Agricultura

Estrella Galicia busca produtores de mazá de sidra en Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
27/09/2016 6:37 p.m.

Estrella Galicia, elaboradora da recoñecida sidra Maeloc, busca produtores de mazá sidreira en Galicia que queiran participar no seu proxecto e venderlles o seu produto. Así llo trasladou este luns o xestor de proxectos I+D+i de Estrella Galicia, José Luis Olmedo, á directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo.

Neste sentido, a directora xeral trasladoulle a súa intención colaborar na campaña de captación de produtores de mazá sidreira para o proxecto Maeloc, mediante a colocación dun cartel informativo en cada unha das 70 oficinas agrarias comarcais de Galicia.

"Non hai cantidade mínima: calquera persoa que teña mazá de sidra cultivada en Galicia pode poñerse en contacto con nós para que lla compremos", asegura José Luis Olmedo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A empresa galega, que o ano pasado transformou máis de 2,5 millóns de quilos de mazás, comercializa 8 tipos de sidras diferentes con variedades autóctonas e asturianas, das cales 3 son ecolóxicas. Para iso, teñen asinado un convenio cos agricultores de cinco zonas de Galicia (Chantada, Escairón, A Estrada, Ortigueira e Guísamo) para a produción de mazás en fincas particulares que, logo, a empresa se dedica a recoller e transformar.

A evolución positiva das vendas -un 15% máis no que vai de ano- e as perspectivas de crecemento fan que Estrella Galicia estea interesada en incorporar a novos agricultores para que lle subministren mazá de sidra.

Se estás interesado en participar no proxecto podes chamar ao teléfono 982441392 ou escribir un email a info@customdrinks.es

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada