Na sementeira recomendan aplicar Agromaster 27-10-10 co 30% do Nitróxeno encapsulado con E-Max de 3-4 meses de lonxevidade, a 500-1.000 quilos por hectárea, así como o fertilizante starter Agromaster Start Mini 21-21-5 co 40% do Nitróxeno encapsulado e tecnoloxía Poly-S, a dose de 30-50 quilos por hectárea e aplicado preto da semente.

– Ás poucas semanas é preciso aplicar o herbicida, mesturado cun abonado foliar, Agroleaf Power 31-11-11, a dose de 4-6 quilos por hectárea. “O abonado Agroleaf Power axuda a que a planta salga antes do estrés provocado polo herbicida e a que este actúe con maior eficacia sobre as malas herbas”, detallan.