Carne

Estabilidade nas cotizacións de Amio

A Mesa de Prezos de gando de abasto acordou un axuste técnico á alza nos prezos do vacún maior. Mantéñense os prezos da anterior sesión no resto do gando

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 18/01/2018 2:26 p.m.

As cotizacións marcadas esta semana polas mesas de prezos de Amio manteñen os valores da anterior sesión, salvo no tocante ó vacún maior, que experimentou un axuste técnico á alza nas subclases O2 e O1 de 5 céntimos, e de 10 céntimos en P1. O resto do gando, tanto recría como becerros de abasto, mantense sen cambios. Tampouco houbo modificacións nos valores da Mesa de Prezos de Ternera Gallega.

En canto á asistencia de gando ó mercado desta semana, houbo 2.510 animais, 95 menos que a pasada semana. Houbo 1.913 cabezas de vacún menor, 267 de vacún mediano e 310 de vacún grande.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (17-I-2018).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada