Viña

Estas son as 21 medallas logradas pola viños da Ribeira Sacra no Mondial des Vins Extremes

Loading ad.
Ad could not be loaded.
03/03/2022 2:35 p.m.

Este venres, 4 de marzo, ás 13.00 horas o Centro do Viño de Ribeira Sacra acolle a entrega dos recoñecementos obtidos polos viños da D.O. Ribeira Sacra na última cita do Mondial de Vins Extremes que se celebrou en Aosta a mediados de xullo do pasado ano. Tradicionalmente este acto de entrega tiña lugar no xantar de Nadal que organiza a Denominación para pechar o ano, pero as circunstancias da pandemia impediron celebrar esta actividade e recupérase agora a entrega dos galardóns ás adegas premiadas.

A D.O. Ribeira Sacra presentaba este ano 53 mostras, 44 de tintos e 9 de brancos, pertencentes a 27 adegas e obtivo 21 medallas, 14 de ouro e 7 de prata. Os bos resultados que a D.O. Ribeira Sacra obtén sempre en Aosta convértena nun dos referentes mundiais máis importantes dentro da viticultura de montaña ou viticultura heroica.


MEDALLAS DE OURO:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

MEDALLAS DE PRATA:

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada