Carne

Estabilidade nos prezos de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 29/06/2016 9:28 p.m.

As mesas de prezos de Amio mantiveron hoxe as mesmas cotizacións que a pasada semana, tanto en Ternera Gallega como na mesa de prezos de Abasto, na que tanto o gando de recría como os becerros de abasto e o vacún maior repiten os mesmos valores da anterior sesión.

Os vogais da mesa de prezos de Abasto coinciden en apreciar unha tendencia á baixa nos prezos de recría na raza frisona, en particular nas calidades regular e inferior do gando de menos dun mes; así como unha tendencia á alza nas clasificacións U e R do gando de abasto para sacrificar de peso en canal inferior a 180 quilos.

En canto á asistencia de gando á feira, houbo 1.886 reses, 418 menos que na anterior sesión. Houbo 1.485 cabezas de vacún menor, 188 de vacún mediano e 201 de vacún grande.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (29-VI-2016)

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada