Axenda

Este sábado celébrase a Feira Apícola das Rías Baixas e o Bee Happy Market

31/03/2016 1:42 p.m.

Este sábado, 2 de abril, celébrase no municipio pontevedrés do Porriño a XXVIII Feira Apícola das Rías Baixas e o Bee Happy Market.

A feira está organizada pola Agrupación Apícola de Galicia e a Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra. Colabora tamén o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia.

Na mesma celébranse un mercado, o Bee Happy Market (mercado de artesanía e venda de mel e outros produtos das colmeas) que se celebrará ao longo do día na Praza do Concello.

En canto á parte técnica, abordarase na Feira Apícola, que terá lugar ao longo do día no Centro Cultural do Porriño. Ademais, realízase unha exposición e venda de material e produtos apícolas. O espazo dos postos cubrirase cunha carpa, para evitar riscos de choiva.

Programa da XXVIII Feira Apícola dás Rías Baixas

Etiquetado
Ir a la portada