Leite

Estes son os animais que se poxarán este sábado en Chantada

Terá lugar no mercado gandeiro, e nesta ocasión contarán con vacas procedentes de ganaderías en ecolóxico

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 29/02/2024 2:01 p.m.

Este sábado, 2 de marzo, a localidade lucense de Chantada levará a cabo a súa primeira poxa de gando frisón deste ano, organizada por AFRICOR Lugo, o Concello de Chantada e a cooperativa AIRA. Nesta edición tamén se ofertarán vacas procedentes dunha gandería ecolóxica.

A poxa celebrarase a partir das 12:00 horas no mercado gandeiro. Sairán á venda un total de 19 animais procedentes de gandarías da provincia de Lugo: 15 vacas paridas e 4 xovencas próximas ao parto.

Os compradores terán vantaxes como o transporte gratuíto para as ganaderías da provincia de Lugo, e 3 doses gratuítas de Sundowner, e outras 3 de Ripley, gracias á colaboración de Xenética Fontao.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Estes son os 19 animais que sairán a venda:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada