Agroalimentación

Este domingo celébrase a Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá

Terá lugar este domingo na contorna da Praza Andón Cebreiro. En canto á participación de queixeiras e panaderías, mantéñense os números de anos anteriores, cunhas 90 queixeiras e 5 panaderías que estarán expoñendo os seus produtos

Campo Galego 24/03/2023 10:17 a.m.

Este domigo, 26 de marzo, terá lugar a 29ª edición da Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá, considerada desde o ano pasado Feira de Interese Turístico de Galicia. Nela os protagonistas serán os dous produtos máis recoñecidos do municipio , o queixo e o pan, expostos entre 95 negocios da zona -unhas 90 queixerías e 5 panaderías-. A apertura da feira terá lugar ás 11.00h e o recinto feiral contará coa tradicional carpa localizada na Praza de Andón Cebreiro. Ademais, na liña do ano pasado, na súa entorna situaranse stands de produtos doutros sectores.

[caption id="attachment_194807" align="alignright" width="660"] Cartel de presentación Feira do Queixo de Friol 2023 / Fonte: Concello de Friol[/caption]

O queixo de Friol e o pan de Ousá son dous produtos consolidados, coñecidos en toda a xeografía galega, e agora comezan a selo no ámbito nacional e internacional. Deste xeito, tanto queixerías como panaderías “teñen máis demanda que a súa propia produción. Por iso nos últimos anos fixeron un esforzo transformando e modernizando as súas instalacións para poder ampliar esta produción, sobre todo nas queixerías”, afirma o alcalde de Friol, José A. Santos.

O ano pasado, a feira rexistrou un récord de afluencia de público de en torno a 25.000 e 30.000 persoas “así que para esta nova edición temos a esperanza, cando menos, de alcanzar a mesma cantidade de público e se o tempo nos acompaña mesmo podemos superar as 30.000 persoas que nos visiten nesta 29ª Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá”, sinala.

[caption id="attachment_194810" align="alignright" width="660"] Imaxe do trascurso da Feira do ano pasado / Fonte: Concello de Friol[/caption]

Máis información de programación

Etiquetado
Ir a la portada