Viña

Estes son os 16 viños da DO. Ribeiro que lograron “Distincións Gallaecia 2021”

Loading ad.
Ad could not be loaded.
19/08/2021 11:53 a.m.

Un total de 16 viños da Denominación de Orixe Ribeiro, 13 brancos e tres tintos, veñen de ser distinguidos pola Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia nesta nova edición do concurso de viños “Distincións Gallaecia”. Juan Casares, presidente do C.R.D.O. Ribeiro sinala que “estamos de parabéns, estes magníficos resultados revalidan o bo camiño emprendido por esta Denominación de Orixe dende xa fai varios anos”.

O concurso de viños "Distincións Gallaecia" celebrou este ano a súa 19ª edición. Durante todos estes anos, este certame foise consolidando como un dos máis importantes concursos de viños, non só en Galicia, chegando ao seu recoñecemento a todo o territorio nacional.

Nesta edición, participaron máis de 600 viños e destilados de todas as DD.OO. galegas e máis de 50 profesionais participantes nos paneis de cata, entre os que se encontraban sumilleres e técnicos galegos, así como de Zamora, Toro, Ribera del Duero e Rioja.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Lista dos viños premiados por orde alfabética:

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada