Neste contexto, o titular de Medio Rural quixo recoñecer e agradecer aos gandeiros galegos en xeral e aos galardoados neste acto en particular, polo “encomiable labor que desenvolven nun eido produtivo fundamental da economía agraria de Galicia”.
Foron recoñecidas explotacións pequenas, medianas e grandes, tanto en ecolóxico como en produción convencional
Loading ad.Ad could not be loaded.
O obxectivo da Xunta, asegurou José González, é o de “consolidar o sector lácteo galego a través da súa profesionalización e da mellora da súa rendibilidade, así como da defensa da calidade dos produtos lácteos galegos por enriba da cantidade”.
Neste sentido, lembrou que Galicia xa é a principal comunidade produtora de leite en España e atópase entre as dez primeiras rexións lácteas de toda Europa e salientou, sobre todo, que se atopa "entre as primeiras en calidade de produto”. Por iso, remarcou, “somos cada vez máis competitivos no mercado, máis sustentables na produción e máis resilientes na práctica”.
Todo gandeiro é un empresario e somos cada vez máis competitivos no mercado
Loading ad.Ad could not be loaded.
“Todo gandeiro é empresario”, salientou, para poñer en valor a necesaria formación empresarial dos titulares das explotacións, orientada a mellorar a posición negociadora dos gandeiros coas industrias que lles recollen o leite. "O lácteo é un sector motor de Galicia", concluíu, para destacar a importancia da produción de leite para o mantemento da economía no medio rural galego.
[box style="0"]
Aprobación o vindeiro ano da futura Lei da Calidade Alimentaria de Galicia
No transcurso do acto de entrega dos premios Exceleite 2021, o conselleiro José González trasladou que a futura Lei da Calidade Alimentaria de Galicia, que ultima a Xunta, supón “a aposta definitiva pola calidade, pola singularidade e pola diferenciación”. “A futura Lei da calidade alimentaria será a panca na que asentemos a produción de proximidade, a produción san e sustentable e a produción de calidade que sempre distinguiu a Galicia no ámbito gastronómico”, afirmou.
Neste sentido, avanzou que a lei entrará no Parlamento no vindeiro ano 2022 e referiuse á calidade como sinónimo de Galicia, do produto e da maneira de producir das persoas que xa traballan ou que queren traballar no sector primario.
A Xunta desenvolverá tamén o vindeiro ano a campaña Galicia Etiqueta Calidade, na que investirá 700.000 euros para divulgar a excelencia da despensa alimentaria da comunidade. Esta iniciativa engloba, entre outras marcas, o leite certificado baixo o selo Galega 100%, os queixos galegos con denominación de orixe, e o novo selo GaliciaCalidade Alimentaria, que englobará produtos alimentarios con excelencia recoñecida e afondará na súa promoción.
[/box]