Viña

Estratexias para vender máis e mellor o viño

Resumo da Xornada: Claves para vender máis e mellor o  viño. Estratexias de Marketing non viño, organizada pola EVEGA e celebrada esta semana en Sober (Lugo).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Alfonso Losada. Xefe de Enoloxia da EVEGA. 20/03/2015 7:00 p.m.

Resumo da xornada.  "Claves para vender máis e mellor o  viño:  Estratexias de Marketing no viño", organizada pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) e que se celebrou este mércores en Sober (Lugo).

O investimento en mercadotecnia é rendible

Un dos grandes desafíos que se enfronta o responsable de mercadotecnia dunha adega é poder demostrar o retorno do investimento. De feito cada vez as adegas son máis conscientes da necesidade de investir en accións de comunicación e mercadotecnia para incentivar o consumo do seu viño. Pero para tomar a decisión máis acertada deberanse valorar as decisións comerciais que se tomaron..

As asistencias a feiras, as presentacións, a publicidade, a presenza da marca en redes sociais...etc deben ser un esforzo que teña unha rendibilidade, aínda que moitas veces está non se manifesta de forma inmediata.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Tendencias no sector vinícola

O consumidor sabe perfectamente o que quere: gozar dunha experiencia agradable.

Os prescriptores de viño seguen sendo relevantes e están a aparecer novas  formulas como blogueiros, portais de viños, aplicacións para móbiles..

En definitiva, as novas tecnoloxías teñen cada vez maior importancia. De aí, a necesidade para as adegas de desenvolver estratexias de mercadotecnia online.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Por outra parte, a venda a través de internet cada vez será maior.

A exportación é unha oportunidade necesaria. O consumo de viño no mercado interno español está en franco declive, non só pola caída da renda dispoñible senón tamén polo maior desapego do consumidor cara ao viño. Neste sentido, a exportación constitúe unha vía de escape para moitas adegas.

A importancia da etiqueta

A etiqueta constitúe un dos elementos máis importantes do viño para a súa identificación e diferenciación no mercado. De feito xunto á botella é a primeira información que recibe o consumidor con relación ao viño.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A este respecto, o máis importante dunha etiqueta é que recolla fielmente o que a marca quere ser, pero sobre todo que a etiqueta se identifique co viño que vai encontrar o consumidor. A  intención de compra depende en boa medida do tipo de imaxes utilizadas na etiqueta.

A reputación dunha marca de viño

Construír a axeitada reputación dunha marca é o obxectivo principal da adega. Cunha marca recoñecida e ben posicionada no mercado é máis doado vender viño.

A reputación dunha marca é un resultado dun conxunto de factores que, simultáneamente e no longo prazo, permiten construír a devandita reputación. Non se consegue da noite á mañá e na mercadotecnia non hai milagres nin receitas máxicas.

Entre outros atributos imos a considera cinco criterios:

-Que o viño teña unha calidade consistente.
-Que reflicta unha rexión ou un país de orixe.
-Que responda ás necesidades e gustos do mercado.
-Que sexa comercializado e teña un packaging axeitado.
-Que teña un atractivo forte para o publico en xeral.

A continuación algunhas claves para que poden axudar a lograr unha mellor reputación da marca no sector vinícola:

1-Ofrece realmente os beneficios que desexa o consumidor.
2-Altos estándares de calidade e prezo acorde con esta.
3-Presenza continuada nos medios de comunicación ou utilización de campañas creativas.
4-Identidade corporativa axeitada ao mercado obxectivo.
5-Puntuacións nas guías de viños ou recomendacións de prescriptores.
6-Adecuada presenza nas redes sociais
7-Actividades de Trade Marketing (Colaboración co distribuidor).

Non é necesario que a adega destaque en todas e cada unha delas. A reputación dunha marca de viño non é o resultado dun único atributo senón que depende da actuación a longo prazo da adega no mercado e é froito do traballo constante e ben planificado.

A maioría de marcas de viño recoñecidas e admiradas destacan por ofrecer unha proposta de valor acorde ás necesidades do seu mercado obxectivo. A estratexia comercial e de mercadotecnia constitúe unha ferramenta básica para construír a devandita reputación.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada