Carne

Estabilidade nos prezos de Amio, con perspectivas de cambios na recría

As cotizacións mantivéronse sen cambios nas mesas de prezos do mercado durante os dous últimos meses

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 26/10/2017 8:09 p.m.

As mesas de prezos de Amio continúan coa tendencia á estabilidade dos dous últimos meses, nos que non se rexistraron cambios nas cotizacións do gando. Esta semana, tanto Ternera Gallega como as cotizacións da Mesa de Prezos de Abasto (recría, becerros para sacrificio e vacún maior) repiten os valores da pasada semana.

En Abasto, os vogais da mesa aprecian sen embargo perspectivas de cambios na recría, en concreto unha tendencia á alza dos machos de cruce e unha tendencia á baixa na recría de frisona, tanto en machos como en femias.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 2.394 reses, 124 máis que o pasado 18 de outubro. Houbo 1.843 cabezas de vacún menor, 245 de vacún mediano e 297 de vacún grande.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (25-X-2017).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada