Carne

Estabilidade nas cotizacións en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 29/03/2017 10:59 p.m.

As mesas de prezos de Amio acordaron hoxe manter sen cambios as cotizacións da pasada semana. Na Mesa da IXP Ternera Gallega, os vogais aprobaron por maioría repetir os valores da sesión anterior, se ben coinciden en apreciar certa tendencia á baixa nos prezos, que probablemente se reflicta para a próxima semana, tendo en conta ademais a proximidade da Semana Santa.

En canto á Mesa de Prezos de Abasto, houbo unanimidade en manter sen cambios os prezos tanto en recría como en gando de abasto para sacrificar e en vacún maior.

A asistencia de gando ó mercado desta semana foi de 2.180 reses, 198 menos que a pasada semana. Houbo 1.681 cabezas de vacún menor, 227 de vacún mediano e 255 de vacún maior.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (29-III-2017).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada