Carne

Estabilidade nas cotizacións en Amio

As mesas de prezos acordan por segunda semana consecutiva a repetición de todos os valores

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 19/04/2017 2:31 p.m.

As cotizacións que se acordan en Amio (Santiago) para a IXP Ternera Gallega e para o restante gando mantéñense sen cambios por segunda semana consecutiva. Tanto a Mesa de Prezos de Abasto, que decide os valores de gando de recría, vacún maior e becerros de abasto, como a Mesa da IXP Ternera Gallega decidiron repetir cotizacións.

En canto á asistencia de gando ó mercado, houbo esta semana 2.108 reses, 307 máis que a pasada sesión, marcada pola Semana Santa. Entraron no recinto 1.626 cabezas de vacún menor, 235 de vacún mediano e 230 de vacún grande.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (19-IV-2017)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada