Desenvolvemento rural

Este fin de semana celébrase en Boimorto Magreco 2015

A feira contará con exposición de maquinaria agrícola, poxa de xovencas, exposición produtos ecolóxicos e charlas informativas sobre a reforma da PAC ou sobre mellora xenética.

27/03/2015 12:46 p.m.

Este fin de semana celébrase no concello coruñés de Boimorto a III edición de Magreco, feira de maquinaria agrícola, produtos ecolóxicos e artesanía. Como ven sendo habitual, o recinto instalarase no entorno do Colexio Publico e da praza Campo do Rosario.

Ademais das tradicionais poxas de xovencas de razas Frisona e Rubia Galega e da exposición de maquinaria agrícola e produtos do campo, este ano celebraranse varias mesas redondas e xornadas sobre cuestións de actualidade no agro galego.

Así, o sábado ás 11:30 horas, na carpa da poxa, haberá unha charla sobre A reforma da PAC. A continuación, informarase sobre o programa informático gratuíto para facer os acoples cos touros, CONAFENAT.

Xa pola tarde, na carpa de Produtos da Terra, celebrarase unha charla sobre “As enerxías renovables para as empresas do sector agrícola”.

O domingo, a sesión informativa será ás 17:00, na carpa da poxa, sobre “Mellora xenética e manexo nas explotacións”.

Podes descargar o programa completo nesta ligazón.

Ir a la portada