Carne

Estratexia para o sector da carne galega: maior profesionalización das ganderías e internacionalización das industrias

A comunidade conta con 43.000 explotacións e 192 centros de sacrificio e procesado nun sector clave para o mantemento da poboación e o emprego nas zonas rurais

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 10/01/2023 7:56 a.m.

A Xunta vén de presentar a Estratexia de dinamización do sector cárnico para o periodo 2022-2030, un documento de planificación para os próximos anos que busca lograr un sector máis profesionalizado, sostible, competitivo e internacionalizado.

Esta nova estratexia configúrase como unha folla de ruta que marca seis eixos para desenvolver ata o ano 2030, con 64 medidas e 174 accións, tal e como indicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a presentación, que tivo lugar no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia no Pazo de Fontefiz, no concello ourensán de Coles.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A Xunta remarca as posibilidades deste sector, situando a Galicia como rexión produtora de referencia no sector cárnico cun alto nivel de competitividade e sustentabilidade

Preténdese dispor dun sector organizado e profesionalizado para fomentar unha industria competitiva, líder en calidade, ademais de mellorar o posicionamento nos mercados nacional e internacional e promover unha cadea de valor máis transparente e equilibrada. A iniciativa pretende tamén fomentar unha sociedade concienciada coa importancia da produción cárnica galega e o seu valor nutricional, así como camiñar cara un sector máis sustentable que coide o medio ambiente e garanta o benestar animal.

Participación de todos os axentes da cadea

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Alfonso Rueda, que acudiu acompañado polo conselleiro do Medio Rural, José González, explicou que para a elaboración da Estratexia de dinamización do sector cárnico levouse a cabo un exhaustivo traballo previo de análise, diagnose e diálogo co obxectivo de reforzar as posibilidades dun sector que “afronta unha situación moi complexa”, recoñeceu.

O sector da carne ten unha gran relevancia para Galicia, como demostra o feito de que achegue máis do 34% do valor da produción final agraria, que sume máis de 43.000 explotacións e 192 industrias de transformación e que empregue a uns 5.800 traballadores. “Estamos traballando xuntos e estamos acertando xuntos”, asegurou o presidente da Xunta.

Integrar as diferentes producións

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A Estratexia presentada integra as necesidades das diferentes producións cárnicas que se dan en Galicia (vacún, porcino, avícola, ovino e caprino, cunícola e equino) nun documento de planificación común. Así, o resultado establece os eixes de actuación, os obxectivos, as medidas e as accións a desenvolver para mellorar o posicionamento competitivo do sector cárnico galego de aquí ao 2030.

As boas condicións de Galicia para a produción de pastos e forraxes supoñen unha vantaxe competitiva

"O sector cárnico galego conta con importantes puntos fortes, como as boas condicións da nosa comunidade para a produción de pastos e forraxes, o prestixio dos alimentos producidos en Galicia ou a potencia de selos de calidade líderes a nivel nacional. Pero ten que afrontar retos de futuro, como os relacionados coa mellora da viabilidade económica, social e medioambiental das explotacións e das industrias; coa elaboración de produtos transformados máis innovadores e adaptados ás novas demandas dos consumidores e coa optimización da comercialización nos mercados nacionais e internacionais co obxectivo de mellorar a capacidade de xeración de valor ao longo da cadea", asegura o conselleiro do Medio Rural no propio documento.

[box style="0"]

O 13 de xaneiro convocaranse as axudas directas da Xunta ás explotacións

A do sector cárnico é a terceira estratexia que se desenvolve na comunidade por parte do Goberno galego para potenciar os distintos eidos produtivos, trala aprobación da Estratexia de dinamización do sector lácteo e a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas.

O presidente da Xunta salientou que esta folla de ruta é un paso máis no apoio do Goberno galego ao sector que se suma á posta a disposición por parte da Xunta de 17 millóns de axudas directas para os gandeiros da carne o pasado verán, a través de anticipos das entidades bancarias, unhas axudas que se convocarán de xeito formal o próximo venres 13 de xaneiro.

Rebaixa do IVE

Alfonso Rueda indicou que, deste xeito, a Xunta ofrece seguridade e planificación a un sector fundamental no desenvolvemento económico de Galicia, e lamentou que o Goberno central non faga o mesmo e que, pola contra, contribúa a aumentar as incertezas que planean sobre o seu futuro deixando o peixe e a carne fóra da recente baixada do IVE malia ser “alimentos de primeira necesidade”.

[/box]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada