Apicultura

Estes son os mellores meles de Galicia do 2022

16/12/2022 12:46 p.m.

Hoxe déronse a coñecer os gañadores da XXI Cata dos Meles de Galicia, unha entrega de premios celebrada de forma conxunta coa XXV Cata dos Queixos de Galicia no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón). Presidido polo Conselleiro do Medio Rural, José González Vázquez, estas distincións procuran identificar, valorizar e promocionar o saber facer dos produtores, elaboradores e envasadores galegos.

‘Meles J.S.’ de Souto Vivo, C.B. fíxose coa distinción de ouro na categoría mel multifloral, mentres que ‘O Trobo Mel do Valadouro’ de M.a Fe Sixto Pernas obtiña a mesma distinción na categoría monofloral.

A esta edición presentáronse 33 mostras de 20 industrias envasadoras, distribuídas da seguinte forma: 14 para a categoría monofloral e 19 no que respecta á multifloral. Durante esta vixésimo primeira Cata tamén puideron volver á casa cun galardón baixo o brazo ‘Manuel Sande’ de José Manuel Fernández Sande e ‘Horta das Colmeas’ de Eva M.a Rey Timiraos, recollendo a prata e o bronce na categoría mel multifloral. No que concirne ao mel monofloral, o mel de castiñeiro ‘El Colmenar de Sara’, de González Carballal, S.L. facíase coa distinción de prata, mentres que o bronce recaería no mel de eucalipto ‘Meles J.S.’ de Souto Vivo, C.B.

Etiquetado
Ir a la portada