Viña

Este venres iníciase a vendima na Ribeira Sacra con prezos estables

Loading ad.
Ad could not be loaded.
09/09/2016 1:08 a.m.

Este venres inicia a vendima a primeira adega en Ribeira Sacra, comezando así a campaña 2016 de recollida de uva no territorio da denominación de orixe. A primeira adega en iniciar a vendima é Dominio do Bibei, no municipio de Manzaneda (Ourense) pertencente á subzona de Quiroga-Bibei.

Mañá sábado comezasen as tarefas de vendima dúas adegas máis: Jorge Feijoo González, situada na Teixeira, e Adega dos Taboada en Castro Caldelas, ambas na provincia de Ourense e pertencentes á subzona de Ribeiras do Sil.

O martes da próxima semana reunirase en Pleno do Consello Regulador para establecer a data oficial recomendada para o inicio de vendima, tras avaliar a información achegada polos controis de maduración que desde o pasado día 25 de agosto están a realizar os técnicos do Consello Regulador en diferentes parcelas de todas as subzonas da Denominación.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Prezos da uva estables

A pasada semana o presidente do Consello Regulador D. José Manuel Rodríguez González, reuniuse coas adegas de maior volume da Denominación de Orixe e que adquiren unha parte importante de uva acollida á D.O. (Adegas de Rectoral de Amandi S.A.U., Adegas Moure S.A., Adegas de Santa María de Nogueira S.L., Adegas e Viñedos Via Romana S.L., Adega Ponte da Boga S.L., Regina Viarum S.L. e Val de Quiroga S.L.) para tratar diversos temas relativos á campaña que se inicia.

Entre outros temas, acordaron primar a entrada de uva de calidade nas adegas e manter a estabilidade dos prezos da uva como nas campañas anteriores.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada