Carne

Estabilidade en Amio nos prezos de todo o gando

As mesas de prezos aprecian lentitude na comercialización do vacún de abasto, pero manteñen as cotizacións sen cambios

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 17/03/2016 12:05 a.m.

Todas as cotizacións que se establecen nas mesas de prezos de Amio mantéñense sen cambios esta semana, tanto Ternera Gallega como recría e gando de abasto. En gando de abasto, percíbese gran lentitude na comercialización, en especial nas canais de peso superior. Sen embargo, dado que na anterior sesión xa se produciran baixadas significativas de prezos, optouse esta semana por manter cotizacións.

A asistencia de gando á feira foi de 2.147 reses, 61 menos que a pasada semana. Houbo 1.659 cabezas de vacún menor, 230 de vacún mediano e 233 de vacún grande.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (16-III-2016)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada