Viña

Este mércores comeza oficialmente a vendimia na D.O. Ribeira Sacra

Loading ad.
Ad could not be loaded.
14/09/2021 8:50 a.m.

O pleno do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra fixa como data recomendada para o inicio xeneralizado da vendima na Denominación de Orixe este mércores, 15 de Setembro, prolongándose previsiblemente a recollida da uva ata mediados do mes de outubro; podendo chegar ao redor do 6 millóns de quilos de uva. O pasado ano a data oficial foi o 16 de setembro e remataba a vendima o 7 de outubro.

Os resultados dos controis de maduración nas viñas, que desenvolveu o equipo técnico da Denominación desde finais de agosto, permitiron determinar o estado da uva e definir a data oficial para o inicio da vendima nesta campaña.

100 adegas están inscritas na D.O. este ano, das que 22 xa están recollendo uva. Desde que na última fin de semana de agosto algunhas adegas comezaran a recollida de Godello, lévanse recollidos a data, 12 de setembro, un total de 68.252 quilos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A maioría corresponden a Godello, con 41.392 quilos, séguenlle:

Merenzao, 11.037 quilos
Mencía, 10.221 quilos
Albariño, 2.534 quilos
Dona Branca, 1.810 quilos
Treixadura, 776 quilos
Branco Lexítimo, 278 quilos
Loureira, 115 quilos
Mouratón, 90 quilos

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada