Leite

Estabilízase o prezo do leite en España

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 02/04/2020 10:02 a.m.

Tralas baixadas de prezo do leite experimentadas en decembro e xaneiro a nivel español, o valor do leite mantense sen cambios en febreiro, repetindo os 33,6 céntimos / kg. de media, segundo revela o último informe do Fondo Español de Garantía Agraria (Fega). En Galicia, sen embargo, o prezo caíu en febreiro 0,2 céntimos, situándose en 32,4 céntimos, o máis baixo de tódalas comunidades autónomas.

Entre as comunidades veciñas, Asturias está en 35,3 céntimos e Castilla y León en 33,4 céntimos de media.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto ás entregas, aumentaron en febreiro un 7,7 % en relación ó mesmo mes do pasado ano, aínda que hai que ter en conta que este ano foi bisiesto, cun día máis en febreiro, polo que na práctica o aumento foi similar ó que se ven rexistrando nos últimos meses.

Desde setembro, as entregas de leite mantéñense en España cada mes por riba do 3,5% en relación ós mesmos meses do pasado ano.

A nivel de calidades, Galicia continúa na parte alta, coa mellor cifra de graxa de toda España, un 3,85, polo 3,73 de media estatal, e cun 3,29 de proteína, igual á media española.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada