Archives

Prezo medio de 3609 euros por animal na poxa de gando frisón de Boimorto

Este domingo celebrouse no concello coruñés de Boimorto a oitava Poxa de Gando de Leite, organizada por Africor Coruña e o municipio no marco da feira de maquinaria agrícola e forestal MAGRECO. Vendéronse 11 dos 13 animáis que sairon a poxa (tanto xovencas preñadas como vacas paridas) por un prezo medio de 3609 euros, bastante por riba das últimas subastas (a modo de exemplo, na de Santa Comba a media roldou os 2794 euros). É certo que esta media elevouse grazas ao animal que acadou a máxima cotización, Saamil Torrel 3153, que foi adquirida por 6100 euros por José Ramón Carballeiro Becerra, que tamén comprou outros tres animais. Estes foron os resultados da poxa: 

Estes son os 13 animais que este domingo se poxarán en Boimorto

Este domingo, 24 de marzo, celébrase no concello coruñés de Boimorto a oitava Poxa de Gando de Leite, organizada por Africor Coruña e o municipio no marco da feira de maquinaria agrícola e forestal MAGRECO. A poxa comezará ás 12 da mañá e cada comprador recibirá como obsequio por parte de Xenética Fontao S.A. 3 doses de seme de RIPLEY e 3 de SUNDOWNER. Esta son as ganderías participantes e os 13 animáis que sairán a poxa (tanto xovencas preñadas como vacas paridas):

Descarga aquí o catálogo completo

Resultados da Poxa de Gando Frisón de Ordes

Este domingo celebrouse a Poxa de Gando Frisón de Mesón do Vento, no concello coruñés de Ordes, organizada por Africor Coruña, en colaboración coa alcaldía do municipio.

Finalmente adxudicáronse 11 dos 14 animais que saíron á venda, todos eles vacas en lactación procedentes de ganderías coruñesas. O prezo medio foi de 3127 euros por animal, cun máximo de 3950 euros que se pagou por Cerdeiras Pepsi Clarisa Et, vendida por Granxa Cundíns Sl e mercada por Ganadería Carreira Sl., de O Íncio (Lugo). Velaquí os resultados completos:  

Estes son os animais que se poxarán este domingo en Ordes

Este domingo, 10 de marzo, celebrarase no Mesón do Vento (Ordes-A Coruña), a xa quinta Poxa de Gando Frisón, organizada por Africor Coruña e o Concello de Ordes, en colaboración coa Xunta de Galicia. A poxa celebrarase no mercado gandeiro a partir das 12:00 horas. Estas son as ganderías participantes: Foron preseleccionados 14 animais, as cales atopanse todas en lactación. Son estas:

Descarga aquí o catálogo da poxa

Media de 2794 euros por animal na Poxa de Gando Frisón de Santa Comba

Este domingo celebrouse na localidade coruñesa de Santa Comba a edición número vintecinco da súa Poxa de Gando Frisón, organizada por Africor Coruña, en colaboración co concello, a deputación, Xunta de Galicia e a cooperativa Xallas. Finalmente vendéronse 27 animais cun prezo medio de 2794 euros, unha cotización alta na liña das últimas subastas celebradas en Galicia. O prezo máis alto acadouno GRILLE DELTA LAMBDA AL 1756, da gandería Grille S.Cooperativa, que foi adquirida por 3.900 euros por Granxa Riveiro, de Vimianzo (A Coruña). Velaquí os resultados completos:

Estes son os 28 animais que este domingo se poxarán en Santa Comba

A localidade coruñesa de Santa Comba celebra este domingo, 21 de xaneiro, a edición número vintecinco da súa Poxa de Gando Frisón, organizada por Africor Coruña, en colaboración co concello, a deputación, Xunta de Galicia e a cooperativa Xallas. A cita será a partir das 11:00 horas no recinto feiral. Velaquí a listaxe de animais e das ganderías de prodencia:

Xornadas técnicas o venres

No marco desta poxa este venres celebraranse no edificio multiúsos unhas xornadas técnicas co seguinte programa:

Descarga aquí o católogo

Resultados completos da poxa de gando frisón de Mazaricos

O recinto feiral da Picota (Mazaricos, A Coruña) acolleu a mañá deste domingo, 3 de decembro, a edición número quince da Poxa de Xovencas de Raza Frisona Memorial José Moreira, organizada por Africor Coruña e o Concello de Mazaricos. Sairon a venda un total de 26 animais, tanto xovencas como primeirizas, procedentes de ganderías da comarca, e finalmente vendéronse todas, cun prezo medio de 3168 euros. O prezo máximo acadado foron 5450 euros que se pagaron por Cerdeiras Pepsi Clara ET, de Granxa Cundins SL, e que foi adquirida pola SAT Busto Corzón, de Mazaricos. Velaquí os resultados completos:

Estas son as 26 xovencas e vacas que sairán a venda este domingo en Mazaricos

O recinto feiral da Picota (Mazaricos, A Coruña) acollerá este domingo, 3 de decembro, a edición número quince da Poxa de Xovencas de Raza Frisona Memorial José Moreira, organizada por Africor Coruña e o Concello de Mazaricos. Sairán a venda un total de 26 animais, entre xovencas e primeirizas, procedentes de ganderías da provincia da Coruña. As poxas darán comezo ás 11:00 horas e ao finalizar haberá sorteos de varios agasallos valorados en 2.000 euros. O prezo de saída de cada lote, que se dará a coñecer no momento da exhibición, será fixado polo propietario e a comisión organizadora. Os compradores recibirán como agasallo 3 doses de seme de cada un dos touros “GABRIELLE” e “GIGANTIC”, obsequio de Xenética Fontao

Ganderías participantes:

Animais que sairán a poxa:

Descarga aquí o catálogo da poxa

Resultados completos da Poxa de Gando de Boimorto

Este domingo celebrouse a Poxa de Gando de Boimorto, organizada por AFRICOR Coruña en colaboración co concello de Boimorto, dentro da feira gandeira e de maquinaria agrícola MAGRECO. Finalmente saíron a poxa e vendéronse 12 vacas recén paridas procedentes de ganderías coruñesas, 10 frisoas e 2 de raza jersey. O prezo medio acadado foi de 3.300 euros por animal, cun máximo de 4.100 euros que se pagou por Campa Mascalese 963, da gandería SAT A Campa, e que foi adquirida pola gandería Xesteiro de Zas. Por 100 euros menos adxudicouse Ilma Accelerenown 595, da gandería SAT Ilma, que foi mercada por Miguel Cao Pombo, de Santiago de Compostela. Velaquí os resultados completos:

Estas son as 12 vacas que se poxarán este domingo en Boimorto

Este domingo, 26 de marzo, celebrarase no concello coruñés de Boimorto, dentro da Feira MAGRECO, a VII Poxa de Gando de Leite, organizada por Africor Coruña e o Concello de Boimorto. A poxa comezará ás 12:00 e sairán a venda12 vacas, todas elas recién paridas. En concreto, sairán a venda 10 animais de raza Frisoa e 2 de raza Jersey, algo novidoso neste tipo de poxas en Galicia, e que proceden da gandería Sat A Campa, de Curtis. XENÉTICA FONTAO S.A. obsequiará ademais a cada omprador con 3 doses de seme de “GABRIELLE”, e 3 de “GIGANTIC”. Velaquí as ganderías participantes: Esta é a lista dos animais que sairán a poxa:

Descarga aquí o catálogo

Resultados completos da Poxa de Gando Frisón de Santa Comba

Este domingo celebrouse a Poxa de Gando Frisón de Santa Comba, organizada por AFRICOR Coruña en colaboración co concello de Santa Comba. Finalmente saíron a poxa e vendéronse 19 vacas recén paridas procedentes de ganderías coruñesas. O prezo medio acadado foi de 3.653 euros por animal, cun máximo de 5.100 euros que se pagou por Cundins Amapola Unstopabull, da gandería Cundins, que foi adquirida pola gandería Xesteiro de Zas.  Fonte: AFRICOR CORUÑA

Estes son os 23 animais que este domingo se poxarán en Santa Comba

Este domingo, 19 de marzo, celebrarase no recinto feiral de Santa Comba a Poxa de Gando Frisón, organizada por Africor Coruña e o Concello de Santa Comba. A poxa comezará ás 11:00 e sairán a venda 23 animais, todas elas recién paridas. XENÉTICA FONTAO S.A. obsequiará ademais a cada omprador con 3 doses de seme de “GABRIELLE”, e 3 de “GIGANTIC”. Velaquí as ganderías participantes: Esta é a lista dos animais que sairán a poxa:

Descarga aquí o catálogo

Media de 3.478 euros por animal na poxa de gando frisón de Ordes

Este domingo, 12 de marzo, celebrouse no concello de Ordes a IV Poxa de Gando Frisón, organizada AFRICOR CORUÑA e o Concello de Ordes en colaboración coa Xunta de Galicia. Finalmente vendéronse 9 dos 11 animais preseleccionados, todos eles vacas en lactación, procedentes de ganderías de concellos limítrofes. O prezo medio foi de 3.478 euros por animal, claramente por riba da media de poxas anteriores. O prezo máis alto acadado foron os 4400 euros qe se pagaron por G. Dubra S.C. Webster 724, procedente de Ganadería Dubra SC e que foi adquirida por José Ramón Carballeiro Becerra, de Tordoia. Velaquí a lista completa dos animais vendidos:

Poxa de gando frisón este domingo en Ordes: Estes son os animais que sairán a venda

Este domingo, 12 de marzo, celébrase no concello de Ordes a IV Poxa de Gando Frisón, organizada AFRICOR CORUÑA e o Concello de Ordes en colaboración coa Xunta de Galicia. A cita será ás 12:00 da mañá no Mesón do Vento. Foron preseleccionados 11 animais, todas eles vacas en lactación, e procedentes das seguintes ganderías: Cada comprador recibirá como obsequio 3 doses de seme de Gabrielle e 3 de Gigantic, por cortesía de Xenética Fontao. Velaquí o pedigrí dos 11 animais seleccionados:

Descarga aquí o catálogo da poxa.