Carne

Estabilidade nos prezos de recría, vacún maior e Ternera Gallega

As mesas de prezos de Amio acordan manter as cotizacións sen cambios por segunda semana consecutiva

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 03/09/2015 9:04 a.m.

As cotizacións decididas cada semana nas mesas de prezos de Amio continúan sen variacións por segunda semana consecutiva. Hai estabilidade tanto no gando de recría como no vacún maior e en Ternera Gallega.

Con todo, os vogais das mesas apuntan tendencias de cambios, á alza ou á baixa, que haberá que ver se se confirman en semanas vindeiras. En Ternera Gallega, na última sesión de agosto, a mesa agardaba unha continuación da recuperación da demanda para os primeiros días de setembro, na idea dunha posible mellora de prezos, pero polo de agora a estabilidade de todo o verán segue a ser a nota dominante.

En gando de recría, a mesa acordou na sesión desta semana e na anterior o mantemento dos prezos, se ben na última sesión de agosto advertiuse unha tendencia á baixa de todo o gando de recría destetado, xa que quedou moito sen vender na feira. En vacún maior, na última sesión de agosto percibíase unha tendencia á alza, que agora na primeira sesión de setembro xa variou e a tendencia é á baixa.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto á asistencia de gando á feira, a asistencia onte foi de 2.125 reses, 163 menos que no mercado do 26 de agosto. Houbo 1.602 cabezas de recría, 247 de vacún mediano e 258 de vacún maior.

Táboa completa das cotizacións (2-10-2015)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada