Axenda

Este sábado celébranse as V Xornadas Técnicas de Ovino e Cabrún de Galicia

07/04/2016 11:31 a.m.

Este sábado, día 9 de Abril, terán lugar as próximas V Xornadas Técnicas de Formación organizadas desde OVICA e a súa cooperativa Vélaro S. Coop. Galega. As xornadas son libres, abertas e gratuitas previa comunicación de asistencia no tef. 687 778 013.

O lugar de celebración das mesmas é a Aula de Formación do Pazo de Tor, en Monforte de Lemos.

Programa:
10:00 - 10:15 h. Inauguración das V Xornadas Técnicas de Ovino e Cabrún de Galicia:

D. Santiago Crecente Campo (Investigador do CIAM INGACAL Centro de Investigación Agraria do Marco da Curra).

Dna. María Carmen Fernández Carreira (Presidenta de OVICA - Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia).

10:15 - 10:45 h.
Xestión económica dunha explotación gandeira de ovino de leite. Alimentación e nutrición do gando. D. Raúl González González. Experto nutricionista de Purina e asesor de Cándido Tirados Asociados, S.L.

10:45 - 11:15 h.
Sanidade animal e aspectos veterinarios máis relevantes no estado sanitario do rabaño de leite. D. Cándido Tirados Feliz. Veterinario e consultor ovino Junta Castilla y León. Universidad de León.

11:15 - 11:45 h.
Instalacións e construccións dunha explotación leiteira de ovino. D. Marcial López Ónega. Técnico de Anoca Innova, S.L.

11:45 - 12:15 h. Mesa redonda sobre a situación actual do sector do leite de ovino e cabrún en Galicia. D. Raúl González González, D. Cándido Tirados Feliz, D. Marcial López Ónega, D. Miguel Viña Vázquez – Veterinario da ADSG Acivo, Dª Patricia García Salgado – Responsable de Investigación do grupo Innolact Quescrem.

12:15 - 14:00 h. "Novidades na campaña da PAC 2016". D. Fernando López López. Xefe do Servizo do FOGGA en Lugo. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia.

14:00 h. Clausura das xornadas: D. Lino Rodriguez Ónega (Delegado provincial de Medio Rural da Exc. Deputación Provincial de Lugo).

14:00 - 16:00 h. Xantar: O xantar -opcional- realizarase no Restaurante Terra Galega (Estrada de Chantada, 218) en Monforte de Lemos.

O prezo do menú é de 15 euros por persoa e comprende 3 entrantes de primeiro e churrasco mixto de segundo prato salvo que se comunique a intención de substituir este último por outro).

(NOTA: é imprescindible avisar e reservar previamente no teléfono 687 778 013 a ser posible antes do xoves 7 e indicar o número de comensais).

Etiquetado
Ir a la portada