Viña

Este sábado comeza a vendima na DO Monterrei

Loading ad.
Ad could not be loaded.
16/09/2016 6:27 p.m.

Este sábado, 17 de outubro, comeza a tempada de vendima na comarca de Monterrei, cun lixeiro atraso de máis dunha semana con respecto ao ano pasado debido, principalmente, ás choivas rexistradas na primavera e ás altas temperaturas do verán.

As previsións dos técnicos do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei sinalan que nesta campaña poderían recollerse na comarca por encima dos 3 millóns de quilos de uva, bastante por baixo dos 4,7 millóns de quilos recollidos o pasado ano.

As primeiras adegas amparadas baixo o paraugas da D.O. en iniciar as tarefas de recollida de uva, neste 2016, serán Castro de Lobarzán, situada na localidade de Vilaza, e Crego e Monaguillo, situada en Salgueira de Monterrei.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada