Desenvolvemento rural

Estes son os ecoesquemas que proxecta España para a nova PAC

Boa parte das axudas directas que percibirán os produtores a partir do 2023 irán ligadas a compromisos ambientais. Repasamos o borrador de traballo que manexa o Ministerio de Agricultura

G.B. 23/09/2020 2:34 p.m.

A nova Política Agraria Común avanzará un chanzo máis nas esixencias ambientais para os agricultores e gandeiros. Boa parte das axudas directas ó agro estarán condicionadas a partir do 2023 ó cumprimento dos chamados ecoesquemas, que representarán para o agro compromisos adicionais en materia de protección da biodiversidade, conservación do medioambiente e loita contra o cambio climático.

O deseño dos ecoesquemas, que se encadran no pilar 1 da PAC, corresponde a cada Estado membro, se ben o Plan Estratéxico Nacional de España terá que ser refrendado por Bruxelas. Para ser aprobados pola Comisión Europea, os ecoesquemas teñen que impulsar esixencias ambientais superiores ás da condicionalidade reforzada da Política Agraria Común. Tamén terán que ser medidas diferentes das que figuran nas axudas agroambientais (pilar 2).

Os ecoesquemas nos que traballa o Ministerio de Agricultura plantéanse con distintos niveis de intensidade de axuda, de xeito que sexa posible adherirse a eles con distintos graos de esixencias a cumprir. Tamén será posible que un mesmo agricultor ou gandeiro participe en varios ecoesquemas de xeito simultáneo, o que aumentará os seus pagos directos.

Estes son os ecoesquemas nos que traballa o Ministerio de Agricultura.

Etiquetado
Ir a la portada