Carne

Estabilidade nas cotizacións de Amio

As mesas de prezos manteñen as cotizacións en todas as categorías e calidades

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 26/10/2016 6:56 p.m.

A sesión desta semana nas mesas de prezos de Amio veu marcada pola estabilidade. A Mesa da IXP Ternera Gallega acordou a continuidade das cotizacións da pasada semana en todas as categorías e calidades, en tanto que na Mesa de Prezos de Abasto tamén se decidiu refrendar os valores da anterior sesión, coa única excepción dos machos frisóns descostrados, que perden 15 euros na súa calidade inferior por razóns de axuste técnico.

En canto á asistencia de gando, houbo esta semana 2.415 reses, 518 máis que o pasado 19 de outubro. Entraron no recinto 1.835 cabezas de vacún menor, 313 de vacún mediano e 250 de vacún grande.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada