Carne

Estabilidade no prezo dos becerros de recría en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse manter as cotizacións do porco cebado e dos leitóns. Soben os ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 1 de marzo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
01/03/2016 11:52 p.m.

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizáronse pola estabilidade xeral nos prezos dos tenreiros de recría, tanto de raza Frisona como de Cruce Industrial. Os prezos do vacún maior experimentaron tamén leves variacións.

Deste xeito, nos tenreiros de Frisoa, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 101 euros, fronte aos 99 do pasado martes. Sen embargo, a cifra representativa, é a dos de 21 a 50 días, con diferenza a categoría máis numerosa, onde a media foi de 116 euros por xato, idéntica á da semana pasada. E nos tenreiros de máis de 51 días: 119 euros de media por animal fronte aos 156 do pasado martes.

Nos tenreiros de recría de Cruzamento industrial a tendencia foi á baixa nos xatos de menos de 20 días: 240 euros de media por animal fronte aos 337 da pasada semana. Sen embargo, na categoría máis numerosa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos foi de 355 euros, unha leve suba fronte aos 343 do pasado martes. Nos becerros de máis de 51 situouse o prezo medio esta xornada nos 414 euros fronte aos 423 da anterior sesión.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No vacún maior os prezos cotizaron á alza. Deste xeito quedaron en 1.071 euros de media en categoría primeira, 704 en segunda -a máis numerosa- e 436 nas de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.041, 710 e 427 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ovos á alza

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse unha semana máis subir os seus prezos: un 0,01% para a categoría XL, que quedou en 1,16 euros; un 0,02% para a L ata os 1,09 euros por ducia; un 0,04% para M ata os 1,05 euros e tamén un 0,04% para a S que quedou nos 0,93 euros.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, os prezos experimentaron unha lixeira suba do 0,10% ata os 1,40 €/quilo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Estabilidade no porco cebado e nos leitóns

Ao igual que a pasada semana, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións do porco cebado. Deste xeito, a categoría Selecta quedou nos 0,940 euros por kilo; a normal nos 0,915 euros por kilo, mentres que o Canal II quedou en 1,188 euros por kilo. En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións mantivéronse estables nos 1,31 euros o quilo.

En canto aos leitóns tamén se acordou manter os prezos da pasada semana. Deste xeito quedaron nos 44 euros os procedentes de varias explotacións e nos 49 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada