Desenvolvemento rural

Este domingo celébrase a XVII Festa da Pisa da Castaña no Courel

03/12/2015 5:37 p.m.

A Asociación Fonte do Milagro organiza este domingo, 6 de decembro, a XVII Festa da Pisa da Castaña Seca. Será na aldea de Froxán, en Folgoso do Courel.

As actividades están abertas ao público. O programa é o seguinte.
11:30. Acendido do Sequeiro
12:00. Homenaxe a Librería Celia de Quiroga
12:15: Demostración da Pisa e Abandoxado da castaña.
13:30: Pregón a cargo do humorista, actor e presentador. J. Antonio Touriñán.
14:00: Xantar degustación do menú do Pisador. Consiste en castañas secas cocidas con chourizo e panceta e tarta de castañas do Courel. O prezo do menú é de 10 euros e inclúe a participación no sorteo dunha cesta de Nadal con produtos do Courel.
16:00: Retomamos o Pisado e Abandoxado
Foliada libre, pode apuntarse durante a xornada quen o desexe.
Non faltará a música durante a xornada
20:30 Remata a PISA 2015

A XVII Festa da Pisa da Castaña conta coa colaboración do Concello de Folgoso do Courel e da Deputación Provincial de Lugo.

Etiquetado
Ir a la portada