Carne

Estudantes de Veterinaria visitan o Porto Exterior para coñecer de cerca o sector da alimentación animal en Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
12/05/2022 2:20 p.m.

Dous grupos de estudantes da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela (USC) no campus de Lugo percorreron as instalacións do Porto Exterior da Coruña dentro das visitas organizadas pola Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac) coa USC que arrincaron este mes de maio.

Achegar aos futuros profesionais da veterinaria o proceso de control das materias primas coas que se elaboran pensos que alimentan á cabana gandeira de Galicia é o principal obxectivo desta iniciativa realizada grazas á colaboración da Autoridade Portuaria e que inclúe charlas sobre o sector de pensos impartidas por Bruno Beade, director de Agafac.

Durante as visitas, os grupos, cada un formado por uns 35 mozos e mozas, coñeceron como leva a cabo o proceso de recollida de mostras de miles de toneladas de trigo, soia ou millo que se descargan a diario no porto coruñés. Trátase de controis realizados por Agafac a través de Galis, un dos sistemas de control sectorial de calidade das materias primas para alimentación animal máis avanzado de España.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada