En concreto, concederanse un total de 193.470.759 euros aos sectores máis afectados polas consecuencias da invasión rusa de Ucraína, 64.490.253 euros dos cales son achegados pola Unión Europea, e o resto, 128.980.506 euros, polo Ministerio de Agricultura.
Este paquete de axudas complementa os 169 millóns de euros que o Goberno destinará aos produtores de leite de vaca, ovella e cabra que se farán efectivas nos próximos días
Loading ad.Ad could not be loaded.
O proxecto, por razóns de urxencia, estará sometido a información pública por un período de 7 días, ata o próximo 26 de abril inclusive. Este paquete de axudas complementa os 169 millóns de euros que o Goberno destinará aos produtores de leite de vaca, ovella e cabra e que se farán efectivos nos próximos días.
Topes máximos
Os montantes da axuda distribuiranse por sectores da seguinte forma:
- Vacún de carne, ata 110 millóns de euros, correspondendo 97,7 millóns ao subsector da vaca nodriza e 12,3 ao engorde de tenreiros.
- Ovino e caprino de carne, ata 31,7 millóns de euros.
- Carne de polo, ata 10 millóns de euros.
- Carne de coello, ata 3 millóns de euros.
- Cítricos, ata 38,7 millóns de euros.
Establecéronse teitos de animais e de hectáreas subvencionables e consecuentemente uns máximos de axuda por explotación, así como importes unitarios máximos por animal ou hectárea.
O número máximo de animais subvencionables será de 125 vacas nodriza, 520 tenreiros de engorde e 800 ovellas ou cabras. O importe máximo das axudas queda fixado en 60€ por vaca nodriza, 15€ por tenreiro e 7€ por ovella e cabra.
Ao sector de vacas nodriza destinaranse 97,7 millóns de euros e ao de cebo de tenreiros 12,3 millóns
Loading ad.Ad could not be loaded.
No caso dos produtores de carne de polo ou pavo, a contía total dependerá do volume da explotación: 600€ para granxas de 251 a 1.000 prazas; 810€ de 1.001 a 5.000 prazas; 1.200€ de 5.001 a 10.000 prazas; 1.800€ de 10.001 a 20.000 prazas; 2.400€ de 20.001 a 30.000 prazas; 3.000€ de 30.001 a 40.000 prazas; 3.600€ de 40.001 a 50.000 prazas e 4.800€ a partir de 50.001 prazas.
Para as explotacións cunícolas, a axuda máxima dependerá tamén da capacidade da explotación, con tres tramos: 2.580€ de 50 a 500 prazas de reprodutoras; 3.870€ de 501 a 1.000 prazas e 5.160€ a partir de 1.001 prazas de reprodutoras.
Incrementos trala guerra en Ucraína do 20% nos pensos
O ministerio, coas comunidades autónomas, as organizacións profesionais agrarias e as cooperativas agroalimentarias, analizou a magnitude das perturbacións do mercado e o incremento sostido dos custos de produción e o desequilibrio nos intercambios comerciais. Tras esta análise, optouse por destinar as axudas aos produtores de carne de vacún, ovino e caprino, carne de polo, carne de coello e cítricos.
"No caso dos sectores gandeiros mencionados, o conflito bélico en Ucraína agravou a situación que xa atravesaban ao longo dos últimos meses, caracterizada por un incremento sostido dos custos de produción derivados do aumento dos prezos das materias primas para alimentación animal e da enerxía e combustibles. A situación é aínda máis crítica se se teñen en conta os efectos da seca, que provocou unha menor dispoñibilidade de pastos e, por tanto, unha maior necesidade de suplementación na alimentación animal a prezos máis elevados", argumenta o Ministerio.
O prezo dos concentrados aumentaron un 75% en comparación co ano 2020
"Os incrementos dos pensos desde o inicio da guerra, o pasado 24 de febreiro, superan o 20% na maioría dos casos, o que se suma aos incrementos de prezos acumulados respecto ao ano pasado, que poden mesmo superar o 50% ou o 75% se os comparamos cos prezos de 2021 ou de 2020, respectivamente. Do mesmo xeito, e malia que aínda non se dispoñen de datos posteriores ao comezo do conflito, o último dato dispoñible do INE correspondente ao mes de xaneiro indicaba que o custo do gasóleo incrementouse case un 95,8%, a electricidade máis dun 114,7% e os fitosanitarios máis dun 6,5%", detalla o departamento que dirixe Luis Planas.
O gasóleo e a electricidade duplicáronse nos últimos 12 meses
No caso das axudas aos sectores agrícolas, o dos cítricos é un sector de elevado consumo de insumos, especialmente enerxía, fertilizantes e fitosanitarios, cuxos custos se incrementaron. A produción e a exportación española de cítricos teñen unha importancia crucial para o sector agroalimentario no seu conxunto. A súa competitividade viuse afectada pola guerra, ao producirse desvíos de producións de países terceiros que habitualmente se destinaban a Rusia, Ucraína ou Bielorrusia, cara ao mercado comunitario. Estes cambios nos fluxos comerciais presionan á baixa os prezos dos cítricos españois.
[box style="0"]
Xestión simplificada das axudas por parte das comunidades autónomas en base á PAC 2021
A xestión, tramitación e pago das axudas, corresponderá aos órganos competentes das comunidades autónomas, e están previstos procedementos moi simplificados de solicitude e concesión, de forma que as axudas outorgaranse a todos os produtores de vacún, ovino e caprino e cítricos que cumpran uns requisitos básicos, e que presentasen en 2022 a solicitude única da Política Agraria Común (PAC), prevista no Real Decreto 1075/2014.
Utilizarase a información contida nas solicitudes de axuda da PAC correspondente a 2021 para determinar o número de animais e hectáreas elixibles
Con estes mesmos fins utilizarase a información contida nas solicitudes de axuda da PAC correspondente a 2021, e a obrante en poder das comunidades autónomas para determinar tanto os animais e as hectáreas elixibles, como o cumprimento dos condicionantes ambientais que esixe o regulamento comunitario.
No caso das incorporacións terase en conta o censo de animais ao 30 de abril de 2022
No caso de produtores de carne de pito e de coello, dado que non se dispón de toda a información anterior, establécese un procedemento simplificado de xestión baseado nos datos máis actualizados declarados polos gandeiros no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (REGA).
Os pagos aos produtores levaranse a cabo antes do 30 de setembro de 2022. Un terzo das axudas son financiadas pola Unión Europea
Os fondos correspondentes transferiranse polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación ás comunidades autónomas. Os pagos aos produtores levaranse a cabo antes do 30 de setembro de 2022.
[/box]