Archives

Gandeiros da Limia únense para crear unha ADS e buscan veterinario

Unhas 75 ganderías de vacún de carne en extensivo e semiextensivo das comarcas ourensás da Limia e da Baixa Limia mantiveron este domingo unha segunda xuntanza para a creación dunha ADSG (Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira). Até o de agora non dispuñan deste servizo o que dificultaba e encarecía notablemente acceder a un veterinario, especialmente nos concellos da Baixa Limia. A esixencia nos vindeiros meses do veterinario da explotación foi o impulso definitivo que levou a estas ganderías a plantearse a creación dunha ADSG que, se todo vai segundo o previsto, comezaría a funcionar en xuño, dando cobertura veterinaria a entre 1800 e 3000 vacas reprodutoras, segundo o número de ganderías que finalmente se sumen á iniciativa. Jose Bailón, propietario de gandería “Rectoral Santa Baia”, en Trasmiras, e impulsor da iniciativa, primeiro a través dun grupo de washapp, explica que a iniciativa xurdiu “debido á necesidade de que por lei este ano necesitamos un veterinario de explotación, que controle as enfermidades contaxiosas como IBR, BVD, neoesporas, tuberculose ademáis de ser preciso para facer un desparasitado anual do gando en presenza del, entre outros cometidos.” “Agora, o veterinario sanitario ten que estar asociado á explotación, é dicir, el asinará a documentación para acreditar que a explotación está ben para seguirmos cobrando as axudas. Por tanto, ten que estar de man e asalariado, mais é imposible ter unha persoa vinculada á túa explotación doce meses ao ano. Entón, nace a posibilidade de crear unha ADS. En Maceda xa hai unha e o mesmo en Viana. A idea é crear esta ADS entre A Limia e A Baixa Limia, pois unha soa comarca non reuniría vacas abondo para crear unha ADS”, explica José Bailón.

Buscan un veterinario

De momento están tentando sumar o maior número posible de ganderías de vacún nas dúas comarcas para chegar a polo menos 3000 cabezas reprodutoras, o mínimo esixible para que sexa viable contratar a un veterinario a xornada completa. De non ser posible, comezarían contratando a un veterinario a media xornada. “Por iso estamos facendo un chamamento en redes sociais a todos os gandeiros que descoñecen a obrigatoriedade do veterinario sanitario para que nos contacten. Así aumentaremos a cantidade de cabezas e termos un veterinario a tempo completo entre A Limia e A Baixa Limia. Se non chegamos a eses números teremos que comezar cun veterinario a tempo parcial”, explica. Asemade, están xa a buscar tamén un veterinaria para traballar para esta nova ADS. As persoas interesadas poden chamar ao  665 82 01 71

Recomendacións para o cultivo da horta en decembro

O mes de decembro é dos de menor actividade na horta, momento que podemos aproveitar para planificar ben as labores, as rotacións de cultivos e as plantacións de 2024. Tamén podemos aproveitar para facer unha labor de revisión e mantemento tanto do material de traballo na horta, como das sebes ou muros da mesma. Sementeiras: En canto ás sementeiras, e seguindo o dito de “Se queres bo allal, plántao en Nadal” podemos empezar a plantar allos e bulbos de cebola. A tradición popular recomenda facelo en lúa minguante, para favorecer o desenvolvemento do bulbo. Neste mes, a lúa minguante comezou o día 5 e alóngase até o día 13. Tamén podemos plantar chícharos e fabas lobas. Se é para autoconsumo, recoméndase plantar estas leguminosas de xeito escalonado, por exemplo en tres veces entre decembro e febreiro, para que a colleita tamén sexa escalonada e non nos veña todo o froito xunto. Para aquelas zonas de clima máis temperado e benigno, sobre todo no sur de Galicia e nas zonas de costa, onde non se rexistran xeadas, pódense empezar a plantar as patacas temperás a finais de decembro, para ter unha colleita en abril ou maio. O mesmo se pode facer baixo invernadoiro. Colleitas: Polo demais, neste mes a nosa horta seguirá producindo porros, remolacha de mesa, escarola..etc, todos elas plantas resistentes ás xeadas. E por suposto, seguiremos recollendo repolo, brócoli, coles, ou couveflor, así como nabizas. En definitiva, verduras de alta calidade nutritiva que son a mellor garantía dunha boa saúde. Coidados do solo: -Recoméndase non deixar o solo da horta nú durante o inverno xa que as xeadas reducirían a súa fertilidade. Neste sentido, se non imos plantar nada ata a primavera aconséllase cubrilo cunha cuberta vexetal (herba, follaxe, toxos…etc) que aumentará a actividade biolóxica do solo, reducirá a aparición de malas herbas á vez que esa materia orgánica irase descompoñendo para incorporala ao solo na primavera. -Asemade, recoméndase, do mesmo xeito que nos demais meses, seguir elaborando compost orgánico con restos de peladuras, herba cortada, follaxe…etc. Esta materia orgánica é a garantía dunha horta viva e produtiva .

“A intención do Ministerio é pasar a un programa nacional obrigatorio frente á IBR no 2025”

Un foro celebrado no CIAM de Mabegondo reuniu en xuño a especialistas do Ministerio de Agricultura, entre eles Elena García, e de distintas comunidades autónomas con veterinarios de ADSG e das oficinas agrarias comarcais A rinotraquis infecciosa bovina (IBR) está amplamente estendida entre a cabana gandeira. A pesar dos esforzos realizados nos últimos anos, a situación en comunidades como Galicia dista moito de permitir a súa erradicación a curto prazo, mentres a nivel europeo países como Alemaña foron xa declarados libres de IBR. Ante esta realidade, o Ministerio de Agricultura pretende dar un paso adiante cun programa obrigatorio de control da enfermidade, o que implicará un maior esforzo por parte das ganderías. Elena García Villacieros, xefa do servizo de Epidemioloxía do Ministerio de Agricultura, participou recentemente nunha xornada técnica organizada no CIAM de Mabegondo, onde avanzou algúns dos cambios que se aveciñan no control desta enfermidade.
Mediante o Real Decreto 554/2019 (modificado en 2021) creouse o actual programa voluntario de IBR en España
Neste momento en España non existe un plan nacional de control de IBR que especifique as probas de diagnóstico a utilizar, os pasos para seguir e obxectivos a acadar, a certificación das granxas e as condicións para a adquisición e mantemento das diferentes cualificacións. É dicir, cada comunidade autónoma pode desenvolver os seus propios programas. Unificar eses criterios é o obxectivo do Programa Nacional contra IBR que se prevé obrigatorio a partir de 2025. De programa voluntario a obrigatorio “A situación epidemiolóxica da enfermidade en España é endémica nas zonas de maior densidade de gando, cunha seroprevalencia en rabaños de carne e leite do 60% e entre o 25 e o 40% dos animais, aínda que a situación varía notablemente entre comunidades autónomas”, explica a xefa do servizo de Epidemioloxía do Ministerio de Agricultura.
A enfermidade é endémica nas zonas de maior densidade de gando
“En Europa, países como Alemaña, Dinamarca, Suíza, Austria, Suecia, Noruega e Finlandia foron xa declaradas zonas libres de IBR. En España a día de hoxe o 90% das explotacións están encadradas na categoría IBR0, é dicir, non están a aplicar un programa de erradicación da enfermidade, pero queremos avanzar. É necesario baixar o nivel de prevalencia, porque unha vez presentemos o programa á Comisión Europea só hai 6 anos para declararse libres”, aclara Elena.
Unha vez presentado o programa nacional á Comisión Europea hai que lograr declararse libres en 6 anos
O Ministerio de Agricultura creou un Grupo de Traballo sobre IBR no que participan as comunidades autónomas e distintos axentes. “É moi importante a implicación do sector, porque sen esa implicación o programa non tería éxito, pero as organizacións do sector están de acordo”, asegura. Distintas velocidades O Ministerio prevé distintas velocidades para a consecución dos obxectivos que se fixen no novo Real Decreto en función da situación de cada comunidade autónoma e do nivel de prevalencia da enfermidade en cada zona. “O programa voluntario nalgúns casos non funcionou e temos o obrigatorio enriba. Andalucía, Galicia e País Vasco son as comunidades que van máis avanzadas no programa, pero non hai información noutras comunidades que non fixeron practicamente nada”, lamenta a responsable do Ministerio.
Algunhas comunidades van máis avanzadas que outras e poderán declararse libres de IBR antes, igual que ocorre coa tuberculose
Por iso, prevese que se unha comunidade avanza máis rápido que as demais poida declararse libre de IBR, do mesmo xeito que está a suceder agora con outras enfermidades como a tuberculose. Das 135.532 explotacións existentes en España (alta en REGA) hai cualificadas 104.883 ganderías, das que unhas 5.000 serían IBR4 (negativas a gE) e IBR4+ (negativas a gB). Delas, unhas 1.600 están en Galicia. Discrepancias na clasificación das explotacións Un dos aspectos que deberá abordar o Programa Nacional contra IBR é a unificación de criterios na clasificación das explotacións, xa que na actualidade utilízanse clasificacións diferentes nas distintas comunidades autónomas.
Galicia ten un gran número de explotacións cualificadas como IBR2 que o Ministerio clasifica como IBR0
“Temos que chamar ás cousas todos da mesma maneira e para iso deberán definirse uns requisitos comúns para encadrar a unha gandería nun ou outro nivel, sen perder a referencia da regulamentación europea”, indica Elena. Para ser cualificada como IBR4 a explotación non pode ter casos positivos nos últimos 12 meses nin ter vacinado a ningún animal nos últimos 2 anos. Estar declarada libre de IBR ten vantaxes para as ganderías á hora de comercializar os seus animais, xa que unha explotación IBR0 só poderá vender a outra explotación IBR0, mentres unha explotación IBR4 poderá vender o seu gando a ganderías encadradas en calquera categoría, coa vantaxe que isto supón á hora de comercializar animais, que alcanzarán un maior valor no mercado. Estratexia de vacinación Practicamente en todas as comunidades autónomas hai xa implantadas axudas para control fronte a IBR: 14 delas dan algún tipo de axuda para vixilancia da enfermidade e 6 comunidades subvencionan a vacinación. Con todo, existen discrepancias en canto ás estratexias de vacinación seguidas.
O Ministerio nunca creu en dar axudas ás vacinas, como fai Andalucía
“Nalgunhas rexións vacínanse todas as explotacións e noutras, como en Galicia, actúase en función da prevalencia, vacinando só as explotacións cunha prevalencia superior ao 10% medida no tanque de leite”, explica Elena, que avanza que “a idea do Ministerio é non subvencionar vacinas, senón a toma de mostras e os kits de diagnóstico”. Restrición de movementos A xefa do servizo de Epidemioloxía do MAPA recoñece que se detectaron algúns problemas e dificultades para a implementación dun Programa Nacional obrigatorio e recoñece que “quizais haxa que flexibilizar algunhas medidas no caso das explotacións pequenas”. “Vai haber problemas na restrición de movementos, pero non se estableceu aínda se se impedirá só vender para vida pero non enviar a matadoiro ou cebadeiro, ou se se inmobiliza a explotación para todo tipo de movementos”, indica.
Poida que sexa necesario establecer algunha transitoria para o movemento de animais, porque senón o impacto pode ser tremendo
“Poderían establecerse algunhas medidas con carácter transitorio en canto aos movementos entre explotacións, porque senón o impacto pode ser tremendo”, admite. Poderían tamén establecerse excepcións no caso de envío de animais desde ganderías IBR4 a centros de recría, onde habitualmente se vacina, e o seu posterior regreso á granxa de orixe, sen que esta perda por iso a condición de libre de IBR. É probable que se permitan tamén os movementos entre instalacións do mesmo propietario, como ocorre en porcino, onde existe tamén a figura das agrupacións de granxas, unha flexibilización pensada neste caso para ganderías que realizan a recría noutra nave distinta á de produción, algo cada vez máis habitual en explotacións lácteas a medida que van medrando. O exemplo de Aujeszky en porcino A rinotraquis infecciosa bovina (IBR) ten semellanzas coa enfermidade de Aujeszky en porcino. Trátase tamén neste caso dunha infección viral altamente contaxiosa que afecta ao sistema nervioso central e produce afeccións respiratorias en porcos adultos. O seu control foi unha prioridade nos últimos anos para as autoridades sanitarias e a día de hoxe a maioría de granxas de porcino están libres desta enfermidade, polo que o exemplo de Aujeszky podería servir á hora de adoptar medidas contra IBR.
A través de medidas severas de bloqueo de granxas logrouse un control moi rápido da enfermidade de Aujeszky en porcos
En Aujeszky, por exemplo, logrouse un control moi rápido da enfermidade na cabana gandeira ao implicar o bloqueo da granxa tanto para venda como para compra de animais. Pero neste momento non está decidido se unha explotación IBR0, ademais de non vender, non poderá comprar tampouco animais. Por analoxía con Aujeszky en porcino, onde as explotacións clasificadas como nivel 0 non poden realizar ningún tipo de movemento de animais, as granxas non diagnosticadas ou con casos positivos a IBR poderían ter restricións severas.
Debido á restrición de movementos será necesaria unha maior autosuficiencia na recría
De feito, de aplicarse este mesmo criterio ao gando vacún afectado por IBR, moitas explotacións veríanse gravemente afectadas. No caso de ganderías lácteas, por exemplo, obrigaría a unha maior autosuficiencia na recría e implicaría tamén cambios na venda de tenreiros con destino a cebadeiros. As explotacións de carne, máis reticentes moitas veces á eliminación de animais positivos, veríanse afectadas nos seus movementos de gando, tanto na compra de machos para sementais ou becerras e xovencas de recría como na venda de animais para vida a outras explotacións. En principio, en explotacións positivas permitiríase unicamente a saída con destino a matadoiro ou cebadeiro. Abordaxe conxunta con DVD O Ministerio está a estudar unha posible abordaxe conxunta dentro do Programa Nacional contra IBR con outra enfermidade habitual nas ganderías: a Diarrea Vírica Bobina. “Se cadra é unha boa oportunidade para traballar conxuntamente en ámbalas dúas enfermidades”, opina Elena.
Pode ser unha boa oportunidade para empezar a traballar tamén en materia de Diarrea Vírica Bovina
“Aínda que o estipulado no novo Real Decreto para BVD quizais sexa máis de mínimos que no caso de IBR, se non empezamos agora con BVD vai pasar o mesmo que pasou coa IBR, porque xa hai países que están a empezar a aplicar programas oficiais contra BVD”, argumenta a xefa do servizo de Epidemioloxía do MAPA.

“O diagnóstico é complicado; tivemos problemas de falsos positivos”

Outro dos aspectos que deberá abordar o Programa Nacional contra IBR é definir a estratexia de diagnóstico. Como enfoque xeral acéptase que a infección polo virus IBR queda confirmada por un resultado serolóxico positivo. “Por tanto, a proba de Enzimoinmunoanálise (ELISA) pódese considerar suficiente”, asegura Azucena Sánchez Sánchez, xefa de servizo de Viroloxía do Laboratorio Central de Veterinaria, situado en Algete (Madrid), que foi designado en 2019 Laboratorio Nacional de Referencia, tratando con iso de harmonizar os métodos diagnósticos e resultados.
A proba de Seroneutralización (SN) é menos sensible que a ELISA e úsase para confirmación de positivos en animais non vacinados
“Tivemos un problema de falsos positivos cun determinado kit de diagnóstico (ELISA gE de INGENASA), que é o adquirido polo Ministerio para distribuír entre os laboratorios de referencia das comunidades autónomas. Por iso, cando hai dúbidas faise un segundo test con outro kit doutra casa comercial”, explica. Mellora dos kits comerciais Estes kits comerciais de diagnóstico facilitados polo Ministerio non convencen a algunhas comunidades autónomas, como Galicia ou País Vasco, que optaron polo kit de IDEXX. Desde o Laboratorio Central de Veterinaria estívose traballando conxuntamente coa casa fabricante para mellorar a especificidade destes test, primeiro co punto de corte e despois co diluínte e Azucena asegura que “o test actual é moito mellor que o de fai 3 ou 4 anos”.
Os kits comerciais de diagnóstico facilitados polo Ministerio non convencen a comunidades autónomas como Galicia ou o País Vasco
O protocolo de actuación ante falsos positivos establece que en explotacións con historial negativo no que aparece un animal positivo realízase un segundo test de confirmación con outro kit comercial e en caso de non obter resultados concluíntes repítese a proba aos 28 días, ante o temor a posibles reaccións cruzadas co herpesvirus tipo 2, que podería interferir nos resultados. Entre as funcións do Laboratorio de Algete está precisamente a de confirmar os resultados positivos ou dubidosos obtidos polos laboratorios oficiais das comunidades autónomas. “A toma de mostras adecuada é o primeiro paso fundamental para facer un diagnóstico adecuado. Recomendamos conxelar e desconxelar as mostras, non analizalas ata que pasen 24-48 horas trala recollida e separar a mostraxe da vacinación de IBR polo menos 4 semanas”, explica.
En caso de dúbida, o indicado é realizar unha nova toma de mostras
En determinadas circunstancias é difícil acometer o sangrado de todos os animais. “Ás veces atopámonos con problemas para facer os tests á baixada de animais dos pastos comunais, porque todos os animais baixan á vez e faise inviable poder realizalos todos. Haberá que flexibilizar as datas”, recoñece. Prohibición das vacinas non marcadas O test ELISA é a técnica recomendada para a detección de resposta inmunitaria porque a técnica de seroneutralización (SN) non permite diferenciar entre animais vacinados e infectados.
A proba de Seroneutralización (SN) non permite discriminar entre anticorpos vacunais e de infección
Por esa razón, desde decembro de 2019 prohibíronse as vacinas non marcadas e todos os animais vacinados antes desta data con vacina convencional tiveron unha moratoria de 4 anos para someterse ás probas oficiais, que finaliza este ano. “En outubro de 2023 finaliza o prazo para eliminar da mostraxe os animais vacinados e pensamos que iso pode supoñer un problema”, asegura xefa de servizo de Viroloxía do Laboratorio Central de Veterinaria. Brotes asintomáticos As vacinas marcadas, utilizadas actualmente, permiten diferenciar nas probas realizadas ao gando os casos positivos que se deben ao virus dos que se deben á vacina. Con todo, vacinar non é a solución definitiva, xa que non evita por completo o risco de contaxio, aínda que no caso de que ese animal se infecte e desenvolva a enfermidade excretará menos virus, polo que o risco de diseminación do virus a outros animais da explotación diminúe.
Só a eliminación dos animais positivos garante que non se disemine a enfermidade pola explotación
Unha vez contaxiado o virus, o período de incubación é curto, entre 2 e 4 días, e a profilaxe lógrase co sacrificio dos animais positivos e a vacinación dos que estivesen en contacto con eles. En moitas granxas están a detectarse actualmente brotes asintomáticos, debido a que un animal que é seropositivo cada vez que nel se reactoiva o virus responde de forma asintomática, é dicir, non existe tose nin lagrimexo, aínda que está diseminando igualmente a enfermidade.

Lalín acolle os XVIII Encontros Gandeiros de Xundeva o 9 de novembro

A Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) Xundeva celebra o xoves 9 de novembro os seus XVIII Encontros Gandeiros. Este ano a cita volverá celebrarse no Pazo de Liñares, en Lalín (Pontevedra). Na xornada tratarán temas de relevancia para as ganderías como algúns dos cambios que introducen as novas normativas europeas, coa figura do veterinario de granxa, así como a enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE) que está a supoñer un desafío para as ganderías. A continuación, detallamos o programa da xornada: -11.00 horas. Recepción e café de benvida. -11.30 horas. Apertura das xornadas. Manuel Fernández López, presidente de Xundeva. Marcos Mariño García, concelleiro do Medio Rural do Concello de Lalín. -11.45 horas. Normativa Europea de Sanidade Animal: Veterinario de explotación. Santiago Martínez Calvo, xefe de sección de Sanidade Animal da Subdirección Xeral de Gandería. -12.30 horas. Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE): Enfoque a nivel de rabaño. “Do banal ó grave, do individual ó colectivo”. Manuel V. Morales, Veterinario Oceva. Hipra. -13.15 horas. Experiencias gandeiras: Continuidade do negocio e adaptación ás novas normativas. Carlos Carbonell Baeza. Técnico Veterinario de vacún de leite MSD. Animal Health. Suso Vigo López e Suso Andújar Trigo. Gandería Berdón. Manuel Donsión. -14.15 horas. Clausura. Jorge Cubela López, deputado de Reto Demográfico, Xuventude e Desenvolvemento Rural. José Crespo Iglesias, alcalde de Lalín. Manuel Fernández López, presidente de Xundeva. -14.45 horas. Xantar de traballo.

-Descarga aquí o programa da xornada.

GandAgro contará con senllos monográficos dos sectores porcino e cunícola

A IV Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2023, que se celebra do 2 ao 4 de marzo na Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda (Pontevedra), converterase nun espazo de análise da actualidade do sector agropecuario. A cita contará no seu programa de conferencias con senllas xornadas monográficas sobre o sector porcino e o cunícola, nas que participarán expertos tanto de entidades galegas como de organizacións nacionais. Así, o segundo día do certame, o venres día 3, terá lugar o XXV Monográfico de Gando Porcino, organizado pola ADS de Gando Porcino de Silleda e que será presentado polo presidente desta entidade, Pablo Meijomín. No seu marco abordaranse os retos do sector nunha contorna desafiante, por parte de Miguel Ángel Higuera, director da Asociación Nacional de Productores de Ganado Porcino (Anprogapor). Así mesmo, explicarase como afrontar na práctica a nova lexislación ambiental nas explotacións porcinas. Os encargados serán dous responsables de medio ambiente da cooperativa Coren e a empresa Nudesa, David Pereira e Marcos Fuentes, os cales estarán acompañados de Pablo Meijomín.

Cunicultura

Por outra banda, o último día de feira, o sábado 4, a cooperativa Cogal organizará unha xornada monográfica sobre cunicultura. O primeiro dos relatorios centrarase na organización intersectorial cunícola Intercun como ferramenta ao servizo da cunicultura e será impartida por Mª Luz de Santos, xerente desta organización. A continuación, darase a coñecer a nova lexislación veterinaria e antimicrobianos, facendo fincapé nos requisitos para uso en profilaxe e as súas consecuencias en cunicultura. Farao Sara Sacristán, membro do equipo de coordinación do Plan Nacional frente a la Resistencia a los Antibióticos (PRAN) da Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios.

Convocadas as axudas da Xunta para as agrupación de defensa sanitaria gandeira

A Xunta destina neste 2023 un importe de 2.150.000 euros ás axudas para as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG). A achega destes fondos, que se mantén constante nos últimos anos, servirá para financiar o traballo que realizan estas entidades para desenvolver os programas facultativos de prevención e control de enfermidades animais. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde mediante a cal se convocan estas axudas das que as entidades poderán solicitar un anticipo sen necesidade de presentar avais bancarios. A finalidade última destas axudas é a mellora do estado sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns para a prevención e control de enfermidades dos animais. Estes programas de planificación zoosanitaria que se subvencionarán coa vindeira orde de axudas contempla aqueles que se desenvolvan entre o 1 de marzo de 2023 e o 28 de febreiro de 2024. As enfermidades con programa sanitario nas agrupacións atópanse a rinotraqueíte infecciosa bovina (IBR), a diarrea vírica bovina (BVD) ou a paratuberculose no gando bovino, ovino e cabrún. Tamén están incluídas a enfermidade de Aujeszky, no gando porcino; a salmonelose, nas explotacións aviares; ou a mixomatose e a enfermidade vírica hemorráxica, nos coellos. Enlace á orde no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230118/AnuncioG0426-221222-0007_gl.html

Lalín acolle os XVII Encontros Gandeiros de Xundeva o 3 de novembro

A Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) Xundeva celebra o xoves 3 de novembro os seus XVII Encontros Gandeiros. Este ano e por primeira vez a cita será no Pazo de Liñares, un dos edificios singulares da vila de Lalín (Pontevedra). Na xornada tratarán temas de relevancia para as ganderías como o tratamento das diarreas nos becerros neonatos, así como técnicas de manexo das tenreiras ou estratexias para abordar a incidencia de mamite nas granxas. A continuación, detallamos o programa da xornada: -11.00 horas. Recepción e café de benvida. -11.30 horas. Apertura das xornadas. Manuel Fernández López, presidente de Xundeva. Avelino Souto Rozados, concelleiro do Medio Rural do Concello de Lalín. -12.00 horas. Diarreas en animais neonatos. ¿Que facemos mal? Puntos críticos que debemos mellorar. Manuel Cerviño López, asesor técnico veterinario de Boehringer Ingelheim. -12.45 horas. Mastite: ¿é rendible vacinar? Casos prácticos. Antonio Souto Ferraz, servizos técnicos de ruminantes, unidade de mastite. Hipra. Pilar Aira López, veterinaria responsable do programa de calidade de leite da ADSG Xundeva. -13.30 horas. ¿Cebras ou cabalos?: Visión práctica do manexo das tenreiras. Carlos Carbonell Baeza, técnico veterinario de vacún de leite de MSD. Animal Health. Bárbara Fernández García, veterinaria responsable do programa sanitario da ADSG Xundeva. -14.15 horas. Clausura. José Crespo Iglesias, alcalde de Lalín. Manuel González Martínez, deputado provincial da Finca Mouriscade, Caan e estación fitopatolóxica de Areeiro. 14.45 horas. Xantar de traballo. -Consulta aquí o tríptico da xornada.

66 agrupacións de defensa de sanidade gandeira de Galicia reciben 2,15 millóns de axudas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural que dá publicidade ás axudas concedidas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG) de Galicia, para os anos 2022 e 2023. As axudas, por un importe de 2.150.000 €, adxudicáronse a un total de 66 agrupacións: 50 de gando bovino, 9 de porcino, 3 de aves, 2 de coellos, 1 de ovino e cabrúns e 1 de visóns. Ademais, a orde de convocatoria establecía a posibilidade de que as entidades solicitaran un anticipo da axuda, sen necesidade de presentar garantías bancarias, do que a Consellería do Medio Rural xa tramitou o pago de 949.850 euros. A finalidade destas axudas é a mellora do estado sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns destinados á preven-ción e control de determinadas enfermidades dos animais, programas que neste caso se desenvolverían entre o 1 de marzo de 2022 e o 28 de febreiro de 2023. A través das mencionadas axudas subvencionase a contratación de servizos técnicos veterinarios para a realización das actuacións sanitarias establecidas nos programas sanitarios, así como a adquisición do material funxible utilizado para o seu desenvolvemento. Entres as enfermidades para as que estas agrupacións desenvolven programas de vixi-lancia e control atópanse a rinotraqueite infecciosa bovina (IBR), a diarrea vírica bovina (BVD) e a paratuberculose no gando bovino; a paratuberculose e a enfermidade da fron-teira (BD) no gando ovino e cabrúns; a enfermidade de Aujeszky, a síndrome respiratoria e reprodutiva porcina (PRRS) ou os controis respecto a peste porcina clásica (PPC) e pes-te porcina africana (PPA) no gando porcino; a vixilancia da salmonelose e da influenza aviaria, nas explotacións aviares; a mixomatose e a enfermidade vírica hemorráxica, nos coellos; ou a enfermidade aleutiana, nos visóns. Ademais, os servizos veterinarios das ADSG realizan actuacións de control de parasitos internos e externos en todas as especies. Enlace á resolución no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220704/AnuncioG0426-140622-0002_gl.html

A Xunta convoca as axudas para as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e se convocan para o período 2022-2023. A orde está dotada cun orzamento total de 2.150.000 euros. A achega destes fondos, dos que poderá conceder un anticipo sen necesidade de que os beneficiarios presenten avais bancarios, mantense constante nos últimos anos e servirá para financiar o traballo que realizan estas entidades para desenvolver os programas facultativos de prevención e control de enfermidades animais. Estes programas melloran as condicións hixiénicas das explotacións e de benestar animal, elevan o seu nivel produtivo e sanitario e contribúen a acadar un mellor status sanitario para a cabana gandeira galega. Mediante estas subvencións, preténdese estimular a integración de gandeiros nestas entidades, establecendo axudas proporcionais ao esforzo económico que realizan estas agrupacións nos devanditos programas. Ademais, cabe destacar que estas agrupacións tamén facilitan o cumprimento da normativa vixente referente á identificación, ao benestar e á sanidade animal. O obxectivo último destas axudas é a mellora do estado sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns para a prevención e control de enfermidades dos animais. Ademais, no marco do mercado actual, resulta fundamental manter o devandito estado sanitario, desenvolvendo programas destinados ao control de determinadas doenzas, mellorando a rendibilidade e asegurando a comercialización de animais e dos produtos de orixe animal. Estes programas de planificación zoosanitaria que se subvencionarán coa vindeira orde de axudas contemplan aqueles que se desenvolvan entre o 1 de marzo de 2022 e o 28 de febreiro de 2023.

Estrutura asociativa

A maiores, no contexto do mantemento do nivel da sanidade animal, resulta determinante consolidar esta estrutura asociativa das ADSG, vinculada aos propios gandeiros galegos. Así, entre as enfermidades con programa sanitario nas agrupacións atópanse a Rinotraqueite Infecciosa Bovina (IBR), a Diarrea Vírica Bovina (BVD) ou a Paratuberculose no gando bovino, ovino e cabrún. Tamén están incluídas a enfermidade de Aujeszky, no gando porcino; a salmonelose, nas explotacións aviares; ou a mixomatose e a enfermidade vírica hemorráxica, nos coellos.

Enlace á orde no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220203/AnuncioG0426-140122-0001_gl.html

XVI Encontros Gandeiros de Xundeva este xoves en Lalín

A Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) Xundeva celebra este xoves, 2 de decembro, en Lalín os XVI Encontros Gandeiros. O evento terá lugar no Salón Teatro de Lalín. Na xornada tratarán, entre outros temas, a monitorización do rabaño de vacún de leite, os coidados para a recría ou o plan de reactivación da Granxa da Finca Mouriscade. A continuación, detallamos o programa da xornada: -11.00 horas. Recepción e café de benvida. -11.15 horas. Apertura das xornadas. Manuel Fernández López, presidente de Xundeva. Avelino Souto Rozados, concelleiro do Medio Rural do Concello de Lalín. -11.30 horas. Gandería de precisión: Monitorización do comportamento en vacún de leite. Juan José Nuñez, responsable de monitorización MSD Animal Health Intelligence. -12.15 horas. Recría ben, producirás mellor. Alfonso Martínez Escribano, asesor técnico veterinario de Ruminantes e équidos. Boehringer Ingelheim. -13.00 horas. Desventuras dun veterinario galego en Latinoamérica. Antonio Souto Ferraz. Servizos Técnicos Ruminantes, unidad de mastite. Hipra. -13.45 horas. Plan de reactivación da gandería Mouriscade. Héctor Martínez Sanz. Xefe de Sección de Explotación Gandeira Mouriscade. -14.15 horas. Peche da xornada. Jorge Enrique Mourelo Estela, subdirector xeral da Xunta de Galicia. Manuel González Martínez, deputado provincial da Finca Mouriscade, Caan e a Estación Fitopatolóxica de Areeiro. Luis López Diéguez, delegado territorial da Xunta en Pontevedra. -14.45 horas. Comida de traballo.

-Consulta aquí o tríptico da xornada.

Xornadas técnicas sobre prevención e control da IBR e outras enfermidades en gando vacún de leite e de carne

O Centro de Investigación Agrarias de Mabegondo (CIAM ), a Subdirección Xeral de Gandaría e as asociacións de defensa sanitaria gandeira da Montaña lucense, Becerreá, Fonsega, Curtis, Gando vacún de Frades e Gando vacún de Mesía organizan tres xornadas técnicas que tratan sobre os programas sanitarios das ADSG, con especial referencia ó programa nacional e autonómico da IBR. As xornadas van ter lugar en Becerreá (13 de outubro), A Fonsagrada (14 de outubro) e Curtis (21 de outubro). As de Becerreá e A Fonsagrada oriéntanse ó desenvolvemento destes programas nas granxas de aptitude cárnica e a de Curtis ás granxas de produción de leite. Cada unha das xornadas plantéxase con tres relatorios e unha mesa redonda. Os relatorios tratarán temas como a bioseguridade, as axudas ao desenvolvemento destes programas sanitarios, os beneficios de desenvolvelos, a súa implantación, o diagnóstico laboratorial ou os relacionados coa investigación que a Consellería de Medio Rural desenvolve con respecto a eles. O límite de plazas para cada xornada é de 50. Os formatos para a inscrición poden descargarse nas seguintes direccións: Becerreá: www.ciam.gal/pdf/xornadas/bcrrea.pdf Fonsagrada: www.ciam.gal/pdf/xornadas/fsgda.pdf Curtis: www.ciam.gal/pdf/xornadas/curtis.pdf A dirección para enviar as inscricións é: ciam.adsg@ciam.gal . Para máis información o teléfono de contacto é 881 881 814 Os consellos de Becerreá, A Fonsagrada e Curtis colaboran cedendo o lugar de celebración de cada unha das xornadas.

A Xunta destina 2,15 millóns de euros en axudas ás ADS

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a resolución das axudas concedidas pola Consellería do Medio Rural ás agrupacións de defensa sanitaria gandeira (ASDG) de Galicia para o período 2021-2022. Un total de 66 entidades resultaron beneficiarias das achegas, que suman 2,15 millóns de euros. Estas axudas están destinadas a desenvolver os programas de prevención e control de enfermidades dos animais nas ganderías por medio de programas de zoosanitarios. “Os orzamentos permitirán a estas entidades abordar o control de determinadas enfermidades animais que non adoitan ser obxecto de programas a nivel nacional, a excepción da rinotraqueite bovina infecciosa (IBR), xa que foi establecido un programa nacional voluntario por parte do Estado en setembro do 2019”, aclaran dende a Consellería de Medio Rural. A partida económica financiará aqueles gastos derivados da contratación de servizos técnicos veterinarios para a realización dos programas zoosanitarios, así como a compra de material funxible como luvas, calzas, tubos de extracción e agullas. Os programas de planificación zoosanitaria deberán realizarse entre o 1 de marzo do 2021 e o 28 de febreiro do 2022.

- Consulta aquí os detalles da resolución da convocatoria.

 

Convocadas as axudas da Xunta para as Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeiras

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia para o período 2021-2022. O orzamento para esta nova convocatoria ascende a un total de 2,15 millóns de euros.

A finalidade destas axudas é mellorar o status sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns para a prevención e control de enfermidades dos animais. Estes programas de planificación zoosanitaria deberán realizarse entre o 1 de marzo de 2021 e o 28 de febreiro de 2022. Estas axudas serven para abordar o control de determinadas enfermidades animais que habitualmente non son obxecto de programas nacionais, salvo no caso da rinotraqueite bovina infecciosa (IBR), na que o Estado estableceu un programa nacional voluntario en setembro de 2019.

Os gastos subvencionables serán os derivados da contratación de servizos técnicos veterinarios ou da remuneración do persoal veterinario responsable das agrupacións para a realización dos distintos programas zoosanitarios. Así mesmo, tamén se financiarán os gastos derivados da compra de material funxible como luvas e calzas, así como tubos de extracción de sangue e agullas.

Poderán optar a estas subvencións as entidades asociativas agrarias que estean inscritas no rexistro oficial de ADSG, quedando excluídas as formadas exclusivamente por cebadeiros de gando vacún. Así mesmo, deberán estar integradas por explotacións de produtores gandeiros en activo que teñan a condición de pequenas ou medianas empresas, ademais de estar ao día das obrigas tributarias e da Seguridade Social.

A presentación de solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo establecido para facelo será dun mes, contado a partir de mañá. É dicir, ata o 22 de febreiro.

O enlace á convocatoria no DOG

Reparto das axudas para Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ás Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeiras (ADSG) de Galicia beneficiarias na convocatoria de 2020-2021. Para estas subvencións a Xunta destinou 2,1 millóns de euros, beneficiando así un total de 66 agrupacións. O obxectivo destas axudas é mellorar o status sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns e obrigatorios para a prevención e control de enfermidades dos animais. Estes programas de planificación zoosanitaria deberán realizarse entre o 1 de marzo de 2020 e o 28 de febreiro de 2021. Estas axudas serven para abordar o control de determinadas enfermidades animais que habitualmente non son obxecto de programas nacionais, salvo no caso da rinotraqueite bovina infecciosa (IBR), na que o Estado estableceu un programa nacional voluntario en setembro de 2019. Galicia é a única Comunidade Autónoma que mantén, ano tras ano, esta liña de axudas financiada con fondos propios e para abordar o control de determinadas enfermidades animais que non son obxecto de programas nacionais, co fin de contribuír á mellora sanitaria da cabana gandeira apoiando economicamente o soporte técnico e de material aos gandeiros. Ademais destas axudas, a Xunta colabora tamén coas entidades gandeiras para asumir os custos das analíticas de laboratorio, onde ás mostras dos animais das explotacións integradas en ADSG se lles aplica unha taxa de análise reducida no Laboratorio de Sanidade e Produción de Galicia, e co desenvolvemento de aplicacións informáticas que faciliten o traballo aos seus técnicos. Os gastos subvencionables serán os derivados da contratación de servizos técnicos veterinarios ou da remuneración do persoal veterinario responsable das agrupacións para a realización dos distintos programas zoosanitarios. Así mesmo, tamén se financiarán os gastos derivados da compra de material funxible como luvas e calzas, así como tubos de extracción de sangue e agullas.

Nome agrupación

Axuda total adxudicada

Axuda 1ª Liña: Persoal veterinario

<!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Desenvolvemento Rural 1 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101891&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->

Axuda 2ª Liña: Material funxible

ADSG A LAGOA

29.103,78 €

<!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Desenvolvemento Rural 2 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101892&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->

28.500,00 €

603,78 €

ADSG A MARIÑA

<!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Desenvolvemento Rural 3 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101893&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->

24.446,81 €

23.800,00 €

646,81 €

ADSG A PASTORIZA

41.444,13 €

40.400,00 €

1.044,13 €

ADSG ACIVO

39.982,50 €

39.982,50 €

0,00 €

ADSG ÁGAMO

8.300,00 €

8.300,00 €

0,00 €

ADSG AGAVI

8.300,00 €

8.300,00 €

0,00 €

ADSG AIRA SOC. COOP. GALEGA

20.875,78 €

20.200,00 €

675,78 €

ADSG ASOCIACIÓN AGROGANDEIRA A VEIGA

23.129,00 €

22.600,00 €

529,00 €

ADSG AVICULTURA DE RECRÍA E POSTA

10.329,35 €

10.329,35 €

0,00 €

ADSG BECERREÁ

20.666,04 €

20.200,00 €

466,04 €

ADSG BUBELA

29.038,32 €

28.500,00 €

538,32 €

ADSG CASTELO VERDE

41.629,58 €

40.400,00 €

1.229,58 €

ADSG CASTRO DE REI

61.717,26 €

60.600,00 €

1.117,26 €

ADSG CLUN S.C.G.

17.728,90 €

16.600,00 €

1.128,90 €

ADSG COLABORADORES DE SAPROGAL

8.257,00 €

7.800,00 €

457,00 €

ADSG COREBER S.C.G.

8.300,00 €

8.300,00 €

0,00 €

ADSG CORUÑA CENTRO

20.200,00 €

20.200,00 €

0,00 €

ADSG CORUÑA COSTA

21.895,48 €

20.200,00 €

1.695,48 €

ADSG CORUÑA OESTE

4.719,60 €

4.719,60 €

0,00 €

ADSG CORUÑA SUR

22.000,00 €

20.200,00 €

1.800,00 €

ADSG COSTA DA MORTE

62.968,00 €

61.700,00 €

1.268,00 €

ADSG CURTIS

41.800,00 €

40.400,00 €

1.400,00 €

ADSG DE AVICULTORES OURENSE

28.911,95 €

28.500,00 €

411,95 €

ADSG DE GANDO PORCINO DE SILLEDA

43.902,00 €

40.400,00 €

3.502,00 €

ADSG DO GANDO VACÚN DE BOIMORTO

20.628,98 €

20.200,00 €

428,98 €

ADSG DO GANDO VACÚN DE MESÍA

29.165,82 €

28.500,00 €

665,82 €

ADSG DO GANDO VACÚN DE TOURO

20.704,00 €

20.200,00 €

504,00 €

ADSG DO GANDO VACÚN TERRAS DO QUEIXO

27.270,00 €

26.550,00 €

720,00 €

ADSG ENCORO DO EUME

13.046,53 €

12.800,00 €

246,53 €

ADSG FONSEGA

29.067,86 €

28.500,00 €

567,86 €

ADSG GALICIA CENTRO

141.115,80 €

138.716,00 €

2.399,80 €

ADSG GANDEIROS DE POL

20.850,00 €

20.200,00 €

650,00 €

ADSG GANDEIROS DO CORGO

20.200,00 €

20.200,00 €

0,00 €

ADSG GANDO VACÚN DE FRADES

29.341,00 €

28.500,00 €

841,00 €

ADSG GANDOSÁN

7.776,85 €

7.776,85 €

0,00 €

ADSG LEMOS S.C.G.

54.458,28 €

53.400,00 €

1.058,28 €

ADSG MACIZO CENTRAL OURENSÁN

22.565,94 €

22.565,94 €

0,00 €

ADSG MANDEUME

8.300,00 €

8.300,00 €

0,00 €

ADSG MAZARICOS

66.800,00 €

65.300,00 €

1.500,00 €

ADSG MIÑO EO

20.683,08 €

20.200,00 €

483,08 €

ADSG MONTAÑA LUCENSE

57.200,00 €

55.800,00 €

1.400,00 €

ADSG NICRARIA BARCALESA

37.464,42 €

36.800,00 €

664,42 €

ADSG O CRUCEIRO

54.465,43 €

53.400,00 €

1.065,43 €

ADSG O PÁRAMO

29.039,46 €

28.500,00 €

539,46 €

ADSG ORTEGAL

8.300,00 €

8.300,00 €

0,00 €

ADSG PARADELA

20.200,00 €

20.200,00 €

0,00 €

ADSG PICO SACRO ULLA

20.670,59 €

20.200,00 €

470,59 €

ADSG PORCINO DEL DEZA

21.550,00 €

20.200,00 €

1.350,00 €

ADSG PORCINO LUGO CENTRO-NORTE

44.400,00 €

40.400,00 €

4.000,00 €

ADSG PORCINO LUGO SUR

20.500,00 €

19.500,00 €

1.000,00 €

ADSG PRODUCTORES DE PAVOS OURENSE

8.300,00 €

8.300,00 €

0,00 €

ADSG PRODUCTORES DE PORCINO DE OURENSE

44.623,87 €

41.500,00 €

3.123,87 €

ADSG RÍO NARLA

37.592,00 €

36.872,00 €

720,00 €

ADSG RÍO NEIRA

54.547,00 €

53.400,00 €

1.147,00 €

ADSG SAN MAMEDE DE MACEDA

17.848,32 €

17.500,42 €

347,90 €

ADSG SANDOGÁN

76.450,00 €

74.700,00 €

1.750,00 €

ADSG SANTA COMBA

21.200,11 €

20.200,00 €

1.000,11 €

ADSG SANTA ISABEL

22.500,00 €

22.200,00 €

300,00 €

ADSG SARRIA

44.924,21 €

43.800,00 €

1.124,21 €

ADSG SERVICIOS DE GESTIÓN CUNÍCULA-SERCUNI S. COOP. GALEGA

15.005,25 €

15.005,25 €

0,00 €

ADSG SUARNA

5.835,15 €

5.835,15 €

0,00 €

ADSG TERRAS DA ULLOA-PALLARES

58.449,00 €

57.000,00 €

1.449,00 €

ADSG TRIMAZ

31.159,00 €

30.559,00 €

600,00 €

ADSG VACASÁN

42.315,58 €

40.400,00 €

1.915,58 €

ADSG VILAM

38.441,00 €

37.767,00 €

674,00 €

ADSG XUNDEVA

145.400,00 €

141.400,00 €

4.000,00 €

2. ADSG coa solicitude de axuda desestimada:

NIF

Nome agrupación

Motivo

V32362154

ADSG BAIXA LIMIA

Solicitude fóra de prazo