Carne

Estabilidade nos prezos do vacún

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 11/02/2016 8:26 p.m.

As mesas de prezos de Amio acordan o mantemento dos prezos en todas as categorías e calidades de gando. Na IXP Ternera gallega, a maioría dos vogais da Mesa de Prezos da IXP acordou a continuación dos valores da anterior sesión, en tanto na Mesa de Prezos de Abasto houbo unanimidade en non cambiar as cotizacións de recría, abasto e vacún maior. Os vogais coincidiron tamén en apreciar unha gran lentitude na comercialización das becerras e becerros de abasto.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 2.168 reses, 69 máis que na última. Houbo 1.685 cabezas de vacún menor, 202 de vacún mediano e 264 de vacún grande.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións do mercado de Amio (10-II-2016)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada