Carne

Estabilidade en Amio nos prezos de recría e Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 24/09/2015 11:19 a.m.

As mesas de prezos de Amio continúan cunha tendencia de estabilidade. Se a pasada semana non se rexistrara ningún cambio nas cotizacións, na sesión desta semana os prezos tamén permanecen sen cambios no gando de recría e en Ternera Gallega. Si houbo variacións en vacún maior, onde tal e como se preveía na pasada semana, subiu en 4 céntimos a cotización da clase O. Tamén se produciu unha baixada de 10 céntimos na clase P.

En canto á asistencia de gando á feira, acudiron ó recinto de Amio 2.391 reses, 332 máis que o pasado 16 de setembro. Houbo 1.862 cabezas de vacún menor, 243 de vacún mediano e 257 de vacún maior.

Táboa completa das cotizacións de Amio (23-9-2015)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada